"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • (Tambov 1899 - Moscova 1970) Director cinematográfico soviético. Preocupado pola montaxe cinematográfica, a súa obra é unha constante busca e experimentación de novas formas de linguaxe, desde xéneros diversos. Dirixiu Nakrasnom fronte (A fronte vermella, 1920) e Sibiriaki (Os siberianos, 1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Toquio 1910 - 1998) Guionista e director cine. Foi un excelente director de actores e posuía un profundo coñecemento da linguaxe cinematográfica. En 1951 foi premiado no festival de Venecia por Rashō-mon, e en 1954 e 1965 por Shichinin no samurai (Os sete samurais) e Akahige, respectivamente. Outros filmes importantes seus son Donzoko (Os baixos fondos, 1958), Dersu Uzala (1975), Ran (1984), Dreams (1990) ou Rapsodie August (1991). En 1990 recibiu un Oscar honorífico polo conxunto da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Sarajevo 24.11.1954) Realizador cinematográfico. O compromiso social e a realidade do seu país reflíctense na súa filmografía. Realizou os filmes Guernica (1978), Sjecas li se, Dolly Bell (Lémbraste de Dolly Bell, 1981), Otac na Sluzbenom putu (Papá está en viaxe de negocios, Palme d’Or de Cannes, 1985), Underground (Palme d’Or de Cannes, 1995), Crna macka, beli macor (Gato negro, gato branco, 1998) e Super 8 Stories (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Local disposto para efectuar investigacións científicas ou técnicas, análises químicas, preparados farmacéuticos ou probas e ensaios industriais. Aínda que a miúdo con esta palabra se entende o laboratorio químico e o farmacéutico, son importantes tamén os de fisioloxía, de histoloxía, de toxicoloxía e de electrónica, entre outros. Pódense clasificar en laboratorios de ensaio, tanto de primeiras materias como de produto elaborado, e laboratorios de investigación, que pode ser pura ou aplicada.

    2. Conxunto de instrumentos, instalacións e servicios anexos destinados á recollida de emisións fónicas, previamente seleccionadas, e á elaboración técnica dos materiais reunidos.

    3. Local acondicionado para facer o revelado dos negativos fotográficos e obter copias positivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lábridos.

    2. Peixe da familia dos lábridos.

    3. Familia de peixes osteíctios, da orde dos perciformes, de medida media, cos labios moi carnosos e as mandíbulas bastante protráctiles. Habitan sobre fondos recubertos de algas e praderías de fanerógamas. Abundan nos océanos Pacífico e Índico con representantes como a doncela.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ou quen se apodera do que non é da súa propiedade.

      2. Que cobra máis do debido.

    1. Dispositivo de conexión con tres derivacións, que permite conectar ata tres enchufes a unha mesma toma de corrente.

    2. marfollo.

    3. Corpo que se interpón entre o resorte tipográfico e o papel co fin de impedir parcialmente a estampación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embarcación pequena, a remo ou motor, que se emprega na pesca costeira. Dependendo da especie capturada ou do tipo de arte empregada, recibe o nome de lancha xeiteira, polveira, volanteira, pincheira ou de relinga.

    2. Bote auxiliar que se emprega no tráfico dos portos para transporte de carga ou persoas.

    3. Embarcación que levaban a bordo os navíos e fragatas e, en xeral, os veleiros de certa tonelaxe, e que se empregaba en traballos auxiliares.

    4. Embarcación de pequeno tamaño que se empregaba para traballar coa arte do xeito e coa arte de enmalle para a pesca da sardiña.

    5. Embarcación pequena que portan os grandes navíos e que empregan en caso de naufraxio.

    6. Embarcación de guerra equipada con mísiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fábrica e marca italiana de automóbiles fundada en 1908 polo corredor automobilista Vicenzo Lancia. En 1922 introduciu dúas melloras técnicas fundamentais no desenvolvemento do automóbil: unha carrocería que soportaba carga e a suspensión dianteira independente. Dedicada principalmente á fabricación de automóbiles de gran turismo, incrementou e diversificou a produción con camións, autocares e tractores agrícolas. En 1972 foi adquirida por FIAT.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario editado en Viveiro a partir de marzo de 1916. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de B. López Muñoz e contou coa colaboración de Xesús González e Esteban F. Temprano. O 10 de xuño de 1931 volveu saír da man doutros redactores e imprimiuse nos obradoiros de Fojo. Desapareceu novamente ata o 1 de abril de 1936, en que se editou como publicación conservadora e   franquista. Cesou definitivamente en 1938.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequeno anaco de certos minerais suaves e graxos ao tacto, empregado para debuxar ou escribir.

    2. Utensilio para debuxar e escribir, constituído por unha mina de grafito incluída nunha barra cilíndrica ou prismática de madeira, que se afía en punta para deixar descuberto o extremo da mina.

    3. Debuxo feito a lapis por un artista. Pódese distinguir o debuxo a dous lapis, que se realiza sobre un papel tinguido e se emprega un lapis negro para as sombras e outro branco para as tonalidades claras; e o debuxo a tres lapis que se realiza tamén sobre papel tinguido cun lapis negro, unha barra de sanguina e unha barra branca.

    4. Forma farmacéutica cilíndrica, que se obtén por fusión ou por malaxación, con formación de cilindros e desecación. Emprégase por contacto ou introducíndoo nas cavidades fisiolóxicas.

    5. Barra de cosmético que se emprega para a maquillaxe das cellas, os ollos ou os labios.

    6. Barra de pastel que se emprega na realización de debuxos sobre vidro esmerilado, porcelana ou esmalte cerámico sen vernizar.

    7. Lapis especial que se emprega en medicina para facer marcacións na pel.

    8. Lapis composto de xabón, cera, sebo e fume negro, que se emprega para debuxar sobre a pedra.

    9. Dispositivo en forma de lapis que leva un elemento fotosensible, unha célula fotoeléctrica dotada dun sistema fotomultiplicador. Conectado on line cunha pantalla visualizadora, cando un feixe electrónico incide directamente, xérase un impulso que identifica o punto específico da pantalla. Permite debuxar liñas, círculos, activar o ordenador ou introducir datos. Constitúe un aparato moi útil nos sistemas de deseño por ordenador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei 11/85, do 22 de agosto, de Adaptación do Solo de Galicia, aprobada polo Parlamento de Galicia. Foi unha lei de modulación parcial da lexislación urbanística estatal para a súa aplicación en Galicia. Clasificou os solos en: solo urbano (SU), solo urbanizable programado (SUP) e solo urbanizable non programado (SUNP). O intrumento principal é o Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU), e no seu defecto aplícanse as Normas Subsidiarias Municipais. No caso de que non existan normas elementais utilízanse as Normas Subsidiarias Provinciais que pretenden desenvolver e concretar as determinacións da LASGA, desenvolvendo ordenanzas para a urbanización cun caracter xeral. A LASGA sufriu diferentes modificacións, entre as que destaca a Lei 1/1997, do 24 de marzo, do Solo de Galicia (LSG).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extensión que ten un espazo xeográfico.

      1. Distancia angular que hai desde un punto calquera da superficie terrestre ao Ecuador. Mídese en graos (de 0° a 90°) minutos e segundos (sexaxesimais) a partir do Ecuador, xa sexa cara ao N ou cara ao S, seguindo o meridiano que pasa polo punto de referencia.

      2. Rexión ou localidade en canto á súa situación respecto do Ecuador. OBS: Adoita empregarse en plural.

    2. Grao de sobreexposición ou subexposición que tolera un material fotográfico sen estragarse.

    3. Ángulo determinado polo plano da eclíptica e a dirección dun astro, que é a recta que pasa polo astro e o centro da esfera celeste. É unha das coordenadas do sistema de coordenadas eclípticas.

    4. Ángulo determinado polo ecuador galáctico e a dirección dun astro que é a recta que pasa polo astro e o centro da esfera celeste. É unha das coordenadas do sistema de coordenadas galácticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aeroporto situado no concello de Santiago de Compostela. Está declarado desde 1995 de actuación conxunta civil-militar. A titularidade dos seus terreos repártese entre Aena e o ministerio de Defensa. A terminal de pasaxeiros rematouse de construír en 1969 e ampliouse en 1976, 1982 e 1993. Emprégase para tráfico regular e chárter, tanto nacional como internacional, e para aviación xeral. En 2001 acadou a certificación ISO 9001/2000. En 2003 rexistrou un total de 1.381.826 pasaxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de sodio, aluminio e xofre, de fórmula Na4SSi3Al3O12. Pertence á subclase dos tectosilicatos e é un dos constituíntes do lapislázuli. Ten unha cor azul escura intensa non uniforme e láminas finas traslúcidas. Ten unha dureza de 5-5,5 e un peso específico de 2,38-2,45. Emprégase desde a Antigüidade en ornamentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método gráfico para determinar a temperatura teórica de combustión en función da potencia calorífica útil dun combustible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ser sobrenatural da mitoloxía popular galega con diferentes atribucións. Xeralmente considéranse xenios maléficos que viven no aire e que provocan lóstregos e treboadas para estragar as colleitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. A súa finalidade é a defensa, protección, difusión e conservación do patrimonio cultural, así como o establecemento de sancións contra as agresións que poida sufrir. Engloba o patrimonio moble, o inmoble e o inmaterial, tanto de titularidade pública como privada, ademais das manifestacións da cultura galega tradicional e popular. Establece tres categorías de bens: os declarados de interese cultural, os catalogados e os inventariados. Define o patrimonio arqueolóxico como bens mobles e inmobles de carácter histórico, susceptibles de seren estudiados con método arqueolóxico, e os elementos xeolóxicos e paleontolóxicos relacionados coa historia humana; o patrimonio etnográfico como lugares, bens mobles, inmobles e coñecementos que constitúan expresión da cultura e modos de vida tradicionais, como patrimonio bibliográfico, fondos e coleccións bibliográficas e hemerográficas; e o como patrimonio documental e dos arquivos, documentos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carnívoro de gran tamaño, de membros robustos e esveltos e fortes gadoupas. Presenta cabeza grande, orellas pequenas, caninos moi desenvolvidos e rabo delgado. A pel é ocre, de tonalidade variable, e a crina máis escura. A femia é de menor tamaño, cunha pelaxe máis clara e sen melena. É un animal forte, de porte maxestuoso, mirada impoñente e ruxido sonoro. A súa axilidade e forza son considerables, sen embargo, non agatuña polas árbores, e o seu peso basta, a miúdo, para afogar as súas presas. Desenvolve costumes crepusculares, caza preto dos bebedoiros, aliméntase principalmente de animais herbívoros, de talle medio, e soamente ataca o home cando está ferido, famento ou por estar enfermo ou vello. O período de xestación é de 110 días e en cada camada a leoa adoita ter tres ou catro crías. Habita nos bosques e sabanas africanas, excepto na rexión setentrional. Durante o período helénico atopábase tamén na zona de Europa Oriental.

    2. Persoa ousada e valente.

      1. Tema iconográfico moi corrente desde a Antigüidade que aparece na representación de cacerías e nas tumbas reais occidentais, aos pés das figuras xacentes dos reis como símbolo de poder.

      2. Figura de león no tetramorfo que simboliza o evanxelista Marcos. Ten a súa orixe na visión de Ecequiel narrada no libro deste profeta.

      3. Figura heráldica que se representa coas gadoupas levantadas, a destra alta e a sinistra un pouco máis baixa, a cabeza de perfil, a boca aberta, a lingua fóra, mostrando as gadoupas e coa borla da cola cara a dentro. A súa posición habitual é a de rampante, agás que expresamente se especifique outra.

    3. Símbolo da potencia do Reino de Xudá. Como título foi referido ao negus de Etiopia.

    4. Carnívoro pinnípede, da familia dos otáridos, de gran tamaño, corpo fusiforme e coas patas posteriores rematadas en aletas. Habita no mar aberto formando manadas de moitos individuos, pero aproxímase ás costas en época reprodutiva para acaparar o maior número de femias formando haréns. No Pacífico setentrional vive o león mariño ártico (Eumetopias stelleri) de pelame pardo avermellado e cun tamaño que pode alcanzar, no macho, os 4 m de longo. No hemisferio austral vive o león mariño do sur (Otaria flavescens) de pelame gris amarelento, crina no dorso e de menor tamaño. O león de California, (Zalophus californianus), de tamaño bastante menor e pel escura, habita nas costas occidentais de América do Norte e en Galápagos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao papel fotográfico que se realiza cunha emulsión ao colodión sensibilizada con sales de prata. A capa de sulfato de bario que se introduce entre a emulsión e o papel soporte proporciona maior estabilidade e duración á fotografía, ademais dunha mellora estética. Presentárono por primeira vez Jean Laurent e José Martínez Sánchez, en París e Madrid, en 1866.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que recibiu o ideario que presidiu a reorganización do republicanismo, emprendida desde Barcelona por Lerroux entre 1901 e 1909. As principais características foron o anticlericalismo, a propaganda antimonárquica, o españolismo e unha peculiar demagoxia obreirista. Significou para o republicanismo a superación das antigas familias republicanas, conseguiu unha renovación do soporte obreiro e fundamentouse organizativamente na multiplicación dos centros republicanos, na celebración de multitudinarias meriendas fraternales e na creación de grupos de Jóvenes Bárbaros. Despois da súa participación na Semana Tráxica, en xullo de 1909, Lerroux e o Partido Republicano Radical tentaron configurarse como un partido de clase media.

    VER O DETALLE DO TERMO