"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
-
Fundouse en 1844, aínda que non se inaugurou ata o 20 de febreiro de 1847. A Comisión organizadora estaba dirixida por Bonifacio Ruíz, quen se encargou de xuntar e catalogar 128 cadros e reunir 12.000 monografías -indexadas segundo o método bibliográfico de Oliverio Legiponcio- que, procedentes dos mosteiros de Celanova, Oseira, Melón, San Clodio, San Domingos e San Francisco, formarían a colección inicial do Museo de Pinturas de Ourense. A primera sede do museo-biblioteca, dirixido por Bonifacio Ruíz, foi o Convento de San Fernando; sen embargo, a biblioteca desagregouse do conxunto entre 1849 e 1851. A partir de 1848 a colección espallouse por varios edificios: o Convento de San Domingos, o edificio do Goberno Civil (sede da Deputación) e o Hospital Provincial, aínda que se mantivo como colección organizada ata o ano 1872, cando se amplía coas obras do Museo de Pinturas enviadas á Deputación polos artistas pensionados, Tiberio Ávila e Silvio Fernández entre outros. Trala reorganización...
-
Que existe dende unha época anterior, que non é novo ou recente.
-
Que existiu ou sucedeu nun tempo xa transcorrido ou nunha época remota.
-
Que pertence ao xeito de facer ou de actuar dunha época anterior.
-
Que ten unha categoría ou representación e que forma parte dunha corporación, comunidade, entidade profesional, clase social ou militar que xa levan moito tempo desempeñando un cargo ou función.
-
Pertencente ao período histórico denominado Antigüidade.
-
Termo empregado na clasificación das letras por Thibaudau. Caracterízase polo grosor uniforme dos trazos da letra. Recibe tamén o nome de pau seco ou grotesca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundouse en 1844, aínda que non se inaugurou ata o 20 de febreiro de 1847. A Comisión organizadora estaba dirixida por Bonifacio Ruíz, quen se encargou de xuntar e catalogar 128 cadros e reunir 12.000 monografías -indexadas segundo o método bibliográfico de Oliverio Legiponcio- que, procedentes dos mosteiros de Celanova, Oseira, Melón, San Clodio, San Domingos e San Francisco, formarían a colección inicial do Museo de Pinturas de Ourense. A primera sede do museo-biblioteca, dirixido por Bonifacio Ruíz, foi o Convento de San Fernando; sen embargo, a biblioteca desagregouse do conxunto entre 1849 e 1851. A partir de 1848 a colección espallouse por varios edificios: o Convento de San Domingos, o edificio do Goberno Civil (sede da Deputación) e o Hospital Provincial, aínda que se mantivo como colección organizada ata o ano 1872, cando se amplía coas obras do Museo de Pinturas enviadas á Deputación polos artistas pensionados, Tiberio Ávila e Silvio Fernández entre outros. Trala reorganización...
-
-
Que actúa contra as inflamacións.
-
Fármaco utilizado para combater a inflamación. Os antiinflamatorios divídense en específicos e non específicos. Entre os primeiros están os sales de ouro e a penicilamina, indicados na artrite rematoide. Entre os segundos existen dous grandes grupos, os corticoides e os antiinflamatorios non esteroidais, que se subclasifican en derivados salicílicos e non salicílicos. Poden utilizarse por vía xeral ou tópica. Tamén o frío pode actuar como antiinflamatorio posto que produce unha vasoconstrición periférica.
-
-
-
Que pertence á orde dos antipatarios.
-
Celenterado da orde dos antipatarios.
-
Orde de zoantarios, formado por pólipos pequenos, con seis tentáculos, que viven en colonias. As colonias poden acadar grandes dimensións e soen ser arborescentes, de aspecto semellante ás gorgonias. Habitan en augas profundas nos Océanos Índico, Pacífico e Atlántico, e tamén noutros mares. Os representantes deste grupo reciben o nome de coral negro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Soro que contén anticorpos específicos, obtidos do sangue dun animal que recibiu repetidas doses dun determinado antíxeno. Os antisoros empréganse para poñer de manifesto e valorar cuantitativamente estes mesmos antíxenos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo aparecido nos anos cincuenta do s XX para referirse ás pezas teatrais que romperon cos principios básicos do teatro clásico tradicional; isto é, coas regras das tres unidades (acción, lugar e tempo), cos conceptos de ilusión e imitatio, coa acción lóxica dos acontecementos, cos valores heroicos ou mesmo coa coherencia dos personaxes. Naceu coa obra de Eugène Ionesco La Cantatrice chauve (A cantante calva, 1950) que o propio autor cualificou de “antiobra” e pasou a designar todas as obras da época como En attendant Godot, (Agardando por Godot, 1953). En galego temos a obra Cochos (1992) de Roberto Vidal Bolaño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato ferromagnésico, de fórmula (Mg,Fe)7Si8O22(OH,F)2, do grupo dos anfíbolos. Cristaliza na singonia rómbica e preséntase en forma de prismas ou de fibras, de cor castaña escura e brillo nacarado ou vítreo. Ten unha dureza de 5,5 -6 e un peso específico de 2,85 -3,57. Atópase sobre todo nas rochas metamórficas.
-
-
-
Ciencia que estudia o ser humano e, nun sentido máis amplo, os homínidos. Debido á diversificación somática sufrida polo ser humano, os diferentes ambientes en que tivo que vivir e as súas manifestacións culturais e de relación, a antropoloxía, no máis amplo dos seus sentidos, comprende tanto o estudo biolóxico do corpo humano e as súas variacións no tempo e no espazo (antropoloxía física ou biolóxica) como do comportamento cultural e social (antropoloxía cultural e antropoloxía social). Os datos derivados do estudo biolóxico do corpo humano pola antropoloxía física son a base sobre a que se ten que estruturar o estudo das antropoloxías social e cultural.
-
antropoloxía biolóxica/física
Ciencia que estudia o home ou, nun sentido máis amplo, os homínidos, como obxecto das ciencias naturais, analizando a variabilidade normal do corpo humano no espazo e no tempo. En tanto que poden contribuír a este obxectivo a anatomía, a fisioloxía, a xenética e a paleontoloxía humana constitúen o fundamento da antropoloxía física. Na antropoloxía física sintetízanse os coñecementos destas disciplinas co obxecto de situar o ser humano na súa praza na natureza e procurar aclarar cál é a orixe do home como ser natural; cáles son, cómo se explican e que significado teñen para o individuo e para a colectividade as diferencias existentes entre os grupos humanos; cáles son os factores que determinan estas diferencias e cáles son as consecuencias prácticas que se poden sacar desas observacións. Malia que o interese polo estudo antropolóxico do ser humano existía dende a antigüidade grega e chinesa, foi Linné (1707-1778) quen primeiro situou o home, xunto cos simios, no grupo dos primates, feito...
-
antropoloxía cultural
Estudio da cultura humana desde as súas orixes ata aos nosos días e das súas variedades e adaptacións en función das súas relacións sociais e biolóxicas. A antropoloxía física ocúpase dos comportamentos, específicos e universais, da cultura. A antropoloxía cultural precisa do concurso da etnoloxía, a antropoloxía social, a arqueoloxía e a lingüística para o seu desenvolvemento. Ademais, son fundamentais para a antropoloxía cultural os datos da antropoloxía física e, a miúdo emprega os resultados das investigacións sociolóxicas, psicolóxicas, filosóficas, xeográficas, etc. Os métodos experimentais incorporáronse recentemente á antropoloxía co obxecto de determinar o grao de adaptación de certos grupos humanos aos cambios efectuados na súa cultura. A antropoloxía cultural conformouse como ciencia a partir da segunda metade do s XIX, cando se crearon as primeiras sociedades antropolóxicas, coleccións etnográficas e ao iniciarse os traballos de campo e as expedicións científicas a diferentes...
-
antropoloxía económica
Estudio das estratexias, relacións e institucións económicas das “sociedades primitivas”. Dúas teses de Marx son o fundamento da antropoloxía económica: as súas observacións sobre o fetichismo da mercancía, que é o principio central de todo intercambio aínda que cada sociedade presente diversas versións do mesmo fenómeno, e a distinción entre valor de uso e de cambio. As investigacións sobre o intercambio tribal (don e o contradón) realizadas por Malinowski, continuadas por Mauss, que intenta atopar o factor que fai que os suxeitos se sintan obrigados a devolver o dado e aterse aos termos do don e contradón, abren unha liña de investigación antropolóxica na que hai que situar os traballos de Herskovits, Firth, Goodfellow e Polanyi. A partir de 1950 a antropoloxía económica concibiuse dende diferentes enfoques: o formalista e o substantivista. Para o formalismo, representado por Firth, Herskovits, Tax, Pospisil, Epstein ou Schneider, o obxecto da antropoloxía económica...
-
antropoloxía social
Estudio do ser humano en función da súa conduta social. A antropoloxía social proponse obter coñecemento respecto ás institucións e aos procesos sociais que constitúen o sistema de comportamento dos individuos dunha sociedade e, comparando estas formas de comportamento coas doutras sociedades, procurando establecer modelos e categorías de institucións sociais. Caracterízase polo seu método de investigación integral e pola aplicación da técnica etnográfica e de campo, sobre todo a nivel de comunidade, realizada dentro de sociedades primitivas ou de baixa densidade demográfica tratando de obter coñecemento a partir dos conxuntos sociais. Os traballos que fundamentaron cientificamente a antropoloxía social foron os elaborados por Maine, Bachofen, Morgan, Tylor e Frazer; sen embargo, as orientacións posteriores seguen as liñas de investigación abertas por Boas en EE UU, Levi-Strauss en Francia e Malinowski, Radcliffe-Brown e Evans-Pritchard no Reino Unido. As orientacións teóricas máis frecuentes...
-
antropoloxía teatral
Disciplina que estudia as manifestacións teatrais propias dunha cultura determinada e a presenza de elementos teatrais noutras manifestacións artísticas, cerimonias rituais ou celebracións festivas desa mesma cultura. Non obstante , tamén é posible un enfoque intercultural e multicultural, tal como ocorre nos últimos anos. Se ben o estudo das diferentes manifestacións da teatralidade xa se pode documentar desde Grecia, foi a principios do século XX, baixo a influencia da febre orientalista e primitivista que se vivía en Europa e América do Norte, cando se procedeu á descrición e ao estudo doutras tradicións teatrais e á transferencia, intercambio e apropiación das máis diversas técnicas de interpretación, dirección ou formación. Konstantin Stanislavski e Vsevolod E. Meyerhold foron dos primeiros en manifestar a importancia das técnicas teatrais orientais e doutras que se tiñan esquecido, como a Commedia dell’Arte. Non obstante , sería Antonín Artaud quen insistiría na súa importancia para...
-
antropoloxía urbana
Estudio das interaccións entre individuos e grupos inseridos no medio urbano. Na aparición desta disciplina inflúen decisivamente os procesos de independencia das antigas colonias europeas, acontecidos sobre todo entre 1945 e 1970, que adoitan ir acompañadas dun intenso proceso urbanizador das súas poboacións. Os antropólogos levaban estudiando xa desde había tempo problemas que recoñecen como especificamente urbanos, pero isto aínda non lles conducira á análise de presupostos da súa disciplina, non sendo ata finais dos setenta e principios dos oitenta cando o termo acada uso xeneralizado, consolidándose como especialidade académica ben definida. Das correntes xurdidas nos estudios de antropoloxía urbana cómpre destacar en primeiro lugar a Escola de Chicago, dende a que autores como Park, Wirth e Whyte centran o interese no mundo urbano dende puntos de vista ecolóxicos, defendendo que nas cidades se atopan unha serie de áreas ou rexións morais nas que se concentran tipos de poboación con...
-
-
Reflexión filósófica sobre o ser humano. Ten como obxecto o home, non só como ser natural, senón tamén como ser esencial. Segundo Scheler, a antropoloxía filosófica constitúe unha ponte que une as ciencias positivas coa metafísica. Parte, en efecto, das ciencias positivas humanas, como a antropoloxía biolóxica, a psicoloxía, a lingüística, etc, para elaborar e interpretar filosoficamente os seus resultados e buscar a esencia ou estrutura fundamental do ser humano, que explique todas as súas funcións e todas as súas obras específicas: a linguaxe, a consciencia moral, a arte, os mitos, a relixión, a ciencia, a cultura, etc. Non é unha antropoloxía das características ou funcións humanas, senón da esencia do home, polo que se constitúe como unha parte da filosofía. Con todo, non estaba separada con suficiente precisión do núcleo principal da filosofía (lóxica, metafísica, ética) debido a que non tiña definido o seu status epistemolóxico. Tal como se concibe actualmente, a antropoloxía filosófica...
-
Orixinariamente, reflexión sobre o home a partir da revelación: inclúe o tratado teolóxico sobre a creación do home, a súa caída e a súa redención. Actualmente, teólogos como Rahner, Schillebeeckx ou Metz considérana como un motivo teolóxico que determina a mesma teoloxía como tal. Así, non se pode dicir nada sobre Deus, obxecto formal da teoloxía, sen falar tamén do home. Segundo esta perspectiva, derívanse varias consecuencias importantes para a reflexión teolóxica. A primeira é que a teoloxía debe descubrir o estreito vínculo que hai entre o contido das afirmacións dogmáticas e a comprensión propia do home. A segunda, que hai que ter en conta a achega das ciencias humanas e sociais para realizar a súa propia reflexión. A terceira, a importancia da cristoloxía en tanto que en Cristo aparece o que o home é e ten que ser.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao antropomorfismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á antroposofía.
-
-
Estudio da orixe e desenvolvemento do home.
-
Concepto empregado en diferentes escolas antropolóxicas para designar a aparición da especie humana. Termo usual no discurso finalista de Teilhard de Chardin para designar a aparición da intelixencia no transcurso da evolución. Na actualidade este termo ten un contido máis filosófico ca biolóxico, optándose polo termo menos ideoloxizado de hominización.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deus exipcio representado en forma de chacal (ou de can) ou ben en forma humana con cabeza de chacal. Axudou a Iris a amortallar a Osiris, converténdose deste xeito no deus dos mortos e no condutor das almas. Presidía as sepulturas. O seu nome exipcio era Inpu, e máis tarde formou parte do culto alexandrino de Serapis e Isis. Identificouse con Hermes e tomou o nome de Hermambis.
-
-
Acción e efecto de anunciar.
-
-
Comunicación elaborada con textos, imaxes ou sons dirixida a un público concreto e divulgada a través dun medio publicitario co obxectivo de persuadir ou informar sobre a existencia das calidades dun produto ou servicio. A difusión dun anuncio realízase a través de medios masivos como a televisión, radio, diarios, revistas, cine ou Internet. A variedade de formatos dos anuncios en prensa é a seguinte: dobre páxina, unha páxina, pé de páxina, media páxina (horizontal ou vertical), dobre media páxina, robapáxina, módulos, especiais ou encartes. A variedade de formatos televisivos son o espot ou comercial de televisión, patrocinio ou esponsorización, publicidade estática, as sobreimpresións, publirreportaxes, telepromoción e televenta, produt placement e bartering. O formato máis estendido en radio é a cuña publicitaria.
-
Inserción publicitaria que se fai na prensa.
-
anuncio por palabras
Anuncio consistente nun texto breve, xeralmente con abreviaturas e de estilo telegráfico, publicado nunha sección específica (onde estes anuncios se clasifican por temas) en gran parte da prensa diaria.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome polo que é coñecido o Tratado de Seguridade do Pacífico firmado en San Francisco por Australia, Nova Celandia e os EE UU o 1 de setembro do 1951, e ratificado en abril do ano seguinte, con garantía de axuda mutua e de consulta recíproca. O principal organismo creado por este tratado é o chamado Consello do Pacífico, de carácter consultivo. No 1986, a negativa de Nova Celandia a acoller nos seus portos barcos con armamento nuclear determinou a retirada deste país da organización.
-
-
Extremo superior, cume ou punta dalgunha cousa.
-
Punta ou extremo dunha estrutura anatómica como o peteiro das aves ou follas dos vexetais.
-
Punto da esfera celeste cara onde se dirixe o Sol e, con el, todo o sistema solar. Está situado na constelación de Hércules e as súas coordenadas son 18h 04min (aproximadamente 270°) de ascensión recta e +30° de declinación. A velocidade do Sol no seu movemento cara ao ápice é duns 19 km/s.
-
Acento gráfico diacrítico posto sobre unha letra; por exemplo nas inscricións latinas para indicar unha vogal longa.
-
Extremidade do talo e da raíz, onde se localiza o meristema primordial.
-
-
-
Revelación dos acontecementos da fin do mundo presente na tradición relixiosa xudeu-cristiá. O mito da apocalipse, que culmina coa Gloria de Deus, é propio da mentalidade do pobo xudeu, que debido ao seu carácter nómada vivía na espera do seu establecemento final na Terra Prometida. Así, se os padecementos individuais sufridos durante a vida terrea serían recompensados coa permanencia despois da morte a carón de Deus, os da humanidade toda rematarán despois da Apocalipse. Os textos que configuran a literatura apocalíptica teñen, xa que logo, un carácter consolador, contrastando o feito do advenimento do mal co triunfo final da Gloria de Deus e a Salvación. Nunha linguaxe simbólica e escura, fálase de revelacións divinas e acontecementos que han suceder nun futuro afastado. Fundamentalmente é unha visión optimista da historia: o futuro será mellor porque a vitoria será de Deus, do ben fronte do mal, e porque se establecerá un mundo mellor e definitivo. A literatura apocalíptica...
-
Estado catastrófico, tremendamente problemático, ou de moi difícil resolución.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fluosilicato de calcio e potasio hidratado, de fórmula KFCa4Si8O20 · 8H2 O, do grupo dos fosilicatos. Os cristais, do sistema tetragonal, son de forma piramidal, prismática, tabular ou cuboide. É fráxil, de exfoliación perfecta, de dureza 4,5-5 e peso específico 2,33-2,37; transparente ou translúcido, incoloro ou de cor branca, rosada ou verde clara. Atópase nas cavidades das rochas basálticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Signo ortográfico consistente nunha coma alzada (‘), que empregan algunhas linguas para sinalar a elisión dalgunhas letras, xeralmente unha vocal, ou unha afixación dun pronome asilábico. Algunhas linguas seguen a manter o uso do apóstrofo, entre elas están o catalán (
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía estadounidense fundada no 1976 por Steve Jobs e Stephen Wozniak que iniciou a popularización dos ordenadores para uso persoal, cun interface gráfico de sinxela interacción co usuario e aplicacións de cómodo uso. No 1977 lanzou o seu primeiro modelo, o Apple II, e no 1984 revolucionou a informática coa liña Macintosh (Mac) e un sistema operativo, o Mac OS (Mac Operating System), no que se inspirou a compañía Microsoft para crear Windows, un sistema operativo moito máis intuitivo ca o seu anterior MS-DOS (Microsoft Disc Operating System), aínda que baseado nel. No 1995 lanzou a liña Power Macintosh e no 1998 os iMac.
-
-
-
Acción de aprender.
-
aprendizaxe multimedia /
Proceso no que se adquiren coñecementos empregando aplicacións informáticas nas que se combina texto escrito, son e imaxes previamente dixitalizados, coma nos CD-ROM educativos ou a través do teleensino.
-
Proceso que implica un cambio real ou potencial do comportamento relativamente persistente, que é debido á interación suxeito-medio e que se fai posible por medio da actividade e/ou da observación do suxeito. Para que unha persoa poida aprender é preciso que o seu organismo acadase o correspondente nivel de desenvolvemento. Por medio da aprendizaxe clásica, formulada por I. P. Pavlov, o suxeito chega a comportarse ante un novo estímulo do mesmo xeito que ante un xa coñecido. A aprendizaxe operante, definida por B. F. Skinner, consiste en adquirir unha conduta que lle serve ao suxeito para chegar a satisfacer unha determinada necesidade. A psicoloxía guestaltista entende como algo que se produce de súpeto e asociado sempre a unha sensación que implica comprensión; só se o problema é moi difícil, cómpre recorrer ao ensaio e ao erro. O construtivismo, representado por J. Piaget e H. Wallon sostén que a aprendizaxe permite a formación das estruturas do coñecemento da persoa...
-
-
Período durante o que se aprende un oficio ou unha profesión. Coa introdución da organización científica do traballo e a súa división, a formación profesional pretende acadar rendemento e rapidez na execución das operacións. A aprendizaxe pode perseguir a especialización do aprendiz ou unha formación global. A evolución técnica modificou profundamente a estrutura profesional e aumentou a mobilidade dos traballadores. A aprendizaxe adquiriu unha nova dimensión a través da readaptación profesional. Está, deste xeito, estreitamente relacionada coa orientación profesional.
-