"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Movemento cultural de alcance político que se iniciou en Catalunya a principios do s XX. Os seus principais abandeirados foron Eugeni d Ors, Josep Carner, Jaume Bofill i Mates, Josep Pijoan, Francesc d A. Galí, J. Torres García, Xavier Nogués e Feliu Elias cuxa característica común foi a superación da tradición romántica e o modernismo. Acordaron que 1906 representara a apertura do movemento, que, pouco a pouco, foi construíndo todo un programa, grazas á plataforma mínima de goberno que representou o poder de Enric Prat de la Riba   e o seu equipo político. O seu obxectivo primeiro foi a formación dunha lingua literaria común, codificada pero flexible, e útil para calquera disciplina. Nas artes plásticas, ao comezo, o novo movemento concretouse no arcaísmo depurador que cultivaron algúns posmodernistas, moitos dos que se integraron despois na asociación Les Arts i els Artistes, que sintetizou inquedanzas renovadoras diversas. En pintura foi encarnado polo clasicismo de J. Torres García,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Escrito que está destinado a deleitar o lector con narracións de aventuras heroicas ou ben con descricións de feitos de accións e de caracteres que queren, ou non, representar os da vida real.

      1. novela naturalista

        Novela que ofrece ao lector un marcado interese pola realidade e a natureza, e amosa unha estreita fidelidade a todo o natural, con trazos máis crús e acusados ca no realismo. Baséase nas doutrinas filosóficas en que a natureza pode ser entendida en si mesma sen recorrer a elementos externos. É. Zola, con Thérèse Raquin (1867), foi o autor máis importante do xénero. Seguidores seus foron Eça de Queiroz, con Os Maias (1888), F. Norris, con Mc Teague (1899), E. Hemingway, con The Sun Also Rises (1926) e W. Faulkner, con Light in August (1932). En España, en xeral, non se pode dicir que houbese un naturalismo pleno, a non ser no caso de V. Blasco Ibáñez, con La barraca (1898), se ben E. Pardo Bazán, con Los pazos de Ulloa (1886), O. Picón, Clarín e B. Pérez Galdós, con La desheredada (1881) poden ser considerados naturalistas nalgunhas das súas obras.

      2. novela negra

        Novela que xurdiu en EE UU na década de 1920, se ben ten a súa orixe nos catro relatos de E. A. Poe The Murders in the Rue Morgue (1841), The Purloined Letter (1845), Thou Art the Man (1850) e The Mistery of Marie Roget (1850). Baseada na estrutura e trama propias da novela policial, incide nos aspectos máis turbios da sociedade contemporánea, e identifica de xeito máis ou menos explícito os métodos e os obxectivos dos representantes da orde establecida e dos delincuentes. É típico o estilo conciso e sinxelo, o predominio da linguaxe coloquial e un realismo truculento. O detective presenta trazos psicolóxicos e morais característicos (desengano respecto da xustiza institucional, código ético rigoroso e vida pouco convencional e solitaria). O xénero acadou a madurez coas obras de A. C. Doyle e a introdución do detective con Sherlock Holmes, ao que seguiron H. Poirot, de A. Christie, Sam Spade, de D. Hammett, ou Philip Marlowe, de R. Chandler. O xénero...

      3. novela pastoril

        Novela cultivada no s XVI en que se idealiza a vida do campo e na que aparecen personaxes de distinta condición social. Próxima ao bucolismo dalgúns autores latinos, confírmase como a expresión do espírito renacentista con influencias italianas. De feito, quen inaugura este xénero é o escritor italiano Sannazaro, autor de Arcadia (1503). Na literatura española cómpre salientar a obra do autor de orixe portuguesa Jorge de Montemayor, Los siete libros de la Diana (1558-1559), á que seguiron Diana enamorada (1564), de Gaspar Gil Polo, Pastor de Filida (1582), de Luis Gálvez de Montalbo, La Galatea (1585), de Miguel de Cervantes, e La Arcadia (1598), de Lope de Vega.

      4. novela picaresca

        Novela xenuinamente española que retrata a vida e costumes de nugalláns, argalleiros e pícaros. É unha vida vulgar, sen ambicións heroicas nin aspiracións futuras. Os seus personaxes buscan saír do paso e gañar con boas ou malas artes un pobre sustento. A obra preséntase estruturada como unha falsa autobiografía, narrada en primeira persoa desde unha dobre perspectiva; como autor e como actor. A intención destas obras é satírica, se ben pretende transmitir unha ideoloxía moralizante e pesimista. A picaresca española exerceu unha influencia notable na narrativa europea do seu tempo, como en Der Abenteuerliche Simplicissimus Teutsch, de Grimmelhausen (1669), Moll Flanders, de D. Defoe (1722) ou Histoire de Gil Blas de Santillane de A. R. Lesage (1715-1735). Os dous mellores exemplos de novela picaresca son El lazarillo de Tormes (1554), anónima, e La vida del Buscón llamado don Pablos, de Francisco de Quevedo (1603). Outras obras representativas...

      5. novela por entregas

        Novela de longa extensión que se publicaba, amodo de folletín, en moitas publicacións periódicas do s XIX e de principios do s XX. Cunha calidade literaria discutible, desenvolvía as peripecias de personaxes contemporáneas con trazos melodramáticos.

      6. novela psicolóxica

        Novela que describe, sobre todo, conflitos espirituais e psicolóxicos. As reaccións dos personaxes analízanse polo miúdo, ben seguindo o fío dos pensamentos (monólogos), ben transcribindo textos, como diarios íntimos ou cartas, que son escritos polos personaxes. Xurdido no s XIX, este xénero ofrece abundantes exemplos de realismo subxectivo. O escritor psicolóxico segue un proceso de desdobramento e desenvolve a capacidade de observar o panorama interior dos personaxes. As primeiras grandes novelas psicolóxicas son de I. Svevo, autor de Una vita (1893) e G. Simenon, con Le chien jaune (1932), se ben os autores máis importantes foron F. Dostojevskij, con Bednyje l’udi (Pobre xente, 1846) e Stendhal, con Le rouge et le noir (1830).

      7. novela realista

        Novela que se axusta fielmente á realidade sen engadir ningún elemento embelecedor ou idealizador. As súas características esenciais son a limitación dos elementos fantásticos, a ambientación real, o emprego da linguaxe cotiá e a verosimilitude. Difundida por Europa no s XIX, pretendía describir situacións e personaxes cunha obxectividade e impersonalidade case absolutas por parte do escritor. Foi unha reacción fronte ao romanticismo, e derivou, por unha banda, da preocupación social que se orixinou a partir da revolución de 1830 en Francia, e pola outra, polo auxe do positivismo e das ciencias experimentais. Os iniciadores foron os novecentistas H. de Balzac, con Scènes de la vie parisienne: sarrasine (1831) e G. Flaubert, con Madame Bovary (1857), se ben o máis representativo foi a serie de 85 novelas La comédie humaine, do propio Balzac (1842). Algúns escritores destacados foron J. Austen, con Mansfield Park, (1814), os irmáns Goncourt, con Renée...

      8. novela rosa

        Novela que naceu no s XIX. De tema fundamentalmente amoroso, os seus personaxes teñen como eixe principal das súas vidas unha paixón incontrolada que focaliza a acción do texto. Caracterízanse por ser novelas claramente estereotipadas e cunha liña argumental que se repite desde as súas orixes. Os seus antecedentes están na novela sentimental dos ss XVI e XVII, se ben foi a novela Pamela, de S. Richardson (1740), a que sentou as bases do xénero. As figuras máis importantes foron Barbara Cartland, con The Scots Never Forget, e F. Barclay, con The Rosary (1910). En España popularizouse a comezos do s XX coas obras de R. Pérez y Pérez, autor de Los caballeros de Loyola (1929), se ben foi Corín Tellado a figura máxima do xénero. Outras autoras destacadas foron Carmen de Icaza, con Cristina Guzmán, profesora de idiomas (1936), Mª Luz Morales, con Amor en el camino (1944) ou María Teresa Sesé, con Amores imprevistos (1957).

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento fotográfico que se iniciou na Coruña en 1980 e en que participaron Xosé Abad, Vari Caramés, Xulio Correa, Ángel Flores, Luis Gayol, Xurxo Lobato e Xoán Piñón. O seu obxectivo era revitalizar a vida fotográfica da cidade herculina e de Galicia, e servir como motor da produción creativa. Tras a conformación deste movemento constituíuse a Sociedade Fotográfica Coruñesa, que se fundou o 13 de maio de 1984, e tirouse do prelo a revista fotográfica 40 X 50 (1985), que contribuíu á dinamización do panorama fotográfico galego. A súa primeira exposición tivo lugar na Coruña en 1984 e nela colaboraron, ademais dos membros do movemento, outros fotógrafos como Luis Carré, María Lendoiro e Manuel Vilariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda a orixe e o desenvolvemento da moeda, tanto no espazo como no tempo, considerándoa como un monumento ou testemuño histórico, social, económico e artístico. Entendida como unha das fontes auxiliares da historia, é á vez complementaria doutras disciplinas como a arqueoloxía, a heráldica, a epigrafía, a etnografía, a sixilografía ou a filoloxía. Aínda que o seu ámbito principal de atención é o referente ás moedas e ás medallas, ocúpase tamén de todo o relacionado cos aspectos anexos ao fenómeno monetario. O desenvolvemento da numismática iniciouse co humanismo, pero ata finais do s XVIII non se sistematizou como ciencia, de xeito paralelo á creación das grandes coleccións nacionais. A partir da metade do s XIX a ciencia das moedas chegou á súa plenitude, grazas aos estudos con criterios científicos que analizaron a vasta problemática das emisións, tanto antigas como medievais e modernas, á publicación de revistas especializadas, ás reunións de especialistas en congresos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obradoiro tipográfico que funcionou en Santiago de Compostela a partir de 1854. Tras o pasamento de Ramón Núñez Espinosa, a súa viúva fíxose cargo do negocio. Dela saíron, entre outras, a reimpresión de Composiciones fúnebres, do doutor Turnes Maldonado (1854).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do S de México, situado na costa do Océano Pacífico, que se estende en parte pola zona do istmo de Tehuantepec (93.952 km2, 3.438.765 h [2000]). A súa capital é Oaxaca de Juárez. A maioría da poboación é rural e a economía é agrícola e mineira. A industria concéntrase na capital e destaca a elaboración de tabaco, fariña, aceites vexetais, azucre, fiados e tecidos. Na época precolombina o territorio disputárono os zapotecas, mixtecas e aztecas. Francisco de Orozco iniciou en 1521, desde México, diversas campañas contra os mixtecas, que someteu Hernán Cortés. Aínda así os indios rebeláronse diversas veces contra a administración colonial. En 1812 ocupouna José María Morelos. Participou activamente na loita pola independencia mexicana, e converteuse en estado libre en 1823.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega, en botánica, na formación de nomes científicos co significado de ‘ao revés’ ou ‘en dirección oposta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer ilexible unha palabra borrándoa ou riscándoa.

    2. Inutilizar un selo mediante a estampación de calquera signo gráfico ou a súa perforación.

      1. Obstruír un conduto dun ser orgánico. 

      2. Extirpar cirurxicamente un órgano ou unha parte danada. OBS: O grupo consonántico bl é heterosilábico e as dúas consoantes b-l pronúncianse separadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de observar.

    2. Comentario ou indicación que se fai sobre algo relacionado cunha persoa.

    3. Nota ou comentario que se fai a un texto para chamar a atención de algo.

    4. Método científico que se diferenza da experimentación no feito en que non hai intervención do suxeito cognoscente para modificar as condicións do fenómeno. Os primeiros en sistematizar os métodos de observación foron Francis Bacon e John Stuart Mill.

      1. Medida efectuada polo piloto dunha embarcación, que permite a determinación da posición e do rumbo.

      2. observación dun astro

        Acción de observar un astro co fin de obter algunha das coordenadas ou algún outro dato.

    5. Determinación da situación relativa do obxectivo e dos impactos de proxectís lanzados contra este, para poder introducir as correccións necesarias á dirección e ao ángulo de tiro para mellorar a puntaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal de carácter liberal publicado en Santiago de Compostela a partir do 18 de marzo de 1820. Editado nos obradoiros tipográficos de Manuel Antonio Rey, apareceu baixo o lema “Viva el rey por la Constitución”.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Lugar axeitado para facer observacións.

      2. observatorio astronómico

        Lugar desde o que se observan os astros, se determinan os movementos e se estudan as súas propiedades. Os primeiros observatorios dos que se teñen referencia histórica foron construídos por Nemrod en Mesopotamia, hai 2.500 anos, e consistían en grandes pirámides. O mesmo tipo de edificacións foron construídas séculos máis tarde en China e en América do Sur. Os aparatos que había nos primitivos observatorios eran moi simples: a clepsidra, o gnomon e a frecha astronómica ou bésta, que servía para medir a altura dun astro sobre o horizonte e para medir a distancia angular entre dous astros. Nos observatorios da época grega utilizouse tamén a armila, o cuadrante, o astrolabio e a regra paraláctica, que se empregou ata finais do s XV. Os árabes construíron diversos observatorios, entre os que destacou o de Samarcanda (s XV), que serviron para establecer un importante catálogo de estrelas. En Europa os primeiros observatorios importantes non se construíron ata finais do s XV. Cara a 1471 Johann...

      3. observatorio meteorolóxico

        estación meteorolóxica.

    1. Lugar apto para a observación a distancia dun sector. Adaptados de acordo coa función para os que se designan, sempre conteñen material óptico e topográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que obtura ou serve para obturar.

      1. Mecanismo que se utiliza para obturar.

      2. Dispositivo que na cámara fotográfica regula o tempo de exposición da superficie sensible á luz. Os obturadores poden ser, basicamente, de iris ou de cortina. O obturador de iris (ou central) consiste en diversas láminas metálicas que forman unha sorte de sector circular e que, accionadas por un resorte, converxen cara ao eixe óptico e se imbrican, pechando totalmente o obxectivo. O obturador de cortina (ou focal) consiste en dúas láminas enrolables, unha en cada extremo, dispostas como dúas cortinas que se separan ao enrolarse e se achegan ao desenrolarse. Neste caso, a exposición ten unha dobre regulación: por unha banda, a abertura ou separación das dúas láminas, e por outra, o tempo que permanecen separadas. Isto permite unha gran variedade de instantáneas normais. Algunhas cámaras de uso científico incorporan obturadores de alta velocidade, baseados en dispositivos electrónicos.

      3. Dispositivo que na cámara cinematográfica impide a chegada da luz á superficie sensible no lapso durante o que o mecanismo de avance da película a fai correr entre dous fotogramas consecutivos.

      4. Mecanismo que é preciso colocar entre a recámara e o peche dunha peza de artillaría para evitar a fuxida de parte dos gases do tiro, coa conseguinte perda de potencia e o desgaste do peche. As armas que disparan cartuchos ou proxectís con vaíña non requiren deste mecanismo.

      5. Dispositivo que se emprega para pechar un recinto ou unha condución, ou para interromper a comunicación entre eles, como poden ser as billas e as válvulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación lóxica que consiste en substituír o predicado polo seu contraditorio e en cambiar correlativamente a calidade da proposición. Por exemplo, Todos os químicos son científicos, é igual que ningún químico é non científico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de occidentalizar ou occidentalizarse.

    2. Proceso complexo de tipo cultural, mediante o que os pobos afastados da cultura europea intentan apropiarse dela, sexa nos seus aspectos máis profundos, como a filosofía ou a relixión, ou ben sobre aquilo que é máis asimilable, como a moda ou a técnica. Nacido do trastorno europeo que supuxo o Renacemento e os descubrimentos científicos e técnicos, o proceso acentuouse a partir do s XIX, como consecuencia da expansión colonial. Foron exemplos típicos deste fenómeno a Rusia de Pedro I ou a Turquía de Atatürk.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Masa total de auga salgada, que cobre unha gran parte da superficie da Terra (361.128.000 km 2 , que representa o 71 %). A súa orixe remota pódese situar nas etapas prexeolóxicas da Terra, nas que se produciu unha diferenciación xeral da materia terrestre segundo capas concéntricas, cos materiais menos densos acumulados nas zonas máis profundas e os máis lixeiros nas máis externas. A fase final desta diferenciación correspóndese coa formación da atmosfera e da hidrosfera. Esta, formada fundamentalmente polo mar, orixinouse a partir da auga desprendida polas rochas que constituían a incipiente codia terrestre que ascendía á superficie mediante os fenómenos volcánicos, acompañada de nitróxeno e carbón. Estas erupcións, segundo a maioría dos xeoquímicos, foron as que lle conferiron á auga do mar o seu contido en sales. Nestas etapas primitivas os mares chegaron a estar formados predominantemente por auga, á que se engadiron compostos orgánicos, relativamente simples, constituídos...

    2. Cada unha das cinco grandes partes de auga comprendida entre os dous grandes continentes: o Océano Atlántico, o Océano Pacífico, o Océano Índico, o Océano Ártico e o Océano Antártico. As máximas profundidades (ata case 11.000 m) non están no centro, senón preto dos continentes, como a fosa das Filipinas, a fosa das Marianas, as fosas do mar de Xapón, no Pacífico, ou a fosa de Puerto Rico, no Atlántico. O fondo oceánico está constituído por produtos da erosión mariña sobre as costas, os materiais fluviais e os restos dos organismos mariños. As zonas abisais (superiores aos 5.000 m) están cubertas dunha arxila vermella de orixe descoñecida. A flora e a fauna corresponde a cada un dos medios mariños. A cor normal da auga é azul ou verde azulado, e a gradación da intensidade está en relación coa salinidade, a temperatura, a profundidade, o contido en plancto e outros aspectos. A temperatura da auga (desde -3,677°C ata 32°C) diminúe coa profundidade e varía polo efecto das radiacións solares,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda os océanos. Servíndose da física, a xeoloxía, a bioloxía, a química e as matemáticas, dedícase á exploración das augas e das profundidades mediante os instrumentos de medida e materiais precisos (sonda acústica, fotografía submarina, reflexión sísmica ou escafandros) dos buques oceanográficos e dos batiscafos. Actualmente utiliza tamén sensores remotos situados nos avións ou nos satélites artificiais. Neste sentido, a oceanografía ábrese a novas dimensións, importantes para o futuro da humanidade, xa que pode axudar a localizar xacementos minerais ou a facer predicións de tempo a longo prazo. Proxéctase tamén a obtención dun rendemento enerxético das mareas e das diferenzas de temperatura entre as augas superficiais e as profundas. A oceanografía inclúe unha serie de disciplinas, como por exemplo a oceanografía física, que se ocupa entre outras cuestións ,da interacción das mareas, e a oceanografía biolóxica, que quere comprender as interaccións entre a vida oceánica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á oceanografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen oculta.

    2. Dispositivo que canaliza a luz emitida polos faros dos trens, dos vehículos ou dos sinais de tráfico, que se emprega en tempos de guerra para evitar a súa localización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que pretende coñecer e utilizar os segredos e os misterios da natureza. Nos tempos antigos había unha ciencia reservada aos iniciados, xeralmente sacerdotes dun culto. Mediante diversos descubrimentos, intuicións e prácticas do ocultismo pasaron ao eido do coñecemento científico, pero unha parte continúa no plano da pseudo-ciencia ou da paraciencia.

    2. Crenza na existencia de poderes sobrenaturais capaces de explicar realidades non sometidas ao coñecemento humano ou científico.

    3. Actitude propia de quen actúa encubrindo ou ocultando algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos, da orde dos carnívoros, que presentan o corpo robusto, a pel moi espesa de cor gris e a cabeza de pequeno tamaño, con moitas sedas no fociño. A este xénero pertence a morsa, da que hai dúas subespecies, O. rosmarus rosmarus (a morsa do Atlántico) e O. rosmarus divergens (a morsa do Pacífico).

    VER O DETALLE DO TERMO