"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

    1. Dar carácter ruso a algo ou a alguén.

    2. Adquirir carácter ruso algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Camiño que se percorre para ir dun lugar a outro.

      2. Camiño establecido que se segue nunha viaxe ou expedición.

      3. ruta aérea

        Zona do espazo aéreo definida entre dous puntos que está provista de axudas á navegación aérea, de tipo visual ou electromagnético, e suxeita a regulacións de circulación e de navegación das aeronaves.

      4. ruta anfibólica

        Ruta metabólica central que ten unha dobre función: pode ser utilizada catabolicamente, pola degradación completa de moléculas pequenas, ou ben anabolicamente, para producilas.

      5. ruta comercial

        Traxecto que seguen os produtos que son obxecto de comercio. As rutas comerciais máis antigas que se coñecen, en Europa, son as do ámbar no Neolítico, que unía as comarcas bálticas coas zonas mediterráneas, e a do estaño, que unían as Casitérides cos centros consumidores do Mediterráneo. Os fenicios e os gregos déronlles un gran pulo ata a chegada de Roma, que creou unha espesa rede viaria. A partir do s VII, os árabes crebaron boa parte das rutas comerciais da Antigüidade e da Idade Media. As cidades italianas, sobre todo Venecia e Xénova, protagonizaron a partir do s XI unha reactivación comercial. Os descubrimentos xeográficos do s XVI comportaron a creación de novas rutas baixo o impulso das coroas de Portugal e de Castela. Sevilla monopolizou o comercio americano con Castela, para o cal se empregou o sistema de frotas. Nos ss XVII e XVIII adquiriu moita importancia a ruta dos escravos. No s XIX, a denominada revolución dos transportes e os avances do s XX permitiron responder ás necesidades...

      6. ruta metabólica

        Secuencia de reaccións do metabolismo, anabolismo e catabolismo, moi semellantes en todos os seres vivos.

    1. Comportamento que adquire unha persoa cunha finalidade concreta.

    2. Documento expedido polos xefes de estación onde constan as mercadorías que transporta un tren, os nomes dos seus propietatrios ou os puntos de destino, entre outras cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land do O de Alemaña, situado entre o land de Renania-Palatinado e a fronteira con Francia e Luxemburgo (2.568 km2; 1.061.000 h [estim 2003]. A súa capital é Saarbrücken. A riqueza mineira, grazas ao seu desenvolvemento industrial, explica o seu crecemento demográfico. As industrias tradicionais son a siderurxia e a química, pero tivo tamén un importante incremento as industrias de transformación. A Tregua de Ratisbona (1684) creou a provincia francesa de Sarre, adherida aos territorios de Luís XIV pero, polo Tratado de Rijswijk (1697), Francia viuse forzada a devolver os territorios conquistados. Na Revolución Francesa, as tropas francesas volveron ocupar Saarland, pero coa derrota final de Napoleón I (1815), a maior parte do territorio foi cedido a Prusia. Despois da Primeira Guerra Mundial foi posto baixo a administración da Sociedade de Nacións, pero no plebiscito de 1935, máis do 90% dos seus habitantes votaron polo retorno a Alemaña. Ocupado...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das pezas rectangulares de tea que se utilizan como roupa da cama e illan o corpo do colchón e das mantas.

    2. Saba coa que supostamente se envolveu o corpo de Xesús Cristo antes de colocalo no sepulcro. Venerada como reliquia, atópase na catedral de Turín. É un lenzo de liño de 437 cm de longo e 111 cm de ancho en que está impresa unha imaxe frontal e dorsal dun home crucificado como se fose un negativo fotográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado no Freixo de Sabardés (Outes). Ten a súa orixe nun oratorio arruinado no s XI que reedificou o conde Pedro Froilaz. Foi priorado de San Paio de Antealtares e despois de San Martiño Pinario. Consérvase a igrexa, reformada no s XVII, e algunhas dependencias monacais que forman a casa reitoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coñecemento profundo sobre determinadas materias ou conxunto de coñecementos adquiridos mediante o estudo ou a experiencia.

      1. Coñecemento superior, de carácter non só teórico-especulativo senón tamén práctico-moral, relativo á verdade última (ou primeiros principios) do real e ao sentido e destino do mundo, e sobre todo ao do home nel. En Platón e Aristóteles pódese atopar unha acentuación do carácter teórico da sabedoría, mentres que nas filosofías helenísticas está subliñado o seu aspecto práctico. Este carácter teórico-práctico adoita ir acompañado dunha connotación relixiosa, de xeito que a sabedoría significa tanto o coñecemento e a observación da lei divina coma a mesma razón e o sentido último da creación do mundo e do home por Deus.

      2. Ámbito superior da realidade, moitas veces hipostasiado e mesmo personificado, correspondente ao que se pode denominar razón ou logos do cosmos, alma do mundo ou incluso espírito, é dicir, o elemento misterioso que intervén, dándolle sentido, á creación do Universo por Deus. A tradición cristiá identificou a sabedoría veterotestamental co Espírito Santo e o Verbo ou Fillo de Deus.

    2. Característica propia das persoas sabias.

    3. Capacidade de razoar ou actuar con prudencia e mesura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de coñecementos adquiridos polo estudo ou pola experiencia.

      1. Coñecemento ou conxunto de coñecementos que, mediante a comprobación e unha adecuada sistematización, dan lugar á ciencia.

      2. Coñecemento retórico-práctico relativo a situacións ou realidades tanto obxectivas coma subxectivas. Distínguese entre o saber vulgar ou común, baseado na experiencia da vida, e o saber científico, rigoroso e racional, onde se pode incluír o saber filosófico. Segundo Max Scheler, pódese distinguir entre un saber técnico, que tamén pode referirse ao espiritual, un saber culto, a filosofía e a ciencia, e un saber de salvación orientado ao transcendente.

      3. saber absoluto

        Estado superior do coñecemento, na filosofía hegeliana, en que suxeito e obxecto alcanzan tal adecuación que queda superada toda dualidade (finito-infinito, universal-concreto, liberdade-necesidade). Propio do chamado espírito absoluto, a arte, a relixión e a filosofía, o saber absoluto corresponde propiamente a esta última como a consumación da racionalidade e traspasa o ámbito da relixión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oficio ou dignidade de sacerdote. É unha institución común a todas as relixións, exercida de diversas maneiras que forma parte da actividade social dun grupo. Aínda que nun principio non parece que fora un servizo específico dunha caste, comezou a ser exercido por reis, xefes de tribo ou de familia que máis tarde, para exonerarse de múltiples responsabilidades, delegaron en persoas con dedicación plena. A proliferación do politeísmo levou a unha posterior especificación sacerdotal, non só polo que respecta aos cultos e aos santuarios, senón tamén ás funcións (augures, sacrificadores, cantores). Isto deu orixe ás castes e ás familias sacerdotais. O oficio supuña unha esixencia ritual ou consagración diversa das condicións de pureza esixidas ao individuo á hora de cumprir o rito. Outra categoría de sacerdocio, igualmente primitiva, provén da capacidade especial dalgúns individuos (curandeiro, adiviño, feiticeiro, exorcista, profeta) e da posibilidade superior de entrar en contacto coa divindade...

    2. Exercicio dunha profesión ou dun ministerio que esixe unha alta virtude.

    3. Conxunto dos sacerdotes dunha rexión ou dunha relixión determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ofrecer un ser vivo a unha divindade para obter o seu favor.

    2. Matar un animal, especialmente para o seu consumo.

    3. Expoñer ou someter unha persoa ou cousa á destrución ou a un dano en beneficio de algo que se considera máis importante.

    4. Renunciar voluntariamente a algo para obter un beneficio.

    5. Renunciar voluntariamente a aquilo que se considera favorable para si mesmo en beneficio doutra persoa ou cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de sacrificar ou de sacrificarse.

      1. Doazón, renuncia ou inmolación que fai unha persoa ou unha comunidade relixiosa á divindade, como resposta á súa manifestación previa. Parte integrante do culto, o sacrificio é máis que a simple ofrenda e comporta a destrución, sexa en forma de comida, cremación, libación ou doutro modo, dunha vítima. A destrución e a morte atópanse no centro do sacrificio. A teoría moderna de orixe predeística do sacrificio afirma que este é unha acción máxica, sobre todo naqueles casos nos que a vítima é aniquilada. Outra concepción considera o sacrificio como ofrenda, baseada nun concepto de deus antropomórfico e no convencimento de que a ofrenda é compracente a un Deus persoal. Segundo unha concepción antiga, testemuñada pola narración bíblica dos sacrificios de Caín e de Abel, así como pola Ética a Nicómaco de Aristóteles, a ofrenda das primicias foi a forma máis primitiva de sacrificio. Modernamente, W. Schmidt mantivo esta teoría e afirmou que a ofrenda principal era un recoñecemento por...

      2. sacrificio da cruz

        Morte voluntaria de Xesús na cruz para expiar os pecados do home.

      3. sacrificio incruento/sacrificio do altar/santo sacrificio

        Celebración da misa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Safo ou á súa poesía.

      1. Aplícase á estrofa que está formada por tres versos sáficos e un verso adónico.

      2. verso sáfico

        erso hendecasílabo, probablemente de orixe composta, acentuado nas sílabas cuarta e oitava.

    2. lesbiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar o 23 de outubro de 1086 nas ribeiras do río Zapatón, preto de Badajoz, entre o exército almorábide e Afonso VI, aliado con Sancho Ramírez de Aragón e con Álvar Háñez de València. A vitoria de Yūsuf ibn Tašfīn significou a posibilidade da entronización almorábide na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave do xénero Collocalia, da familia dos apódidos, de 8 a 12 cm, que constrúe o niño cunha saliva xelatinosa (neosina) que segrega. Estes niños son moi apreciados en gastronomía. Habitan en toda Asia meridional e oriental, Australia e as illas do Pacífico oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nitrato de potasio, de fórmula KNO 3 , que cristaliza no sistema rómbico e aparece en forma de agregados acidulados, eflorescencias e costras, en cavernas calcarias ou sobre o chan en países cálidos. Ten unha dureza de 2, un peso específico de 1,9 a 2,1 e é de cor branca. Emprégase na obtención de nitrato potásico, ácido nítrico e ácido sulfúrico, como fertilizante mineral e, previamente reducido a nitrito, como estabilizador da cor.

    2. Substancia con propiedades salinas, especialmente a que aflora en solos e paredes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cloruro amónico, de fórmula NH4Cl, que cristaliza no sistema cúbico en cristais pequenos e alongados. Ten unha exfoliación imperfecta en cubos e é incoloro ou de cor amarela e marrón, a causa da adición de FeCl3.Ten un gusto salino picante e a súa dureza é de 1 a 2 cun peso específico de 1,53.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sala principal dunha casa destinada a recibir visitas.

      2. Mobiliario que forma este cuarto.

    1. Cuarto espazoso en que se realizan reunións ou xuntanzas.

    2. Local dun establecemento público destinado a diversos fins.

    3. Exposición pública de produtos artísticos, comerciais ou científicos.

    4. Termo da xerga dos cabaqueiros ou telleiros que designa a masa lixeira de barro, area e auga que se empregaba para protexer as paredes do forno durante a cocción.

    5. Reunión periódica de personaxes destacados do mundo literario, artístico ou político que se celebraba na casa dun promotor ou protector, xeralmente unha muller cultivada, con espírito aberto e medios económicos. En Francia, sobre todo durante o s XVII, foron célebres os salóns literarios da marquesa de Ramboullet, Madeleine de Scudéry; no s XVIII, os de Madame de Lambert e Madame Necker e, no s XIX, os de Madame de Staël ou Madame de Récamier.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que salta moito.

    2. Que sobresae ou que é moi prominente.

      1. Insecto da orde dos ortópteros incluídos en diferentes xéneros de familias moi diversas. Ten o corpo macizo de cores terrosas, as antenas curtas, o órgano estriduloso formado polos élitros e os fémures, o órgano timpánico no abdome e o oviscapto moi curto. Son fitófagos e de costumes gregarios. Algunhas especies son alimento humano para certas poboacións dos desertos africanos. O saltón marroquí (Dociostaurus marocanus) habita no N e no centro de África, no O de Asia, na Península Ibérica, en Italia, no S de Francia, en Hungría e nos Balcáns, onde é sedentario e provoca pragas non periódicas nos mesmos lugares que habita. O saltón migratorio (Locusta migratoria) habita en Europa central e meridional, onde é sedentario e non gregario, e no O de Asia, onde é gregario, emigrante e provoca estragos considerables. O saltón peregrino (Schistocerca gregaria) habita en África e no O de África. É dos máis nefastos para...

      2. saltón verde [Tettigonia viridissima, Fam dos tetigónidos]

        Insecto da orde dos ortópteros que acada ata 7 cm de lonxitude. É de cor verde intensa e ten unhas antenas longuísimas e filamentosas, máis longas ca o corpo, e o oviscapto longo, en forma de sabre. Habita entre as herbas e plantas cultivadas.

    3. marolo.

    4. Molusco bivalvo de menos de 8 cm de lonxitude que habita en zonas próximas á costa.

    VER O DETALLE DO TERMO