"Avís" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 69.
-
PERSOEIRO
Filólogo e profesor. Prolífico estudoso da cultura e lingua galega. Realizou estudos eclesiásticos no mosteiro de Oseira, que abandonou en 1960 ao ser expulsado xunto a outros compañeiros acusados de galeguismo e de querer fundar unha congregación independente. Como consecuencia, saíu de Galicia e viaxou por Francia, Alemaña e residiu en Navarra, Madrid e Lisboa. A finais de 1984 volve definitivamente a Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO
Licenciado en Filosofía pola Universidade de Comillas (1973), Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid (1975), Filoloxía Románica (1978), obtivo o grao de Diplomado en Cultura e Lingua Portuguesa pola Universidade de Lisboa (1976). Traballou na Universidade de Vigo (1990-1994) como profesor de Didáctica da Lingua e Literatura Galega. No 1998 presentou e súa tese de doutoramento A fala dos Concelhos de Trasmirás e Qualedro.
Exerceu como... -
VER O DETALLE DO TERMO
Actitudes ou opinións opostas á escravitude. Malia que no mundo clásico ou árabe existía a escravitude, non xurdiu ningunha actitude intelectual oposta de xeito sistemático ao escravismo. O primeiro antiescravista moderno foi Condorcet (1743-1794), quen se manifestou abertamente contra o Código negro (1685), que creaba un dereito para aqueles que estaban privados del: os escravos. O antiescravismo, así mesmo, adquiriu unha base científica a partir da antropoloxía darwinista, que demostraba a falacia racista sobre a que se apoiaba o escravismo: a inferioridade das razas. Os primeiros logros políticos do antiescravismo foron a abolición da escravitude pola Convención de 1792 e as múltiples conferencias antiescravistas, entre as que destacan as de Berlín (1885) e Bruxelas (1889). O último logro do antiescravismo foi a aprobación do artigo 4 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (10.12.1948), que prohibe a escravitude en todas as súas formas. Malia que na actualidade...
-
-
Aparición nun individuo dun carácter ou de trazos hereditarios presentes nun antepasado, afastado e desaparecido.
-
Inclinación a volver a un período primitivo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe portuguesa que pasou a Galicia. Entre os escudos relacionados cos seus ascendentes, recóllese: en campo de prata, unha cruz vermella de Calatrava e bordo de prata, coas quinas de Portugal, dúas en cada flanco e unha en punta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome da segunda dinastía portuguesa que reinou entre 1385 e 1580. Foi fundada por Xoán I (1385-1433), mestre de Avís. Os seus sucesores foron Duarte (1433-1438), Afonso V (1438-1481), Xoán II (1481-1495), Manuel I (1495-1521), Xoán III (1521-1557), Sebastián I (1557-1578) e o cardeal Enrique (1578-1580). Á súa morte Filipe II, neto de Manuel I por liña materna, foi proclamado Rei. Esta dinastía comezou a expansión marítima de Portugal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orde militar e relixiosa portuguesa fundada arredor do 1143 por uns cabaleiros entre os que se atopaba o seu primeiro gran mestre, Fernando Monteiro, para loitar contra os musulmáns e defender a relixión cristiá. Nun primeiro momento adoitou o nome de Nova Milicia. Foi aprobada polo Rei Afonso I quen a dotou de terras. Posteriormente, os seus membros erixíronse en confrades de santa María de Évora e, despois de ampararse no castelo de Avís, cerca de Évora, tomaron a denominación definitiva. En 1162 foi dotada de constitucións e adoitou a regra de san Bieito. Aprobada polo Papa en 1192, gozou de grandes riquezas. De 1213 a 1385 estivo baixo a autoridade da orde de Calatrava. En 1550 o Papa uniu o gran maxisterio da orde á coroa portuguesa. O Rei Xoán deulle como sinal, en campo de ouro, unha cruz flordelisada acantonada de dous paxaros de sable afrontados nos cantóns inferiores. Para entrar como cabaleiro tíñase que probar a nobreza dos sete primeiros apelidos. En 1789 foi reformada pola...
-
-
de avisar.
-
Que ten ou actúa con bo criterio debido á prudencia e á experiencia.
-
-
-
Que avisa.
-
Aparello, dispositivo ou mecanismo capaz de emitir sinais ou avisos visuais, auditivos ou de calquera outra natureza, co fin de atraer a atención sobre unha indicación concreta, sobre unha situación que cómpre modificar ou sobre un perigo.
-
-
SEMANARIOS
Semanario bilingüe publicado en Cienfuegos (Cuba) o 3 de febreiro de 1878 e que cesou o 2 de novembro dese mesmo ano. Dirixido por Domingo Devesa Naveiro e Xosé Porrúa Valdivieso, actuou como voceiro da Sociedad de Beneficencia de los Naturales de Galicia. Pode considerarse como a publicación decana da prensa galega en América.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal diario, agás festivos, existente en Ourense dende o 11 de xullo de 1878 ata o 20 de agosto dese mesmo ano, cando chegaba ao número 28. Subtitulábase “Diario de intereses generales y materiales”. Colaboraron nel, entre outros: Elías Aldea, Arturo Vázquez e X. M. B. de Allariz. Contiña informacións políticas e culturais.
-
SEMANARIOS
Semanario editado en Santiago o 16 de marzo de 1846, que cesou o 5 de xullo dese mesmo ano. Foi subtitulado “Periódico de recreo y utilidad universal” e contaba coas seccións: “Parte Oficial”, “Santorum”, “Bibliografía”, “Variedades”, “La Publicidad” e “La Armonía”. Nelas trataba informacións da cidade, incluía artigos de literatura, biografías e novas de sociedade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal de tendencia liberal aparecido na Coruña en 1862, subtitulado “Diario independiente”. Fundado polos irmáns Ezequiel e Eladio Fernández de Miranda e por Gonzalo Brañas, antes de 1877 pasou a chamarse El Anunciador. Colaboraron nel moitos escritores de prestixio da época e, en 1864, publicou o folletín Contos da miña terra asinado por R. C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal fundado en Vigo en 1864 e que desapareceu coa revolución de setembro de 1868.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal que apareceu en Pontevedra en febreiro de 1881, durante doce días, por mor da sanción a El Anunciador.
-
-
Dar noticia a alguén dalgunha cousa para que estea advertido e obre en consecuencia.
-
Facer que alguén saiba que algunha cousa lle pode supor algún problema.
-
Advertir a alguén, especialmente a algún colectivo profesional, para que preste os seus servicios.
-
-
-
Acción e efecto de avisar.
-
Palabras, escritos ou recados para avisar dalgunha cousa.
-
Técnica publicitaria empregada na radio e na televisión que consiste en emitir unha mensaxe comercial como se se tratase dunha advertencia propia da programación.
-
Navío de guerra pequeno, pouco armado, e de características pouco precisas, que serve para algúns dos diferentes usos que teñen os barcos das flotas. Actualmente, os avisos fan as funcións de buques gardapesca, patrulleiros, barcos hidrográficos, etc.
-
Escrito asinado onde se declara que se recibiu unha carta, un envío, cartos ou cousas semellantes.
-
-
-
-
Comezar a distinguir coa vista algo a moita distancia.
-
erse ou reunirse unha ou máis persoas para tratar algún asunto.
-
-
PERSOEIRO
Creador de vestiarios cinematográficos. Foi colaborador de Ernst Lubitsch, de Max Ophüls e de Josef von Sternberg, especialmente para Marlene Dietrich e Louise Brooks.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cerámica monocroma, con emprego exclusivo da cor vermella e puída, que define o Calcolítico antigo do sur de Italia.