"Madrid" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 27.

  • Club Atlético de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apoderado da Xunta do Reino de Galicia destinado na Corte como interlocutor diante do Consello de Castela (ss XV-XIX). O novo sistema político liberal, deseñado polas Cortes de Cádiz (1812), supuxo a desaparición definitiva en 1834 do axente do Reino de Galicia substituído polos xefes políticos de cada unha das catro provincias e os correspondentes funcionarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade financeira constituída en Madrid en 1703. En 1999 era a cuarta entidade financeira española. Promoveu unha importante obra sociocultural que en Galicia se concretou na financiación de diversas iniciativas culturais como a restauración do coro da catedral de Santiago de Compostela ou a elaboración da Colección de Autores de O Correo Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club deportivo fundado en Madrid en 1903. Entre 1939 e 1944 denominouse Atlético Aviación. O seu uniforme é unha camiseta de raias verticais brancas e vermellas e pantalón azul. O seu equipo de fútbol, que xoga os encontros como local no estadio Vicente Calderón, proclamouse Campión de Liga en 9 ocasións e de Copa en 7. En 1974 disputou a final da XIX Copa de Europa, e perdeuna logo da celebración dun segundo partido de desempate; sen embargo, a renuncia do campión, o Bayern de Múnic, permitiulle disputar a Copa Intercontinental, na que venceu ao Independiente de Avellaneda arxentino. Entre as varias seccións que mantivo, a máis sobranceira foi a de balonmán, campioa de Liga e Copa en varias ocasións e primeiro equipo español desa disciplina en disputar unha final da Copa de Europa. Coa chegada á presidencia de Jesús Gil Gil en 1986, desprendeuse das seccións deportivas e centrouse só no fútbol profesional. Ao converterse en sociedade anónima deportiva (1992), a maioría do seu capital social...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado en Madrid entre 1758 e 1918. Na súa primeira etapa, foi coñecido como Diario noticioso. En 1784 adquiriuno Santiago Thevin e iniciou unha segunda etapa na que modificou o seu nome polo de Diario curioso, erudito, económico y comercial. Entre 1825 e 1836 chamouse Diario de avisos de Madrid, e desde 1847 a 1918, Diario oficial de avisos de Madrid. Ata o ano 1788 incorporou noticias acompañadas de artigos críticos; dende ese data pasou a ser un periódico informativo, feito que facilitou a súa publicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación constituída en Madrid o 22 de maio de 1990 que reúne a empresarios, executivos e profesionais autónomos galegos establecidos na Comunidad de Madrid. Ten por obxecto potenciar o intercambio comercial dos empresarios galegos de Madrid cos de Galicia, e tamén cos doutras asociacións da Federación de Empresarios Galegos no Exterior (FEGAEX), e facilitar aos seus asociados información de carácter económico. Entre as súas actividades cómpre salientar a organización de cursos, seminarios e conferencias, a celebración de actos de homenaxe a persoeiros relevantes do mundo empresarial, a sinatura de convenios de colaboración e a publicación dun Boletín e dun Directorio, no que se dan a coñecer a listaxe de socios e das empresas e actividades organizadas por temas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de arquitectura pertencente á Universidad de Madrid. A súa orixe vincúlase aos estudios que se daban na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Trala reforma educativa de 1844, estes estudios desenvolvéronse na Escuela de Nobles Artes (1845) e en 1848 creouse a Escuela Especial de Arquitectura de Madrid, a primeira que funcionou en España. Dende 1936 a escola ocupa a sede na Ciudad Universitaria. Entre outros arquitectos galegos formáronse nela A. Álex Reylén, F. Castro Represas, J. A. Corrales, A. Fernández-Albalat, J. M. Gallego Jorreto, P. de Llano, I. Seara e A. de la Sota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquitecto. Catedrático de Construcións Arquitectónicas na Escola Superior de Arquitectura da Coruña. Das súas obras destacan a ampliación das escolas Labaca (A Coruña), o complexo parroquial de Vite (Santiago de Compostela) e a sede da Policía Autonómica no polígono das Fontiñas (1993). Colaborador do Boletín Académico da ETSA e en Obradoiro, escribiu La galería en Galicia como elemento de arquitectura del agua (1989). Foi coautor, entre outros, de Xosé Bar Bóo arquitecto (1996), Galicia, caminos de piedra y agua (1998) e Rodolfo Ucha Piñeiro y la arquitectura de Ferrol (1909-1949) (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Madrid a partir de xaneiro de 1932. Cesou a súa edición en abril de 1936 (nº 42). Dirixida por Xosé Manuel Poyán, incluíu inicialmente noticias e crónicas de actualidade. Dende 1933, ademais dos contidos anteriores, inseriu diversas achegas de literatura galega (contos, poemas, relatos curtos, recensións, etc), cunha especial preocupación polas formas populares, tal e como se reflectía nas seccións “Adiviñanzas” e “Sabiduría popular”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Madrid dende abril de 1982 polo Grupo Cultural Galicia en Madrid (Grugalma). Cesou a súa edición en novembro do mesmo ano. A partir de xullo de 1983 iniciou unha segunda época, dirixida por Mourelle de Lema, presidente do grupo cultural editor. Incluíu diversas investigacións sobre a historia, a cultura e a literatura de Galicia, así como reproducións de relatos, contos e poemas, acompañados de recensións e notas bibliográficas. Na súa elaboración colaboraron os máis destacados escritores e intelectuais galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación cultural creada en 1983 co fin de promover o estudo e difusión da cultura galega en Madrid. O seu principal promotor foi Manuel Mourelle de Lema. Colobararon asiduamente con esta entidade, entre outros, X. F. Filgueira Valverde, A. Fraguas Fraguas, A. Meijide Pardo, B. Varela Jácome, X. L. Barreiro Rivas, F. I. González Lage, D. García-Sabell e E. Cornide Ferrant. Desde 1986, GRUGALMA diversificou as súas actividades a tres ámbitos principalmente: a organización anual dunhas Xornadas de Cultura Galega, publicación da revista Galicia en Madrid e a celebración anual dos premios Galicia en Madrid de artigos e poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad de Madrid, ao S de Móstoles e Getafe (10.219 h [2001]). A industria é a base da súa economía. Destacan os sectores da construción, a metalurxia, a peletería e o moble.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de España e da comunidade autónoma homónima (2.938.723 h [2001]).
    Xeografía
    Está situada nun amplo altiplano árido, no centro da Comunidad Autónoma de Madrid, na zona de contacto dos aluvións cuaternarios procedentes das vertentes meridionais da serra de Guadarrama, nun amplo sector de areas, arxilas e margas, atravesado polo río Manzanares. Os movementos económicos e os condicionamentos de tipo político determinaron a estrutura urbana e o crecemento demográfico da capital. No censo de 1860 Madrid tiña 300.000 h e durante o período da Guerra Civil Española a poboación chegou ao millón. 35 anos despois chegou aos 3.000.000 de habitantes, cifra que se mantivo estable. A inmigración foi decisiva para o desenvolvemento e a ampla expansión do territorio municipal, que de 1947 a 1954 anexionou trece municipios veciños (Aravaca, Barajas, Canillas, Canillejas, Carabanchel Alto, Carabanchel Bajo, Chamartín, Fuencarral, Hortaleza, El Pardo, Vallecas, Vicálvaro e Villaverde),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Comunidade autónoma de España, constituída pola provincia homónima que se corresponde coa capital do Estado (5.423.384 h [2001]). Limita ao N con Castela e León e ao S con Castela-A Mancha. Está situada a 3˚ 50’ E - 40˚ 20’ O. A capital é Madrid.
    Xeografía física
    Está limitada ao N polo Sistema Central e ao S polo val do Tajo. O sector setentrional está formado pola vertente meridional da serra de Guadarrama e parte de Somosierra e Gredos, constituído por materiais paleozoicos afectados posteriormente pola oroxénese Alpina. A parte central e meridional do territorio está formada por unha chaira terciaria, principalmente de arxila, que descende suavemente cara ao Tajo. As terras arxilosas forman un sistema de socalcos cuaternarios. No sector oriental a dureza das rochas calcarias permitiu a formación de páramos, amplamente extensos ao S do río Henares, entre este e o Tajuña. O clima é mediterráneo de tendencia continental....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Investigou a bohemia do teatro e dos barrios baixos. As súas obras son reportaxes ou testemuños novelados, sobre todo do período 1918-1931, dos que destacan Sangre en Atarazanas, Els exiliats de la Ditadura (1930) e Ocho meses y un día en el gobierno civil de Barcelona (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto asinado en Madrid o 14 de novembro de 1975, polo que España cedía a administración, aínda que non a soberanía, do Sáhara Occidental a Marrocos e Mauritania. España abandonou as súas posesións en febreiro de 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asalto a Madrid por parte das forzas do xeneral Franco durante a Guerra Civil Española (1936-1939). A batalla tivo tres fases. Primeiro, o ataque á cidade polo S (7-23 de novembro de 1936) pero as tropas non puideron atravesar a Ciudad Universitaria. Despois, do 29 de novembro de 1936 ao 16 de xaneiro de 1937, as tropas franquistas fracasaron no intento de ocupar Madrid polo O, e en febreiro e marzo de 1937 non puideron illar a cidade atacada polo E. Durante esta terceira fase tiveron lugar a Batalla do Jarama e a de Guadalajara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conversas de paz celebradas no Palacio de El Retiro de Madrid entre o representante de Luís XIV, Hugues de Lionne, e o ministro de Filipe IV, Luis de Haro, entre xullo e setembro de 1656. Filipe IV negouse a ceder Catalunya a Francia. Non obstante , en 1659 viuse obrigado a aceptalo no Tratado dos Pireneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión diplomática celebrada de maio a xullo de 1880 en Madrid para determinar a situación de Marrocos fronte ás potencias coloniais. Reino Unido conseguiu unha limitación da penetración francesa e italiana e un aumento da autoridade militar sobre tribos do interior. Estivo vixente ata a Conferencia de Algeciras en 1906.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordos asinados en Madrid (1339) entre Afonso XI de Castela, Pedro IV de Aragón e Afonso IV de Portugal, para realizar unha acción conxunta contra os benimeríns, que rematou coa vitoria de El Salado (1340).

    VER O DETALLE DO TERMO