"Sión" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 507.
-
-
Acción de desgaste por frición.
-
Limpeza feita cun chorro de area, proxectada por medio de aire comprimido, sobre unha pedra. Emprégase para a conservación e restauración de fachadas.
-
Raspadura feita sobre un pergameo ou sobre outros soportes previamente escritos co fin de volver escribir por riba; como resultado obtense un palimpsesto .
-
-
Acción de destruír, extirpar, exulcerar ou separar cirurxicamente.
-
Exulceración dos fragmentos mucosos miúdos.
-
Destrución, por desgaste, dos tecidos duros do dente, esmalte e dentina.
-
Método empregado en dermatoloxía para corrixir unha cicatriz viciosa.
-
-
Acción irritante dos purgantes drásticos.
-
-
...
-
-
-
-
Acción de separar cortando.
-
Proceso fisiolóxico de separación de dúas estruturas vexetais (follas, froitos, etc) debido á maduración ou á perda de funcionalidade, controlado pola acción de factores de crecemento como o ácido abscísico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desinfección e limpeza dunha ferida.
-
-
Acción e efecto de acceder.
-
Dereito que ten o propietario dunha cousa de facer seu todo o que esta produza (accesión discreta) e todo o que lle é incorporado natural ou artificialmente (accesión continua). A accesión discreta ou por produción non está considerada pola doutrina como un auténtico suposto de accesión. Na accesión continua, polo que se refire aos bens inmobles, cómpre distinguir a accesión artificial, bens derivados do traballo do home, e a accesión natural que presenta diferentes supostos: aluvión, avulsión, mutación do leito dun río, formación de illa. Nos bens mobles distínguense a adxunción, a conmistión e a especificación.
-
otación obrigatoria que se leva a cabo durante o proceso de elección papal cando ningún dos candidatos obtivo as dúas terceiras partes dos votos precisos na votación ordinaria para ser elixido Papa. A finalidade desta nova votación é dar a posiblidade aos cardeais que apoiaron ao candidato menos votado para que transfiran o seu voto a un dos candidatos restantes.
-
Adhesión dun estado a un tratado asinado por outros estados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución que prescinde das confesións relixiosas como sinal de identidade colectiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carácter ou calidade de aconfesional.
-
-
Acción e efecto de adherir ou adherirse.
-
Acto polo que un estado acepta as obrigacións dun tratado concluído por outros estados.
-
Contrato no que unha das partes fixou por adiantado todas ou as máis importantes das cláusulas sen que a outra parte puidese modificar ningunha. É habitual nos servicios públicos.
-
Forza que se opón á separación de dous corpos postos en contacto íntimo, e que é debida á atracción mutua das moléculas.
-
Fenómeno por medio do que dúas superficies se manteñen xuntas por forzas intermoleculares. A adhesión pode ser mecánica, electrostática ou por atracción molecular, segundo a causa que a provocou. Dende o punto de vista termodinámico presenta dous puntos que definen o sistema: a mollabilidade e a adhesión. As condicións termodinámicas de molladura e extensión dun líquido sobre un sólido baséanse no ángulo de contacto entre ambos. Cando este é igual a 0° o líquido molla a superficie completamente. Cando é superior a 0° o líquido non se dispersa. Na molladura son moi importantes os graos de enerxía superficial (alto ou baixo), a tensión superficial crítica e a natureza da superficie (lisa, compacta ou porosa). Así mesmo é importante o proceso de reversión da adherencia. Cando un enganchador se solidifica, para desenvolver a súa coherencia e a forza de adhesión, segue un dos tres procesos seguintes: por enfriamento dun composto en estado de fusión; por evaporación de disolventes; por reaccións...
-
-
-
Feito de ser admitido.
-
-
Introdución do vapor no cilindro da máquina de vapor, debido á diferenza de presión entre a caldeira e o cilindro.
-
Tempo do ciclo dun motor endotérmico, no que o aire (nun motor diesel) ou a mestura gasosa combustible (nun motor de explosión) entra no cilindro a causa da aspiración creada polo movemento do pistón.
-
-
Sistema de importación de mercadorías, sen pagamento dos dereitos arancelarios e por un tempo determinado, coa finalidade de perfeccionalas, transformalas ou aumentarlles o valor, e ser despois reexportadas.
-
Potestade que ten un local privado para non permitir a entrada a aquelas persoas que se considere poidan alterar a orde.
-
Acto polo que se concede a un título o dereito de figurar na cotización oficial da bolsa e, polo tanto, de ser obxecto de negociación. É outorgado pola autoridade, administrativa ou corporativa, que rexe a bolsa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deformación ou torsión pasaxeira das ás e outras partes do avión cando voa a grandes velocidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de verter ou facer caer auga ou calquera outro líquido sobre algunha cousa, especialmente sobre o corpo ou unha parte do corpo, como medida terapéutica.
-
-
Acción e efecto de agredir.
-
Ataque contra o equilibrio ou a integridade dos organismos.
-
Interacción específica entre animais que se enfrontan mediante ameazas, ataques ou combates. É un factor importante que condiciona a miúdo a supervivencia do individuo ou da especie.
-
Acción ilexítima non xustificada legalmente contra os bens ou os dereitos dunha persoa e, en especial, contra a súa integridade física. É unha das circunstancias que deben concorrer para eximir de responsabilidade penal ao actuar en lexítima defensa.
-
-
Acción dun estado que toma a iniciativa de atacar coas súas forzas armadas o territorio ou as forzas armadas doutro estado.
-
Feito ou conxunto de feitos que, sen constituír un ataque armado directo, xustifican que o estado que os sofre responda coa forza.
-
Intención de chegar a unha apertura de hostilidades e os feitos que revelan esa intención.
-
-
Delito consistente en atentar contra a liberdade sexual dunha persoa con violencia ou intimidación. Este termo engloba todo tipo de contacto sexual non consentido, dende os tocamentos ata a violación. No caso de que existan agravantes, como que o delito sexa cometido por ascendente, descendente ou irmán ou por tres ou máis persoas actuando en grupo, a pena imposta será máis ampla.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Área ciclónica, parte da faixa de baixas presións subpolares do hemisferio norte, ocupada por unha masa de aire húmido e relativamente quente en comparación coa masa de aire ártica de latitudes superiores. Non é un centro de acción estacionario, senón que consiste nunha serie de depresións migratorias interrompidas por subas de presión. No inverno, cando é máis marcada, canaliza as perturbacións dende as costas xaponesas e siberianas ata Canadá e a rexión dos Grandes Lagos; provoca chuvias intensas na franxa costeira pacífica de América do Norte, modera a temperatura e, se consegue transpasar as Rochosas, envía o chinook por riba das chairas de sotavento. No verán a expansión do anticiclón das Hawaii faina imperceptible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1951 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para asegurar a axuda material e a protección aos refuxiados e desprazados por mor dos conflitos bélicos e políticos. Ten a súa sede en Xenebra. No 1954 e no 1981 foille concedido o Premio Nobel da Paz.
-
-
Acción e efecto de aludir.
-
Palabra coa que se alude.
-
Figura que consiste en evitar un signo lingüístico e remarcalo ao mesmo tempo por medio dalgunha expresión que indirectamente o conecta e suxire. O efecto prodúcese, ben por alegorías ou referencias míticas, ben por metáforas ou outros procedementos.
-
-
-
Fórmula denominada amissio animae que equivalía á morte nun suplicio, e a amissio civitatis ao exilio.
-
Na Idade Media, aplicábase aos feudatarios e enfitéuticos que faltaban ás súas obrigacións co señor ou infrinxían pactos ou convenios que, como sanción, impoñía o abandono forzoso da cousa feudal ou enfitéutica. Esta era gañada neste caso, polo señor. Utilizábase frecuentemente a palabra comiso como equivalente de amisión.
-
-
-
Disposición desfavorable contra algo ou alguén.
-
Crítica adversa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadea privada de televisión de ámbito estatal que comezou a emitir no ano 1990. Foi unha das tres primeiras emisoras privadas de televisión autorizadas en España. Na súa orixe pertencía ao mesmo grupo que a emisora de radio Antena 3, liderado polo grupo de La Vanguardia e o conde de Godó, e os seus contidos baseábanse nunha primacía da información sobre os outros xéneros televisivos. O fracaso empresarial desta oferta levou a un cambio do accionariado, adquirindo o Grupo Z, de Antonio Asensio, a maioría do capital social. O novo propietario confioulle ao pontevedrés Xosé Manuel Lorenzo a dirección xeral, e este promoveu a viraxe cara a unha programación onde primaba o espectáculo e o entretemento, co que conseguiu mellorar os resultados económicos e de audiencia da empresa. En 1998 Telefónica adquiriu a maioría das accións da cadea. En Galicia, como noutras comunidades autónomas, emitía un programa especial nas mañás dos sábados (Galicia a fondo), dirixido por Bieito Rubido, centrado...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desviación en masa cara a adiante dun órgano, especialmente o útero, que ten o fondo desprazado cara a adiante, mentres o seu colo vai cara a atrás para repousar no recto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude de oposición á existencia do Estado de Israel.
-
-
Relativo ou pertencente ao antisionismo.
-
O que é partidario do antisionismo.
-