"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
PERSOEIRO
Lingüista. Foi profesor da UC Berkeley e, desde 1959, da University of California (UCLA). Seguidor da escola de N. Chomsky, traduciu ao castelán varias das súas obras, como Aspectos de la teoría de la sintaxis (1971) e Conocimiento y libertad (1972), e editou varios libros sobre este lingüista, como La revolución de Chomsky: ciencia y sociedad (1984), Radical Priorities (2003), Chomsky on Democracy and Education (2003) e Language and Politics (2004). Da súa produción destacan Introdución a la lingüística transformacional: retrospectiva de una confluencia (1973) e Evolución y revolución en romance: introdución a la diacronía (1976). Ademais preparou e prologou unha antoloxía de Luis Cernuda, Invitación a la poesía (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ánima en pena con figura de cadela ou de gata branca, que aparece polas noites e se enreda nas pernas dos camiñantes impedíndolles andar.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Rutis (Culleredo). Ten planta rectangular formada por dous corpos laterais de dous pisos e faiado, e un corpo central de dúas alturas. De composición simétrica, destaca o soportal e a galería do sueste. Na fachada principal conserva un escudo de Linares Rivas. A propiedade está amurallada e ten un gran portal á entrada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capela situada en Pontevedra, dedicada á Virxe Peregrina, patroa da cidade. Foi construída a partir de 1778 por iniciativa de Bernardo José de Mier e seguindo as trazas do arquitecto portugués António Souto. Está vinculada ao Camiño Portugués de Peregrinación a Santiago. Iniciado en estilo barroco, combina formas rococós e neoclásicas, cunha superposición de distintas ordes artísticas na decoración. A planta é circular e adopta a forma de vieira, símbolo do Camiño de Santiago, e dentro dela insírese unha cruz. No seu interior destaca o retablo neoclásico, obra de Melchor de Prado (1789), coa imaxe da Virxe vestida cos elementos característicos dos peregrinos, e a pía de auga bendita, cunha cuncha traída desde o Océano Pacífico polo almirante Casto Méndez Núñez. A fachada principal cúrvase cara a fóra; está precedida por un pequeno adro con escaleiras, pechado con balaústres, e presenta dous corpos separados por cornixas, portada alintelada e tres ocos con arcos en forma de cuncha no segundo...
-
-
Acción de peregrinar.
-
Práctica devocional que consiste en visitar colectivamente ou individualmente un santuario para acometer alí actos especiais de relixión: devoción, penitencia ou voto, entre outros. É un fenómeno coñecido en case todas as relixións que presupón a idea de que en determinados lugares se manifesta o poder divino. Herodoto describe a afluencia de grandes masas en Bubastis. As solemnidades da Pascua ou as dos tabernáculos atraían os israelitas a Xerusalén. Coñécense as peregrinacións a diversos santuarios ou ríos sagrados do hinduísmo ou a visita devocional dos xaponeses aos santuarios da deusa Kuanon. No cristianismo destacan as peregrinacións a Terra Santa, ás tumbas dos apóstolos en Roma e á tumba do Apóstolo Santiago en Compostela. Algúns peregrinos deixaron un testemuño escrito como o de Exeria (381-384?).
-
-
-
Andar por terras estrañas indo dun lugar a outro.
-
Ir en peregrinaxe a un santuario.
-
Ir dun sitio para outro para buscar ou resolver algo.
-
-
-
Que anda viaxando polo mundo.
-
Que ou quen fai unha romaxe a algún santuario.
-
Aplícase a certas aves migradoras.
-
Que é raro.
-
-
PERSOEIRO
Relixioso da orde dos servitas. Parece que foi curado dunha úlcera nun pé orando diante dun crucifixo. Represéntase co hábito negro da súa orde, amosando unha chaga da perna mentres Xesús Cristo se descrava da cruz para abrazalo, sostido por anxos. A súa festividade celébrase o 1 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que ten a súa orixe no latín Peregrinus, ‘peregrino, estraño, estranxeiro’, derivado de peregre, ‘fóra da cidade, no campo, no estranxeiro’, composto de per, ‘por, a través de’, e de ager, ‘campo’. Así, peregrino sería ‘o que vai errante polos campos’. Presenta as variantes Peregrín e Pelegrín. A festividade da Virxe celébrase no concello de Paderne o 6 de xullo, en Pontevedra o 16 de agosto e nos demais lugares o segundo domingo de agosto. O santo, o 1 de maio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Monterrei. Localízase dentro do recinto do castelo de Monterrei, detrás da porta principal. Fundouse para albergar os peregrinos que acudían a Santiago de Compostela. Consérvase a fachada gótica e algúns restos románicos. A portada ten arco oxival con catro arquivoltas. No tímpano sitúase Xesús Cristo entre as figuras do tetramorfo. O arco está flanqueado polas figuras da Anunciación baixo doseis oxivais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Jean Pélérin.
-
PERSOEIRO
Inventor francés. Traballou ao servizo de Luís IX e realizou diversas buscas experimentais. Foi o primeiro que intentou converter o magnetismo en enerxía cinética.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en Ourense por Xosé Ramón Pérez Cid en 1920 dedicada a importar camións e á venda de maquinaria agrícola. Na década de 1950 comezou a distribuír as marcas de motos Guzzi Hispania e Biscuter, os vehículos industriales Pegaso e turismos. En 1960 converteuse no Grupo Pérez Rumbao SA e consolidouse a través da venda de turismos a través da súa rede de concesionarios, talleres de reparación, estacións de servizo en Ourense e distribución de combustibles en Ourense e Vigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato destinado a medir as irregularidades do perfil lonxitudinal da superficie dunha calzada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado na Coruña a partir do 5 de setembro de 1868. Subtitulouse “Periódico liberal, eco fiel de las aspiraciones revolucionarias”. De carácter político e de tendencia liberal, na súa elaboración participaron Ramón Rúa Figueroa e Darío García.
-
SEMANARIOS
Semanario editado en Vigo a partir do 10 de xullo de 1881. Cesou o 14 de agosto do mesmo ano (nº2). Dirixido por Luís A. Mestre, e coa colaboración de Indalecio Armesto, a maior parte dos seus contidos foron políticos. Foi o primeiro xornal con caricaturas da prensa viguesa, realizadas por Verísimo Vázquez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de novembro de 1888. Subtitulouse “Semanario satírico-humorístico”. Fundado e dirixido por Manuel Otero Acevedo, cesou aos poucos números. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Vicente Abad, na Coruña. De carácter anticlericalista e anticarlista, foi prohibida pola súa crítica á comunidade eclesiástica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e político francés, fillo de Nicolas Perrenot de Granvelle. Bispo de Arrás (1540), contribuíu á negociación da Paz de Augsburgo entre o Emperador Carlos V e os príncipes protestantes (1555). Estivo ao servizo de Filipe II e interveu nas conferencias de Marcoing e de Cercamps (1558), que prepararon o Tratado de Cateau-Cambrésis. Foi nomeado arcebispo de Malinas en 1560.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e político francés. Doutorouse en Dereito en Dole e entrou no consello privado do Emperador Carlos V en 1524. Conseguiu o favor do chanceler Mercurino A. Gattinara, e á súa morte en 1530 converteuse en primeiro conselleiro de estado do emperador. Interveu nos coloquios de Ratisbona e Worms (1539).
VER O DETALLE DO TERMO