"RAG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
-
-
Desgraza ou calamidade que afecta a unha comunidade ou pobo.
-
Maldición que se lle bota a alguén.
-
pragas de Exipto
Castigo divino con que Moisés obrigou o faraón a deixar saír de Exipto ao pobo de Israel. Ao principio, posiblemente a tradición denominaba así só á morte do primoxénito do faraón, á que se uniron outros castigos como a lagosta, a sarabia e epidemias. A auga convertida en sangue, que era só un sinal, e o bastón convertido en serpe, conduciron ao número coñecido das dez pragas de Exipto.
-
-
-
Cantidade abundante de animais ou plantas que causan algún dano.
-
Proliferación dun organismo vivente que provoca a destrución doutros seres vivos ao invadilos. Pode ser causada por microorganismos patóxenos ou parasitos ou por organismos vexetais, aínda que sobre todo por organismos animais, invertebrados maioritariamente, especialmente ácaros e insectos.
-
-
Grande abundancia de algo que é nocivo ou molesto.
-
-
CAPITAIS
Capital da República Checa e do kraj de Bohemia Central, situada nas ribeiras escarpadas do Vltava, entre as confluencias do Elba e do Berounka, no centro mesmo da conca hidrográfica bohemia (1.178.576 h [2001]). É un centro administrativo e un importante centro industrial. A chegada do oleoduto desde Ucraína e Bratislava comportou a creación dun gran complexo petroleoquímico e de refinarías. Habitada desde o Neolítico, no s IX converteuse coa dinastía premyslida na fortaleza máis destacada de Bohemia. Acadou o máximo esplendor no s XIV, co Emperador Carlos IV, que a erixiu capital do seu imperio, fundou a Nové Město e iniciou a unión de ambas as dúas cidades nun único municipio (1518). A partir da Primeira Defenestración de Praga (1419), a poboación pasou a ser puramente checa. Tras a revolta antihabsburgo (1547), perdida a autonomía, cedeu en importancia e a capitalidade a Viena. A Segunda Defenestración de Praga (1618) e a Guerra dos Trinta Anos convertérona nunha capital...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo fundado en outubro de 1926 polos lingüistas B. Havraneck e N. S. Trubečkoij, entre outros, influídos pola obra de F. Saussure, e polos teóricos da literatura R. Wellek e J. Mukarousky, aos que se uniron os teóricos rusos R. Jakobson e P. Bogatirev, fundadores da corrente formalista, agrupados baixo a presidencia de Vilém Mathesius. Consolidou o movemento estruturalista e destacou, sobre todo, o aspecto fonolóxico (Travaux du Cercle Linguistique de Prague, 1929-1939). O Círculo Lingüístico de Praga destacou o valor semiótico do fonema, ou sexa, da súa capacidade de establecer diferenzas de significados. A análise dos feitos lingüísticos é ante todo sincrónica, aínda que sen excluír a diacrónica. A confluencia das nocións e métodos do estruturalismo lingüístico coas teses do formalismo ruso á poética, deu lugar, entre outras contribucións, a unha concepción da obra literaria como estrutura funcional na que os diferentes elementos que a compoñen teñen unha función específica...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión dos delegados de Rusia, Prusia e Francia celebrada en Praga durante o Armisticio de Pleiswitz (xuño-agosto de 1813). Proposto por Austria, co consentimento de Napoleón I Bonaparte, as potencias aliadas contra Francia concertaron a disolución do Gran Ducado de Varsovia e da Confederación do Rin, o retorno de Prusia aos límites de 1806 e a restitución de Iliria a Austria. Napoleón I Bonaparte aceptou case todos os acordos, pero o congreso e o armisticio xa terminara e os aliados, xunto con Austria, continuaron a guerra contra Francia.
-
PERSOEIRO
Poeta e pintor italiano. Pertenceu ao grupo de artistas malditos que constituíron a scapigliatura milanesa. C. P. Baudelaire influíu na súa poesía, que reflectiu nos poemarios Tavolozza (1862), Penombre (1864) e Fiabe e leggende (1867). R. Sachetti rematou a súa obra narrativa Le memorie del presbiterio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comediógrafo italiano, fillo de Emilio Praga. Considerado como un dos máximos expoñentes do teatro verista italiano, das súas obras destacan Le vergini (1889) e La moglie ideale (1890).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado o 23 de agosto de 1866, que puxo fin á Guerra Austro-prusiana, iniciada aquel mesmo ano. Austria aceptou pagar unha indemnización de guerra e permitir a formación dunha Confederación de Alemaña do Norte e a incorporación dos ducados de Slesvig e Holstein a Prusia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento de liberalización iniciado en Praga (1967-1968), como contestación á crise económica e política do réxime checoslovaco. Comezou por unha crítica dos escritores ao sistema, ao que se uniron os universitarios e a maioría dos membros do comité central do partido comunista, que votou a separación do cargo de presidente da república do de secretario do partido e outorgou o último a A. Dubček. Máis tarde, o presidente, A. Novotný, tivo que dimitir e foi substituído por L. Svoboda. O proceso rematou coa invasión do país polas tropas do Pacto de Varsovia en agosto de 1968.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Terroso (Vilardevós). O seu cumio acada os 885 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Disposición lexislativa do soberano, que se diferenciaba dos reais decretos e ordes xerais na fórmula da súa publicación.
-
pragmática sanción
Ordenanza ou decreto do soberano sobre materia de dereito público, con forza obrigatoria semellante á dunha lei, pero con orixe na exclusiva vontade do monarca sen compartir o seu poder coas Cortes. Foi utilizada, a partir do s XV polos reis de Castela para lexislar materias fundamentais como a sucesión e as relacións entre Igrexa-Estado.
-
-
Parte da semiótica, segundo a terminoloxía de Ch. Morris, que estuda a fala, a linguaxe usada en concreto polo individuo. Toma o nome do feito que estuda a actuación lingüística do home, na práctica concreta da linguaxe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disposición do Emperador Carlos VI redactada o 19 de abril de 1713, pero que non se publicou ata o nacemento da súa filla María Tareixa I de Austria (1717), que anulou a de Leopoldo I (1713) e estableceu a sucesión ao trono imperial sen distinción de sexos, a partir dos fillos do emperador mesmo. Cando morreu Carlos VI (1740) púxose en práctica, o que levou á Guerra de Sucesión de Austria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resolución tomada polas Cortes españolas en 1789, seguindo unha proposta do conde de Campomanes, pola que non se facía distinción de sexos na sucesión ao trono e se derrogaba a lei sálica. Carlos IV non chegou a publicala, pero si Fernando VII (1830), cando María Cristina das Dúas Sicilias esperaba a futura Isabel II. Isto provocou o preito sucesorio de onde xurdiu o carlismo. Tras os sucesos de La Granja, Isabel II accedeu ao trono (1833), o que levou á Primeira Guerra Carlista.
-
-
Que só ten en conta os feitos ou circunstancias.
-
-
Relativo ou pertencente ás leis do estado.
-
Xurista que interpreta e glosa as leis nacionais.
-
-
-
-
Calidade de pragmático.
-
Corrente de pensamento moi estendida no mundo contemporáneo e especialmente desenvolvida como doutrina filosófica nos países anglosaxóns, sobre todo en EE UU. Caracterízase por un claro antiintelectualismo e pola primacía que se lles dá ás consecuencias prácticas no coñecemento e a comprensión das cousas. Como doutrina iniciarona Ch. S. Peirce e W. James, e a colaboración destes con F. C. S. Schiller na revista Leonardo (1903-1907) consolidou o denominado pragmatismo italiano (M. Calderoni, G. Papini e G. Vailatti). O pragmatismo lóxico, o ético e o humanista, como tamén o bioloxismo, o inmanentismo e o ficionalismo, son algúns dos sentidos que o pragmatismo tivo en numerosos pensadores que o seguiron, entre os que destacan J. Dewey, Mead e C. I. Lewis.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pragmatismo.
-
Seguidor do pragmatismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe teleósteo de ata 75 cm de lonxitude, pero que normalmente apenas acada a metade. Ten o corpo alto, comprimido lateralmente, o perfil da cabeza moi arqueado, baixando supetamente desde o nivel dos ollos á boca. Ten unha soa aleta dorsal na que os raios van crecendo ata o cuarto ou quinto e aleta anal escotada. A cor é rosada, intensa no dorso e prateada nos costados, o ventre abrancazado, as aletas rosadas cos cabos da aleta caudal brancos. É moi frecuente no litoral sobre fondos de area e pedra ata 100 m de profundidade. Aliméntase de crustáceos, moluscos e peixes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Botar ou pedir pragas contra algo ou alguén.
-
-
Relativo ou pertencente a Praga ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Praga.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rebelión señorial francesa contra o Rei Carlos VII (1440), similar á producida polos husitas de Praga. Unha parte da nobreza, inqueda polo progreso da autoridade real, alzouse pero foi derrotada polo rei e amnistiada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao produto químico empregado para combater os axentes que causan as pragas. Desde o punto de vista agronómico, divídense en insecticidas, acaricidas, funxicidas ou nematocidas, segundo o organismo ou organismos que combaten. Desde o punto de vista químico clasifícanse en organoclorados, de vida media longa (persistentes) e susceptibles de acumularse nos tecidos doutros organismos vivos que os combaten, como o caso do DDT, a aldrina e a dieldrina; organofosforatos, de vida media curta e subprodutos inofensivos, como o paratión e o malatión: piretroides sintéticos (piretrina) producidos en grandes cantidades; e inorgánicos, que conteñen cinc, coiro, arsénico ou mercurio e que son moi tóxicos para o ser humano e a vida animal en xeral. Segundo a forma de actuar clasifícanse en praguicidas por contacto, por inxestión e por inhalación, e segundo o seu perigo para o ser humano clasifícanse en: nocivos (Xn), tóxicos...