"Santiago" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 262.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en Bos Aires no ano 1910 para dar conta das novas que relacionaban a comunidade de emigrantes galegos nesa capital coa instauración da Biblioteca América na Universidade de Santiago de Compostela. Esta Biblioteca estaba subvencionada pola comunidade de emigrantes en Bos Aires. Neste boletín ía aparecendo a relación de colaboradores e benefactores entre os que figuraban importantes personalidades da época como o Sr. Busto, Juan G. Molina, Francisco R. Lazcano, Juan Montero Romalde, etc. Esta publicación, de periodicidade irregular, daba conta das noticias máis destacadas relacionadas coa Biblioteca, como a organización duns Xogos Florais en Montevideo no ano 1924 a beneficio da Biblioteca América. Aparecían nela diferentes artigos en galego, así como composicións poéticas en galego e en castelán. O contido das páxinas deste boletín estaba dividido en diferentes seccións, “Adhesiones”, “Dedicatorias”, “Bibliografía”, “Comentarios de la prensa”, “Sección numismática”,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación anual en castelán aparecida no ano 1933 en Santiago, editada pola Cámara de la Propiedad Urbana de Santiago, sita na rúa do Vilar, 1. O sumario do seu número nove (Ano XII-Xullo de 1945) inclúe as seguinte seccións: “Reaparición”, “Labor de la Cámara”, “Actuación general de la Cámara en defensa de la Propiedad Urbana”, “Legislación”, “Jurisprudencia” e “Avisos”. Nel aparecen artigos sobre o funcionamento orgánico da Cámara, leis e servicios que ofrece aos seus asociados.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario que apareceu en Santiago de Compostela probablemente o 1 de novembro do ano 1918, e desapareceu non antes do mes de febreiro de 1923. Como director figuraba Jacobo Varela Limia e entre os colaboradores estaban o galeguista Rof Codina, Mario Labarta e Nicolás García de los Salmones. As diferentes seccións eran “Editorial”, que contiña información sobre a CNCA e artigos de formación sindical, “Noticias” onde se recollía a información sobre actos dos sindicatos federados, artigos técnicos sobre o gando, enfermidades, coidados das terras ou fertilizado, e unha sección de “Avisos” dirixida aos sindicatos con respecto ás mercancías do almacén cooperativo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual que apareceu en Santiago o 1 de xaneiro de 1929. Saía durante o curso académico. Unha das súas seccións dedicábase a traballos doutrinais e outra a información relacionada coa vida universitaria. En 1933 (números 17-18) publicáronse dous tomos en honor do profesor Rodríguez Cadarso. Pódense atopar artigos, traballos e teses de doutoramento en portugués, galego, italiano, etc. Nalgúns números apareceron informacións sobre as últimas publicacións da Universidade de Santiago. No ano 1941 saíron números monográficos das diferentes facultades, Farmacia-Ciencias, Medicina, Dereito, Historia, etc. Neste boletín están publicadas as teses de doutoramento de importantes investigadores das letras como a de Xosé Filgueira Valverde “La Cantiga CIII: Noción del Tiempo y Gozo Eterno en la Narrativa Medieval” (ano 1936 número de xaneiro-marzo).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter relixioso que saíu editada probablemente no ano 1866. Este boletín destinouse fundamentalmente á circulación das disposicións do prelado da cidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Saíu publicado en Santiago de Compostela en 1981. Fíxose cargo de materias relacionadas co concello, como a información municipal, estatísticas, bandos municipais, urbanismo, electricidade ou o servizo da auga.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación santiaguesa editada en marzo de 1961 co nome de Fátima e co subtítulo “Boletín de la Comunidad parroquial de nuestra señora de Fátima del Castiñeiro-Santiago de Compostela”. A partir do número 6 de 1961 titulouse Fátima en Santiago de Compostela, ata que en xuño de 1969 se nomeou Boletín interparroquial Fátima en Santiago de Compostela, e en xaneiro de 1976 Boletín interparroquial, Boletín Fátima en Santiago de Compostela, “Unha xeira nova do Boletín interparroquial”. Nos primeiros anos os artigos non ían firmados ou só levaban iniciais ou apelidos como Gómez, Casas ou Ro Pe Vi. Co tempo colaboraron Roberto Pereira, Xoán Casas, Manuel Romero Regenjo, Carlos Losada, Mario López, Camilo Nogueira, Xosé Ferreiro e Xulio Galego Barreiro, entre outros. Incluíu as seccións: “Cartas”, “Calendario”, “Libro de la vida”, “Correo del corazón”, “El Barrio”, “Cáritas”, “El Santuario” e outras. A medida que esta publicación evolucionaba, introduciu novas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Santiago de Compostela no ano 1862. De periodicidade irregular, sacaba uns 1.000 exemplares no ano 1913. Tratábase do voceiro máis destacado das autoridades eclesiásticas de Galicia e nel incluíase información referida á administración eclesiástica en xeral.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que saíu publicado en Santiago de Compostela no ano 1928. Os seus redactores foron Manuel de Latorre Lago, Mariano Ramón Lavilla, Xosé López García e Xosé Vázquez Sánchez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santiago Rodríguez Bonome.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Silleda e documentada dende 1233. De estilo románico, consta dunha nave. O presbiterio salienta pola súa ornamentación; o seu acceso é a través dun dobre arco de medio punto: o maior está decorado con arquiños e o menor é de sección prismática. Os capiteis, canzorros e impostas tamén están decorados, así como os arcos cegos que percorren os muros laterais. Probablemente esta iconografía foi realizada por un artista de orixe non galega na órbita do mestre Mateo ou dos que traballaron no mosteiro de Carboeiro a finais do s XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Culleredo. Antigo Burgo do Faro, confundíase en moitas ocasións coa propia cidade da Coruña. Está presente en documentos de 1160 e 1161 polos que Fernando II doa a igrexa ao arcebispo de Santiago, e nun texto de 1181 polo que é doada ao mosteiro de Sobrado. Da primitiva fábrica románica conserva a cabeceira de tres ábsidas, á que se accede por medio de tres arcos triunfais de medio punto peraltado apoiados en columnas entregas con capiteis de tipo compostelán. Está cuberta por bóvedas de canón e de forno. Probablemente, a primitiva planta fose de tres naves pero foi reformada no s XVIII e semella una cruz latina dunha soa nave e outra no cruceiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, enxeñeiro e escultor. Cursou diversos estudios artísticos e arquitectónicos en València e Zúric, cidade onde se estableceu en 1981. Nas súas esculturas predominan as formas xeométricas puras. Realizou obras en diversos países europeos, como a Stadelhofen Railway Station (Zúric, 1984), a estación do TGV en Lyon (1994) ou a estación de Spandau (Berlín, 1991); en España, a ponte do Alamillo (Sevilla, 1991), a torre de telecomunicacións de Montjuïc (Barcelona, 1992), a ponte da Alameda (València, 1995), a sala municipal de Alcoi (1995), o recinto feiral de Tenerife (1996) ou a ponte de Campo Volantin (Bilbao, 1997). En 1993 foi nomeado doutor honoris causa pola Universitat Politécnica de València. Participou na construción da Ciudad de las Artes y las Ciencias de València. En outubro do ano 2000 celebrouse en Florencia a exposición “Calatrava, scultore, ingegnere, architectto”, mostra retrospectiva da súa obra. Foi galardoado no ano 1999 co Premio Príncipe de Asturias das...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de rutas de peregrinación ao sepulcro do apóstolo Santiago que foi descuberto no lugar do Libredón, en Santiago de Compostela, segundo a tradición xacobea. Particularmente fai referencia ás rutas que, procedentes de diversas rexións europeas, atravesan todo o continente, entre as que destacan cinco rutas: o Camiño Francés (con distintas vías que converxen en Puente la Reina, Navarra), o Camiño Portugués, o Camiño do Norte, o camiño que aproveita a Vía da Prata e, por último, as rutas marítimas. En moitas ocasións a denominación Camiño de Santiago alude ao Camiño Francés exclusivamente, por ser o de maior afluencia de peregrinos. A gran diversidade da procedencia dos peregrinos (todo o mundo cristián medieval) favoreceu a súa conversión nunha ruta de transacción cultural de gran transcendencia para a configuración de Europa, que se reflicte en manifestacións artísticas (arquitectónicas, iconográficas, literarias, musicais, etc), ideolóxicas (políticas, relixiosas), económicas e...
-
IGREXAS
Igrexa parroquial e antiga colexiata situada en Cangas. Construída en diferentes épocas, a planta, basilical de tres naves, é gótica e a fachada principal, obra de Xácome Fernández, é de estilo plateresco (1589). Esta última consta de dous corpos con columnas estriadas de orde composta e xónica, os intercolumnios están decorados con estatuas de diferentes épocas. O corpo inferior acolle unha porta semicircular flanqueada por dous medallóns nas esquinas, o superior un óculo de grandes dimensións rodeado polas figuras dos catro evanxelistas. O conxunto remata cun frontón triangular cunha imaxe no centro do tímpano do Padre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, fillo de Wenceslao Carrillo. Elixido secretario xeral das Juventudes Socialistas Unificadas en 1934, participou no levantamento revolucionario de Asturias. Como consecuencia deste acto, tivo que permanecer no cárcere ata a amnistía de febreiro de 1936. Ese mesmo ano ingresou no Partido Comunista Español (PCE) e foi conselleiro de Orde Pública da Junta de Defensa de Madrid. Exiliado en 1939, impulsou o cambio de orientación do PCE cara á reconciliación nacional (1956) e no VI Congreso do Partido en 1960 asumiu a súa secretaría xeral. Desde este cargo, promoveu a independencia do PCE respecto á URSS e foi un dos creadores, xunto con Enrico Berlinguer, do eurocomunismo, definido como unha concepción estratéxica autónoma nacida dunha experiencia propia e dunha realidade concreta. Esta ideoloxía converteuse no único modelo revolucionario posible nos países capitalistas desenvolvidos, onde o parlamentarismo e o pluralismo político eran unha realidade e as liberdades e os dereitos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor pola Universidad de Madrid. En 1914 nomeárono profesor do Instituto Rubio de Madrid e publicou Regímenes alimenticios de las enfermedades del aparato digestivo y de la nutrición, premiado pola Real Academia de Medicina, da que entrou a formar parte en 1934. Participou nas I Jornadas Médicas Gallegas (1929) co traballo La úlcera duodenal latente. A partir de 1936 traballou sobre os cancros gástricos e intestinais, as hernias diafragmáticas e sobre a alimentación humana en xeral. Colaborador de publicacións especializadas, como a Revista Ibero-Americana de Ciencias Médicas, ou España Médica, participou na dirección de revistas médicas, como a Revista Médica Gallega. Ocupou a secretaría xeral da Academia Médico-Quirúrgica Española e a presidencia da Sociedad Española de Patología Digestiva y de la Nutrición. Foi procurador nas Cortes franquistas, en representación...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político republicano. Estudiou dereito na Universidade de Santiago de Compostela para despois instalarse na Coruña, onde desenvolveu a súa carreira profesional e política. Foi avogado e administrador de propiedades da burguesía local coruñesa e profesor na Escola de Comercio. Desde 1888 exerceu como administrador-secretario da sociedade de Seguros Mutuos, cargo que alternou co seu fillo ata a súa renuncia (1916) en favor deste. Participou na vida política da cidade desde as filas do republicanismo como seguidor das ideas federalistas de Pi i Margall. Redactou, xunto con Moreno Barcia, o Proyecto de Constitución para el futuro Estado Galaico. O seu anticlericalismo manifestouse na expulsión das Hermanas de la Caridad da Coruña no ano 1901. Recoñecido masón, fundou, xunto co seu fillo e Matías Wirtz, a Loxa Gallaecia nº 408 no ano 1919. Elixido concelleiro desde as eleccións municipais de 1902, chegou a ser alcalde da Coruña entre o 19 e o 31 de decembro do 1917, trala situación...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político republicano, fillo de Santiago Casares Paz. Estudiou no Colexio Dequidt e no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña. Iniciou a carreira de dereito na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou na Universidad Central de Madrid, onde defendeu unha tese sobre Ramón de la Sagra, socialista utópico galego. Durante a súa etapa universitaria militou no Partido Republicano Autónomo da Coruña, defensor dun republicanismo de esquerdas e promotor dos dereitos democráticos nun estado laico. No ano 1911 volveu á Coruña, onde comezou a desenvolver a súa carreira como avogado especializado na defensa de pequenos casos de obreiros e líderes sindicais locais que lle deron notoriedade popular. Tralas eleccións municipais de 1911 e ata 1920 resultou elixido concelleiro e ocupou o cargo de sexto tenente de alcalde do concello; no exercicio dese mandato aprendeu a arte de facer política da man dos activos republicanos coruñeses. No transcurso desa década comprometeuse no proxecto...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado na cabeceira do río Guadarriza (2.252 h [1996]). A súa economía baséase nas actividades agrícolas e gandeiras que fornecen o feble tecido industrial.
VER O DETALLE DO TERMO