"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación formada polas centrais de medios de España que pretende unificar os proxectos de formación e defensa dos intereses das empresas asociadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada no ano 1980 en Santiago de Compostela destinada a “defender os intereses da práctica escrita en galego”. Na xuntanza de fundación organizada no Museo do Pobo Galego estiveron presentes, entre outros intelectuais: Bernardino Graña, Carlos Casares, Alfonso Pexegueiro, Xoán Ignacio Taibo, Paco Martín, Salvador García-Bodaño e Luís Álvarez Pousa. A esta asociación pertenceron Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste, Ánxel Fole, Valentín Paz Andrade, Ricardo Carballo Calero, Xosé María Álvarez Blázquez e Celestino Fernández de la Vega. Foron os seus presidentes, ademais de Bernardino Graña, Antón Avilés de Taramancos e Uxío Novoneyra. Esta asociación instituíuse como órgano superior de representación e defensa dos intereses profesionais do escritor en lingua galega, amais de impulsor de toda manifestación cultural progresista nunha liña de desenvolvemento da comunidade nacional galega. Ademais destas, tenta crear un vencello de cooperación e de solidariedade entre os escritores, traballar...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Creada o 9 de febreiro do 1989, a súa sede social atópase en Melide. A xunta xestora que levou a cabo os trámites de legalización estaba dirixida por Ricardo Portela Bouzas. O primeiro presidente trala súa creación foi Xosé Vicente Ferreirós. Dende 1993 o presidente é Santiago Caneiro Aneiros. O seu obxectivo fundamental é traballar a prol da gaita e tratar de conseguir a súa dignificación, recuperación e divulgación como sinal de identidade de Galicia. Desenvolve anualmente un Festival Anual que se celebra en distintas cidades galegas: Santiago (1991), Lugo (1992 e 1999), Ourense (1993) e Vigo (1994). Como actividades realizou a exposición monográfica O Gaiteiro nas Artes, inaugurada en Ourense en 1993 con caráter permanente e no 1994 con carácter itinerante; e a Mostra de Feitores (Festival de Pardiñas-Guitiriz, 1994 e 1999), en colaboración coa Asociación Xermolos, na que se recolleu o traballo dos artesáns de instrumentos tradicionais galegos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada o 23 de marzo de 1898 en Santiago de Compostela, foi a primeira organización patronal desta cidade e unha das primeiras de Galicia. O seu obxectivo básico era a defensa mutua e protección recíproca dos seus asociados, cando a súa autoridade ou os seus intereses de clase estivesen ameazados polo obreiro, especialmente na folga ou no paro. Non se admitía ningún aprendiz (menor de 16 anos) que estivese afiliado a calquera das sociedades de resistencia da cidade e, sobre todo, aqueles que xa pertenceran ás organizacións obreiras, procurando os seus xefes que abandonasen esta afiliación. Por outra banda, os afiliados a esta patronal, comprometíanse a non dar traballo a aquel obreiro que non viñese provisto dun documento, expedido polo seu anterior patrón, no que se informaba de que abandonaba o traballo voluntariamente sen ter secundado protestas obreiras ou ter cometido faltas graves na empresa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización feminista constituída en 1977 a partir da Federación de Organizacións Feministas (FOF) e formada por militantes e simpatizantes do Partido del Trabajo de España (PTE). Defendeu unha práctica máis ligada ás reformas sobre a situación existente ca a un cuestionamento de fondo da estrutura patriarcal da sociedade. Disolveuse en 1979.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación cultural creada en decembro de 1996 en Santiago de Compostela. O seu principal obxectivo é fomentar e estender en Galicia a afección pola arte lírica (ópera, zarzuela, canción, lied, etc) e outras manifestacións musicais. A primeira e actual xunta directiva está presidida por José Víctor Carou Fernández. O concerto inaugural da asociación tivo lugar o 24 de setembro de 1997 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Dende 1998 edita a revista trimestral Cavatina, primeira revista feita en Galicia e en galego totalmente dedicada á ópera e á lírica, con especial atención á actualidade musical galega. Entre as actividades organizadas, destaca o Ciclo de Novos Intérpretes Galegos, así como o ciclo de conferencias e concertos “Unha pequena historia da ópera”, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Nas súas temporadas de concertos interviñeron, entre outros intérpretes, Teresa Berganza, Cecilia Lavilla, Enrique Viana, Ángeles Blancas, xunto aos galegos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xurdiu en 1976 a partir dunha xuntanza celebrada en Santiago de Compostela no contexto da mobilización que se produciu en todo o Estado despois da celebración das Xornadas Catalanas da Muller (maio de 1976), que representaron un punto de partida para a eclosión do movemento feminista. A confluencia de mulleres independentes e outras organizadas en partidos de esquerdas como o Movemento Comunista de Galicia (MCG) e a Liga Comunista Revolucionaria (LCR), convocaron as primeiras asembleas. Así a AGM foise conformando como unha organización feminista, unitaria e moi combativa na denuncia da situación das mulleres, chegando a ter presenza en Lugo, Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Ourense, Pontevedra, Vigo, e outras localidades galegas. Ao longo de 1977 e 1978, período de intensa actividade e manifestacións contra o proxecto de lei de divorcio presentado polo goberno da Unión de Centro Democrático (UCD), contra as violacións, polo dereito ao aborto e outras reivindicacións,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización fundada en 1980 en Santiago de Compostela. Pertencen a ela 1.500 apicultores asociados que se agrupan en delegacións comarcais. Dende a asociación facilítase información e asesoramento técnico, servicios de seguros apícolas, de laboratorio, de sanidade apícola e análises de meles. Elabóranse materiais didácticos, celébrase o Día do Apicultor e a Semana do Mel. Organízanse tamén cursos, xornadas técnicas e exposicións. No ano 1985 cerca de 300 asociados formaron a Cooperativa Erica Mel. Internamente difúndese a revista Abelleira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade creada en Santiago de Compostela en xaneiro de 1983 por iniciativa de vinte artesáns profesionais de toda Galicia co obxectivo de promover a artesanía. Presidida por Manuel González Arias, conta cuns 300 asociados de diferentes oficios en toda a comunidade autónoma. Organiza feiras comerciais como Mostrart (A Coruña), Ofeitoaman (Vigo), Navidart (Ferrol) ou Artesanoia (Noia); promove exposicións non comerciais como Outrasartesanías (Coruña, 1983-1984), Textil contemporáneo (A Coruña 1987), Cartón (Ribadavia 1988 e A Coruña 1989) e tamén ten presenza internacional (O Porto, Bruxelas, Aviñón, Lisboa, Berlín). Organiza xornadas de artesanía, encontros de Ceramistas europeos en Galicia, cursos monográficos de comercialización e deseño, etc. Presentou material promocional sobre Artesanía de Galicia en feiras como Fitur, Congreso FEGAEX (O Brasil), Feira de Braga, Feira Iberoamericana de artesanía (Canarias), Exposición Ministerio de Industria (Cuba), Celtic Excellence (Bruxelas). Promove...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada no 1987, exerce a súa actividade en Galicia e ten como obxectivo fundamental divulgar e promocionar a creación musical dos compositores socios, ben a través dos seus propios medios ou ben mediante convenios con institucións; fomentar as edicións de partituras e gravacións; organizar concertos, conferencias e estimular a actividade de intérpretes que se interesen pola obra compositiva dos socios. En 1998 a AGC editou un CD con 17 obras para piano de 12 dos seus membros e ata a data realizou seis ciclos de concertos. O seu presidente é Carlos López García-Picos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación constituída en Santiago de Compostela o 27 de xuño de 1983 por iniciativa de Bieito Ledo Cabido como director-xerente da editorial Galaxia. Na mesma participaron Carmen Brochs, Enrique Iglesias, Bieito Ledo, Fernando Abraldes, José Luís Veleiro, Olegario Sotelo Blanco, Carlos Blanco Yáñez, Salvador García Bodaño e Antón Patiño. Ten as finalidades de defender, promocionar e difundir a edición de libros en lingua galega; os seus estatutos foron presentados para a súa aprobación oficial o 27 de setembro de 1983, sendo publicado o anuncio do referido depósito no DOG nº 143 de 7 de outubro de 1983. A primeira xunta directiva, elixida na xuntanza mantida en Santiago de Compostela o 29 de outubro de 1983, estivo presidida por Bieito Ledo Cabido. Por orde cronolóxica, presidiron a Asociación Galega de Editores Luís Mariño, Antonio Díaz Díaz, Bieito Ledo Cabido, Carlos Blanco Yáñez e Damián Villalaín. En cumprimento das súas finalidades a Asociación Galega de Editores vén desenvolvendo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación creada no ano 1990 por estudiantes de segundo e terceiro ciclo da facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de organizar foros de debate histórico e historiográfico, investigacións e publicacións que amplíen o coñecemento da Historia de Galicia. Se ben nun primeiro momento se destinou a estudiantes e profesionais da Historia, pronto se abriu á participación de todo aquel interesado nas actividades que a asociación desenvolve. Organiza a Semana Galega de Historia así como congresos de Xoves Historiadores e outras actividades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada en 1997 agrupa o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Orujo de Galicia, o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, o Consello Regulador da Denominación Específica Mel de Galicia, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Queixo Arzúa-Ulloa, o Órgano Rector do Produto Galego de Calidade Queixo do Cebreiro, o Consello Regulador do Produto Galego de Calidade Mexillón de Galicia, o Consello Regulador da Denominación Específica Pataca de Galicia, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla, o Órgano Rector do Produto Galego de Calidade Queixo de San Simón, o Consello Regulador da Denominación Específica Lacón Gallego e o Consello Regulador...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada en 1994 por iniciativa de Alfredo Álvarez Pérez e que agrupa os profesionais da restauración e da hostalería galega, con relación directa no servizo de viños, licores e augardentes. A súa finalidade é defender os intereses dos asociados e divulgar as ensinanzas teóricas e prácticas en busca da profesionalización do sector.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plataforma creada en 1980 polas compañías profesionais, despois da celebración dunhas xornadas de traballo en Sada (24-26 de outubro), que tiveron o seu precedente nas mesas de traballo celebradas en Ribadavia co gallo da Mostra de Teatro. Presidida por Eduardo Alonso, á fronte dunha dirección colexiada, a asociación situou entre os seus obxectivos prioritarios os relacionados coa defensa dos intereses profesionais dos traballadores do teatro galego e coa promoción da actividade teatral en moi diversos ámbitos, tempos e espacios. Logo de presentar un interesante programa de traballo recollido na revista Don Saturio nº 2 (1981), a asociación foi esmorecendo debido ao escaso eco institucional das súas propostas e ás diferencias entre os seus asociados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada en Santiago de Compostela en 1889 baixo o amparo do Comité Central Rexionalista e formada polos comités locais rexionalistas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Tui. Presidida por Manuel Murguía, foi o primeiro intento de artellar o movemento rexionalista. Contou cun medio de expresión, La Patria Gallega, órgano oficial da asociación. Na asociación confluíron as tres tendencias do rexionalismo galego: federalista, liberal e tradicionalista. O enfrontamento entre os tradicionalistas e os federais no comité afectou á asociación. Isto, unido á saída dos primeiros do consello de redacción de La Patria Gallega, supuxo o principio do fin da asociación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociacións que se crearon nas catro provincias galegas a finais do s XIX. Organizaron congresos, certames e exposicións para debater a situación e mellora do ensino en Galicia de principios do s XX. Participaron na Exposición Rexional Galega de 1909.
-
GALICIA
Escultor. Aos 14 anos trasladouse a Barcelona, alí estudiou no colexio dos Salesianos de Sarriá onde se iniciou como escultor á sombra do Novecentismo. En 1916 marchou para Barakaldo coa intención de traballar como mestre de debuxo no Colexio dos Salesianos. En 1917 foi a Madrid por mor do servizo militar. Ao longo deste período formativo entrou en contacto coa obra de Rodin e Bourdelle, tendo ademais a oportunidade de participar nos movementos renovadores de Catalunya e Madrid, e no espertar dunha nova sensibilidade que o encamiñou cara á estética medieval, reafirmada coa súa volta a Galicia en 1918 -logo de gañar a praza de escultor anatómico da Universidade de Santiago de Compostela-, onde descubriu o Románico compostelán. Ata a súa chegada a Santiago de Compostela a súa obra segue unhas reminiscencias decimonónicas e rodinianas, manifestando certa preferencia polas formas esvaídas e polas materias brandas, coas que modelou as súas primeiras obras; sen embargo, a súa escultura é claramente...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade constituída na Coruña en febreiro de 1999. O seu obxectivo é fomentar o recoñecemento dos escritores galegos en lingua portuguesa e facilitar a súa comunicación cos escritores de países que teñen o portugués como lingua oficial, así como favorecer a difusión pública da súa obra e actividade literaria, artística ou científica. Unha das primeiras actividades da AGE é a elaboración dun repertorio bibliográfico da produción escrita en portugués en Galicia, difundida pola Internet.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Naceu en 1981 co obxectivo de “acadar umna substancial reintegraçom idiomática e cultural do galego” na área galego-luso-africana-brasileira. Tendo como principal referente a Carbalho Calero, busca a normalización dos usos lingüísticos do galego e o favorecemento dunha normativa lingüística reintegracionista, científica e independente. Desde 1982 está presidida por Mª do Carmo Henríquez Salido. A súa estrutura de funcionamento componse dunha asembleia de sócios e dun conselho formado por investigadores como Monterroso Devesa, Gil Hernández, Filipe Seném, Ramom Lôpez-Suevos, Elvira Souto, Nemésio Barxa, Manuel Portas, Luís Gonçalez Blasco, Joám Costa ou Bernardo Penabade. Componse tamén de diversas comisións como “Textos Religiosos”, “Sociolingüística” e “Comissom Lingüística” integrada, entre outros, por Isaac Alonso Estravis, Henrique Rabunhal, José Luís Rodríguez Fernández ou José A. Souto Cabo. Esta comisión elaborou tres libros que recollen o pensamento lingüístico...