"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de revacinar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de revalidar.
-
-
Acción e efecto de revalorizar ou revalorizarse.
-
Medida de política monetaria que consiste no aumento do valor dunha unidade monetaria respecto á doutros estados. A modificación da paridade dunha moeda neste sentido, medida que raramente se pon en práctica, é consecuencia dunha situación de superávit crecido e permanente da balanza de pagamentos.
-
-
-
Acción e efecto de revelar ou revelarse.
-
Descubrimento de algo que se mantiña en segredo.
-
Cousa descuberta.
-
Persoa, animal ou cousa que demostra nun determinado momento calidades excepcionais.
-
-
Acto polo que Deus se manifesta aos homes e lles descubre o seu designio de salvación. Na tradición xudeocristiá, Deus faise presente primeiro en toda a historia do pobo de Israel por medio de acontecementos e signos cuxo significado vén dado polos profetas; tamén se revela directamente, por medio de visións e soños, aos profetas, ou ben polas reflexións de sabios inspirados; e finalmente, por medio do seu fillo, Xesús Cristo, revélase a través da súa morte e resurrección, cuxo significado é dado pola ensinanza de Xesús e dos apóstolos.
-
Contido da manifestación divina.
-
-
-
-
Acción e efecto de reverberar.
-
-
Fenómeno debido á reflexión do son nas paredes dun local pechado polo que, unha vez oído o son propagado directamente desde onde se produciu, aínda se continúa a oír a causa das ondas que se van reflectindo sucesivamente nas paredes. A persistencia do son depende da reflexión das ondas sonoras nos obstáculos que atopan na súa propagación rectilínea. A reverberación fai que a intensidade dun son emitido nun instante se manteña e diminúa progresivamente, en lugar de desaparecer dunha maneira brusca. O valor do tempo polo que a intensidade sonora se reduciu á millonésima parte do seu valor inicial (ou sexa, en 60 dB) é denominado tempo de reverberación (T) do local e depende das súas dimensións e do coeficiente de absorción das paredes.
-
cámara de reverberación
Cámara ou recinto cerrado, construído con paredes non paralelas entre elas, duras e reflectoras das ondas sonoras, en cuxo interior hai unha fonte sonora que crea un campo difuso, de modo que a enerxía do son queda uniformemente distribuída. Emprégase para facer ensaios de ruído de máquinas.
-
-
Reflexión intensa e en todas direccións da luz.
-
Efecto que se introduce nun sinal de audio, mediante dispositivos e circuítos especiais, para imitar máis ou menos perfectamente a reverberación natural.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que trata a xente con reverencia ou que fai moitas reverencias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Vigo a partir de xuño de 1985. Subtitulada “Asociación de funcionarios para a normalización lingüística de Galicia”, foi coordinada por Xosé González. Supuxo a primeira iniciativa en Galicia de crear unha canle de comunicación que dera a coñecer os avances obtidos en materia de lexislación e normalización lingüística.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Madrid a partir de 1944. Editada polo CSIC, incluíu investigacións dialectolóxicas, etnográficas e antropolóxicas, atendendo á diversidade lingüística da Península. Incluíu numerosos artigos asinados por expertos sobre literatura popular, folclore e tradicións. O seu primeiro director foi Vicente García de Diego, que foi subtituído por Xulio Caro Baroja a partir de 1988. A partir de 1989 publicou só estudos de antropoloxía e etnografía e, a partir de 1994, trocou a súa periodicidade de trimestral en semestral. En 1996 tomou o relevo na dirección Concha Casado.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Vigo a partir de 1980. Trátase da segunda etapa dunha revista anterior, dirixida polo doutor Luis Gómez. Coordinada polo doutor Isaac Arias, tentou difundir entre os profesionais do sector unha terapéutica farmacolóxica máis racional para a súa aplicación en hospitais e centros de saúde. Incluíu ensaios sobre fórmulas farmacolóxicas, estudos sobre a aplicación de medicamentos, revisión bibliográfica de compostos químicos e referencias a actividades profesionais dos farmacéuticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Vigo e Santiago de Compostela a partir de 1990. Impulsada pola Consellería da Presidencia e Administración Pública, constituíuse nun dos medios empregados pola administración galega para difundir todas as novas de interese sobre lexislación local. Ademais, incluíu unha sección de xurisprudencia, artigos e colaboracións, e unha sección especial para cuestións diversas, como as xornadas celebradas en Santiago de Compostela sobre administración local. A revista basea a maior parte dos seus contidos en leis, decretos, reais-decretos, editos e sentenzas publicadas no BOE ou no DOG e referidas a Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de 1992 e impulsada pola Escola Galega de Administración Pública, dependente da Xunta de Galicia. Dirixida por Xaime Rodríguez-Arana, que tamén dirixiu a EGAP, contou co asesoramento e colaboración de destacados intelectuais relacionados co mundo do dereito e a economía de Galicia. Incluíu, ademais de diferentes estudos, notas e comentarios, un apartado dedicado exclusivamente á xurisprudencia, crónicas, bibliografía e recensións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Vigo a partir de 1986 que cesou en 1999 (nº33). Subtitulouse “Publicación trimestral de Nova Escola Galega”. De carácter educativo e interdisciplinar, foi promovida pola asociación de renovación pedagóxica Nova Escola Galega e editada por Edicións Xerais de Galicia. Dirixida por Manuel Bragado, tivo un carácter trimestral ata o seu último ano, 1999, en que só tirou dous números.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de revitalizar ou revitalizarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de revivificar.
-
-
Acción e efecto de revogar.
-
-
Anulación, substitución ou emenda das decisións e ordes por unha autoridade superior ou diferente da que tomou a decisión.
-
Retractación unilateral que nalgúns casos determinados a lei autoriza e que deixa sen efecto un negocio xurídico cuxa subsistencia depende dunha vontade. Admítese como regra a eficacia da revogación cando se trata de negocios xurídicos unilaterais e en materia de contratos.
-
-
-
-
-
Movemento de rotación dun corpo arredor dun eixe.
-
Cada unha das voltas que dá un corpo arredor dun eixe.
-
revolucións por minuto [rpm]
Unidade de velocidade angular que equivale ao número de veces que rota un corpo arredor dun eixe volvendo á súa posición inicial nun minuto.
-
-
-
Movemento dun astro que describe unha traxectoria cerrada, denominada órbita, arredor dun astro considerado fixo. É o caso dos planetas arredor do Sol ou dos satélites arredor do planeta correspondente.
-
revolución anomalística
mes anomalístico.
-
revolución dracónica/draconítica
Movemento de revolución da Lúa arredor da Terra, cando se toma como orixe o nodo ascendente. Dura menos ca unha revolución sideral, cun período de 27 días, 5 horas, 5 minutos e 35,8 segundos, e constitúe o mes dracónico ou draconítico.
-
revolución sideral
Movemento dun astro que, partindo dunha posición caracterizada por unha certa dirección respecto das estrelas fixas, o volve situar na mesma posición inicial. No caso dun planeta, unha revolución sideral é unha revolución completa deste arredor do Sol, constituíndo a súa duración un ano sideral para o planeta considerado. O período da revolución sideral da Lúa constitúe o mes sideral ou período sideral da Lúa.
-
revolución sinódica
Movemento dun astro que, partindo dunha conxunción respecto ao Sol e á Terra -cando se trata dun planeta interior ou da Lúa- ou dunha oposición -cando se trata dun planeta exterior- o volve situar, respectivamente, en conxunción ou en oposición. É unha revolución aparente e relativa para un observador situado na Terra. Resulta da composición dos movementos do astro considerado e da Terra. O período da revolución sinódica da Lúa constitúe o mes sinódico ou lunación.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de transformación socialista de China. Rematada a Segunda Guerra Mundial, as forzas do Guomindang dirixidas por Chiang Kai-shek retrocederon ante a contraofensiva dos comunistas e o 1 de outubro de 1949 Mao Zedong, máximo dirixente dos comunistas, proclamou en Pequín a República Popular China. A vitoria militar iniciou unha primeira fase revolucionaria marcada por catro feitos: a primeira reforma agraria (1947 e 1950), a reforma do idioma, a lei de casamentos (1950) e a Guerra de Corea (1950-1953). En 1953 púxose en funcionamento o primeiro plan quinquenal (1953-1957), baseado na nova reforma agraria (1955), levada a cabo mediante cooperativas e granxas estatais segundo o modelo soviético. As relacións coa URSS empeoraron por causa das diferenzas estruturais entre ambas as dúas revolucións. O segundo plan quinquenal (1958-1963) radicalizou a reforma agraria, creando comunas populares, insistindo na industrialización pesada e nas obras de interese colectivo. O plan fallou, e foi...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alzamento reaccionario contra o presidente mexicano Plutarco Elías Calles (1924-1928) e contra o seu sucesor Emilio Portas Gil (1928-1930). Dirixírona grupos católicos de extrema dereita que se opuñan ás medidas de reforma que pretendían cambiar os privilexios da Igrexa Católica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso revolucionario que puxo fin ao réxime ditatorial de Fulgencio Batista en Cuba. Protagonizado por Fidel Castro, a súa orixe remóntase ao ataque frustrado ao cuartel Moncada de Santiago de Cuba en 1953, polo que Castro foi condenado a prisión. Conseguíu a amnistía e exiliouse en México, onde fundou o Movimiento 26 de Julio e preparou o regreso a Cuba xunto cos seus adeptos. En 1956 desembarcaron do Granma en Niquero, na zona sueste da illa, e comezou a loita guerrilleira en Sierra Maestra. En 1958 a resistencia urbana e a guerrilla rural estableceron unha fronte común, ocupando en xaneiro de 1959 La Habana. Fidel Castro converteuse en primeiro ministro, iniciando a reforma agraria e urbana. A raíz das represalias económicas de EE UU (1960), asináronse diversos tratados comerciais e diplomáticos coa URSS, decantándose a revolución máis cara ao socialismo. Castro creou o PURS (Partido Unido de la Revolución Socialista), partido único baseado no Partido Socialista Popular (comunista),...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Campaña de rectificación (zhengfeng) iniciada por Mao Zedong coa axuda de Lin Biao, en setembro de 1965, para provocar “un gran salto cara a adiante na perspectiva mental das masas” e achegarse máis ao ideal comunista. A ideoloxía pasou a primeiro termo na sociedade chinesa, perdendo peso o sector máis pragmático do partido, normalmente asociado á liña soviética. Foi expulsado todo o aparato de propaganda, chegando a purga a altos cargos como Deng Xiaoping, secretario xeral do comité central. Tras once anos de duración, o movemento pechouse coa morte de Mao Zedong en 1976, iniciándose entón unha violenta campaña contra os seus dirixentes principais, a Banda dos Catro, que foron acusados de ultraesquerdismo.