"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento revolucionario español que puxo fin á Decada Moderada. Desprazou aos moderados do poder, dándolle o goberno a unha coalición liberal-progresista. Inicialmente só foi a expresión do descontento do sector liberal do exército, pero a adhesión dos progresistas e das clases populares obrigou a darlle contido político á insurrección co Manifesto de Manzanares (7.7.1854), no que se promete a descentralización e a reforma electoral, entre outras medidas reformadoras. Isabel II tivo que nomear ao xeneral Espartero xefe de goberno, dando así comezou o Bienio Progresista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento revolucionario que tivo lugar na antiga URSS entre o 17 e o 24 de Agosto de 1991. Comezou como unha manifestación popular nas rúas de Moscova e Leningrado contra o risco de retroceso que podía vivir o país. O sector máis conservador do PCUS xunto co exército e a KGB protagonizaron un golpe de estado contra M. Gorbačov, formando un novo goberno ao que se opuxo Boris Jelcin, presidente da República de Rusia. As manifestacións populares contra o golpe e a negativa dos soldados a reprimilas levou á caída dos golpistas. M. Gorbačov asinou a disolución e ilegalización do PCUS (24 agosto) ao mesmo tempo que perdía o seu prestixio político ante B. Jelcin, que se converteu no líder da nova Federación Rusa e da CEI.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu a primeira fase da Revolución Rusa, debido a que tivo lugar en febreiro, segundo o calendario xuliano vixente en Rusia naquela época, marzo segundo o calendario gregoriano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu a segunda fase da Revolución Rusa, debido a que tivo lugar o 25 de outubro, segundo o calendario xuliano vixente en Rusia naquela época, correspondéndose co 7 de novembro do calendario gregoriano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento revolucionario español que supuxo o destronamento de Isabel II e o inicio do Sexenio Revolucionario. Coñecido popularmente como A Gloriosa, abriu un período de liberdades democráticas durante o que irromperon na vida política, plenamente conformados e con programas propios, o movemento obreiro e a pequena burguesía (1868-1874). A inadecuación do réxime político isabelino ás necesidades do proceso industrializador fixo que a burguesía industrial e financeira adoptase unha actitude contraria a este. En agosto de 1866 o Partido Demócrata e o Partido Progresista formalizaron un pacto, abocados á vía insurreccional pola súa exclusión do goberno de forma sistemática. Ao pacto uniuse máis tarde a Unión Liberal. As clases populares afectadas pola crise de subsistencias de 1867, apoiaron a insurrección, que se iniciou o 18 de setembro en Cádiz cando Joan Prim e Juan Bautista Topete sublevaron a escuadra. Desde Sevilla as tropas de Francisco Serrano avanzaron cara a Madrid e nas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Levantamento revolucionario que tivo lugar en París os días 27, 28 e 29 de xullo de 1830, provocando a caída de Carlos X de Francia. O 18 de marzo de 1830 os deputados asinaron un manifesto onde figuraban as queixas da cámara contra a Guerra de Alxeria e a progresiva conxelación dos dereitos proclamados na Constitución de 1814. O 26 de xullo suprimiuse a liberdade de prensa, disolveuse a cámara e modificouse o sistema electoral, o que comportou a reconstitución da Garda Nacional. O pobo sublevouse e Carlos X tivo que abdicar. Finalmente acordouse nomear rei a Luís Filipe, duque de Orleáns, que aceptou o título (Luís Filipe I de Francia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de Francia que abrangueu desde a formación dos Estados Xerais, o 5 de maio de 1789, ata o golpe de estado do 18 de brumario de 1799. Supuxo a caída do Antigo Réxime e a obtención do poder político por parte da burguesía. A sociedade do Antigo Réxime non se adecuaba á nova realidade económica e social, ao excluír do poder político ao sector máis dinámico da sociedade, a burguesía. A filosofía da Ilustración asentou as bases ideolóxicas deste cambio. A etapa preliminar foi a Revolta dos Privilexiados (1787-1789), que tivo lugar cando os ministros da monarquía tentaron resolver a crise económica mediante a supresión dos privilexios fiscais. Impúxose a convocatoria dos Estados Xerais que se reuniron en Versailles o 5 de maio de 1789. Os deputados da burguesía (Terceiro Estado) constituíronse en Asemblea Nacional e pronunciaron o xuramento do Xogo da Pelota. O pobo de París mobilizouse e o 14 de xullo de 1789 tivo lugar a Toma da Bastilla, símbolo do absolutismo monárquico....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de industrialización co conxunto de transformación económicas e sociais que comporta. O termo designou os cambios que introducira a industrialización na sociedade inglesa, que comezou na segunda metade do s XVIII, e desde onde se difundiu a outros estados europeos, ata as primeiras décadas do s XIX. Supuxo o cambio dunha sociedade rural a unha urbana e do traballo manual e doméstico ao emprego de máquinas e as fábricas. Baseouse en diversos factores. O crecemento demográfico produciuse grazas ao descenso da mortalidade, que provocou un rexuvenecemento na poboación. As innovacións da agricultura co emprego de máquinas e, entre outras, de técnicas da rotación de cultivos, produciron un aumento da produción que permitiu, por unha banda, o aumento demográfico e, por outra, que un excedente de poboación que non atopaba traballo no campo se transferise á industria. Empregáronse novas fontes de enerxía e materias primas. Inglaterra contaba con abundancia de algodón, ferro e carbón. Na...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento revolucionario que provocou o destronamento e execución de Carlos I de Inglaterra (1649) e o establecemento dun réxime novo, a Commonwealth, baixo a protección de O. Cromwell. Tamén se inclúe a etapa en que Cromwell gobernou ditatorialmente, ata a súa morte en 1658. A historiografía inglesa divídea en dous períodos: a guerra civil e a revolución puritana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de acontecementos producidos en Inglaterra entre 1688 e 1689. Coñecida como Revolución Gloriosa, determinou a caída do rei católico Xaime II de Inglaterra e o ascenso ao trono do protestante Guillerme de Orange-Nassau (Guillerme III de Inglaterra) e da súa muller María II de Inglaterra, filla de Xaime II.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Etapa da historia de México que vai desde a revolta que provocou a caída de Porfirio Díaz (1910) ata a consolidación do movemento revolucionario coa presidencia de Venustiano Carranza (1914-1920). O triunfo da revolución representou a derrota dos partidarios do antigo réxime, a toma do poder por parte da burguesía e a posterior neutralización dos elementos revolucionarios máis radicais, os agraristas. Díaz dimitiu a consecuencia dunha serie de motíns populares iniciados a finais de 1910, e substituíuno o seu opositor Francisco Ignacio Madero (1911-1913), quen se tivo que enfrontar a un amplo movemento popular en Morelos, dirixido por Emiliano Zapata, que reclamaba a repartición dos grandes latifundios entre o campesiñado. Madero utilizou un xeneral da ditadura porfirista, Victoriano Huerta, para vencer a insurrección, pero este tomou o poder e tentou reinstaurar a ditadura militar conservadora. Mentres, no norte, o terratenente moderado Venustiano Carranza, estableceu o Plan de Guadalupe...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso revolucionario que puxo fin á autocracia dos tsares e levou á instauración dun réxime socialista en Rusia. Levado a cabo durante 1917 diferéncianse dúas fases: a Revolución de Febreiro, que forzou a abdicación do Tsar Nicolao II, e a Revolución de Outubro, que deu o poder ao partido dos bolxeviques. O movemento revolucionario de 1905 amosou que Rusia era unha “polvoreira”, e a Primeira Guerra Mundial coas repetidas derrotas do exército ruso e a desfeita da economía, foi o detonante que a fixo estoupar. A finais de febreiro de 1917 a insurrección xeneralizouse nas principais cidades, onde xurdiron movementos revolucionarios e soviets, co que o goberno imperial tivo que dimitir. O comité executivo da Duma converteuse nun goberno provisional con predominio liberal, baixo a presidencia do príncipe G. E. L’vov. Nicolao II abdicou en favor do seu irmán o gran duque Miguel, quen non tentou reinar, e a monarquía quedou en suspenso. O goberno provisional preconizou a continuación da guerra...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento revolucionario que tivo lugar en Rusia en 1905, que comezou co Domingo Vermello. Entre finais de 1904 e principios de 1905, mentres as derrotas dos exércitos rusos a mans dos xaponeses minguaban a confianza no tsar, o éxito da folga dos traballadores do petróleo en Bakú fortaleceu o movemento obreiro. O domingo 22 de xaneiro (9 de xaneiro, segundo o calendario xuliano vixente en Rusia), unha gran manifestación pacífica tentou entregarlle ao Tsar Nicolao II un memorial onde se demandaban melloras nas condicións de vida, liberdades democráticas e a convocatoria dunha asemblea constituínte. A manifestación foi disolta con brutalidade e deseguido comezaron folgas en numerosos centros industriais, que evolucionaron en auténticos movementos revolucionarios. A inminencia dunha folga xeral forzou o Tsar Nicolao II a anunciar a convocatoria dunha Duma polo Manifesto de Outubro.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Pontevedra a partir de novembro de 1931 como voceiro da “Sociedad Obrera de Cultura”, entidade na que coexistían socialistas, comunistas e libertarios. Desde o mes de decembro o periódico só vai reflectir a posición dos comunistas pontevedreses, en competencia cos socialistas polo control da Federación Local de Trabajadores e a Federación Agraria Comarcal. Inicialmente participaron na redacción anarcosindicalistas como Desiderio Comesaña ou Francisco Iturralde, a partir do nº 4 albíscanse tras artigos apócrifos significados militantes obreiros e agrarios do PCE, como Manuel García Filgueira, Domingo Costas ou Manuel Gama.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Santiago de Compostela a partir do 17 de marzo de 1846. Cesou no número 3. Subtitulado “Periódico oficial de la Junta Superior de Galicia”, funcionou como órgano de expresión deste organismo durante o pronunciamento de 1846. Dirixido por Antolín Faraldo e editado nos obradoiros da Viuda e Hijos de Compañel, tivo unha saída moi irregular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Santiago de Compostela a partir do 8 de outubro de 1868. Subtitulado “Periódico liberal de Santiago”, foi fundado e dirixido por Bernardo Barreiro, quen tamén participou na redacción xunto a Miguel López. De corte federalista e editado nos obradoiros de Pato, foi o primeiro xornal republicano de Santiago.
-
-
Alterar profundamente ou excitar o estado de normalidade dalgunha cousa.
-
Provocar un movemento revolucionario contra o poder establecido.
-
Provocar un cambio extremo ou transformar radicalmente algunha cousa.
-
Dotar de máis ou menos revolucións a un motor.
-
Pórse en estado de excitación ou perder a calma, alterando a súa normalidade.
-
-
-
Relativo ou pertencente á revolución.
-
Que constitúe, provoca ou forma parte dunha revolución.
-
Que é novo e orixinal.
-
Que ou quen é partidario ou participa nunha revolución.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de movementos revolucionarios que axitaron Europa entre febreiro de 1848 e o verán de 1849, que tiveron como substrato común a crise económica de 1846-1847, o rexeitamento dos réximes autoritarios e a exaltación do sentimento nacional, pero diferiron nos seus obxectivos. Mentres que en París e Viena se loitou principalmente pola implantación ou ampliación do constitucionalismo, en Italia, en Alemaña e na maior parte do Imperio Austríaco as revolucións pretenderon a constitución de estados nacionais rexidos por sistemas democráticos. Iniciáronse en Francia, coas revoltas de París dos días 22-24 de febreiro e derrocaron a monarquía de Luís Filipe I de Francia, formándose un goberno provisional que proclamou a Segunda República Francesa. En Italia os revolucionarios reivindicaron constitucións liberais, a expulsión dos austríacos e a reunificación da península. En Austria, o primeiro levantamento de Viena (13-15 de marzo) provocou a dimisión de K. Metternich e o outorgamento dunha...
-
-
Acción e efecto de rexenerar ou rexenerarse
-
Renovación natural ou reparación dun tecido ou de partes desaparecidas.
-
Conxunto de procesos que levan á restitución máis ou menos completa dun órgano e que se poñen en marcha pola perda accidental deste.
-
Renovación, renacemento moral ou cambio radical para ben, dun individuo ou dun grupo.
-
Renacemento á vida espiritual polo bautismo, chamado tamén sacramento da rexeneración. De acordo coa concepción bíblica da creación nova, o Novo Testamento emprega o termo palinxénese.
-