"Galle" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 217.

  • Xornal que apareceu en 1938 en Ferrol e Santiago de Compostela. Tivo varios subtítulos, entre eles, “Diario de Información General”, “Decano de la prensa provincial”, “Diario de la mañana-Decano de la prensa provincial” e “El Correo Gallego. Diario de La Noche. Decano de la prensa regional”. Foron os seus directores Fernando Pérez Barreiro, José Vidal Ibarra, Miguel Ramón Pola, Fernando Leal Insua, Ramón Luís Acuña Sánchez, Gerardo González Martín, Rodrigo Varela Rodríguez e Xoán María Gallego Tato. Esta publicación diaria tivo unha saída regular agás no período da Guerra Civil. Cando saíu á luz como continuación de El Eco de Santiago seguía unha liña política achegada ao réxime franquista; nos anos 50 definiuse como católico-conservador, ata que a partir de 1969 se produciu unha apertura ao galego coa inclusión de poemas de Salvador García Bodaño, Xohana Torres, Antón Tovar, X. L. Franco Grande e prosas de Otero Pedrayo e R. Carballo Calero. Dende o número 23.346, no ano 1967,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal fundado o 1 de agosto de 1878 en Ferrol, e, xunto con O Correo Galego, ambos pertencentes á empresa Editorial Compostela SA, son os únicos diarios que se editan en Santiago de Compostela. Fundado por José María Abizanda y San Martín, o seu primeiro director foi Victorino Novo García. Dende 1912 e durante vinte e seis anos, a familia Barcón xestionou o xornal. O 18 de xuño de 1938 constituíuse en Santiago de Compostela a sociedade anónima Editorial Compostela, impulsada por Juan Sáenz-Díez García e Juan de la Riva Barba. En outubro dese ano, Rafael Barcón Orta traspasoulle o xornal á editorial e pasou a imprimirse en Santiago de Compostela co título de El Correo Gallego y El Eco de Santiago, cunha cabeceira que correspondía a outro xornal fundado nesa cidade en 1896. O 15 de outubro de 1945, a editorial Compostela adquiriu tamén o diario El Compostelano, que se editaba na capital galega dende 1920. Continuaron saíndo conxuntamente, El Correo Gallego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego, castelán e portugués editada en Rio de Janeiro a partir de 1903 e subtitulada “Semanario independiente de intereses generales”. Dirixida por Antonio de la Cuesta e coordinada por E. Rodríguez Hervella, participaban como redactores Carmelo Seoane e Julio Mirelis. Entre os seus colaboradores literarios figuraban Fortunato Cruces, Pérez del Jugerto, N. Díaz de Escobar, Mario Seoane de Drunmond e Antonio Fernández Arreo. Na súa primeira páxina reprodúcense retratos de distintas personalidades da colonia galega, á parte dun gravado da baía de Rio de Janeiro e da estatua ecuestre de D. Pedro I. Incluíron tamén diversas traducións en castelán de artigos da prensa brasileira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Pontevedra en 1874 e cesou en 1913. Tivo unha segunda etapa que se iniciou en 1889 baixo o subtítulo de “Diario de Pontevedra”. Os seus contidos, de tendencia conservadora, foron evolucionando cara a posturas máis liberais. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé Millán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo británico dirixido pola Universidade de Londres. Nel amósase a colección pertencente ao Courtauld Institute of Art, institución dedicada ao estudo da arte que se formou en 1931 para acoller a colección de pintura impresionista e postimpresionista de Samuel Courtauld (1876-1947). A galería abriuse ao público en 1958 en Woburn Square, Bloomsbury, e en 1990 trasladouse á Somerset House. O Instituto enriqueceuse con outras coleccións como a Princess Gate Collection e as pertencentes ao viceconde Lee of Fareham, a Mark Gambier-Perry, a Robert Witt e a Roger Eliot Fry. Os seus fondos mostran pintura inglesa, italiana, francesa e flamenga, ademais de cerámica, mobles e outros obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia carlista que se editou en Pontevedra en abril de 1893 e que cesou probablemente en xullo do mesmo ano. Dirixido por Codesido Sánchez, quen coordinara a edición de Galicia Recreativa, trataba temas políticos. O 18 de xullo de 1893 incluíu unha sección titulada “Hoja Literaria”, dedicada a Rosalía de Castro no seu oitavo cabodano, na que apareceron diversos traballos en castelán, un poema de Filomena Dato Muruais e algúns versos da propia poetisa. Posiblemente viviu unha segunda época de edición a partir de 1896.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de periodicidade irregular aparecida en Santiago de Compostela en 1944 e subtitulada “Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Instituto Padre Sarmiento”. Dirixírona Sánchez Cantón e Filgueira Valverde ata que en 1981 se escolleu a Francisco Río Barja como director e a Carlos Baliñas como vicedirector. Contou coa colaboración de Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino Cuevillas, Ramón Cabanillas, Bouza-Brey, Taboada Chivite, Menéndez Pidal, Dámaso Alonso, Rodrigues Lapa e outros intelectuais. Contén artigos en galego, castelán, portugués, inglés, francés, italiano e catalán. Dividiuse inicialmente nas seccións “Artículos”, “Textos y Documentos”, “Miscelánea” e “Bibliografía de Galicia”, nas que inclúe información sobre prehistoria, arte, crítica literaria, lingüística, historia e etnografía. Os apartados especializáronse co tempo: “Arqueoloxía, prehistoria e antropoloxía física”, “Historia da arte”, “Etnografía” e “Lingua e Literatura”. Inseriu diversos traballos relacionados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en La Habana a partir do ano 1910. Dirixida polo freire franciscano Delfín Bóveda Villanueva, rematou a súa edición ao pouco tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista ilustrada e bilingüe editada en La Habana a partir do 5 de abril de 1936 e que cesou a súa publicación o 1 de marzo de 1940. Dende o número 82 titulouse Cultura Hispánica. Dirixida por Adolfo V. Calveiro Couto, contaba coa colaboración de Eladio Vázquez Ferro, subdirector da publicación, Jesús Peynó, Ramón Fernández Mato, Fuco G. Gómez, Constancio C. Vigil, Otero Pedrayo e Ramón Lemos. Ocasionalmente, contou coas sinaturas de Rubén Darío, V. Blasco Ibáñez, Wenceslao Fernández Flórez e Azorín. Aínda que nun principio mantivo unha liña ideolóxica republicana, coa defensa da República e do Estatuto de Autonomía para Galicia, co tempo, e cos diversos problemas económicos que tiña, perdeu rigor informativo e aproximouse á ideoloxía franquista. Incluía diversas seccións, como “Vida social de la Colonia”, “Centro Gallego” e “Hijas de Galicia”, nas que aparecían novas sobre Galicia, sobre as sociedades de emigrantes e actos culturais, ilustrados con fotografías de paisaxes e monumentos....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario en castelán aparecido en Ourense a principios de 1918 e que cesou probablemente no mesmo ano. Subtitulouse “Diario de la mañana” e contou coa colaboración de Vicente Risco e doutros intelectuais galegos. Incluíu información de carácter xeral, un “servicio telegráfico” e novas do estranxeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario en castelán de carácter independente aparecido en Bos Aires o 8 de setembro de 1905. Dirixido por C. Rey e J. B. Fernández, contou coa colaboración de Vicente Medina, Luís Sánchez e Félix Guguerella. Trataba problemas da colectividade galega emigrada e realizaba un labor crítico coas asociacións galegas. No último número indican o seu interese por converterse nun semanario co título de El Despertar Hispano, que non chegou a publicarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo aparecido en xaneiro de 1922 en Bos Aires que cesou a súa edición ao redor de 1930. Subtitulouse “Órgano mensual de la Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en la República Argentina”. Dirixido por Antón Alonso Ríos, exerceu como voceiro da Federación de Sociedades Gallegas. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Vanguardia. Contou coa colaboración de Xulio Sigüenza, E. Blanco Amor, Xesús Calviño, Luis Araquistain, Ramón Villar Ponte, Miguel Revestido, Lois Peña Novo, Waldo Álvarez Insúa e outros. Mantivo unha relación moi directa co xornal ourensán La Zarpa. Incluía novas referidas a cuestións económicas, políticas e sociais, ademais de debates políticos que xurdían entre as diferentes sociedades, información interna da Federación, algunhas colaboracións literarias e artigos de carácter anticaciquil, agrarista e liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en La Habana a partir do ano 1966.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de carácter económico aparecida na Coruña a partir de marzo de 1988. Editada por Galicia Económica S L e dirixida por Uxío Fernández Fernández, contou coa colaboración de Mª Luisa Martínez, Luis Caramés, J. Antonio Gaciño, Luis Pita e Antonio Grandío. Ademais de procurar solucións a problemas financeiros, incluíu información relativa a empresas públicas e privadas, e tratou especialmente os sectores da pesca, a construción, a agricultura, a moda e a creación en Galicia, e o comercio polo miúdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela a partir de 1842 e subtitulada “Produciones económicas-administrativas dedicadas a la juventud escolar”. De periodicidade irregular, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé Núñez Castaño. No seu equipo de redacción figuraba Bieito Amor Losada. Tratábase dunha publicación de carácter científico, partidaria da liberdade de ensino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación constituída en Madrid o 22 de maio de 1990 que reúne a empresarios, executivos e profesionais autónomos galegos establecidos na Comunidad de Madrid. Ten por obxecto potenciar o intercambio comercial dos empresarios galegos de Madrid cos de Galicia, e tamén cos doutras asociacións da Federación de Empresarios Galegos no Exterior (FEGAEX), e facilitar aos seus asociados información de carácter económico. Entre as súas actividades cómpre salientar a organización de cursos, seminarios e conferencias, a celebración de actos de homenaxe a persoeiros relevantes do mundo empresarial, a sinatura de convenios de colaboración e a publicación dun Boletín e dun Directorio, no que se dan a coñecer a listaxe de socios e das empresas e actividades organizadas por temas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bordo de lousas ou tellas trenzadas en que conflúen as dúas vertentes do tellado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro creada na Coruña en 1903 por militantes do movemento rexionalista, como Galo Salinas Rodríguez ou Manuel Lugrís Freire, e por actores afeccionados, como Eduardo Sánchez Miño e Bernardo Bermúdez Jambrina. O seu primeiro espectáculo presentouse o 18 de xaneiro de 1903 no Teatro Principal da Coruña. Foi a obra Filla!, sobre un texto homónimo de Galo Salinas e con dirección de Eduardo Sánchez Miño. Esa proposta ía acompañada de novas iniciativas que tentaban transformar esta escola nunha verdadeira compañía de repertorio, similar ás de Madrid e Barcelona. Entre os obxectivos que se propoñía o directorio da compañía estaba a formación de elencos, feito que constituíu unha das primeiras iniciativas orientadas á creación de institucións educativas de formación teatral, pois naquela época as escolas ou seccións de declamación pertencentes aos conservatorios eran as únicas encargadas da capacitación profesional de actores. En 1903, presentou A ponte, espectáculo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Madrid o 15 de febreiro de 1915. Cesou probablemente en decembro de 1916 (nº22). Dirixiuna Aurelio Ribalta e subtitulouse “Revista quincenal de Lenguaje, Finanza, Turismo. Publicada por Aurelio Ribalta”. Inicialmente, tiña unha periodicidade mensual, pero a partir do nº15, quincenal. A súa aparición provocou a toma de conciencia da intelectualidade galeguista da Coruña de cara a configurar as futuras Irmandades da Fala. Contiña informacións da actualidade galega na sección “Crónica Gallega” e artigos sobre cuestións lingüísticas, as seccións literarias “Poetas de hoxe” e “Poetas de onte”, e prosas divertidas no apartado “Repinicos de gaita”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exposición organizada pola Sociedad Liga de Amigos de Santiago celebrada en 1909 en Santiago de Compostela. Inaugurouse o 24 de xullo de 1909 coa presenza do Rei Afonso XIII e de Antonio Maura, e clausurouna o 30 de novembro o ministro de Fomento Augusto González Besada. A súa celebración concretouse nunha reunión celebrada en decembro de 1907, presidida polo cardeal Martín de Herrera que contou coa presencia, entre outros, do alcalde Lino Torre e do reitor da universidade Cleto Troncoso. Acordouse celebrar unha mostra dos produtos industriais e artísticos de Galicia coincidindo co ano santo de 1909. Invitouse tamén a expositores de fóra da rexión. Organizouse nas seccións de Belas Artes, Ciencias Aplicadas e Ciencias Industriais, divididas en diversos sectores. A presidencia honoraria da exposición recaeu no ministro de Fomento A. González Besada e formouse unha xunta central presidida por Pedro Pais Lapido á que pertenceron Eduardo Vilariño Magdalena e Miguel Castro Arizcún como vicepresidentes...

    VER O DETALLE DO TERMO