"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Acción e efecto de aliar ou de aliarse dous ou máis pobos, dúas ou máis organizacións ou dúas ou máis persoas.

    2. Conexión ou parentesco contraído por matrimonio.

    3. Anel de casamento.

    4. Acción de aliar ou de unir cousas diferentes.

    5. Grupo de asociacións vexetais relacionadas por un número significativo de especies comúns.

    6. Forma de cooperación estreita entre estados, materializada nun acordo ou tratado político ou militar, mediante o que os estados se protexen ou realizan os seus intereses (seguridade, estabilidade e influencia).

      1. Dúas mans destras enlazadas.

      2. Armas de liñaxe que forman diferentes cuartos dentro dun mesmo escudo.

      3. Escudo partido cos brasóns dos esposos que leva no primeiro cuarto as armas do marido e, no segundo, as armas da muller.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín político publicado o 15 de outubro de 1983 na Coruña e subtitulado “Boletín de noticias de Alianza Popular”. Incluía crónicas e críticas políticas, debuxos humorísticos e unha sección titulada “Crónica de las sedes”, na que se daba conta das actividades do partido nas distintas localidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de instrución fundada na Habana en 1903 por aresáns emigrados a Cuba, México e EE UU. O seu obxectivo era implantar na vila de Ares e no seu termo municipal as escolas necesarias para o desenvolvemento educativo e cultural dos aresáns. A primeira dotación económica chegou en xullo de 1904.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización do Tratado do Atlántico Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación fundada en Londres no ano 1905 coa finalidade de promover a unión entre todos os baptistas. Actualmente ten a súa sede en Washington.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional non gobernamental creada en Londres no 1895. Intentou propagar os principios e os métodos cooperativos a todo o mundo e protexeu os intereses dos movementos cooperativistas fronte aos dos gobernos e os particulares. Ten un programa de asistencia técnica en favor das organizacións cooperativas dos países subdesenvolvidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de agricultores e mariñeiros de Hío (Cangas do Morrazo) fundada en febreiro de 1923. Foi a primeira sociedade de mariñeiros que apareceu de xeito oficial na parroquia de Hío no período da extensión e consolidación do sindicalismo mariñeiro de clase (1910-1930), se ben a diversidade económica desa parroquia, na que alternaba a produción agrícola de autoconsumo cos labores, máis especializados, da extracción pesqueira, levou á agrupación de ambos os dous sectores económicos nunha mesma sociedade sindical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alianza entre Alemaña, Rusia e Austria-Hungría (1881-1887) a partir do tratado asinado o 18 de xuño do 1881. Estes países comprometíanse a permanecer neutrais no caso dun deles ser atacado por unha cuarta potencia. Recoñecían a Austria o dereito de se anexionar Bosnia-Hercegovina e daban a Rusia a seguridade de que os estreitos non serían ocupados por Gran Bretaña. Austria-Hungría e Rusia comprometíanse a non intentar modificar o statu quo balcánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial con sede en Madrid creada no 1965. Iniciou a súa actividade editorial coa colección “El libro de bolsillo”. Outras coleccións destacadas son “Alianza-Universidad” (1971), “Alianza-3” (1973), “Alianza-Forma” (1979) e “Alianza-Música” (1983). Representou un papel de primeira orde no anovamento do panorama cultural español e na súa conexión con Europa. No 1989 comprouna o grupo Anaya. A partir do ano 1999 foi adquirida, xunto co grupo Anaya, polo grupo editorial francés Havas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación actual da Alianza Evanxélica, fundada en Londres no ano 1846 por membros de máis de cincuenta Igrexas protestantes pertencentes a distintos países. A finalidade fundacional era opoñerse á corrente favorable ao papado e á obra de Pusey. Na actualidade mantén vixente o obxectivo de soster e promover a reforma relixiosa e afirmar a unidade esencial da Igrexa de Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alliance Française.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de socorros mutuos sobre o gando fundada en febreiro de 1932, mantivo a súa actividade ao longo da década dos trinta. O obxectivo era asegurar as cabezas de gando dos socios obedecendo a unha estratexia propia dos gandeiros procedentes das comunidades rurais galegas, ante a falta de protección estatal. A Alianza Gandeira foi a terceira sociedade mutualista da parroquia de Coiro (as outras fundáranse sen moito éxito en 1901 e 1912) instaurada nun momento en que o comercio gandeiro galego se favorecía das importantes exportacións a Portugal e ao interior do Estado (principalmente Barcelona e Madrid).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato pesqueiro do concello de Cangas do Morrazo, fundado en 1914 e disolto en 1936. De tendencia socialista antes da proclamación da Segunda República Española, en 1931 afiliouse á anarquista Federación Regional de Industria Pesquera. O seu obxectivo era a unión de todos os traballadores da pesca para reclamar melloras nas condicións sociolaborais dos mariñeiros e demais traballadores do mar. Foi unha das maiores organizacións mariñeiras do litoral das Rías Baixas, pois en 1932 agrupaba a máis de 1.500 afiliados. En maio de 1931 protagonizou as folgas pesqueiras que afectaron aos portos de Cangas, Moaña e Guixar (Teis) nas que reclamaban unha mellora nas condicións de venda do peixe por parte dos fabricantes de conserva, aos que se lles esixía o pago do carrexo e a imposibilidade de rebaixar o prezo con posterioridade. Esta conflitividade, que se espallou aos portos de Ferrol, A Coruña e Mugardos, produciu nos anos 1931 e 1932 unha importante conflitividade entre armadores (que aceptaran...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato de mariñeiros e traballadores da industria pesqueira do concello de Moaña, fundado no 1919 e clausurado nos inicios da sublevación militar de 1936. Fortemente vinculado á Alianza Marinera de Cangas, pasou dunha afiliación socialista á anarquista a partir de 1931. O seu obxectivo era a conquista de melloras laborais como o aumento salarial, a redución da xornada laboral ou implantación dun seguro de accidentes no traballo. Foi un dos sindicatos pesqueiros que máis actuou na procura dunha solución do conflito que, do 1932 ao 1936, provocou ás flutuacións do prezo de venda da sardiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión de Pescadores de Marín. Sindicato dos traballadores da industria do mar do porto de Marín fundado o 10 de xullo de 1914. Agrupaba os tripulantes dos vapores e das motoras. A Alianza é froito da modernización da pesca galega, que pouco a pouco vai deixando de lado as técnicas tradicionais, para substituílas polos motores a vapor e as máquinas diesel. Foi unha das organizacións mariñeiras de clase máis potentes da súa época, reunindo á altura do 1919 un total de 956 afiliados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo unitario composto por todas as forzas políticas e sindicais antifascistas, agás o PCE, constituído en xullo de 1944 coa finalidade de alentar en todo o Estado español o derrocamento do réxime de Franco. En Galicia, a CNT vai xogar un papel sobranceiro tanto no seu artellamento, como na tentativa de integrar sectores próximos ao Partido Galeguista. A Alianza comezou a tomar forma no Pleno da Confederación Regional Galaica da CNT, celebrado nos arrabaldes da Coruña a comezos de 1945 con asistencia de numerosos delegados, non só sindicais senón tamén dalgunhas partidas guerrilleiras que actuaban no L de Galicia. Unha vez coñecido o informe do comisionado do Consello nacional da ANFD, Manuel Fernández, o pleno decidiu apoiar a creación inmediata dos grupos locais da Alianza, contando co resto das correntes antifranquistas. En cumprimento do acordo, os cenetistas galegos Manuel Fernández e Xan García Durán, representantes do Consello da ANFD, contactaron en abril de 1945 con Ramón...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización unitaria das forzas antifranquistas galegas, creada en México no mes de setembro do 1942. Á xuntanza de constitución asistiron delegacións dos grupos comunista, galeguista, republicano e socialista, e do sindicato UXT. O documento aprobado, as Bases Políticas, propoñían a restauración da legalidade republicana e da Constitución de 1931, así como a entrada en vigor do “Estatuto da nazonalidade galega”. A ANG proclamouse representación auténtica de Galicia no exilio, en unión con todos os pobos que loitaban contra o fascismo. A súa actividade centrouse fundamentalmente no país azteca pero tivo delegacións noutros como Cuba. Na Alianza Nazonal Galega participaron representantes de todas as tendencias ata que se produciu a creación da Junta Suprema de Unión Nacional, organismo antifranquista que seguía as liñas da política de Unión Nacional propugnada polo Partido Comunista de España. O PCE propuxo que a ANG ingresase na Junta Suprema, ao que se negaron os socialistas. A Alianza...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa para o desenvolvemento de Iberoamérica, para 1961-1970, elaborado pola administración Kennedy e aprobado en Punta del Este, Uruguai (agosto de 1961), polos EE UU e polo resto dos membros da OEA, coa exclusión de Cuba. O seu obxectivo principal era favorecer o desenvolvemento dos países americanos diante do perigo revolucionario. Resultou, sen embargo, inoperante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política española fundada en outubro de 1976 como resultado da federación de sete grupos dereitistas preexistentes, encabezados por M. Fraga Iribarne, L. López Rodó, C. Martínez Esteruelas, G. Fernández de la Mora, L. de la Fuente, F. Silva Muñoz e E. Thomas de Carranza. Foi a segunda forza política do estado dende 1982, ano en que xunto coa Unión Liberal (UL) logo Partido Liberal e o Partido Demócrata Popular (PDP), formou Coalición Popular (AP-PDP-UL) coa que concorreu ás eleccións xerais de outubro de 1982 e xuño de 1986 presentando a Manuel Fraga como candidato á Presidencia do Goberno. Os resultados electorais reflectiron un estancamento ao obter en ambos os comicios 105 escanos no Congreso dos Deputados, o denominado teito electoral. Diante do fracaso, os democristiáns do PDP abandonaron a coalición (xullo de 1986), Manuel Fraga demitiu da presidencia do partido e anunciou a súa retirada da política española (decembro de 1986), e os liberais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político peruano fundado por Víctor Raúl Haya de la Torre no 1924. Foi concibido nun principio como unha fronte ampla de tipo populista que proxectaba a unidade latinoamericana, pero desde 1927 Haya de la Torre transformou o movemento nun partido de organización monolítica baixo o seu control. Estableceu seccións en Cuba, Perú, México, Costa Rica e Arxentina, pero desde 1931 foi exclusivamente peruano. Visto con hostilidade pola oligarquía e o exército, o APRA venceu nas eleccións dese ano en Perú, pero os resultados foron manipulados por Sánchez Cerro. En 1945 conseguiu tres ministerios no goberno de J. L. Bustamante. Foi perseguido durante o goberno do Xeneral Odría (1948-1956). Alán García, que dirixiu o APRA desde 1982, reconduciu o partido e deulle unha orientación socialdemócrata. En gañando as eleccións de 1985, García asumiu a presidencia do estado, pero nas eleccións de 1990 o APRA foi derrotado pola coalición Cambio 90, liderada por Alberto Fujimori.

    VER O DETALLE DO TERMO