"OCI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 818.

  • Agrupación constituída en Santiago de Compostela o 27 de xuño de 1983 por iniciativa de Bieito Ledo Cabido como director-xerente da editorial Galaxia. Na mesma participaron Carmen Brochs, Enrique Iglesias, Bieito Ledo, Fernando Abraldes, José Luís Veleiro, Olegario Sotelo Blanco, Carlos Blanco Yáñez, Salvador García Bodaño e Antón Patiño. Ten as finalidades de defender, promocionar e difundir a edición de libros en lingua galega; os seus estatutos foron presentados para a súa aprobación oficial o 27 de setembro de 1983, sendo publicado o anuncio do referido depósito no DOG nº 143 de 7 de outubro de 1983. A primeira xunta directiva, elixida na xuntanza mantida en Santiago de Compostela o 29 de outubro de 1983, estivo presidida por Bieito Ledo Cabido. Por orde cronolóxica, presidiron a Asociación Galega de Editores Luís Mariño, Antonio Díaz Díaz, Bieito Ledo Cabido, Carlos Blanco Yáñez e Damián Villalaín. En cumprimento das súas finalidades a Asociación Galega de Editores vén desenvolvendo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación creada no ano 1990 por estudiantes de segundo e terceiro ciclo da facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de organizar foros de debate histórico e historiográfico, investigacións e publicacións que amplíen o coñecemento da Historia de Galicia. Se ben nun primeiro momento se destinou a estudiantes e profesionais da Historia, pronto se abriu á participación de todo aquel interesado nas actividades que a asociación desenvolve. Organiza a Semana Galega de Historia así como congresos de Xoves Historiadores e outras actividades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundada en 1997 agrupa o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Orujo de Galicia, o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, o Consello Regulador da Denominación Específica Mel de Galicia, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Queixo Arzúa-Ulloa, o Órgano Rector do Produto Galego de Calidade Queixo do Cebreiro, o Consello Regulador do Produto Galego de Calidade Mexillón de Galicia, o Consello Regulador da Denominación Específica Pataca de Galicia, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla, o Órgano Rector do Produto Galego de Calidade Queixo de San Simón, o Consello Regulador da Denominación Específica Lacón Gallego e o Consello Regulador...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundada en 1994 por iniciativa de Alfredo Álvarez Pérez e que agrupa os profesionais da restauración e da hostalería galega, con relación directa no servizo de viños, licores e augardentes. A súa finalidade é defender os intereses dos asociados e divulgar as ensinanzas teóricas e prácticas en busca da profesionalización do sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación que integra un número importante de empresas relacionadas coa publicidade, que se encarga de defender intereses comúns e de promover charlas e encontros entre as empresas asociadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundouse en xuño de 1905 na Habana co obxectivo de financiar e apoiar a creación dunha Academia Gallega. En 1905 publicouse nos xornais da illa de Cuba un artigo de Manuel Murguía no que incitaba á fundación da Real Academia Gallega, co fin de evitar a desaparición do idioma galego, e que esta se encargase da elaboración dun dicionario e dunha gramática. Tal iniciativa foi acollida con aceptación por parte das asociacións e galeguistas da illa, especialmente Manuel Curros Enríquez e Xosé Fontenla Leal. Ao mesmo tempo traballaba dende América na recuperación da cultura galega recollendo cantos e tradicións populares, e contemplando no seu regulamento a creación de tres seccións culturais dentro da asociación (Historia, Literatura e Belas Artes, e Ciencias). A achega da asociación cubana foi tan importante que, en outubro de 1905, se formalizou a constitución da Real Academia Gallega, con sede na cidade da Coruña. Na súa declaración estatutaria, a asociación declaraba non ter ideoloxía política...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundada en 1949 como resultado dos congresos internacionais de crítica de arte. É membro consultivo da UNESCO desde 1951. Acolle profesionais da crítica, a historiografía, o tratadismo e a organización de exposicións de máis de oitenta países de todo o mundo. Entre os seus obxectivos está o de desenvolver unha cooperación internacional, a defensa profesional dos seus membros, a procura de novas metodoloxías e o intercambio de información. Anualmente celebra unha asemblea e un congreso nun país diferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización económica filial do Banco Internacional para a Reconstrución e o Desenvolvemento, fundada no ano 1960 en Washington e coñecida xeralmente polas siglas IDA (International Development Association). Ten como obxectivo o fomento de créditos a longo prazo aos países subdesenvolvidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PEN Club de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación integrada pola maioría das axencias de publicidade, anunciantes e medios de comunicación de todo o mundo. A súa finalidade é ofrecer información sobre as actividades dos seus asociados, elaborar estudios especializados e organizar encontros académicos e profesionais que contribúan a mellorar diversos aspectos da actividade publicitaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1980 por Arxentina, Bolivia, O Brasil, Colombia, Chile, Ecuador, México, Paraguai, Perú, Uruguai e Venezuela en substitución da Asociación Latinoamericana de Libre Comercio (ALALC), co obxectivo de facilitar os intercambios comerciais entre os seus membros. Limítase a fixar cláusulas de comercio preferencial entre os seus asociados e a propoñer medidas tendentes a dinamizar algúns sectores económicos comúns. Non pretende unha auténtica política común, nin económica nin exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada polo tratado de Montevideo en febreiro de 1960, formada por Arxentina, O Brasil, Perú, México, Paraguai, Uruguai e Chile. En outubro do mesmo ano adheríronse Colombia e Ecuador e en 1966 Venezuela. Tiña como finalidade reducir progresivamente as tarifas e outros obstáculos ao libre comercio ata chegar á plena liberación do comercio entre os países asinantes. No ano 1980 transformouse na Asociación Latinoamericana de Integración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo pertencente á Asociación Médica do Centro Galego de Bos Aires. Distribúese entre o colectivo médico desta institución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación constituída polas empresas publicitarias máis importantes do mundo co fin de dar a coñecer os seus traballos e promover iniciativas que contribúan a desenvolver novas técnicas no cine publicitario. Entre as súas actividades destaca a organización do Festival Publicitario de Cannes, que se celebra anualmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Creouse en Pontevedra en 1886 co obxectivo de discutir problemas profesionais e pedagóxicos. Foi a precursora do Congreso Regional de 1887 en Pontevedra, feito que marcou o inicio dunha longa serie de congresos e asembleas que se celebraron en Galicia ata o comezo da Guerra Civil. Tamén foi a iniciadora dun primeiro intento de organizar unha Colonia Escolar en Pontevedra (17 de agosto de 1893).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plataforma creada en 1980 polas compañías profesionais, despois da celebración dunhas xornadas de traballo en Sada (24-26 de outubro), que tiveron o seu precedente nas mesas de traballo celebradas en Ribadavia co gallo da Mostra de Teatro. Presidida por Eduardo Alonso, á fronte dunha dirección colexiada, a asociación situou entre os seus obxectivos prioritarios os relacionados coa defensa dos intereses profesionais dos traballadores do teatro galego e coa promoción da actividade teatral en moi diversos ámbitos, tempos e espacios. Logo de presentar un interesante programa de traballo recollido na revista Don Saturio nº 2 (1981), a asociación foi esmorecendo debido ao escaso eco institucional das súas propostas e ás diferencias entre os seus asociados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada no ano 1919 na cidade de Bos Aires, e que tiña como obxectivo sustentar economicamente á Real Academia Gallega, ao mesmo tempo que difundir as súas iniciativas na República Arxentina. Esta asociación tivo a súa orixe en 1908, cando a Asociación Iniciadora y Protectora da Academia Gallega na Habana nomeou unha delegación en Bos Aires, que no sucesivo se amosaría case inexistente; estes académicos na Arxentina tiveron como única actividade a promoción dunha suscrición popular para a construción do monumento a Curros Enríquez na Coruña. En 1919, a Real Academia Gallega enviou a Xulio Dávila coa intención de unir as iniciativas existentes en Bos Aires a prol da Academia. Xulio Dávila solicitoulle apoio económico á Casa de Galicia da capital, acordando esta ofrecer unha achega anual de 500 pesetas, ao mesmo tempo que permitía a constitución dunha comisión autónoma da Academia nas súas dependencias. Poucos días despois constituíuse oficialmente a Asociación, sendo o seu primeiro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundada en marzo de 1975 por Manuel Cantarero del Castillo. De carácter progresista, intentou sen éxito ser recoñecida pola Internacional Socialista. En Galicia o seu secretario xeral foi Estévez Mengotti. En xuño de 1976 converteuse nun partido político con delegacións na Coruña, Pontevedra e Lugo, e un ano despois pasou de rexionalista a federalista. Nas eleccións de 1977 non obtivo ningún escano e despois desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundada en Santiago de Compostela en 1889 baixo o amparo do Comité Central Rexionalista e formada polos comités locais rexionalistas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Tui. Presidida por Manuel Murguía, foi o primeiro intento de artellar o movemento rexionalista. Contou cun medio de expresión, La Patria Gallega, órgano oficial da asociación. Na asociación confluíron as tres tendencias do rexionalismo galego: federalista, liberal e tradicionalista. O enfrontamento entre os tradicionalistas e os federais no comité afectou á asociación. Isto, unido á saída dos primeiros do consello de redacción de La Patria Gallega, supuxo o principio do fin da asociación.

    VER O DETALLE DO TERMO