"Ede" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 837.

    1. Comida lixeira que se toma entre horas.

    2. Reunión entre amigos onde se come en abundancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ceder, quen ten autoridade para facelo, algunha cousa a alguén.

    2. Acceder a que alguén realice o que se expresa.

    3. Prestar atención a algo ou a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e conde. En 1814 loitou contra Francia e propuxo a creación dun estado lombardo. Conspirou contra os austríacos e foi detido (1821) e deportado a América (1835); no 1837 regresou a Europa. Fundou a publicación Il conciliatore (1818-1819).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de confederar ou confederarse.

    2. Agrupación de persoas, colectividades, organismos ou estados para a defensa de intereses comúns. Diferénciase da federación no feito de que a soberanía dos membros ten máis importancia có vínculo federativo. OBS: Normalmente, emprégase nas denominacións destas agrupacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión de provincias arxentinas, agás Bos Aires, que se agruparon entre os anos 1852 e 1861. Naceu tralo enfrontamento entre Juan Manuel de Rosas, gobernador de Bos Aires, e o xeneral Urquizo, gobernador de Entre Ríos. En 1853, o Congreso de Santa Fe dotouna dunha Constitución e elixiu a Urquizo presidente. Bos Aires incorporouse trala Batalla de Cepeda (1859); sen embargo, a vitoria de Bos Aires en Pavón (1861) provocou a disolución da Confederación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión de cidades gregas promovida por Atenas (378-338 a C) para refacer a Liga ou Confederación de Delos e atacar a hexemonía de Esparta. Na Convención de Quíos (377 a C) reuníronse os representantes de Mitilene, Metimma, Rodas, Calcis, Tebas e Bizancio. Mentres, Atenas exercía a hexemonía militar e respectaba inicialmente a autonomía dos integrantes da Confederación. Despois das vitorias de Cabrias e de Timoteo (375 a C) a Confederación chegou a contar con máis de setenta membros, pero a derrota diante de Corinto e a firma da Paz de Calías con Esparta, unida aos posteriores triunfos de Tebas (371 a C), levou ao abandono de numerosos aliados. A falta de recursos económicos obrigou ao restablecemento do tributo en Samos e Sestos, e emprendeuse unha durísima represión. Os aliados rebeláronse seguindo o exemplo de Quíos, que culminou coa derrota de Atenas en Embata (356 a C); posteriormente, esta recoñeceu a independencia das illas do Exeo oriental. As intrigas dos tebanos e dos persas destruíron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización, fundada en 1929, que agrupa a algunhas asociacións de pais de alumnos (APAs) dos centros privados de ensino, especialmente os de ensino confesional, ademais dalgunhas do sector público. Está representada no Consejo Escolar del Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión política que agrupou os estados alemáns setentrionais entre 1867 e 1871, e que substituíu a Confederación Xermánica trala derrota de Austria por Prusia na Batalla de Sadova (1866). A creación desta nova Confederación por Bismarck illaba a Austria do conxunto de estados alemáns e consagraba a hexemonía prusiana. Formada por 22 estados, a súa Constitución dotouna dunha estrutura federal e centralista. Guillerme I de Prusia detentaba o poder executivo e Bismarck era o seu chanceler federal. O poder lexislativo articulábase en dúas cámaras: o Reichstag ou parlamento, elixido por sufraxio universal pero con poderes limitados, e o Bundesrat ou consello federal, formado polos representantes dos estados. O goberno común controlaba as forzas armadas, as comunicacións, as aduanas e dirixía o comercio e a política exterior. Os soberanos locais tiñan autonomía administrativa, xudicial e financeira. Os catro estados de Alemaña do Sur (Baden, Baviera, Hessen-Darmstadt e Württemberg) mantivéronse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización empresarial que agrupa as federacións provinciais de empresarios galegos. Constituíuse en 1981 por acordo das federacións provinciais. Os obxectivos eran fomentar e defender o sistema de iniciativa privada e a economía de mercado, promover a unidade empresarial e defender os intereses do empresariado fronte aos demais axentes económicos. Integrada na CEOE e na CEPYME dende a súa constitución, agrupa máis de 50.000 empresas e 290 asociacións empresariais. Ten representantes en diversas comisións e consellos da administración, así como nos consellos sociais das tres universidades de Galicia e na Fundación Empresa-Universidade de Galicia (FEUGA). O seu primeiro presidente foi Antonio Ramilo, quen dimitiu no ano 2000 logo de que se detectasen graves irregularidades contables na entidade. A partir do 1 de marzo de 2001 pasou a ocupar a presidencia o empresario Antonio Fontenla Ramil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical xurdida en 1977 ao abeiro do Partido del Trabajo de España (PTE). Nas primeiras eleccións sindicais de 1978 acadaron 17 representantes nas principais empresas galegas: oito en Megasa, sete en Astano e dous en Barreras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical latinoamericana fundada en México en 1938 baixo a presidencia do mexicano Lombardo Toledano e do brasileiro Luis Prestes. O seu programa propuña unha reforma agraria, a defensa dos réximes democráticos e a independencia económica latinoamericana. Asistiron delegacións sindicais de Arxentina, Bolivia, Chile, Colombia, Paraguay, Venezuela, Nicaragua, Costa Rica, Perú, Ecuador, Cuba, EE UU e México. Ao pouco tempo, os comunistas acadaron o seu control e vinculárona aos intereses soviéticos. A CTAL conseguiu a adhesión dos máis importantes sindicatos continentais, favoreceu a creación doutros novos e participou na conformación da Federación Sindical Mundial. A súa estratexia prosoviética fíxolle perder os principais afiliados a partir de 1951. A Confederación de Trabajadores de Cuba, fundada en 1939, escindiuse en dúas seccións, a comunista e a partidaria do presidente Batista. Trala vitoria castrista unificouse de novo na Central de Trabajadores de la Cuba Revolucionaria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión política que agrupou a diversos estados alemáns entre 1806 e 1813. Naceu trala sinatura do Tratado de París (12.7.1806) por parte dos principados alemáns que se separaron do Sacro Imperio Romano Xermánico. Inicialmente, formábana sete estados alemáns, que constituíron un instrumento político nas mans de Napoleón, quen se declarou o seu protector, asinou unha alianza e se reservou a dirección da política exterior e o mando das forzas armadas. A súa submisión ao Imperio Francés reforzouse polos matrimonios de Eugène de Beauharnais, cuñado de Napoleón, con Augusta de Baviera, e de Jerome Bonaparte con Caterina de Württemberg (1807). Os estados convertéronse en reinos e Joachim Murat recibiu o ducado de Berg. A derrota de Prusia na Batalla de Jena (1806) fortaleceu a Confederación, á que se uniron, entre outros, o duque de Würzburg, o elector de Saxonia e en 1807 o reino de Westfalia, creado para Jerome Bonaparte. En 1808 todos os estados alemáns, agás Prusia, formaban parte da Confederación....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización integrada por 47 federacións e confederacións provinciais ou autonómicas, compostas por 12.000 asociacións de pais de alumnos, que operan nos centros públicos de ensino e algunhas no sector privado. Está representada no Consejo Escolar del Estado. En Galicia integra un número considerable de asociacións agrupadas, á súa vez en varias federacións provinciais e comarcais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1928 e domiciliado en Madrid que agrupa todas as caixas de aforro en España, excepto Caja Postal. No 2001 estaba integrada por 47 caixas e dentro do grupo realizaba funcións de coordinación, información e asesoramento, ademais de actividades crediticias e compensadoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación patronal fundada en 1977 que representa a maior parte do sector educativo privado de España dos niveis non universitarios. Está integrada por asociacións e federacións que, á súa vez, están constituídas por uns 5.000 centros, a maioría non confesionais, de distintos niveis e modalidades. Conta con federacións e asociacións espalladas por todas as provincias e existe unha representación autonómica das mesmas. Forma docentes e directivos, especialmente a través do Instituto de Técnicas Educativas (ITE), e publica a revista mensual Actualidad Docente (cun suplemento de información europea, Actualidad Europea), ademais de libros e documentos. Tamén integra as seguintes asociacións e federacións sectoriais: Asociación Estatal de Centros de Enseñanzas Musicales (AECAM), Federación de Escuelas de Música y Centros no reglados de Enseñanzas Musicales del Estado Español (FEM), Asociación Nacional de Escuelas de Turismo (ANESTUR), Asociación Nacional de Centros de Peluquería...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación política creada en Madrid a comezos de marzo de 1933 que agrupou o partido de Acción Popular, de Gil Robles, a Derecha Regional Valenciana, dirixida por Luis Lucía e outros grupos monárquicos, mauristas e democristiáns. Nas eleccións de novembro de 1933 foi o partido que conseguiu máis deputados (115), pero non os suficientes para gobernar en solitario. Alcalá Zamora, presidente da República, encargou a formación de goberno ao Partido Radical liderado por Lerroux, que gobernou en solitario ata outubro de 1934. Nese ano constituíuse un goberno radical-cedista que outorgou tres carteiras a membros da CEDA, feito que desencadeou a Revolución de Outubro de 1934. Centraron a súa acción de goberno en frear o reformismo republicano e convertéronse en instrumento dos grandes propietarios agrarios e industriais. O 6 de marzo de 1935 entraron novamente cinco cedistas no goberno, con Gil Robles no ministerio de Guerra. Nas eleccións de febreiro de 1936, a CEDA perdeu o 20% dos seus postos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización empresarial española fundada en xuño de 1977 trala disolución doutras tres entidades: Confederación Empresarial Española, Confederación General de Empresarios e Agrupación Empresarial Independiente. O seu principal obxectivo é representar os empresarios e defender os seus intereses fronte aos demais axentes sociais e á propia Administración. Integra máis dun millón de empresas a través de 2.000 asociacións de base e 170 organizacións territoriais e sectoriais, entre as que destaca a CEPYME, organización de pequenos e medianos empresarios que se incorporou á CEOE en 1980. O seu primeiro presidente foi Carlos Ferrer Salat, que desempeñou o cargo entre 1977 e 1984. José María Cuevas substituíuno o 23 de maio de 1984. A CEOE contribuíu á transición política española como voceira dos intereses dos empresarios. Nesta liña inscríbese a petición que presentou ás Cortes constituíntes en xuño de 1978, na que solicitaba o recoñecemento expreso ao sistema de libre mercado no texto constitucional....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical constituída en 1973 en Bruxelas por iniciativa da Confederación Internacional de Sindicatos Libres (CISL). O seu obxectivo é defender os intereses dos traballadores europeos, en particular ante as institucións europeas (UE e EFTA). A súa estrutura interna está formada polo Congreso, elixido por catro anos e que se ocupa do nomeamento do secretario xeral, das dúas secretarías xerais deputadas e do presidente; polo Comité Executivo, que se reúne catro veces ao ano cos representantes de todos os afiliados e elixe as delegacións que negocian coas organizacións de empresarios europeos; polo Comité Directivo, que ten a responsabilidade de continuar as decisións do Comité Executivo no tempo que media entre as súas sesións; polo Secretariado, que se ocupa de seguir a evolución das actividades da Confederación de manter as relacións coas institucións europeas e coas organizacións de empresarios; e polo secretario xeral, que actúa como voceiro. En outubro de 1998, a Confederación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical española escindida da CNT en 1989. Os seus principios básicos son a relación federal, a autoxestión e a autonomía sindical. A cédula básica é o sindicato. As Confederacións Territoriais e as Federacións de Rama, xunto co Secretariado Permanente, conforman o seu Comité, máximo órgano de xestión entre congresos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu Colombia entre 1858 e 1861 trala conversión das provincias da República de Nueva Granada en estados federais. O seu presidente, Mariano Ospina Rodríguez, promulgou a Constitución que rexeu o país. Disolveuse en 1861 co inicio da guerra civil que enfrontou a conservadores e liberais.

    VER O DETALLE DO TERMO