"Icía" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

  • Sociedade anónima de titularidade pública que xurdiu ao abeiro da Lei de Creación da CRTVG, aprobada polo Parlamento de Galicia o 11 de xullo de 1984. Os seus obxectivos principais son a posta en funcionamento, a xestión e a explotación da Radio Galega e da Televisión de Galicia, co que se pretende potenciar a normalización lingüística do galego, a cohesión do tecido social e xeográfico do país, e a divulgación da cultura e dos trazos identificativos de Galicia. Para isto, conta con tres órganos que dirixen o funcionamento do ente público: o Consello de Administración, o Consello Asesor da Compañía e as súas sociedades, e mais o director xeral. O primeiro destes órganos está composto por doce membros elixidos en cada lexislatura polo Parlamento de Galicia, que se encargan do cumprimento do disposto pola Lei de Creación da Compañía, á parte da aprobación daquelas materias que enmarcan as principais directrices que rexen o funcionamento da Compañía, como son: a programación e os seus contidos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuntanza convocada polos bispos das dioceses galegas en 1974. Constou de cinco sesións centradas, respectivamente, nas problemáticas da liturxia, da catequese e dos medios de comunicación, do clero, dos segrares, e da caridade e promoción social. As sesións prolongáronse ata 1979. A iniciativa da celebración do Concilio partira do arcebispo de Santiago, o cardeal Quiroga Palacios, en 1966. O cardeal pretendía aplicar na súa arquidiocese as directrices emanadas do Concilio Vaticano II, que supuñan unha fonda renovación na vida da Igrexa. Unha das esixencias máis novidosas das conclusións do Concilio Vaticano II era a necesidade de inculturación e encadramento das igrexas locais no seu contexto social e cultural. Así, o episcopado galego acordou comezar un proceso de debate no seo da Igrexa, aberto á participación do clero e dos segrares, co que pretendía coñecer a situación, as necesidades e as aspiracións da comunidade de fieis. En 1968, os bispos galegos decidiron principiar as actividades...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico que se publicou dende xuño de 1837 ata outubro do mesmo ano na Coruña. Sebastián de Iguereta foi o editor e impresor. Creouse co fin de informar sobre a Constitución recentemente promulgada, e nas súas páxinas apareceron leis, decretos e ordes do goberno e das autoridades. Acollía noticias da localidade e do estranxeiro, e, ás veces, incluía suplementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización empresarial que agrupa as federacións provinciais de empresarios galegos. Constituíuse en 1981 por acordo das federacións provinciais. Os obxectivos eran fomentar e defender o sistema de iniciativa privada e a economía de mercado, promover a unidade empresarial e defender os intereses do empresariado fronte aos demais axentes económicos. Integrada na CEOE e na CEPYME dende a súa constitución, agrupa máis de 50.000 empresas e 290 asociacións empresariais. Ten representantes en diversas comisións e consellos da administración, así como nos consellos sociais das tres universidades de Galicia e na Fundación Empresa-Universidade de Galicia (FEUGA). O seu primeiro presidente foi Antonio Ramilo, quen dimitiu no ano 2000 logo de que se detectasen graves irregularidades contables na entidade. A partir do 1 de marzo de 2001 pasou a ocupar a presidencia o empresario Antonio Fontenla Ramil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en Bos Aires en 1790 por emigrantes galegos. Entre os seus fins está a celebración do día do apóstolo Santiago. Houbo outras sociedades semellantes en Madrid, México e La Habana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de goberno do poder xudicial en España. Está composto polo presidente do Tribunal Supremo, que tamén actúa como presidente neste caso, e por vinte vocais nomeados polo rei para un período de cinco anos, a proposta do Congreso de los Diputados e do Senado. Cada unha das cámaras elixe, por maioría de tres quintos, catro vocais entre avogados e xuíces de recoñecida competencia e seis vocais entre xuíces e maxistrados. Propón o nomeamento do presidente do Tribunal Supremo e de dous vocais do Tribunal Constitucional, nomea os xuíces e ten competencias consultivas en todas as materias de índole xudicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano superior de consulta do goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, constituído en xullo de 1996 en aplicación da Lei 9/1995, do 11 de novembro, e do Decreto 287/1996, do 12 de xullo, que a desenvolve. Con sede en Santiago de Compostela, o seu obxectivo é mellorar a actuación administrativa do goberno autonómico co aumento da garantía de legalidade das súas decisións. Intégrano cinco membros, designados directamente polo presidente da Xunta para un mandato de seis anos (só poderán ser reelixidos unha vez), que deben ser, en calquera caso, licenciados en Dereito; ademais, deben contar cunha experiencia profesional mínima de dez anos como xuristas ou como altos cargos ou funcionarios da Administración, ou ben ter sido membros da mesa do Parlamento. A condición de membro é incompatible coa parlamentaria (indistintamente das Cortes Españolas ou do Parlamento de Galicia), coa de maxistrado do Tribunal Constitucional, Defensor del Pueblo, Valedor do Pobo ou vicevaledor, como membro do Consello...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo autónomo da Xunta de Galicia creado ao abeiro da Lei 2/1987. Como entidade institucional representativa das organizacións xuvenís, o seu obxectivo fundamental é a promoción da participación, a representación e a defensa dos intereses da mocidade en xeral, diante das administracións públicas e da sociedade. Durante os anos oitenta, a participación dos máis novos constituíu un dos piares fundamentais da nova política de xuventude. Tratábase de facilitarlles ás entidades xuvenís a súa contribución en materia política, social, económica e cultural. Este papel de canle realízao, fundamentalmente, a través do tecido asociativo xuvenil galego e coa promoción do asociacionismo como ferramenta de cambio na sociedade. Está formado por diversas entidades políticas, sindicais, de tempo libre, feministas, culturais, etc, que realizan o seu labor dentro do ámbito autonómico. A súa petición de ingreso deberá ser ratificada pola Asemblea Xeral que, xunto co Comité Permanente, conforman o organigrama...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano supremo de control externo da actividade económica e financeira da Comunidade Autónoma de Galicia. Creouse pola Lei 6/1985, do 24 de xuño, modificada pola Lei 4/1986, aínda que non se constituíu ata o 1 de marzo de 1991, data da toma de posesión dos seus cinco primeiros membros no Parlamento de Galicia. Segundo a lexislación, o seu ámbito de actuación abrangue a Administración autonómica e todos os seus organismos, sociedades, empresas ou entes públicos dependentes, calquera que sexa a súa forma xurídica, ademais das corporacións locais, cámaras agrarias, da propiedade, de comercio, industria e navegación, confrarías de pescadores e outras de natureza semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo da Comunidade Autónoma de Galicia creado pola Lei 6/1995 co obxectivo de facilitar a participación dos axentes sociais e económicos na vida política, económica, social e cultural do país e, principalmente, para ter en conta as súas opinións e propostas nos procesos de adopción de decisións do goberno autonómico. Nel están representados un gran número de organizacións profesionais, entidades e asociacións; intégrano 35 membros, incluídos o seu presidente e o secretario xeral, designados polo presidente da Xunta a proposta dos conselleiros de Economía e Facenda, e Interior e Relacións Laborais. O secretario debe ser un funcionario do grupo A. Os outros 33 membros repártense en tres grupos: os primeiros 11 desígnanos as organizacións de traballadores, segundo os resultados xerais das eleccións sindicais; outros 11 membros representan o empresariado, elixidos pola Confederación de Empresarios de Galicia; por último, outros 11 conselleiros representan a entidades e asociacións: 4 membros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano superior de consulta e participación dos sectores afectados na programación xeral do ensino e de asesoramento, sobre os proxectos de lei ou dos regulamentos que propón ou dita a Xunta no ámbito da Comunidade Autónoma. Está integrado por un total de 51 persoas en representación do profesorado -proposto polos sindicatos-, dos pais dos alumnos, dos alumnos, dos titulares dos centros educativos privados, da administración, das universidades, das centrais sindicais e das organizacións empresariais, ademais dalgunhas personalidades. Segundo a Lei 3/1996, do 18 de decembro, e decretos posteriores que ordenan o seu funcionamento, establécese un pleno (cun promedio de dúas reunións anuais desde 1990) e tres comisións, baixo a presidencia do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, aínda que é o vicepresidente o que vén exercendo a súa dirección, tal e como acontece noutros consellos escolares (do Estado e doutras comunidades autónomas), creados sobre a base da Lei Orgánica do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo sindical que procura dar resposta aos problemas sociais, laborais e sindicais comúns aos traballadores da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Procura a mellora das condicións sociolaborais dos traballadores e garante a cooperación sindical transfronteiriza. Presidida por Xoán Castro, reúne os sindicatos do Norte de Portugal e Galicia pertencentes á Confederación Europa de Sindicatos (CES): Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, Unión Xeral de Traballadores de Galicia, União Geral de Trabalhadores do Norte de Portugal e Confederação Geral dos Trabalhadores Portugueses-Intersindical Nacional do Norte de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de ámbito autonómico, creado pola Lei 5/1987, do 27 de maio, e modificado pola Lei 11/1989, do 20 de xullo. As súas funcións son, entre outras: facilitar o intercambio de información e consultas entre as universidades galegas; elaborar programas conxuntos de actuación para solucionar os problemas e as necesidades do sistema universitario de Galicia; emitir o informe sobre as propostas de creación de novas universidades e de creación, modificación ou supresión de centros, titulacións universitarias e institutos de investigación; dar a coñecer os novos plans de estudo impartidos nas universidades galegas; propoñer a organización conxunta de estudios entre as universidades, especialmente no que se refire a terceiros ciclos, estudios de posgrao e titulacións que non teñan carácter oficial no Estado; emitir informes sobre os programas de investimentos no sistema universitario de Galicia feitos directamente pola Comunidade Autónoma galega; garantir a racionalización dos estudios, dos servicios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación política de carácter centrista liberal e de ámbito autonómico, fundada a comezos de 1983 despois de presentarse como plataforma electoral en outubro de 1982. O seu obxectivo era articular o espazo político existente entre a debilitada Unión de Centro Democrático (UCD), da que procedían moitos dos seus membros, e Alianza Popular. Liderada por José Luis Meilán Gil, presidente do Partido Gallego Independiente (PGI), recibiu o apoio de numerosos políticos galegos como Eladio Portela, Miguel Sanmartín e Miguel Piñeiro. En 1984, logo de manter contactos con outros partidos, as converxencias da Coruña, Lugo e Ourense formaron Coalición Galega. Nas eleccións locais de 1984, a Converxencia de Pontevedra, que se presentara en solitario, obtivo máis de 30.000 votos e conseguiu catro alcaldías e 125 concelleiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que comparte a oficialidade en igualdade de circunstancias legais. Aplícase, sobre todo, á concorrencia de varias linguas en determinadas partes dun territorio oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de cooficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo coral mixto da Coruña constituído en 1969 e dirixido por Ramiro Cartelle Álvarez. O seu obxectivo é a difusión da liturxia en galego e a recuperación do folclore de Galicia. O seu repertorio abrangue dende panxoliñas ou espirituais negros, ata salmos e himnos. Da súa discografía destaca Galicia canta a Deus e Panxoliñas de Nadal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa con cabeceira na vila de Corcubión que ten xurisdición sobre os concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas. Establecido en abril de 1834, substituíu o partido de Vimianzo, vila que ostentara a cabeceira na súa orixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario que saíu á luz en Bos Aires, fundado por Fortunato Cruces Angueira en 1898. Puido atravesar varias etapas, a primeira encabezada polo mesmo Cruces, e a segunda na que foi dirixido por Juan González Montenegro, entre 1899 e 1900.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Santiago de Compostela en 1865 subtitulada “Periódico literario, científico y artístico”. Nos seus artigos trataba temas de distintos ámbitos, como novas nacionais e internacionais ou crónicas locais. Tivo unha segunda etapa que comezou no ano 1900 baixo o subtítulo de “Diario independiente de avisos y noticias”.

    VER O DETALLE DO TERMO