"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

    1. Facer que varias cousas que estaban separadas formen un conxunto.

    2. Facer que varias cousas se convertan nunha igual ou semellante ao eliminar as súas diferenzas.

    3. Pasar a ser un só.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non varía.

    2. Aplícase a dúas cousas que teñen a mesma forma.

    3. estido específico e distintivo dalgúns corpos sociais.

      1. Aplícase á propiedade de estar ben definido.

      2. continuidade uniforme

        Propiedade dunha función real segundo a cal, para valores próximos da variable independente, a oscilación da función faise tan pequena como se queira.

      3. converxencia uniforme de funcións

        Propiedade pola cal a diferenza entre cada función dunha sucesión de funcións e a función límite faise tan pequena como se queira, a partir dun certo lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formato bibliográfico baseado nos puntos mínimos, comúns e compatibles entre os formatos MARC de todos os países que o teñen dispoñible, de xeito que o intercambio documental por ordenador sexa factible nun ámbito universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional destinada a promover e favorecer a colaboración internacional no campo da astronomía. Creada en Bruxelas (1919), conta con miles de científicos afiliados de 45 estados. Edita unha publicación que inclúe os asuntos tratados nas asembleas xerais. Patrocina servizos, como o da hora, e coordina traballos, como o mapa topográfico do ceo ou a vixilancia do Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional cuxa orixe se remonta ao discurso pronunciado o 9 de maio de 1950 polo ministro de Asuntos Exteriores francés Robert Schuman, que foi quen propuxo a súa creación. A idea xurdiu a consecuencia da Segunda Guerra Mundial, co obxecto de evitar novas matanzas e destrucións. Constituíuse oficialmente en 1958 coa entrada en vigor do Tratado de Roma, baixo o nome de Comunidade Económica Europea (CEE) e inicialmente estaba composta por Bélxica, República Federal de Alemaña, Francia, Italia, Luxemburgo e Países Baixos. En 1973 sumáronse Dinamarca, Reino Unido e Irlanda; en 1981 Grecia e en 1986 España e Portugal. En 1993, coa entrada en vigor do Tratado de Maastrich, simplificou o seu nome no de Comunidade Europea (CE) e introduciu novas formas de cooperación entre os membros, especialmente en defensa e asuntos de xustiza e interior. Deste xeito, creouse unha nova estrutura con tres piares de contido, tanto político como económico, que deron lugar á Unión Europea. Nela...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1932 en Madrid pola fusión da Unión Telegráfica Internacional e a Unión Radiotelegráfica Internacional, creadas en 1865 e en 1906, respectivamente. Depende da ONU desde 1947. Ten a súa sede central en Xenebra, e inclúe un comité permanente, o International Frequency Registration Board (IFRB), encargado de asignar as frecuencias para as estacións. As normas técnicas son revisadas cada catro anos polo Comité Consultivo Internacional das Radiocomunicacións (CCIR) e polo Comité Consultivo Internacional Telegráfico e Telefónico (CCITT).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación internacional de xeógrafos fundada en Bruxelas en 1922 para o estudo dos principais problemas de dominio xeográfico. O primeiro congreso realizouse en Anveres en 1871, e desde entón organiza cada catro anos un congreso internacional de xeografía, e cada dous anos intermedios organiza conferencias rexionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa industrial estadounidense, con sede en Hartford (Connecticut), que ten a súa orixe no holding industrial aeronáutico United Aircraft Corporation, fundado en 1934. O grupo diversificouse posteriormente cara á produción de bens de equipamento e equipos de aire acondicionado. En 1974, adquiriu Essex International, de material eléctrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Institución docente rexida por un reitor, coa asistencia dunha xunta de goberno ou dun organismo similar que está integrada por diferentes centros, denominados facultades ou colexios onde se imparten os estudos superiores e se outorgan os títulos correspondentes. As universidades medievais organizábanse como comunidades de profesores, universitas magistrorum (París), ou comunidades de estudantes, universitas scholarium (Boloña). O ensino dábase en latín, ensinábanse as sete artes liberais, teoloxía, medicina e dereito e reservábase o dereito exclusivo de conferir os graos académicos de bacharel, licenciado e doutor. A tradición cultural da nobreza de Lombardia e o movemento comunal desenvolvido en Italia explican a fundación de escolas xurídicas en Roma, Pavia, Ravenna e Boloña. Debido ás secesións de estudantes e profesores xurdiron as universidades de Vicenza (1204) e Padua (1222), que se converteu en centro do pensamento científico-natural, onde se formaron Copérnico...

      2. Edificio onde se ensinan estudos universitarios.

      3. universidade popular

        Escola de Artes e Oficios.

    1. Colectividade ou corporación de habitantes ou de profesións dunha cidade ou vila, dotada dalgunha organización e réxime xurídico, durante a Baixa Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación cultural creada en Betanzos en 1979 coa finalidade de realizar e promover actividades culturais e estudos de investigación centrados nas Mariñas. Entre as súas actividades destacan a recuperación da documentación do Arquivo Histórico Municipal, a posta en marcha do Museo das Mariñas, a recolección de material para o Fondo Fotográfico de Betanzos e a publicación, desde 1985, do boletín Untia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de textos místicos e filosóficos, de carácter esotérico, concibidos tradicionalmente como comentarios inspirados dos Vedas e redactados, na forma actual, entre 400 e 200 a C. Constitúen a primeira expresión consistente da doutrina filosófica do hinduísmo, caracterizada por unha intuición profunda da unidade do atman e do brahman, do home e do mundo, do individual e do absoluto. Esta doutrina foi codificada por Bādarāyana no seu Brahmasūtra, base dos comentarios máis importantes da advaita vedānta, considerada como a hermenéutica suprema da tradición védica. Entre os principais Upaniad destacan o Bhad, o Chhāndogya, o Kauśītaki, o Aitareya, o Taittirīya, o Iśa, o Kena e o Praśna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade-estado sumeria, correspondente á actual Tall al-Muqayyar. Documentada desde o período de Al’Ubaid (4300-3500 a C), conserva un gran cemiterio do período Djemdet Nasr (3100-2700 a C). Coa dinastía I de Ur (2575-2460 a C) foi un dos principais núcleos de poboación de Sumer. Sometida (2480? a C) por Eannatum de Lagaš, tivo que aceptar a hexemonía da dinastía II de Uruk (2371-2347 a C) e o dominio de Accad (2371-2191 a C) e dos gutis (2248-2120 a C), antes de chegar a dinastía III de Ur (2113-2006 a C), que unificou Sumer. Derrocada e saqueada polos elamitas, caeu baixo o dominio da dinastía de Isin (2017-1794 a C) e a de Larsa (2025-1763 a C). Pola súa importancia económica e relixiosa, Ur foi restaurada polos casitas (1592-1160 a C), os neobabilónicos ou caldeos (625-538 a C) e os persas (539-331 a C). Foi abandonada en época grega (331-317 a C). As escavacións rescataron varias edificacións da dinastía III, das que destacan un cigurat de tres pisos, o templo e o patio de Nannar,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento químico de número atómico 92 e peso atómico 238,07, do grupo IIIB da táboa periódica. É un dos metais da familia dos actínidos e é o elemento natural máis pesado. A pesar de ser empregado na antigüidade para a preparación de vidro amarelo, o seu descubrimento como elemento foi feito por N. H. Klaproth que o identificou como compoñente da pechblenda en 1789. A súa preparación en forma pura foi feita por Peligot que o obtivo por redución do cloruro (UCl 3 ) con potasio en 1841, e foi o elemento a partir do que Becquerel descubriu a radioactividade natural en 1896. Está amplamente difundido na natureza, e constitúe un 5×10 -3 % do peso da codia terrestre. Ao mesmo tempo son escasos os depósitos en que se atopa concentrado. O seu mineral máis importante é a uraninita. O uranio natural está constituído por unha mestura de tres isótopos con masas 238 (99,2830%), 235 (0,7110%) e 234 (0,0054%), todos radioactivos. Ademais son coñecidos once radioisótopos artificiais....

    2. Sólido en forma de cristais negros, insolubles en auga e solubles nos ácidos oxidantes, dunha gran densidade (10,96 g/cm 3 ), que funden a 2.500°C. Emprégase como intermedio na obtención do metal, como recubrimento das barras de combustible nuclear, en cerámica e na preparación de pigmentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo país de Oriente Medio, situado ao N de Asiria e centrado ao redor do lago de Van (Turquía). Mencionado nas fontes asirias desde o s XIII a C, os urarteos amosaron certas semellanzas cos hurritas. Despois das derrotas sufridas polos seus soberanos Uruatri e Aramu contra Salmanasar I e II respectivamente, Sardurio I (840-830 a C) fundou unha nova dinastía que iniciou unha fase de esplendor vinculada á metalurxia do ferro. Desde mediados do s VIII a C estendeu os seus dominios polo val do río Araxes, Melitene (777) e unha parte do Reino de Tuate de Tabal. Sardurio II (755-735 a C) expandiuse cara ao O, chegando a Cilicia, ao N de Siria e á zona do Tigris, pero o renacemento do poder asirio con Teglatfalasar III, significou a fin da influencia urartea na zona (743 a C). Ademais Rusas I (735-713 a C) tamén foi vencido polos cimerios (714 a C), e por Sargón II de Asiria e, a partir da toma da súa capital polos escitas (609 a C), Urartu deixou de existir como estado importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia e técnica da ordenación das cidades e o territorio. Polo seu carácter multidisciplinar, debe ser contemplado desde a achega de diferentes ramas do coñecemento: arquitectura, xeografía, administración pública, historia, ecoloxía, enxeñaría e outras. Diferéncianse tres modelos de interpretación do modo de concibir a construción das cidades. Nun primeiro lugar está o urbanismo como creación artística, a idea da cidade como obra de arte que se repite no mundo clásico, no Renacemento e no Barroco, e que forma parte tamén de concepcións morfoloxistas modernas que atribúen unha maior importancia ás formas antes que á función ou a compoñente social. En segundo lugar está a idea de cidade en construción, que ten que ver coa racionalidade científico-técnica. Neste caso, a cidade contémplase como un problema que debe resolverse xuntando para a súa solución diferentes perspectivas. Nun principio esta racionalidade sería meramente xeométrica, cos proxectos de Tales de Mileto, as bastidas da...

    2. Rama do dereito administrativo que establece o réxime xurídico, o uso e o aproveitamento urbanístico do solo articulando un conxunto de instrumentos e técnicas de ordenación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de urbanizar.

    2. Crecemento acelerado das cidades en poboación e en superficie e na expansión dos modos de vida urbanos. Aínda que aparece en fases históricas diversas, a explosión urbana contemporánea é un dos elementos da revolución demográfica que, nas áreas de culturas europeas, vai ligada á Revolución Industrial. Produciuse tamén unha ruptura, que modificou cualitativamente a paisaxe urbana e a circundante, estendendo os sectores económicos secundario e terciario e relegando o primario a posicións marxinais. A comezos do s XIX só Londres e París, de entre todas as cidades do mundo, superaban o medio millón de habitantes; Nápoles, Moscova e Ōsaka tiñan máis de 250.000; e Madrid, Roma, Palermo, Milán, Venecia, Petrogrado, Berlín, Hamburgo, Viena, Marsella e Barcelona e algunhas outras cidades europeas, entre 100.000 e 250.000. O s XIX foi o gran século da urbanización para Europa Occidental, por primeira vez a poboación das cidades medrou máis rápido ca a do campo dunha maneira regular. O derradeiro...

      1. Terreo delimitado artificialmente onde se fan as operacións necesarias (trazado de rúas, sumidoiros, rede eléctrica) para poder edificar nel un núcleo de poboación.

      2. Poboado ou barrio establecido segundo un plano de conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á cidade, por oposición ao rural.

      2. economía urbana /

        Rama da ciencia económica que analiza as relacións sociais de produción e distribución orixinadas nas aglomeracións urbanas a partir das que se extraen leis xerais. Se se define a cidade como o conxunto dun mercado local de traballo, unha área concreta de servizos e un mercado de solo urbano, a economía urbana analiza as condicións da produción e da forza de traballo (habitación, transporte, sanidade, ensino, información). O crecemento das cidades durante a primeira etapa industrializadora e as altas taxas de mortalidade da clase obreira marcaron o inicio da análise das condicións de vida dos traballadores por parte dos médicos hixienistas, aparecendo a proposta dos socialistas utópicos dunha nova organización social. A formulación dunha primeira análise científica da economía urbana foi a análise científica da situación da clase obreira en Inglaterra e o inicio da lexislación urbanística do socialismo municipal inglés e da socialdemocracia alemá. A crise económica do mundo capitalista...

    1. Educado ou cortés.

    2. Persoa encargada de que se cumpran as normas que dita o concello, como vixiar o tráfico na cidade, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal fundado por A. H. Neuharth o 15 de setembro de 1982 dentro do grupo de comunicación Gannet Company. Combinou información e entretemento, incluíu cor, gráficos explicativos e artigos máis breves, establecendo un modelo de éxito mundial que o levou a ser o xornal de maior difusión no país.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Concepción dunha idea irrealizable.

    2. Concepción imaxinaria dun goberno ideal. O seu uso remontouse ao humanista inglés Tomas More, que en Utopía (1516) describiu unha situación ideal e imaxinaria, mais cunha forte intencionalidade crítica da sociedade do seu tempo. O termo serviu tamén para indicar o carácter falso, imaxinario e ilusorio de moitas afirmacións que se basean no sentido común e non na ciencia. Neste sentido, os marxistas falan do socialismo utópico, contraposto ao socialismo científico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema filosófico ortodoxo do brahmanismo, atribuído a Kanāda (250?-100 a C). Afirma a división da realidade en categorías (padārtha), denominadas drāvya (substancia), gūna (calidade), karma e sāmānya (xeneralidade), viśe ṣ a (particularidade) e samavāya (inherencia). Algúns autores serodios engadíronlle abhāva (non-existencia).

    VER O DETALLE DO TERMO