"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista ilustrada e bilingüe editada en La Habana a partir do 5 de abril de 1936 e que cesou a súa publicación o 1 de marzo de 1940. Dende o número 82 titulouse Cultura Hispánica. Dirixida por Adolfo V. Calveiro Couto, contaba coa colaboración de Eladio Vázquez Ferro, subdirector da publicación, Jesús Peynó, Ramón Fernández Mato, Fuco G. Gómez, Constancio C. Vigil, Otero Pedrayo e Ramón Lemos. Ocasionalmente, contou coas sinaturas de Rubén Darío, V. Blasco Ibáñez, Wenceslao Fernández Flórez e Azorín. Aínda que nun principio mantivo unha liña ideolóxica republicana, coa defensa da República e do Estatuto de Autonomía para Galicia, co tempo, e cos diversos problemas económicos que tiña, perdeu rigor informativo e aproximouse á ideoloxía franquista. Incluía diversas seccións, como “Vida social de la Colonia”, “Centro Gallego” e “Hijas de Galicia”, nas que aparecían novas sobre Galicia, sobre as sociedades de emigrantes e actos culturais, ilustrados con fotografías de paisaxes e monumentos....
-
-
Relativo ou pertencente á cultura.
-
Modificación da cultura polo transcurso do tempo. A idea de cambio cultural acadou un amplo abano de coñecementos na teoría sociolóxica, de maneira que as diversas correntes do pensamento sobre a sociedade trataron de atopar as principais pautas e os desencadeantes fundamentais do cambio cultural. Os primeiros teóricos do pensamento sobre a sociedade, Montesquieu e Adam Ferguson, aceptaron a idea de que a crenza no progreso podía determinar as pautas da evolución cultural da sociedade, feito que determinou a aparición de diversas teorías sobre a evolución da cultura, como as de Saint-Simon e Auguste Comte, que incluíu na súa dinámica social a necesidade dun cambio intelectual capaz de levar a sociedade a un estadio científico. As teorías marxistas fixeron depender a idea de cambio cultural do sistema de dominación imposto polas relacións de produción e as estruturas de clase. A escola elitista italiana, pola súa parte, entendeu a idea de cambio cultural dentro do ámbito do cambio social,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín editado a partir de 1987 pola Federación Galega de Montañismo. Dirixida por R. Echevarría, contaba coas colaboracións de María J. Bautista, E. Covelo, A. Fernández Pena, A. Pérez Sienes, A. Suárez e Constancio Veiga. Á parte das seccións “Editorial” e “Cada cual opina”, incluía diversas reportaxes sobre a Escola Galega de Alta Montaña, sobre os cumes de Galicia, as asembleas que celebraba a Federación, os diversos campamentos e certames fotográficos, e a situación do medio ambiente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión de xefes de estado e de goberno de 21 países de fala castelá e portuguesa de América e Europa, constituída como un mecanismo político de coordinación no que se tratan temas específicos de interese común dende a solidariedade, a cooperación e o diálogo. No ano 2001 os países membros eran: Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Costa Rica, Cuba, Chile, Ecuador, El Salvador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguay, Perú, Portugal, República Dominicana, Uruguay e Venezuela. A primeira reunión tivo lugar en Guadalajara (México) en 1991, despois celebráronse en Madrid (1992), San Salvador de Baía (Brasil, 1993), Cartagena de Indias (Colombia, 1994), San Carlos de Bariloche (Arxentina, 1995), Santiago e Viña del Mar (Chile, 1996), Isla Margarita (Venezuela, 1997), Porto (1998), La Habana (1999), Panamá (2000) e Lima (2001).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada no conxunto histórico-artístico de Pazos de Arenteiro (Boborás). De planta rectangular, ten escaleiras de acceso e está rodeada dun patio con construcións adxacentes. Fronte á fachada principal edificouse unha capela realizada por José Camba no ano 1769 que consta dun pórtico in antis, pechado cunha celosía e cunha porta de madeira.
-
-
Curso creado coa Lei Xeral de Educación (LXE) de 1970, que tiña como precedente o curso preuniversitario da Lei de Ordenación do Ensino Medio de 26 de febreiro de 1953, do ministerio de J. Ruiz Jiménez. O artigo 32/1 da LXE especifica que este curso debe preparar o alumno para o seu ingreso na Universidade, logo da superación dunhas probas de acceso (selectividade). Os seus obxectivos son: profundar na formación das ciencias básicas; orientar os alumnos na elección das carreiras ou profesións para as que demostran mellores aptitudes e inclinacións; e achegarse ás técnicas de estudo e traballo intelectual propias da educación universitaria. O artigo 34 da LXE indica que a dirección xeral de Ensino Medio debe programar o curso, a Universidade debe revisalo e darase nos centros de bacharelato. A orde ministerial de 13 de xullo de 1971 establece que o seu plan de estudios se basea en tres materias comúns e vinte e unha optativas en catro grupos, das que o alumno escolle tres. A orde ministerial...
-
-
Camiño que segue unha corrente de auga, permanente (ríos, regos, etc) ou non permanente (torrentes), dende o seu nacemento ata a súa desembocadura, xa sexa por riba da superficie terrestre ou por baixo dela.
-
Percorrido que fai un astro.
-
-
Serie de estados ou etapas polas que pasa ou debería pasar algo.
-
Paso ou sucesión dun período determinado de tempo.
-
-
Circulación de algo que pasa dunhas persoas a outras.
-
Circulación e funcionamento da moeda e dos efectos do comercio.
-
curso forzoso
Obriga imposta polo goberno de aceptar como liberación de pagos moedas sen valor intrínseco apreciable, títulos do Estado ou billetes de banco.
-
...
-
-
-
-
-
Camiño que segue unha corrente de auga, permanente (ríos, regos, etc) ou non permanente (torrentes), dende o seu nacemento ata a súa desembocadura, xa sexa por riba da superficie terrestre ou por baixo dela.
-
Percorrido que fai un astro.
-
-
Serie de estados ou etapas polas que pasa ou debería pasar algo.
-
Paso ou sucesión dun período determinado de tempo.
-
-
Circulación de algo que pasa dunhas persoas a outras.
-
Circulación e funcionamento da moeda e dos efectos do comercio.
-
curso forzoso
Obriga imposta polo goberno de aceptar como liberación de pagos moedas sen valor intrínseco apreciable, títulos do Estado ou billetes de banco.
-
curso legal
Calidade dunha moeda que obriga xuridicamente a un acredor a aceptala como pago do que se lle debe. Son de curso legal os billetes e as moedas que emite o Banco Central.
-
...
-
-
-
-
Peza móbil provista dun índice, sinal, nonio, etc, que se pode facer mover arriba e abaixo dunha liña ou xirar ao redor dun disco, xeralmente graduados.
-
Resistencia variable, reóstato, etc, elemento desprazable ou xiratorio que nun potenciómetro está en contacto coa resistencia e polo que se extrae a tensión intermedia.
-
Símbolo que indica na pantalla dun ordenador en que lugar da mesma aparecerá o seguinte carácter que se escriba; sinala tamén un punto calquera dun gráfico ou debuxo, un menú de programa, etc. Os cursores aparecen con frecuencia como guións ou rectángulos escintilantes para encontralos con rapidez. A maioría dos teclados teñen teclas para o movemento do cursor (en forma de frechas) que permiten levalo vertical ou horizontalmente pola pantalla. Esta capacidade aplícase especialmente con finalidades de edición de texto, como nos procesadores de texto. O rato permite que se poida mover rapidamente o cursor pola pantalla e situalo onde se crea conveniente.
-
Escribán ou outro oficial encargado da realización de dilixencias en determinados tribunais. Estas poden ser efectuadas por funcionarios da administración de xustiza ou por determinadas autoridades eclesiásticas, entre as que se atopa o cursor apostólico.
-
-
-
-
curuxa asiática [Phodilus badius, Fam dos titónidos]
Rapaz de 30 cm de lonxitude, coa cabeza de forma ovada, peito de cor branca, con pequenas manchas de cor negra e dorso de cor acastañada. A voz consta dunha serie de asubíos musicais. Constitúe unha especie propia de selvas do N da India, Sri Lanka, China, Borneo e Xava.
-
Rapaz nocturna da familia dos estríxidos, de tamaño medio, que non presenta penachos na parte superior da cabeza. A plumaxe adoita ser de cor branca na cara e no peito, mentres que o dorso presenta unha coloración críptica. É unha ave nocturna e agóchase durante o día nos recunchos máis escuros; por isto, é atributo da Noite personificada e do Soño. Segundo un mito clásico, Nitimene, tras cometer incesto co seu pai, fuxiu avergoñada ao bosque, onde Atenea a transformou en curuxa. Na arte e nos bestiarios medievais, as curuxas representan os xudeus, que permanecen na escuridade sen crer en Cristo. Por ser nocturna está asociada co Príncipe das Tebras. Shakespeare pon plumas de curuxa na apócema das bruxas de Macbeth. Leva unha vida solitaria e fai o niño en edificios semiderruídos, campanarios e, en xeral, en lugares apartados. En Francia cren que a curuxa é unha muller que fai penitencia. A súa asociación con Atenea vén do seu parecido co moucho, que é o animal realmente vinculado a esa...
-
curuxa común/albar [port: coruja-das-torres; cast: lechuza común; ingl: barn owl] [Tyto alba, Fam dos titónidos]
Rapaz de 35 cm de lonxitude, coa parte frontal da cabeza con forma de corazón e as partes superiores de cor dourada con puntos dunha cor entre cinsenta e azulada. Presenta un voo lixeiro e silandeiro. Aliméntase fundamentalmente de roedores que caza en espacios abertos. Aniña tanto en cavidades naturais coma en construcións humanas. Está presente en Europa, África, América, Nova Guinea, Melanesia e Polinesia.
-
curuxa das xunqueiras [port: coruja-do-nabal; cast: lechuza campestre; ingl: short-eared owl] [Asio flammeus, Fam dos estríxidos]
Rapaz de 40 cm de lonxitude, de ás longas, plumaxe de cor parda amarelada con trazos e manchas de cor acastañada, pequenos penachos case que ocultos, e de actividade diúrna. Presenta unha distribución holártica e neotropical e está presente en latitudes medias do continente americano e en case toda Europa e Asia. Habita en zonas abertas, sen árbores, como medios húmidos e barbeitos do cultivo do cereal. Nas últimas décadas do s XX, coincidindo coa expansión na meseta da corta campestre, estableceuse unha importante poboación que nidificou nos vales do Duero e do Ebro. En Galicia está presente como ave de paso e invernante.
-
curuxa de Tengmalm
moucho pirenaico.
-
curuxa do souto
avelaiona común.
-
curuxa gabián [cast: lechuza gavilana; ingl: hawk owl] [Surnia ulula, Fam dos estríxidos]
Rapaz de 40 cm de lonxitude, de cara branca cun marco negro, peito branco con franxas negras horizontais, cola longa e ás afiadas. Caza durante o día, principalmente pequenos paxaros e roedores. Vive nos bosques de coníferas e bidueiros do N de Europa, Asia e Norteamérica.
-
curuxa nival
bufo nival.
-
curuxa asiática [Phodilus badius, Fam dos titónidos]
-
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘luz’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
cuspe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido alcalino, claro e un pouco viscoso, segregado polas glándulas salivares, que contén enzimas que inician a dixestión dos alimentos. A súa principal función é mecánica: contribúe á mastigación e á deglución e axuda á locución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fentos arborescentes, propio dos bosques tropicais do contorno do Pacífico, de ata 12 m de altura e con frondes que acadan os 4 m de lonxitude. A especie C. arborea, orixinaria do centro e sur do continente americano, cultívase como ornamental en parques e xardíns de países con climas cálidos e húmidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á dactilografía.
-
-
Proceso fotográfico que permite fixar unha imaxe obtida mediante unha cámara escura sobre unha placa de prata iodada.
-
Aparato empregado para realizar fotografías mediante ese procedemento.
-
Fotografía obtida por ese procedemento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Causar dano grave de carácter colectivo a persoas ou cousas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobre situada en San Clemente de Pazos (Zas). Edificouna no ano 1616 Fernando García Daneiro e restaurouse en 1950. De planta rectangular, engadíuselle un corpo no lado dereito. Destaca a distribución de modo rítmico das ventás da fachada principal. A fachada posterior é máis alta e nela sobresae un brasón que alude as familias Moscoso, Figueroa, Varela e Montenegro. Conserva unha torre do s XVI e diversas construcións adxectivas.
-
-
Relativo ou pertencente a Dante Alighieri ou á súa obra.
-
Que lembra, pola súa grandiosidade e aspecto terrorífico, as descricións de Dante Alighieri.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto dos sete sistemas filosóficos máis importantes do brahmanismo, coñecidos cos nomes de Nyaya, Vaiśe ṣ ika, Sāmkhya, Yoga, Pūrva, Mīmāmsā i Uttara Mīmāmsā ou Vedānta. A aceptación da autoridade espiritual dos Vedas foi o que constituíu cada darśana en sistemas ortodoxos (astika) e os separou dos heterodoxos (nāstika), como o budismo e o jainismo, ou do materialismo (lokāyata).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista en galego editada a partir de xullo de 1989 en Santiago de Compostela, co apoio da concellería de Xuventude do concello de Santiago. Dirixida por Arturo L. Regueiro, contaba coa colaboración de Margarita Ledo Andión, Suso de Toro, Xaquín Marín, Helena de Carlos, Tino Viz, Fernando García Varela e outros. Encargouse da dirección artística Fausto C. Isorna e do deseño gráfico Xosé Salgado. Dividiuse nas seccións: “Editorial”, “Castrondouro”, “Historieta” e “Relato”. Incluía artigos de carácter cultural con fotografías en branco e negro, acompañados de cómics e debuxos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Borosilicato hidratado de calcio, de fórmula CaBSiO4(OH). Cristaliza no sistema monoclínico e os cristais poden ser incoloros, brancos ou amarelos. Ten dureza 5-5,5 e peso específico 3.