"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
-
Concepto, idea ou opinión que non é conforme á verdade ou á realidade.
-
Feito ou acción que non se axusta ao que se debe ou é oportuno.
-
Estado da persoa que ten ideas ou crenzas equivocadas ou falsas.
-
-
Desviación respecto ao valor teórico ou real, orixinada nas medidas ou nos cálculos realizados para a súa estimación. Para reducir os erros, repítese unha medida varias veces. Os valores medidos x i presentan unha dispersión arredor do valor medio, x m , que se toma como mellor valor. Se se debuxa a gráfica das desviacións en función das frecuencias, obtense a curva de campá ou de Gauss, na que a pendente dá idea do erro.
-
erro absoluto
Diferencia alxébrica entre o resultado da medición experimental dunha magnitude e o seu valor real.
-
erro accidental
Erro que se debe ás limitacións naturais dos sentidos do observador, sobre todo da vista e do oído.
-
erro de mostraxe
Falta de representación por causa de flutuacións aleatorias ou desviación dos valores presentados por unha mostra en relación co valor total da poboación.
-
erro relativo
Cociente entre o erro absoluto e o valor da magnitude medida, expresada en tantos por cento.
-
erro sistemático
Erro que procede de imperfeccións nas escalas dos aparatos de medida e que se pode reducir comprobando previamente as calibracións.
-
-
...
-
-
-
Acción de esaxerar.
-
Cousa que é esaxerada.
-
Aumento da escala vertical respecto da horizontal que se fai nos mapas en relevo e nos perfís topográficos para obter máis impresión do relevo.
-
-
-
Deixar inutilizable unha cousa por un golpe ou unha manipulación incorrecta.
-
Sufrir un accidente de tráfico con algún vehículo.
-
-
-
Utensilio formado por dúas barras longas e paralelas que se unen por travesas equidistantes, que fan a función de chanzos para subir ou descender. Pode ser portátil ou mecánica e adaptada a un vehículo.
-
-
Serie graduada ascendente ou descendente con relación a unha calidade ou aspecto común.
-
Sucesión de sons dispostos segundo un modo ou sistema determinado. As escalas diferéncianse pola distribución das distancias entre as notas e pola súa altura inicial. No s XI, Guido d’Arezzo deulle nome a cada unha das notas do hexacordio: ut, re, mi, fa, sol, la, sílabas iniciais de cada hemistiquio da primeira estrofa do himno a san Xoán Bautista. Máis tarde agregouse un sétimo grao, denominado si. A sílaba ut, difícil de cantar, cambiouse no s XVII pola sílaba do. Nos países xermánicos e anglosaxóns empréganse letras do alfabeto. O sistema musical europeo aparecido na Idade Moderna baséase en dous tipos de escala: a diatónica e a cromática. A primeira, denominada tamén escala natural, dispón as sete notas en cinco tons e dous semitóns de intervalos. Segundo a distribución destes entre as notas, a escala será de modo maior ou menor. A escala cromática...
-
escala de grises
Gama dos grises dunha imaxe medidos por un escáner fotográfico.
-
escala de proxección
Película positivada cunha serie de aumentos de densidade dende a transparente á opaca, coa que se avalía a exposición necesaria para o positivado.
-
escala gradual de penas
Cada unha das series de penas ordenadas nos códigos de maior a menor gravidade, para adaptarse á índole, aos graos e ás circunstancias dos delitos e da participación dos culpables.
-
escala hedónica
Sistema de valoración numérica utilizado na técnica de cuantificar a aceptación nutritiva dun alimento, xeralmente a través do sabor. Comprende dende o valor 9, que significa ‘agrada extraordinariamente’, ata o 1 ou ‘desagrada extraordinariamente’, pasando polo valor medio 5 que indica ‘non agrada nin desagrada’.
-
-
-
Liña graduada dividida en partes iguais ou desiguais, empregada para medir calquera cousa.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sólido cristalográfico limitado por triángulos escalenos; a metade deles xúntanse a cada extremo do eixe principal de simetría, e con arestas polares alternativamente longas e curtas.
-
-
Facer sucos pouco profundos na terra para facilitar un traballo posterior como labrar, explanar ou outros.
-
Producir pequenas incisións superficiais sobre a pel cun escarificador ou simplemente cunha lanceta ou bisturí.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á escenografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de cetáceos, da familia dos escríctidos, de caracteres primitivos, que ten a súa representación actual reducida a unha única especie, E. robustus. Son baleas de ata 15 m de lonxitude, coa aleta dorsal pouco prominente, a mandíbula inferior lixeiramente arqueada e entre 130 e 180 barbas curtas. Habita no N do Océano Pacífico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á esciografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
escola de declamación
Sección dependente dos conservatorios de música que tiña como obxectivo a formación de actores. O uso do termo declamación deriva do feito de que no s XIX a interpretación estaba moi asociada á declamatio, ou uso expresivo da palabra, mentres que o texto dramático era o eixe vertebrador do espectáculo teatral. No s XIX tamén existiron escolas de declamación privadas, abertas por actores que creaban así un grupo reducido de discípulos, aos que transmitían os principios da súa arte e que logo foron profesores nas seccións de declamación dos conservatorios. Destacaron neste campo Antonio Vico, Emilio Mario, Joaquín Arjona, Mariano Fernández ou Ramón Rosell.
-
escola de producción
Escola ideada por Pavel P. Blonskij que uniu o método educativo baseado na natureza coas ciencias sociais e naturais, co traballo industrial e coas manifestacións literarias e artísticas; incorporou a escola á organización económica e social.
-
escola de teatro
Centro de formación teatral que presenta unha grande heteroxeneidade na súa organización, finalidades, obxectivos e financiamento. Existen aulas e talleres patrocinados polas universidades, as deputacións, as consellerías, os departamentos de cultura das comunidades autónomas ou por iniciativas conxuntas de varias administracións. Ese foi o caso da Escuela Navarra de Teatro, da Escuela de Teatro de La Rioja, da Escuela de Teatro de la Diputación de Salamanca ou do Instituto del Teatro del Centro Andaluz del Teatro. En Galicia existen aulas de teatro nas tres universidades e outras iniciativas privadas na Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo. Outro tipo son as escolas municipais de teatro, dependentes das corporacións locais e que se comezaron a crear en España a finais dos anos setenta, ao abeiro dos programas de democratización cultural que se desenvolveron como alternativa fronte á ausencia de centros regulados de formación teatral. Algunhas destas escolas iniciaron o proceso...
-
escola de traballo
Tipo de ensino, en parte inspirado en J. E. Pestalozzi, desenvolvido por G. Kerschensteiner e Ganding, que insería harmonicamente actividades manuais nas materias e nas actividades escolares.
-
escola de verán
Escola para mestres e para o profesorado en xeral que funciona normalmente no verán como espazo de elaboración e reflexión pedagóxica, case sempre desde as perspectivas da reforma da educación. Desde o seu inicio en Catalunya, xeneralizáronse nos anos setenta do s XX por toda a xeografía hispana e tamén por Galicia. A primeira que se celebrou na comunidade galega foi en 1976, pero foi suspendida pola autoridade gobernativa. A Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Nova Escola Galega e outros grupos de ensinantes pola renovación pedagóxica en Galicia favorecen estes encontros ao exercicio do activismo pedagóxico. Tamén existen escolas de verán para nenos.
-
escola graduada
Escola que, a diferenza da escola unitaria, desenvolve o ensino por graos en distintas aulas, cada unha co seu profesor correspondente.
-
escola infantil
Centro escolar que admite alumnos ata os seis anos.
-
escola laica
Escola que funciona seguindo directrices laicas e na que se prescinde de toda instrución nunha fe relixiosa. Entre as escolas laicas que existiron en Galicia cómpre mencionar a Escola laica da Sociedad Anticlerical Martín Lutero , fundada en Ferrol (1888) pola Sociedad Anticlerical de Librepensadores Martín Lutero, que pretendía dar unha “educación sólida y científica, libre de todo perjuicio inspirado en espíritu de seita religiosa”. Escola laica Miguel Servet , promovida na Coruña pola Sociedad de Librepensadores de idéntica denominación entre os anos 1890 e 1897. Presidida polo republicano federal Segundo Moreno Barcia e dirixida por Ventura León Enciso, contou tamén con escola nocturna para obreiros antes de ser substituída pola escola laica pertencente á La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento. Escola laica La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento , creada na Coruña (1898) pola Sociedad de Actos Civiles La Antorcha...
-
escola maior
Na Idade Media, escola de artes liberais ao cargo do goberno dunha cidade ou dunha catedral, ou das dúas xurisdicións ao mesmo tempo. Contraponse á escola particular cun mestre á cabeza chamado a miúdo mestre maior.
-
...
-
escola de declamación
-
-
escolástica.
-
Calidade de escolástico.
-
Exclusivismo e hermetismo dunha escola, doutrina ou tecnicismo científico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reducir a escoura.
-
-
Subproduto non metálico, de consistencia vidrosa, que se obtén na redución dos minerais para a obtención de metais ou no tratamento de purificación do metal fundido. Provén das impurezas do metal fundido ou da combinación da ganga do mineral cos fundentes e o material refractario, e sepárase da masa metálica flotando por riba desta, a causa do seu menor peso específico.
-
Material expulsado polos volcáns, especialmente aquelas lavas que son máis viscosas e porosas, e que ao arrefriarse adopta formas sinuosas.
-
Parte máis vil e desprezable de algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que ten a súa orixe na voz escravo, termo procedente do grego bizantino sklavos ‘escravo’ e ‘eslavo’, derivado regresivo de sklvinós ‘escravo’, e este, á súa vez, de Sloveninu, nome propio que se daba a si mesma a familia de pobos eslavos que foi víctima do tráfico escravista no Oriente medieval. Presenta o hipocorístico Tuta. O santuario mariano de Nosa Señora da Escravitude ou Virxe da Fonte Santa está situado en Cruces, Padrón (arciprestado de Iria). Na iconografía represéntase a María co neno no colo, apoiando os pés no van da nai; a Virxe leva na man dereita unha froita para entreter o cativo e vai vestida con túnica e manto. A súa festividade celébrase o 8 de outubro.
-
-
Doutor e intérprete da lei, escrita ou oral, nas culturas que se estenderon durante a Antigüidade polo Oriente Próximo e Medio. En Mesopotamia e Exipto recibían unha educación moi completa, acadaban un gran prestixio intelectual e participaban na administración, na xustiza e na organización dos santuarios. En Exipto estudiaban nas casas da Vida -edificios dependentes dos templos- e despois pasaban a formar parte do corpo de escribas oficiais con algún cargo específico. Debido á multiplicidade de tarefas encomendadas á administración exipcia existían, entre outras clases, os escribas do exército, os dos templos e os dos equipos de obreiros. A súa divindade protectora era Thot, o deus da escritura e da sabedoría.
-
Persoa que reproduce -copiando ou poñendo en limpo- composicións alleas, ou que escribe ao ditado ou de memoria. A distinción entre copia ao ditado, copia memorística e copia dun orixinal resulta especialmente operativa polo que respecta á tipoloxía das variantes: se no primeiro caso, por exemplo, estas adoitan responder a confusións de carácter fónico, na reprodución de textos escritos son habituais os erros debidos a motivacións gráficas. A cotío a memoria resulta tamén un factor nocivo para a integridade do texto, ben sexa porque o escriba introduce modificacións involuntarias, ben porque coñeza unha versión diverxente e incorpore esas variantes dun xeito inconsciente. Todo iso contribúe a que rara vez a integridade do texto se conserve no seu estado orixinal; así, por exemplo, os lamentos dos poetas pola deturpación das súas obras. A miúdo a actuación do escriba no proceso de copia repercute directamente sobre a calidade e fiabilidade do texto: unhas veces modifícao involuntariamente...
-
Doutor ou intérprete da lei en Israel. Desde os tempos de Esdras recibiu este título o individuo versado na Lei de Moisés que se ocupaba de interpretar as Escrituras. Converteuse en xefe espiritual e condutor do pobo xudeu, e recibiu honorificamente o nome de rabino.
-
-
-
Ave granívora, da familia dos emberícidos, distribuída practicamente por todo o mundo, agás a India, Madagascar e Australia, e as máis das veces propia de hábitats pouco arborados. Caracterízase por ter un peteiro proporcionalmente curto e comprimido polos lados, co bordo da boca sinuoso na base. A plumaxe é, normalmente, de cores apagadas. Existen unhas 300 especies.
-
Ave de 16 cm de lonxitude, co dorso listado e mitra de cor acastañada, as partes inferiores de cor amarela, cos flancos listados e a cabeza de cor amarela, que no caso das femias e dos animais novos presentan listas negras. Está distribuída por latitudes medias do Paleártico central e occidental; na Península Ibérica ocupa terreos deforestados con abundantes sebes arbustivas na rexión eurosiberiana, máis escasa cara ao O e rara no N de Portugal.
-
Ave de 15,5 cm de lonxitude, co dorso e ás de cor acastañada vermella, con listas máis escuras e as partes inferiores de cor entre branca e ocre. Os machos adultos, no período reprodutor, presentan a cabeza e parte superior do peito de cor negra e a caluga branca. Ten unha distribución paleártica e está presente en esteiros, albufeiras, lagoas endorreicas con grandes carriceiras, e en marismas costeiras de toda a Península Ibérica. Ás poboacións ibéricas sedentarias sumánselles aves invernantes de Centroeuropa.
-
Ave de 15,5 cm de lonxitude, coas partes superiores e as ás de cor acastañada vermella, con listas de cor negra e coa cara inferior da á e o anel ocular de cor amarela. Os machos coa cabeza e o peito de cor verde oliva; as femias e os animais novos son de cores máis apagadas e coa cabeza e o peito tamén listados. Distribuído polo Paleártico central e occidental está presente, aínda que é rara, na rexión eurosiberiana e nos pisos máis térmicos da mediterránea. Na Península Ibérica ocupa terreos de aspecto seco e aberto, como as matogueiras mediterráneas de montaña que hai nas abas meridionais da Cordilleira Cantábrica, da Meseta Norte, do Prepireneo, do val do Ebro e da metade norte de Portugal por riba dos 800 m de altitude. Trátase dunha especie migrante transahariana que permanece na Península Ibérica entre abril e outubro.
-
Ave de 16 cm de lonxitude que se caracteriza por presentar nos machos, no período reprodutor, a plumaxe de cor branca, co lombo e as plumas primarias das ás de cor negra; fóra desta época a plumaxe tórnase máis ocre e semellante á das femias e á dos animais novos. Ten unha distribución circumpolar e na Península Ibérica aparece como invernante ocasional en bandos monoespecíficos, compostos principalmente por femias e animais novos, entre os meses de outubro e maio. Ocupa zonas costeiras, especialmente da metade norte e praias con dunas.
-
Ave de 16 cm de lonxitude que se caracteriza por presentar nos machos a cabeza de cor verde oliva, con listas amarelas por riba, gorxa de cor negra, colar amarelo, franxa pectoral de cor verde oliva e partes superiores acastañadas vermellas, e partes inferiores de cor amarela cos flancos lixeiramente riscados de castaño. As femias e os animais novos son de cores máis apagadas e o dorso acastañado. Distribuíuse polo extremo sudoccidental do Paleártico e na Península Ibérica, especialmente en zonas arboradas con claros, como bordos de bosques, campiñas e bosques de ribeira limítrofes con terreos deforestados.
-
Ave de 15,5 cm de lonxitude que se caracteriza por presentar o macho a cabeza o e peito de cor cinsenta, con dúas listas negras que enmarcan a cara e unha terceira media que cruza o ollo, as partes superiores de cor acastañada con lista negras no dorso e o peito e flancos de cor arrubiada. As femias e os animais novos son de tons máis apagados. Está presente nas latitudes baixas do Paleártico en terreos non cultivados con solos secos e pedregosos e con vexetación arbustiva ou arbórea dispersa. En Galicia está ben distribuída en ladeiras deforestadas e cubertas por toxeiras, e ausente dos fondos dos vales máis húmidos e frondosos.
-
-
-
-
Representar palabras, números, sons, expresións ou ideas por medio de signos gráficos.
-
máquina de escribir
Aparello que permite imprimir caracteres tipográficos nun papel. Consta dun teclado que serve para accionar os caracteres de imprenta, o cilindro do carro (fixo ou móbil) portador do papel, a cinta tintada entre o carácter e o papel, o xogo de caracteres en relevo sostido por barras, bóla ou roda, e uns mecanismos auxiliares, como o espaciador, o regulador de marxes ou o tabulador. A primeira máquina de escribir foi construída en 1867 polo impresor norteamericano Ch. L. Sholes. Este modelo, dotado de barras portatipos independentes, interesou á casa Remington, que en 1873 comezou a súa fabricación en serie. O teclado das primeiras máquinas de escribir fabricadas por Remington, que recibe o nome de universal, xa era o mesmo que na actualidade e foi deseñado por Ch. L. Sholes, despois de estudiar cáles eran as asociacións de letras máis frecuentes en inglés. Th. A. Edison converteu en eléctricas as máquinas de escribir accionando as barras por medio dun electroimán, pero o seu invento non...
-
-
-
Compoñer unha obra literaria, musical ou científica.
-
Publicar artigos en diarios ou revistas.
-
-
Comunicar algo a alguén por escrito.
-
Rexistrar datos nunha memoria ou soporte calquera.
-
Expresarse por escrito.
-
-
-
Lingua escrita.
-
Composición dun texto dramático segundo as directrices propias do xénero e as correntes e tendencias que agroman na última metade do s XX. Presenta uns personaxes que enfrontan unha situación conflitiva, un mundo que se presenta diante do lector por medio de diálogos, monólogos e outros recursos formais, estilísticos e expresivos. Utilizouse na Idade Media como un recurso didáctico na aprendizaxe das linguas clásicas. Está moi relacionada coa preparación de guións cinematográficos, para series de radio e televisión, e constitúe desde mediados do s XX unha área de ensino e aprendizaxe nas escolas superiores de arte dramática, na especialidade de dirección de escena e dramaturxia.
-
-
-
Moble destinado a escribir, especialmente mesa con caixóns para gardar papeis, escritos, do-cumentos e utensilios de escritura.
-
-
Sala ou estancia onde está o despacho dunha persoa.
-
Sala destinada á transcrición de códices, á redacción de escrituras e á copia de documentos e libros que durante a Antigüidade clásica se situaba nas tendas dos editores, e na Idade Media nos mosteiros, colexiatas e catedrais. Entre os escritorios medievais máis célebres destacan o de Vivarium, creado no s VI por Casiodoro, os da curia pontifical e os de Verona, York, Tours, Ratisbona, Reims e Montecassino. Desde o s XIII, ante a crecente demanda de libros e manuscritos, organizáronse aulas conxuntas onde se utilizaba o sistema das peciae, que permitía a copia simultánea dunha mesma obra en cadernos separados.
-
-
Zona principal de traballo na pantalla nos sistemas operativos gráficos, en que aparecen os iconos que permiten acceder a distintos recursos ou aplicacións dun sistema informático.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en Madrid cando era ministro de Instrución Pública Faustino Rodríguez Sampedro. Co Real Decreto (10.9.1911), pasou a denominarse Escuela de Estudios Superiores del Magisterio, ata a súa desaparición en 1932. O centro substituíu a anterior Escuela Normal Central, creada en 1839. Recollendo as principais innovacións introducidas en materia de formación do profesorado, concibiuse como un centro de cultura pedagóxica para a formación dos profesores de escola normal e tamén dos inspectores. Coa chegada da Segunda República, creouse a sección de pedagoxía na facultade de Filosofía e Letras da Universidad Central e, un ano máis tarde, unha nova sección en Barcelona. Polas novas finalidades que se lle asignaron á sección de pedagoxía, a Escuela de Estudios Superiores del Magisterio perdeu a súa función específica e suprimiuse como tal. Ingresábase no centro, en réxime de coeducación, coa acreditación da reválida do grao de mestre de primeiro ensino superior ou equivalente, ou...