"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia vinculada ao mundo cinematográfico e teatral. Comezou a tradición familiar no ámbito artístico con Mariano Ozores Francés (17.10. 1890-?), actor cinematográfico, que participou en películas como El bailarín y el trabajador (1936) ou Manolo, guardia urbano (1956). O seu fillo, José Luis Ozores Puchol (Madrid 18.6.1923 - 10.5.1968), foi actor cinematográfico. Debutou en teatro, pero pasou ao cine, onde interpretou papeis cómicos de home rústico e bondadoso en películas como Los ladrones somos gente honrada (1956) ou Recluta con niño (1956). Atacado de parálise, participou aínda en programas de televisión e obras teatrais. O seu irmán, Mariano Ozores Puchol (Madrid 5.10.1926), realizador cinematográfico, dirixiu películas cómicas (La Lola nos lleva al huerto, 1984, ou No, hija, no!, 1987), e tamén ao servizo da ideoloxía franquista, como Morir en España (1965). O seu...
-
-
Establecer a paz nun lugar ou entre persoas que estaban en guerra ou en desconcordia.
-
olver a un estado de tranquilidade ou calma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
División territorial de EE UU, que comprende os estados de Washington, Oregon, California, Alasca e Hawaii.
-
-
-
Que é partidario da paz e da tranquilidade.
-
Que non é agresivo ou violento.
-
-
Que está en paz, sen disturbios ou guerras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
División territorial de México que comprende os estados de Baixa California Norte e Sur, Nayarit, Sinaloa e Sonora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
División territorial de México que comprende os estados de Colima, Chiapas, Guerrero e Oaxaca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ANZUS.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Océano situado entre América e Asia, o maior de todos, que iguala en amplitude ao Atlántico, ao Índico e ao Ártico xuntos. Está limitado ao L por América do Norte e América do Sur, ao O por Asia e Australia, e esténdese de N a S desde as rexións árticas ata as antárticas. Nel atópase a maior profundidade mariña, a fosa das Marianas, que ten preto de 11 km. Tamén está a montaña máis alta da Terra, o volcán hawaiano Mauna Kea, que se eleva abruptamente 9.450 m desde o fondo do océano. Está circundado por un arco de fosas oceánicas de gran profundidade. Así, preto de Nova Zelanda está a fosa de Toga-Kermadec, que chega ata o arquipélago de Samoa. Máis ao O está a fosa de Novas Hébridas, a consecuencia das illas do mesmo nome; ao N desta está a fosa Planet ou fosa Nova Bretaña, situada entre as illas Salomón e Nova Guinea. O arco insular e as súas fosas continúan coa fosa do Xapón, a das Kuriles e, finalmente, a das Aleutianas. Na costa O de América do Norte non existen fosas, excepto a pequena...
-
-
Relativo ou pertencente á raza pacífida ou aos seus representantes.
-
Individuo da raza pacífida.
-
Raza de amerindios, que habitaba ao NO de América do Norte, desde Alasca ata California, entre as montañas Rochosas e o Océano Pacífico. Os seus representantes son braquicéfalos, de estatura superior á media, co cabelo negro, os beizos finos e apertados, o nariz prominente e os ollos oblicuos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista pedagóxica publicada na Coruña a partir de 1965. Órgano de expresión do movemento educativo pedagóxico Padres y Maestros, durante a década de 1970 publicou monográficos ao longo do curso e, a partir de 1980, aumentou as seccións e a tiraxe para a súa distribución en toda España, Portugal e Hispanoamérica. O movemento pedagóxico naceu no colexio xesuíta de Santa María do Mar da Coruña, inspirado polos xesuítas Jesús Garrido Suárez, Joaquín Mª García de Dios e Fernando de la Puente Samaniego. Os seus obxectivos son a investigación no campo educativo, o desenvolvemento e difusión de novos métodos de aprendizaxe e a formación permanente de pais e educadores. Á revista Padres y Maestros tamén se engadiron Cuadernos para Educadores (1969), Laboratorios para las Escuelas de Padres (1972), Teaching Area (1973) e Prensa Didáctica (1977).
-
-
-
Axuda que ofrece unha persoa, unha institución ou un organismo.
-
Función exercida en calidade de patrón.
-
-
-
Órgano de xestión e de representación das entidades de carácter fundacional.
-
Institución de carácter benéfico ou cultural.
-
-
Facultade de presentar un crego, en calquera dos seus graos, para a provisión dun bispado, prelatura secular ou regular, dignidades, prebendas, en catedrais e colexiais, reitorías e beneficios. O padroado eclesiástico corresponde a algunha igrexa, dignidade ou oficio eclesiástico; o padroado laico corresponde aos segrares; e o padroado mixto participa das dúas calidades, ou concorren na fundación persoas con bens eclesiásticos e con bens familiares. O dereito de padroado podíase adquirir por fundación, coa doazón do terreo, a edificación da igrexa e a dotación do seu mantemento; por reedificación, cando se pactaba co bispo; por prescrición, de máis de 40 anos e posesión inmemorial se se trataba dunha igrexa libre; e por privilexio, cando o outorgaba a Santa Sé. O código de dereito canónico que entrou en vigor en 1918 tendía xa á desaparición dos padroados. En España, no Concordato de 1753 entre Fernando VI e Benedito XIV triunfou o regalismo reafirmando o dereito...
-
Costume medieval restablecido como dereito durante o reinado dos Reis Católicos que autorizaba os monarcas para prover a maioría dos cargos eclesiásticos.
-
-
-
Modelo que se toma como exemplo a seguir.
-
Columna ou piar que ten unha lápida ou inscrición que recorda un feito destacado.
-
Lista pública e autorizada en que se relacionan todos os habitantes dun municipio nunha data determinada. Os seus datos constitúen proba de residencia e do domicilio habitual no concello. Ten por finalidade, ademais, o coñecemento do número de habitantes e é un instrumento público tanto para as entidades municipais como para os habitantes. Deste xeito, os cidadáns están obrigados a comunicar a súa situación a propósito de calquera cambio de domicilio e distintos feitos vitais (nacementos, defuncións e matrimonios). A formación, mantemento, revisión e custodia correspóndelle aos respectivos municipios. Os padróns realízanse cunha peridiocidade regular desde 1965. Ata 1996 a lexislación reguladora do réxime local regulamentaba a formación do padrón municipal e as súas rectificacións anuais, e establecía que se renovara cada cinco anos, con referencia á mesma data en que se realizase o censo de poboación nos anos en que ambas as dúas operacións coincidisen. En 1996 modificouse a normativa,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xardín botánico situado en Padrón. Pertenceu ao pazo de Antequera no s XIX e é o máis grande de Galicia de deseño francés. Ten case 300 especies de plantas de distintos países distribuídas nunha hectárea, algunhas delas únicas en España. Destaca a árbore do coral ou árbore do amor. É obra de Carlos Rodríguez Dacal, investigador botánico da Universidade de Santiago de Compostela, que desde 1986 combinou os aspectos científicos, educativos e culturais que deron lugar ao actual xardín. Dentro del sitúase un herbario, un salón de actos e os monumentos a Macías o Namorado e a Ernesto Gende Rodríguez. Foi declarado BIC en 1946.
-
-
Acción de pagar.
-
-
Cantidade de diñeiro que se paga a alguén por un traballo ou un servizo.
-
Cantidade que se considera fracción do importe total dunha cousa, e que se satisfai periodicamente ata a liquidación da conta.
-
-
Compensación de carácter físico ou moral por ter feito algunha cousa.
-
-
Saída de efectivo, rexistrada como un abono na conta de caixa.
-
pagamento electrónico
Sistema de pagamento por medio de tarxetas magnéticas. Creado polo sistema bancario e baseado no uso de sistemas electrónicos da informática e da telemática, significou, con relación aos clientes, a redución da utilización de cartos en efectivo e escriturais.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal de información xeral publicado en Madrid a partir do 4 de maio de 1976. Deseñado polo alemán Reinhard Gäde, o éxito da súa maqueta fixo que moitos xornais da época seguiran o seu estilo formal e austero de influencia xermana. Definido como independente, desde os seus inicios tivo unha clara vocación europea e un compromiso coa orde democrática e legal establecida pola Constitución de 1978. A súa aparición significou un cambio no xornalismo en España en canto ao deseño, debido ao emprego do tamaño tabloide, en oposición á saba, usada no resto de Europa para este tipo de publicacións de información xeral. Respecto aos contidos e á maquetación, supuxo tamén unha innovación polo emprego dunha soa familia tipográfica e pola introdución das seccións de sociedade e cultura. A súa rápida aceptación fixo del un órgano de reflexión para a nova sociedade española da transición e puxo os piares para a constitución dun novo grupo de comunicación, o Grupo PRISA, creado por Jesús de Polanco. Ao...
-
-
-
Porción de espazo que se caracteriza por un tipo de combinación dinámica, e polo tanto inestable, de elementos xeográficos diferenciados -abióticos, bióticos e antrópicos-. Estes elementos actúan dialecticamente uns sobre os outros e fan da paisaxe un conxunto xeográfico indisociable, que evoluciona en bloque tanto baixo o efecto das interaccións entre os elementos que o constitúen como baixo o efecto da dinámica propia de cada un dos elementos considerados por separado. Así, pódese falar dunha paisaxe humanizada cando o elemento antrópico actuou e modificou os outros elementos e incorporou á natureza elementos propios (paisaxe agraria, urbana ou industrial), e dunha paisaxe natural cando o home non a modificou. Esta definición de paisaxe, que incorpora ao seu estudo a teoría de sistemas, en boa parte a través da ecoloxía, non foi dada ata mediados do s XX, porque dentro do contexto da ciencia xeográfica o concepto de paisaxe evolucionou moito. O Consello de Europa elaborou un acordo entre...
-
paisaxe vexetal/
Estrutura da vexetación dunha unidade xeográfica. A rama da xeobotánica que a estuda é a fitotopografía. Hai tres tipos de paisaxes vexetais: a paisaxe natural, onde a intervención do home foi nula ou ínfima; a paisaxe rural, coa vexetación bastante ou moi transformada; e a paisaxe urbana, onde a vexetación queda reducida a zonas axardinadas e a comunidades abandonadas.
-
-
Pintura, debuxo ou gravado que representa un lugar natural ou urbano como tema principal ou ben como fondo ou ambientación. Este xénero apareceu no mundo helenístico e romano para a decoración do fondo de pinturas. Posteriormente foi reducido a símbolos ata que rexurdiu no s XIV en Florencia e despois, no s XV, en toda Italia, a consecuencia da nova concepción humanística do espazo formulada pola perspectiva artificialis. Non foi cultivado como xénero autónomo ata os ss XV e XVI en Países Baixos. Sobresaíron a corrente flamengo-holandesa e as escolas alemá e veneciana. No s XVII, florentinos e romanos crearon a veduta, e en Holanda converteuse no xénero nacional. No s XVIII a paisaxe occidental basculou entre a Venecia dos vedutisti e as reflexións sobre a arte-natura. En Oriente, sobre todo en China e Xapón, a paisaxe era unha arte autónoma. O impresionismo someteu a paisaxe romántica a unha verdadeira revolución óptica, os postimpresionistas proxectaron o seu...
-
-
-
Relativo ou pertencente ao palaico.
-
Antiga lingua falada en Pala (Asia Menor), coñecida unicamente por unhas breves pasaxes en textos rituais hititas. Do mesmo xeito que o hitita xeroglífico, o luvio, o licio e o lidio, pertence á rama anatólica do phylum indoeuropeo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Micronesia, ao O das illas Carolinas (488 km2; 20.000 h [estim 2001]). A súa capital é Koror (12.299 h [1995]). Comprende un conxunto de illas de orixe volcánica e coralina. A súa economía baséase nos servizos, principalmente no turismo, no comercio e na construción, e os principais intercambios comerciais son de produtos agrícolas e alimentarios con EE UU e Xapón. O PNB por persoa é de 6.987 $. As linguas oficiais son o inglés e o palauano. A maioría da poboación é de raza palauana (74,5%), seguida dos filipinos (16%) e dos chineses (3,2%). A relixión maioritaria é a cristiá (36,9% católicos, 26,3% protestantes), aínda que tamén existen cultos propios (10,5%). A súa forma de goberno é unha república en libre asociación con EE UU. Palau goza de plena soberanía pero mediante un acordo de 1933, EE UU dirixe as relacións internacionais e a defensa. Segundo a Constitución do 1 de xaneiro de 1981, o poder lexislativo reside nun órgano bicameral denominado Olbiil era Kelulau...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda a distribución antiga dos seres vivos e a dinámica do seu cambio xeográfico nas eras xeolóxicas. Trata de identificar a composición biótica das rexións nos diferentes tempos xeolóxicos e de buscar as razóns desta distribución dos organismos que depende do lugar de orixe dos diversos taxons, das súas capacidades migratorias, dos condicionamentos xeográficos para a dispersión, e tamén dos parámetros que definen o medio en que viven ou poden vivir os organismos.
-
-
Ciencia que estuda as escrituras e os signos gráficos (formas, orixe e evolución) e a súa interpretación axeitada (lectura, datación e localización). O seu suxeito son os alfabetos e toda clase de escrituras desde a Antigüidade ata a época actual. O seu obxectivo primordial é a lectura e transcrición correcta do texto escrito, pero tamén a datación das escrituras en que non aparezan indicacións de tempo ou lugar. Como ciencia auxiliar, proxéctase sobre a codicoloxía, a diplomática, a papiroloxía, a epigrafía, a tipografía, a filoloxía, a edición de textos, a sixilografía, a numismática, a historia das ciencias e, en xeral, sobre calquera investigación histórica de primeira man que empregue fontes escritas. A análise paleográfica que se aplica ás letras e a outros signos gráficos para explicar a súa formación e evolución ten en conta os elementos que integran as letras, os seus elementos adventicios e os factores que as transforman. Dos primeiros destacan a forma, o módulo, o dutus,...
-
Rama da musicoloxía que se encarga da lectura, da transcrición e da interpretación axeitada dos antigos sistemas de notación musical anteriores á proporcional ou medida. Ten unha importancia especial no estudo do antigo canto litúrxico.
-