"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Dorsal do Pacífico oriental, que vai de N a S desde a costa de América Central ata A Antártida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á froita secada polo sol ou por outro procedemento.

      1. Acción de pasar dun lugar a outro.

      2. Acción de pasar ou transitar as aves dunha rexión a outra nas súas migracións.

      3. Acción de deixar algo atrás.

    2. Movemento que fai unha persoa cando camiña, levantando e adiantando un pé ata volver pousalo no chan.

    3. Espazo que comprende cada un dos movementos que se realizan ao camiñar e que abrangue a distancia entre os dous pés, cando estes están pousados.

    4. Maneira ou velocidade de andar.

      1. Cada unha das maneiras de marchar a tropa.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de pasar dun lugar a outro.

      2. Acción de pasar ou transitar as aves dunha rexión a outra nas súas migracións.

      3. Acción de deixar algo atrás.

    1. Movemento que fai unha persoa cando camiña, levantando e adiantando un pé ata volver pousalo no chan.

    2. Espazo que comprende cada un dos movementos que se realizan ao camiñar e que abrangue a distancia entre os dous pés, cando estes están pousados.

    3. Maneira ou velocidade de andar.

      1. Cada unha das maneiras de marchar a tropa.

      2. marcar o paso

        Realizar o movemento de paso pero sen avanzar nin retroceder.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Produto elaborado a base de masa de fariña, manteiga e azucre, aromatizada e cocida no forno, que se adorna ou reenche con crema, froita, chocolate ou outros ingredientes.

    2. Preparación culinaria elaborada con diversos ingredientes como carne, peixe, ovos ou hortalizas, que se presenta frecuentemente nun molde coma se fose un pastel.

    3. Asunto que se mantén oculto xeralmente para enganar a alguén ou sacar proveito dalgunha cousa.

    4. Conxunto de caracteres tipográficos mesturados desordenadamente.

    5. Lapis feito con cores moídas e reducidas a pasta con goma arábiga, talco e caolín.

      1. Técnica pictórica que consiste na aplicación do pastel sobre papel xeralmente granulado, protexido cunha preparación de cola, pedra bruta e pos de mármore ou vidro. Acádanse uns tons suaves e aveludados. Son pinturas moi fráxiles e que resisten mal a humidade, a acción do sol, as vibracións e os movementos. H. Holbein xa a utilizaba e J. A. Thiele divulgouna por Alemaña. Os máis destacados artistas desta técnica foron M. Q. de la Tour, J. B. S. Chardin, J. B. Perronneau, R. Carriera, J. B. Greuze e F. Boucher.

      2. Obra pictórica feita con esta técnica.

    6. Aplícase á cor suave e clara.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Planta herbácea, perenne, con tubérculos comestibles, de follas irregularmente pinnipartidas, de flores brancas ou moradas, en forma de estrela de cinco puntas, e de froitos en baga arredondada e verdosa. As raíces están moi ramificadas, e son finas e longas; posúe talos aéreos, de ata 1 m de lonxitude e de cor verde, e talos subterráneos, curtos e nos que se forman os tubérculos. No seu interior existe un alcaloide tóxico chamado solanina, e unhas sustancias de tuberización, que son as que producen a xerminación, crecemento e formación de tubérculos na planta. Adáptase ás diferentes situacións climáticas aínda que o seu mellor rendemento aparece en zonas temperadas ou frías. Require humidade abundante e regular, pero tamén pode plantarse en zonas de secaño, moitas veces despois de recoller a colleita de nabos xa que a pataca é un cultivo rotacional básico. Prefírense terras soltas e fértiles, e crece ben en terras cun pH neutro ou algo ácido. A plantación faise vexetativamente con anacos...

      2. Tubérculo comestible da planta da pataca, nutritivo e moi feculento, especialmente rico en amidón e vitamina C. Coñécense máis de mil variedades de patacas, que poden ser clasificadas segundo o tempo de maduración (moi precoz, precoz, semiserodia e serodia); segundo a súa forma (redonda, oval e alongada); segundo a cor da pel (amarela, rosa e vermella) ou da carne (branca e amarela); e segundo o lugar de orixe. En canto á composición, os tubérculos conteñen glícidos, dun 15 a un 20% (case todo fécula), un 0,1-0,3% de lípidos, un 1,5-2% de prótidos, un 75-80% de auga e un 1% de sales minerais. Son ricas en potasio e pobres en cloruros, e teñen un importante contido de vitamina C. Son moi dixeribles e fundamentalmente enerxéticas, pois 100 g proporcionan entre 70 e 85 calorías. Utilízase na alimentación e tamén comercialmente como fonte de amidón e como materia prima para a fabricación de alcohol industrial, como forraxe que permite manter o gando en condicións máis rendibles e para a elaboración...

    1. Planta de orixe americana que produce un tubérculo duns 10 cm de largo e 5 cm de diámetro, fariñento, da cor da terra por fóra e branco ou amarelo por dentro, e de sabor lixeiramente doce. O seu tubérculo é comestible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa francesa vinculada ao mundo cinematográfico. Creada a partir da histórica Pathé Frères, fundada en 1896 polos irmáns Pathé, no s XXI converteuse nunha das principais produtoras independentes de filmes de Europa, con implantación en Francia, Italia, Países Baixos, Reino Unido e Suíza. Ademais, especializouse na edición de vídeo e na produción de programas televisivos, así como na distribución e proxección de filmes en salas a través da súa filial, EuroPalaces. Da súa produción destacan os filmes Les Misérables (1958), Il Gattopardo (1963), L’Amant (1992), Astérix et Obélix: Mission Cléopâtre (2002) e In the Cut (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos epónimos que, na tradición sacerdotal do Pentateuco, forman as dúas xenealoxías de dez nomes que van desde a creación ao diluvio e deste a Abrahán; sobre todo Abrahán, o seu fillo Isaac, o fillo deste Xacob, e os fillos deste, epónimos das doce tribos de Israel.

      2. Título dado antigamente aos bispos das cinco sés máis importantes do Imperio Romano e que se outorga aos xefes das igrexas orientais e honorificamente a algúns bispos da Igrexa Católica. Comezou a utilizarse a partir do Concilio de Calcedonia (451), en que foron organizados definitivamente os cinco patriarcados de Roma, Alexandría, Antioquía, Constantinopla e Xerusalén. As xurisdicións e dereitos sobre os territorios asignados, quedaron codificados na lexislación de Xustiniano, pero xa anteriormente (325) os bispos de Roma, Antioquía e Alexandría exercían as funcións sen ter o título. Co monofisismo instaurouse un dobre patriarca en Alexandría e Antioquía, e con ocasión do monotelismo os maronitas fundaron un propio. A independencia das diversas igrexas ortodoxas fixo que o título fose dado a algúns dos seus líderes. Dentro do catolicismo e desde os últimos séculos, a cabeza de cada un dos ritos recibiu de Roma a dignidade patriarcal con algúns poderes. No rito latino o título considérase...

    1. Persoa que pola súa autoridade ou sabedoría goza dunha grande autoridade moral ou de veneración.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de bens, valores e créditos que se trasmite por herdanza.

      2. patrimonio familiar

        Patrimonio que algunhas lexislacións asignan a un núcleo familiar, con carácter inalienable e indivisible, co fin de asegurar a produción, só transmisible por herdanza a unha persoa.

      1. Conxunto de bens mobles e inmobles de valor cultural que pertencen a unha comunidade e que merecen un réxime especial de atención, coidado e protección.

      2. patrimonio cultural

        Conxunto de testemuños que forman a herdanza cultural dunha sociedade. Segundo a idea tradicional está constituído por unha serie de bens cun recoñecemento oficial, -como os máis destacados dun pobo ou dunha cultura determinada-, que han de ser preservados e legados ás xeracións futuras. Designa monumentos, grupos de edificios e sitios que teñan un valor histórico, estético, arqueolóxico, científico, etnolóxico ou antropolóxico, así como o patrimonio documental ou bibliográfico.

      3. patrimonio da humanidade

        Conxunto de monumentos, conxuntos ou sitios caracterizados por un valor excepcional desde o punto de vista histórico, artístico, estético, etnolóxico, antropolóxico ou científico, aos que o Comité de Patrimonio Mundial da UNESCO lles concedeu un valor universal, coas esixencias previas de autenticidade e protección xurídica que garantan a súa conservación. O termo creouse en 1972, como resultado da celebración dunha convención sobre a protección do patrimonio cultural e natural celebrada en París e aprobada por todos os países membros da UNESCO. A característica fundamental era a pretensión de asociar a conservación da natureza coa preservación dos sitios culturais. En Galicia foron declarados Patrimonio da Humanidade o centro histórico de Santiago de Compostela (1985), o Camiño de Santiago (1993) e a muralla de Lugo (2000).

      4. patrimonio do Estado

        Conxunto de bens non afectos do uso xeral que pertencen ao Estado, ás comunidades autónomas e aos entes locais, segundo a lexislación española.

      5. patrimonio histórico español

        Conxunto formado polo patrimonio cultural, o patrimonio natural e os bens mixtos culturais naturais españois. Segundo a Constitución de 1978 o Estado español ten a obriga de garantir a súa conservación, promover o seu enriquecemento, fomentar e tutelar o acceso dos cidadáns e protexelos da espoliación.

      6. patrimonio nacional

        Conxunto de bens de titularidade estatal que, segundo a lexislación española, son afectos polo uso e servizo do rei e dos membros da familia real para o exercicio da alta representación que a Constitución de 1978 e as leis lles atribúen. Tamén se integran nel os dereitos e cargas sobre as fundacións e reais padroados. Cando é compatible co uso e servizo do rei ou dos membros da familia real, o Patrimonio Nacional pode utilizarse con fins culturais, científicos ou docentes.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de cadernos editados en Lugo a partir de 1904. Subtituláronse “Boletín de la coronación canónica de Nuestra Señora de los Ojos Grandes”. No seu interior incluíron información sobre o certame literario e musical celebrado en honra da patroa de Lugo e todos os documentos e traballos relativos á coroación da Virxe. Imprimíronse nos obradoiros tipográficos de La Minerva, propiedade de Xerardo Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín de carácter benéfico publicado na Coruña a partir de xullo de 1959. Cunha periodicidade mensual nos seus inicios, co tempo pasou a editarse cada dous meses. Recolleu os gastos, ingresos e balances económicos produto das doazóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos paulinos.

    2. Membro da Sociedade de San Paulo, fundada en Alba (Piemonte) en 1914 polo beato Santiago Alberioni e aprobada polo Papa Pío XII en 1947. Ten como fin específico a evanxelización a través dos medios de comunicación. O principal apostolado lévao a rama feminina, que ten librarías e centros de difusión en moitas cidades de Italia, España e América Latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada en Vigo en 1895 por Paulino Freire. Comezou dedicándose á construción de barcos con cascos de madeira de deseño propio, provistos de equipos propulsores e auxiliares con patente propia. Co tempo especializáronse na construción de barcos con casco de aceiro de ata 160 m de eslora e na reparación e renovación de todo tipo de embarcacións, principalmente pesqueiros e remolcadores, pero tamén frigoríficos, portacolectores e buques de apoio e vixilancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Título honorífico dalgúns altos personaxes turcos.

    2. Gobernador dunha provincia en Turquía.

    3. Título dado aos altos cargos da administración civil e militar otomá e aos grandes señores do Imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de bioloxía molecular, desenvolvida en 1986 polo investigador Kary Mullis, que permite obter un gran número de copias dun fragmento específico de ADN, partindo, en teoría, dunha única copia dese fragmento. Esta técnica fundaméntase na propiedade natural das ADN polimerases para facer copias de ADN, e cómpre para que teña lugar a presenza do fragmento de ADN que se quere amplificar, cebadores, ADN polimerases, deoxinucleósidos trifosfato e cloruro de magnesio. A PCR ten lugar en tres pasos principais que constitúen un ciclo; en cada un deles obtense o dobre de copias do fragmento desexado. É unha técnica que se emprega non só en investigación (secuenciación do xenoma humano e doutros xenomas), senón tamén en casos de identificación de parentescos ou no diagnóstico clínico, tanto no diagnóstico da presenza ou ausencia de determinados axentes infecciosos como no diagnóstico de determinadas enfermidades. A sensibilidade da PCR é moi alta, aínda que non é cuantitativa, polo que acabou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ataque súbito da aviación e da frota xaponesa o 7 de decembro de 1941 sobre a base naval estadounidense homónima, situada na illa de Oahu (Hawaii). Pretendía destruír as forzas navais estadounidense no Océano Pacífico, pero só se conseguiron algunhas perdas graves, pero non decisivas. Este ataque provocou a entrada de EE UU na Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo musical español formado polos irmáns Pedro José e Francisco Javier Herrero Pozo, que debutou profesionalmente en 1977. Nese mesmo ano, co seu tema “Esperanzas”, conseguiron os primeiros postos nas listas de vendas, que confirmaron cos discos Un par de corazones (1979) e Siempre Pecos (1980). Despois de máis dunha década de éxito en España, retiráronse en 1986. A finais da década de 1990 reapareceron coa recompilación dalgúns dos seus mellores temas e con novos traballos discográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia e arte da educación. Refírese aos principios, métodos, instrumentos e conxunto de mediacións para o ensino e a formación completa do neno, o que actualmente se estendeu de modo xenérico á consideración da formación das persoas en calquera momento vital. As opcións educativas sucedidas no curso da historia, con fundamentación relixiosa e filosófica, deron lugar a intuicións, utopías e realizacións asumidas a partir do s XIX pola pedagoxía propiamente dita, que as considera sistematicamente no plano teórico e práctico de novas formulacións científicas. Destacan as diferentes achegas históricas: a figura do mestre que transmite os coñecementos pola palabra e a austera convivencia na natureza do budismo; a aprendizaxe da codificación e descodificación do saber no texto escrito da escola chinesa; a formación do escriba e do guerreiro ao servizo dos gobernantes de Exipto e Babilonia; a do rabino a cargo dos libros sagrados e do pobo escollido; a formación do heroe homérico ao final dun...

    2. Rama da pedagoxía que trata de formular un modelo pedagóxico, ou en todo caso, articulados procesos de intervención educativa, extraídos das conclusións da verificación experimental á que previamente se someten contidos de estudo e procedementos didácticos. As súas expresións naceron a fins do s XIX como consecuencia e reflexo do clima científico positivista e do vivo desenvolvemento da psicoloxía experimental.

    3. Principios, contidos e procedementos de ensino musical. A pedagoxía musical tiña, na cultura grega clásica, dous aspectos diferenciados: o ensino teórico puramente especulativo e a interpretación. Na Idade Media os principios teóricos da música formaban unha das catro partes do cuadrivio. Os intérpretes formábanse nas capelas musicais de igrexas ou mosteiros. En Italia había xa escolas especializadas nos ss XVII e XVIII, se ben no resto de Europa os conservatorios non apareceron ata o inicio do s XIX.

    4. Disciplina que estuda e desenvolve os coñecementos e as estratexias de intervención educativa, para levar a termo unha intervención sobre colectivos ou individuos con necesidades e dificultades específicas de integración social; unha intervención que debe cooperar ao logro da súa autonomía e desenvolvemento. As diversas ciencias que aquí teñen aplicación son a psicoloxía, a socioloxía e a antropoloxía. Os técnicos profesionalizados neste campo  son, de ordinario, asistentes sociais, psicólogos, pedagogos, educadores sociais, monitores de tempo libre e animadores socioculturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Campo de estudo científico que, como tal, se definiu a finais do s XIX en Alemaña, para abordar de modo dialéctico o estudo das dimensións física, intelectual e psicoafectiva da etapa infantil e adolescente do desenvolvemento humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta pedomorfose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corpo mineral sólido e duro, de composición moi variable, non metálico, pero que contén sales e óxidos metálicos, aos que se debe a súa coloración, que pode ser moi variada, e que constitúe as rochas. Adóitase designar mediante unha especificación as diversas variedades, así, fálase de pedras calcarias, cuarzosas ou silíceas entre outras.

    2. pedra córnea

      ariedade de xaspe, opaca e de brillo córneo, que se presenta en nódulos nas calcarias, pórfiros cuarcíferos e traquitas.

    3. pedra de lúa

      ariedade de ortosa propia de Sri Lanka, constituída por adularia ou sanidina e tamén albina ou plaxioclase, de aspecto lixeiramente leitoso e turbio.

    4. pedra de lume

      pedernal.

    5. pedra de sangue

      Variedade de hematites, compacta e de cor.

    6. pedra de sol

      Oligoclase con interposición de olixisto, que lle dá uns reflexos brillantes. É propia de Tvedestrand (Noruega).

    7. pedra de xabón

      saponita.

    8. pedra do Amazonas

      amazonita.

    9. pedra imán

      magnetita.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO