"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo gráfico dos movementos respiratorios.
-
-
Acción de poboar.
-
Lugar poboado. Xeralmente fai referencia a unha entidade urbana.
-
-
Conxunto de habitantes dun lugar ou territorio determinados (estado, provincia, cidade, municipio, etc). O concepto pode designar fraccións variadas deste conxunto (poboación rural, urbana, masculina, feminina, activa, parada, etc) que en relación a el constitúen subpoboacións.
O estudo e a análise da poboación
A disciplina que se ocupa de xeito directo e específico da súa análise é a demografía. Existen ademais outras disciplinas afíns a ela que teñen como obxecto o estudo de aspectos máis cualitativos da realidade humana, relacionados coa variable demográfica. Entre elas destacan a xeografía da poboación, que analiza poboacións reais en espazos xeográficos identificados; a socioloxía da poboación ou demografía social, que enmarca os feitos demográficos no contexto da sociedade; e a historia da poboación ou demografía histórica, que estuda o desenvolvemento de poboacións reais en distintos momentos da historia. Os primeiros recontos poboacionais datan das civilizacións... -
poboación activa
Poboación que ten a idade mínima para acceder ao mercado laboral (16 anos) e que se atopa en situación de ocupación ou en estado de paro ou desocupación. A poboación activa ocupada é a que realiza unha actividade económica da que obtén unha remuneración, mentres que a poboación activa desocupada é a que busca o seu primeiro emprego ou a que deixou a actividade económica que realizaba.
-
poboación de dereito
Poboación integrada pola suma dos residentes presentes e ausentes nunha determinada unidade administrativa no momento de producirse calquera reconto de poboación. Ten uns dereitos e deberes respecto do concello no que está censada.
-
poboación de feito
Poboación dunha determinada unidade administrativa no momento no que se realiza o reconto da poboación, sen ter en conta se teñen ou non nela a súa residencia habitual.
-
poboación inactiva/non activa
Parte da poboación que non exerce ningún tipo de actividade económica remunerada nin se atopa en disposición de realizala. Son persoas que se dedican ás tarefas domésticas no seu fogar, nenos, estudantes, rendistas, xubilados e persoas que realizan o servizo militar.
-
-
Conxunto de individuos dunha mesma especie que habitan nunha área determinada ou nun medio limitado convencionalmente.
-
Conxunto de elementos do que se queren estudar certas propiedades non específicas dos elementos.
-
...
-
-
-
Acción de poboar.
-
Estudo dos asentamentos de poboación, considerando o número, dimensións e a distribución espacial en relación cun territorio determinado. O estudo da distribución espacial do poboamento non debe confundirse coa análise da distribución espacial da poboación, que se ocupa da forma en que os habitantes dun territorio se localizan sobre el.
Modalidades de poboamento e o seu estudo
Pódese afirmar en xeral que tanto a poboación como o poboamento na súa distribución territorial, presentan diferentes modalidades cunhas situacións extremas que son a concentración e a dispersión. Segundo Puyol Antolín existen catro grandes combinacións posibles: poboación dispersa con poboamento disperso, que existe cando aparecen un gran número de asentamentos por unidade superficial, cun tamaño demográfico semellante, sen que ningún deles conteña unha parte significativa da poboación total; poboación dispersa con poboamento concentrado, que aparece cando existen poucos...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Facultade ou capacidade para facer unha cousa.
-
Capacidade ou eficacia que ten algo.
-
poder absorbente
coeficiente de absorción.
-
poder calórico
Cantidade de calorías producidas no organismo por unidade de peso dun alimento.
-
poder calorífico
Cantidade de calor que libera unha unidade de masa (ou de volume se é un gas) dun combustible nunha combustión completa. Xeralmente exprésase en quilocalorías por quilo (ou por m 3 normal se é un gas). Se na combustión hai formación de auga, defínese o poder calorífico superior (PCS) tomando os elementos e os produtos da combustión levados a 0°C, supoñendo que a auga formada estaba condensada; cabe distinguir entre o PCS, a presión constante, e o PCS, a volume constante. De xeito semellante, defínese o poder calorífico inferior (PCI) supoñendo que a auga formada na combustión queda en estado de vapor. OBS: Tamén se denomina potencia calorífica.
-
poder de definición/
Capacidade dun obxectivo para reproducir os detalles dunha imaxe.
-
poder dispersivo
Característica dun medio transparente respecto da radiación electromagnética, definida como a relación entre a diferenza das desviacións D das raias F e C do hidróxeno, de lonxitudes de onda λ <J>F</J> = 0,486 μm e λ <J>C</J> = 0,656 μm, e a desviación da raia D do sodio, de lonxitude de onda λ <J>D</J> = 0,589 μm, ao atravesar un prisma de ángulo φ pequeno (é dicir, φ ≈ sen φ) feito co material que constitúe ese medio. O inverso do poder dispersivo denomínase constrinxencia.
-
poder polarizante
Capacidade dun ión de provocar a polarización dun ión de signo contrario. É importante sobre todo para os catións. Aumenta co cociente carga/raio 2 e depende da configuración electrónica, que é máis grande cando o ión non ten a configuración de gas nobre (regras de Fajans).
-
poder rotatorio
Xiro angular que experimenta o plano de polarización ao atravesar a unidade de grosor, nunha substancia opticamente activa. É función da lonxitude de onda da luz empregada e asígnaselle o signo + ou - segundo que a substancia sexa dextroxira ou levoxira. No caso dun líquido hai que precisar a súa densidade ou concentración, e recibe o nome de poder rotatorio específico.
-
...
-
-
-
-
Arte de expresar ou traducir en forma concreta o contido espiritual propio, mediante palabras dispostas segundo unhas determinadas leis métricas. Neste senso, a poesía contraponse á prosa e identifícase coa arte de compoñer versos. A estética moderna considera que a expresión métrica non é indispensable para a creación da poesía, polo que podería dicirse que a poesía é o produto humano que expresa conceptos elevados e nobres, a intensidade duns sentimentos, a forza das palabras e, sobre todo, a que ten a capacidade de conmover, de falarlle á alma e de exaltar a fantasía. Partindo da antiga tripartición da poesía en épica, lírica e dramática, puido demostrarse que a esencia da poesía está na lírica, que tamén está no fondo do drama. Isto equivale a dicir que a esencia común ás tres formas poéticas é a subxectividade de cada poeta, que sabe infundir no seu mundo as vibracións da alma.
-
poesía cortés
Fenómeno literario que, orixinario da Francia meridional, se estendeu a diversos países e rexións, entre elas Galicia, entre finais do s XI e metade do s XIV. Trátase dun tipo de poesía ligado á corte, lugar onde se desenvolve principalmente, e de carácter laico, que ten como primeiro grande expoñente da escola trobadoresca en lingua d’oc ao duque de Aquitania Guillerme IX. A súa orixe está nos carmina escritos en latín por clérigos vagantes -aqueles que ían de escola en escola para a súa formación-, e nas composicións dos xograres. Desde Occitania estendeuse a outras zonas e creáronse novas escolas poéticas, como a siciliana, a catalá, a dos trouvères no N de Francia, a dos minnesängers en Alemaña e a dos trobadores galego-portugueses; nalgunhas destas rexións coa axuda dunha lingua homoxénea -koiné-, que se suma a algúns aspectos estilísticos, temáticos e ideolóxicos que conforman un tipo concreto de poesía. Un dos aspectos homoxeneizadores é a doutrina...
-
poesía popular
Poesía creada polo pobo a partir da súa necesidade de expresar unhas vivencias humanas elementais e permanentes, e na que se recoñece como tal, a diferenza da poesía folclórica, en que o pobo crea e adapta determinados tipos de poesía que despois transmite, e da tradicional, concepto co que se pode distinguir o estilo das imitacións cultas feitas sobre materiais populares.
-
poesía visual
Tipo de manifestación poética que, ante todo, confía no poder de atracción e comunicación visual dos elementos compositivos da obra. Substitúe os ingredientes tradicionais do poema por un sistema expresivo sustentado basicamente por elementos extraídos dos repertorios tipográficos, do debuxo, do gravado, da fotografía e dos códigos de información non lingüística, moitas veces inseridos na vida cotiá. A poesía visual denominouse inicialmente poesía concreta, nome que lle deron os membros do grupo brasileiro Noigambres, conformado por D. Pignatari, A. de Campos e H. de Campos, a partir de 1955, que deseguida aceptou o boliviano E. Gomringer, e que se consideran os primeiros difusores internacionais da corrente.
-
-
-
Obra ou composición escrita en verso.
-
Xénero de obras escritas en verso e que se pode dividir en lírica, épica ou dramática.
-
-
-
Conxunto de obras poéticas dun poeta ou de diversos poetas, producidas nun período ou nunha lingua determinada.
-
...
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a Polonia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Polonia.
-
Lingua eslava da rama occidental do phylum indoeuropeo. Fálase en Polonia, onde é oficial, e en diversos países. Escrita en alfabeto latino, os primeiros documentos lingüísticos polacos datan do s XII, e no XV apareceu o primeiro tratado ortográfico (de J. Parkoszowicz), aínda que en Polonia, ata finais do s XVI, se seguiu a empregar o latín como linguaxe eclesiástica, administrativa, diplomática, científica e literaria. Co Renacemento adquiriu relevo como lingua literaria. Durante os repartimentos de Polonia (1795-1918), os ocupantes intentaron eliminalo, pero isto provocou a reacción contraria. En 1873 creouse a Academia Polaca das Ciencias e aumentaron as obras de investigación lingüística.
-
Arte desenvolvida en Polonia. Ten fortes influencias da arte occidental e da arte bizantina rusa. As primeiras manifestacións importantes datan da época románica, e foron construcións erguidas fundamentalmente polos monxes cistercienses de orixe francesa e polas ordes militares alemás. Cómpre destacar a igrexa de Kósciól Mariacki en Cracovia e o primeiro edificio puramente gótico é a catedral de Santo Estanislao de Cracovia (1322-1346). En escultura destacou Veit Stoss, que realizou o retablo maior de Kósciól Mariacki. O Renacemento foi importante en Cracovia, onde traballaron numerosos arquitectos italianos como Battista de Lugano; en escultura destacou Jan Michalovicz, autor da figura xacente de Sjytek Jordan en Cracovia. A primeira igrexa barroca de estilo xesuítico foi a de San Pedro e San Paulo en Cracovia. Durante a etapa barroca, o país atraeu un gran número de arquitectos alemáns, neerlandeses e italianos, que fixeron a igrexa de Santa Ana en Cracovia, e os palacios de Xoán III...
-
Cine realizado en Polonia. O grande impulso cinematográfico veu a partir de 1918, ao se configurar o estado polaco. Desta época cómpre citar os realizadores A. Hertz, W. Bieganski e E. Puchalski. En 1929 constituíuse o grupo Star, que produciu os filmes máis importantes realizados ata aquel momento e que traballou ata o inicio da Segunda Guerra Mundial. En 1945 nacionalizouse a industria cinematográfica e fundouse en èódź o Instituto Nacional de Cinematografía e a empresa produtora Polski Film. Deste período cómpre destacar os filmes Sakazane piosenki (Cancións prohibidas, 1947) de L. Buczkowski, Mlodosc Chopina (A xuventude de Chopin, 1952) e Celuloza (1954) de J. Kawalerowicz. A partir de 1956, co cambio de liña política, apareceron unha serie de realizadores que situaron a produción polaca nun lugar destacado. Cómpre salientar a J. Kawalerowicz, A. Wajda, A. Munk, con Calowiek na torze (Un home na vía, 1956), Eroica (1957) e Pasażerka...
-
Literatura escrita en polaco. As primeiras obras localizadas en Polonia eran crónicas en latín, coma os Annales de J. Déugosz (1415-1480). Xa en lingua polaca, consérvanse textos bíblicos, apócrifos, algúns escritos profanos e, sobre todo, o himno do s XIII Bogurodzica (Nai de Deus). O Renacemento iniciou un período de esplendor con F. A. Modrzewski e J. Kochanowski. No s XVII o Barroco está representado, entre outros, polos poetas A. Morsztyn e W. Potocki. Na segunda metade do s XVIII houbo un renacemento importante nas letras, con influencia do neoclasicismo francés, onde destacaron o poeta I. Krasicki e o dramaturgo J. U. Niemcéwicz. No romanticismo hai que salientar a A. Mickiewicz, J. Slowacki e Z. Krasiński, ademais do comediógrafo A. Fredro. A finais do s XVIII, coa perda da súa independencia, Polonia confiou nos seus grandes poetas, verdadeiros heroes para o pobo, a conservación da súa literatura, lingua e idiosincrasia. Cara a 1860 apareceu a reacción inspirada...
-
Arte musical cultivada en Polonia. Á parte da música litúrxica, a primeira obra musical polaca coñecida é o himno da cabalaría polaca medieval, Bogurodzica (s XIII), e o primeiro autor destacado é Nicolao de Radom (s XV). Outros autores vincularon a música polaca a Europa Occidental. Neste sentido influíron especialmente a escola franco-flamenga e Palestrina. Durante o s XVI sobresaíron M. Zieleński e M. Mielczewski, e cara a 1625 o romano M. Scacchi introduciu a ópera na corte. Durante o s XVIII destacou M. Ogiński (1765-1833) e, xa no s XIX, J. Elsner, mestre de F. Chopin e fundador do primeiro conservatorio polaco en Varsovia (1820). Deste tempo cómpre salientar o labor de K. Kurpiński (1785-1857) e dos pianistas F. Lessel e Agatha Szymanowska, precursores de F. Chopin (1810-1849), quen uniu a expresión romántica ao folclore polaco en moitas das súas obras. Esta corrente asumiuna Staniséaw Moniuszko (1819-1852), autor de óperas nacionais. O nacionalismo musical...
-
-
-
Relativo ou pertencente ao polo.
-
Que está situado nun polo ou preto dun polo.
-
-
Que presenta polaridade.
-
disolvente polar
Medio constituído por moléculas polares e caracterizado por unha constante dieléctrica elevada. A constante dieléctrica å e o momento dipolar ì están relacionados mediante a ecuación de Clausius-Mosotti. Teñen unha grande importancia en cromatografía.
-
enlace polar
Enlace covalente entre dous elementos de diferente electronegatividade. A polaridade dun enlace é proporcional á diferenza de electronegatividade dos elementos, e é expresada mediante o momento dipolar.
-
molécula polar
Molécula en que a suma vectorial dos momentos dipolares dos enlaces que a forman non é nula.
-
-
sistema de coordenadas.
-
Gráfico ou diagrama que relaciona os coeficientes de sustentación e resistencia aerodinámicas dun perfil aerodinámico para cada valor do seu ángulo de ataque. Esta relación obtense experimentalmente nun túnel aerodinámico.
-
Eixe de rotación cos extremos diferentes e que presenta a propiedade de que o fenómeno simétrico que ten lugar nun deles non se repite no outro, porque non hai nin eixes paralelos nin planos de simetría perpendiculares a este eixe.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da electroquímica que estuda a variación da intensidade de corrente en función do potencial aplicado a un microeléctrodo nunhas condicións nas que a velocidade de electrólise esta determinada pola difusión da especie oxidable ou redutible cara ao mencionado eléctrodo. Nas determinacións polarográficas emprégase unha cela electrolítica que consiste nun eléctrodo de área pequena ou microeléctrodo, do que o máis comunmente empregado é o de gotas de mercurio, que consta dun tubo capilar moi fino a través do que flúe mercurio lentamente. Tamén se emprega un eléctrodo de referencia que permanece inalterado. Cando se lle aplica unha voltaxe variable á cela, o microeléctrodo experimenta un cambio de potencial, é dicir, polarízase. As variacións de intensidade en función da voltaxe represéntanse mediante uns gráficos obtidos cun polarógrafo, nos que a rexión AB se debe á polarización do microeléctrodo como consecuencia da formación dunha dobre capa de ións provenientes do electrólito,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á polarigrafía.
-
-
-
Organización e regulamentación interna dun estado ou dunha colectividade.
-
Regulamento establecido para o manter a orde e a seguridade pública.
-
-
-
Corpo ou forza que vela polo cumprimento e o mantemento da orde e a seguridade pública. Ten o deber de garantir as liberdades e os dereitos individuais e colectivos. As súas funcións adoitan distribuírse en tres ramas: policía administrativa, policía de seguridade e policía xudicial. O precedente da policía moderna foi a creación por parte de Luís XIV de Francia do cargo de lugartenente de policía da cidade de París (1660). Joseph Fouché fixo un corpo de policía política. No campo da policía política foron especialmente inhumanas a okhrana rusa e a Gestapo, as SS e as SD alemás. Despois de 1945 a Interpol coordinou os servizos policiais dos países de Europa e outros continentes. En España fundouse en 1908 a garda de asalto. Durante o Franquismo a policía xudicial dependeu do poder executivo. Dividida en dúas xefaturas superiores e dúas delegacións especiais (Illes Balears e Canarias), a súa entidade fundamental estaba constituída pola comisaría, servida...
-
Axente que pertence a un dos distintos corpos de policía.
-
policía autonómica
Corpo policial civil, xerarquizado, cunha competencia e unhas funcións situadas teoricamente entre as da policía nacional e as da policía local. As comunidades autónomas creárona de acordo co establecido no artigo 149.29 da Constitución de 1978. En Galicia creouse en 1991 co nome de Policía Autonómica Galega mediante a adscrición dunha unidade da Policía Nacional á comunidade autónoma e ao servizo da Xunta de Galicia, segundo o previsto no artigo 27.25 do Estatuto de Autonomía de Galicia e a Lei Orgánica 2/1986, de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade. O financiamento depende do ministerio de Interior e da Xunta de Galicia. Da súa competencia é, entre outras, a vixilancia de edificios e sedes oficiais e a protección de autoridades e do patrimonio histórico. En Catalunya creáronse os Mossos d’esquadra e en Esukadi a Ertzaina. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.
-
policía local
Corpo policial dependente dun concello, agás Barcelona e Madrid, onde se denominan Guàrdia Urbana e Policía Municipal, respectivamente. As súas funcións son a protección das autoridades locais, a custodia e vixilancia de bens, servizos e instalacións, a organización do tráfico urbano, a colaboración coas forzas e corpos de seguridade nacionais e coa policía autonómica cando sexa necesario, e a resolución de conflitos privados. Só poden actuar no ámbito do municipio, salvo en situacións de emerxencia e previo requirimento das autoridades competentes. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.
-
policía nacional
Corpo nacional de policía creado coa súa estrutura actual en 1978 para protexer os dereitos e liberdades dos cidadáns e garantir a seguridade cidadá. Coa Lei Orgánica 2/1986, de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade, unificouse o Cuerpo de Policía Nacional e o Cuerpo Superior de Policía no Cuerpo Nacional de Policía. Das súas funcións no Estado destacan a expedición do Documento Nacional de Identidade e do pasaporte, e o control de entrada e saída do territorio nacional de españois e estranxeiros. Depende do ministerio de Interior. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.
-
policía secreta
Policía nacional que non leva uniforme regulamentario pola confidencialidade do seu traballo.
-
...
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á policía.
-
Tipo de cine que combina a acción e a intriga. Malia que as producións cinematográficas deste xénero comezaron a principios do s XX, o seu florecemento produciuse en EE UU a partir da década de 1930, en paralelo ao cine negro, e especialmente tras a estrea do filme The Lights of New York (1928), a introdución de ideas visuais procedentes do expresionismo alemán e a presenza de actores que se converteron en prototipos do xénero, como James Cagney ou Humphrey Bogart. Este primeiro ciclo pechouse co filme The Roaring Twenties (1939), de R. Walsh, e un novo comezou coa produción The Maltese Halcon (1941), de J. Huston, en que o detective privado se consolida como protagonista principal. A partir deste momento, realizadores como B. Wilder, S. Heisler, T. Garnett, O. Welles e A. Hitchcock levaron á gran pantalla destacadas producións cinematográficas. Bonnie and Clyde (1967), de A. Penn, The Godfather I (1972) e The Godfather II (1975) e,...
-
Subxénero literario baseado na investigación de actos criminais por parte das forzas policiais e, especialmente, pola acción de investigadores privados. Caracterízase pola intriga e o misterio que, levados ata o final, permiten manter a atención do lector. Co tempo acentuáronse os trazos de violencia e erotismo coa novela negra. Os comezos deste subxénero remóntanse a mediados do s XIX, con Edgar Allan Poe, e o seu máximo florecemento deuse na escola anglosaxoa con sir Arthur C. Doyle e G. K. Chesterton. Destacan tamén outros autores posteriores como A. Christie, E. Wallace, W. Irish, Ellery Queen (Frederic Donnay e Manfred Bennington), R. Stout e o belga G. Simenon. Na literatura hispanoamericana cómpre salientar a J. L. Borges e A. Bioy Casares, na española a M. Vázquez Montalbán e na literatura galega Carlos G. Reigosa pódese considerar o iniciador dun tipo de novela que continúan, entre outros, Carlos Jaureguizar, Xabier López, Aníbal Malvar e Xosé Manuel Villanueva.
-
-
-
Propiedade de polícromo.
-
Arte de completar con cores as obras arquitectónicas ou escultóricas. Pode ser decorativa, convencional ou realista.
-
Procedemento gráfico empregado para reproducir orixinais en cor, que consiste na superposición de diversas imaxes monocromáticas. Obtéñense as diversas tonalidades do orixinal graduando a cantidade de luz branca en cada zona de cor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica empregada no alzamento topográfico que consiste en efectuar o conxunto de medidas dun terreo segundo unha rede de polígonos grandes (poligonación principal) que serve de base para determinar cos seus retículos os doutros polígonos máis pequenos (poligonación secundaria ou detallada), cuns lados que se axustan aos detalles do terreo.
-
-
-
Figura plana e pechada formada polos segmentos rectos P 1 P 2 , P 2 P 3 ,..., P n-1 P n e P n P 1 , que se chaman lados do polígono, sendo os puntos P 1 , P 2 ,..., P n , con n ≥ 3, os vértices do polígono. Unha diagonal do polígono é o segmento recto que une dous vértices non correlativos. Un polígono é equiangular se ten iguais os seus ángulos interiores, é equilátero se ten iguais os seus lados, e é regular se ten os ángulos e os lados iguais. Un polígono está circunscrito nunha circunferencia se os seus lados son tanxentes á circunferencia, e está inscrito nunha circunferencia se os seus vértices pertencen á circunferencia. Segundo o seu número de lados, algúns polígonos reciben as seguintes denominacións especiais: triángulo (3 lados), cuadrilátero, paralelogramo, rombo, romboide, rectángulo, cadrado, trapecio (4), pentágono (5),...
-
polígono alabeado
Figura pechada limitada por segmentos de recta que están en planos diferentes.
-
polígono esférico
Porción da superficie dunha esfera que está limitada por arcos de círculos máximos.
-
-
-
polígono de forzas
Construción gráfica que serve para atopar a resultante dun sistema de forzas calquera. Se F 1 , F 2 e F 3 son as forzas, a resultante R obtense debuxando vectores fixos representantes de F 1 , F 2 e F 3, de xeito que o extremo de cada un sexa a orixe do seguinte.
-
polígono de sustentación
Polígono convexo, o menor que cobre ou envolve o conxunto de puntos en que un corpo descansa nun plano.
-
polígono funicular
Construción gráfica usada en estática para atopar a recta de aplicación da resultante dun sistema de forzas.
-
polígono de forzas
-
-
Terreo delimitado para un fin específico.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á poligrafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polímero constituído por unións cabeza-cola entre moléculas de isopreno. Desde o punto de vista estereoquímico pode existir en diversas formas; delas, as máis importantes son as estereoespecíficas: cis-1,4-poliisopreno e trans-1,4-poliisopreno. A fórmula cis é o principal constituínte do caucho natural, e pode obterse a partir do isopreno mediante o uso de catalizadores estereoespecíficos de tipo Ziegler-Natta. A forma trans é o principal constituínte da gutapercha.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das reaccións en que unha molécula monomérica se converte nun polímero. Existen dous tipos fundamentais de polimerización: por condensación e por adición. A polimerización por condensación, ou policondensación, ten lugar a través da interacción entre pares de grupos funcionais pertencentes a dúas moléculas diferentes con eliminación dunha molécula pequena, e o polímero formado contén grupos funcionais non presentes nas moléculas do monómero. A polimerización por adición ten lugar mediante a interacción de enlaces múltiples presentes nas moléculas do monómero, e o polímero resultante ten a mesma composición ca o monómero do que procede. Deste tipo son a polimerización vinílica, en que o monómero é un derivado do etileno, a polimerización diénica, en que o monómero é un derivado do 1,3-butadieno, e a polimerización a través de enlaces múltiples entre átomos de elementos distintos. Un terceiro tipo xeral...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta polimorfismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente á raza polinesia ou aos seus representantes.
-
Individuo da raza polinesia.
-
raza polinesia
Raza de afinidades discutidas cos grupos leucodermo e xantodermo. Os seus individuos son braquicéfalos, de tamaño elevado, pel parda ou amarelecida, pilosidade reducida agás na barba, cara oval, nariz amplo e rectilíneo, ollos rectos e moi grandes, e unha marcada tendencia á obesidade. Ocupan a parte máis importante das illas do Pacífico, desde Nova Zelanda ata as Hawaii.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo polinesio.
-
Individuo do pobo polinesio.
-
Pobo de raza polinesia que se estende polo leste do Pacífico no triángulo que forman a illa de Hawaii ao N, Nova Zelanda ao S e a illa de Pascua ao L. A súa subsistencia xira arredor do cultivo da árbore do pan, os plátanos e algúns tubérculos tropicais, pero sobre todo da pesca. A súa organización social está constituída por unha estrutura piramidal que vai desde os grupos locais ata os caudillos dunha illa ou val. Teñen unha diferenciación social que consta de dúas ou tres clases. O poder do caudillo fundaméntase na súa ascendencia divina, que se concreta nas nocións de maná e tabú. Os elementos principais da expresión polinesia son a poesía oral, acompañada de música, e a danza.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Polinesia ou aos seus habitantes.
-
...
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á politrofia.
-
Que ou quen padece politrofia.
-