"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Proceso de industrialización co conxunto de transformación económicas e sociais que comporta. O termo designou os cambios que introducira a industrialización na sociedade inglesa, que comezou na segunda metade do s XVIII, e desde onde se difundiu a outros estados europeos, ata as primeiras décadas do s XIX. Supuxo o cambio dunha sociedade rural a unha urbana e do traballo manual e doméstico ao emprego de máquinas e as fábricas. Baseouse en diversos factores. O crecemento demográfico produciuse grazas ao descenso da mortalidade, que provocou un rexuvenecemento na poboación. As innovacións da agricultura co emprego de máquinas e, entre outras, de técnicas da rotación de cultivos, produciron un aumento da produción que permitiu, por unha banda, o aumento demográfico e, por outra, que un excedente de poboación que non atopaba traballo no campo se transferise á industria. Empregáronse novas fontes de enerxía e materias primas. Inglaterra contaba con abundancia de algodón, ferro e carbón. Na...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Forma de rexer ou de gobernar.

      2. Conxunto de institucións políticas que constitúen a forma de goberno que adoptou un país para resolver os seus problemas políticos. Supón a existencia dunhas normas xurídicas e uns poderes de dereito e de feito. Aristóteles estableceu unha tipoloxía que se fixo clásica: monarquía, aristocracia e república, e as súas formas impuras: tiranía, oligarquía e demagoxia. Maquiavelo distinguiu entre principado e república. Montesquieu formulou unha nova clasificación: república, monarquía e despotismo. A politicoloxía contemporánea, adoita distinguir entre réximes autoritarios ou ditaduras, réximes democráticos, que poden ser parlamentarios, presidencialistas e réxime de asemblea. A partir da Revolución Rusa, xurdiu un novo tipo de réxime, chamado democracia popular. Tamén se pode distinguir entre réximes pluripartidistas e réximes de partido único.

      3. réxime local /

        Normas de dereito público reguladoras das corporacións que forman a administración local. O dereito local vixente en España adaptouse ao modelo francés e parte do novo réxime saído das Cortes de Cádiz. Coa aprobación da Constitución de 1978 quedou derrogada a lexislación do réxime ditatorial en materia de admistración local e quedou lexislada coa Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

    1. Forma de administrar un establecemento ou unha entidade.

      1. Forma de comportarse ou producirse un proceso natural contínuo.

      2. réxime fluvial

        Conxunto de circunstancias hidrolóxicas que se dan nun río ou nun grupo de ríos. Estas son: o caudal medio durante o ano, expresado en m 3 /s ou ben en l/s/km 2 ; as variacións estacionais; as enchentes e estiaxes; as condicións das correntes, que dependen da pendente, da xeometría e da rugosidade da sección do río; e os transportes sólidos, tanto polo que respecta á súa granulometría como á súa cantidade. Todos estes elementos do réxime son esenciais, pero, entre eles, as variacións estacionais son as máis adecuadas para determinar os grandes grupos fluviais. Estas levan o ritmo das achegas hídricas e responden, ademais, ao estado físico das precipitacións. Cando son sólidas (neve), a variación reflicte o réxime térmico da cunca e o esgotamento das reservas de neves e xeos; noutro caso refliten o réxime pluviométrico. Por iso, nos casos máis puros, dunha vertente reducida a un único tipo de alimentación, pódese falar dun réxime simple, que pode ser ben glaciario...

    2. Conxunto de normas variadas referidas e aplicadas á cantidade e á calidade dos alimentos que se van inxerir, e incluso á periodicidade da súa inxestión para o mantemento da saúde ou do vigor corporal, ou ben para conseguir un determinado efecto. Adoita referirse ás dietas, é dicir, á alimentación dos que, por causas patolóxicas ou por especiais estados fisiolóxicos (como son a lactancia ou xestación), se alimentan dun xeito especial (hipoalimentación, hiperalimentación, réxime cárnico, lácteo, vexetariano, de froita ou hiposódico, entre outros).

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao rei, á raíña ou á realeza.

    2. Que é suntuoso ou magnífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Extensión de territorio caracterizada por certas circunstancias como o clima, a produción, a topografía ou a administración. As rexións naturais estan baseadas no medio natural. A síntese das rexións fisiográficas e as humanas, constitúen as rexións xeográficas. En todos os países desenvoltos, pódense establecer unhas rexións humanas funcionais, nodais ou polarizadas arredor dunha cidade. As nucleares constitúen as rexións metropolitanas, que actúan como núcleo polarizador de rexións máis extensas. En canto á medida, as estatísticas da ONU adoptaron unha división do mundo en grandes rexións, como Europa Meridional, Extremo Oriente continental ou Oriente Medio. Os países pequenos pódense dividir en rexións, necesariamente pequenas. En España, a fin do Antigo Réxime supuxo a substitución gradual do termo provincias polo de rexións históricas, que constituíron a estrutura territorial que serviu de soporte ás aspiracións autonomistas e que desembocou...

      2. rexión aérea

        División territorial en España en bases de estacionamento e de instrución do exército do aire, en tempos de paz, e de operacións, en tempos de guerra. Tiña como sedes Madrid, Sevilla e Zaragoza, e a zona aérea de Canarias.

      3. rexión europea

        Unidade territorial de primeiro nivel definida pola Comisión das Comunidades Europeas, segundo a Nomenclatura das Unidades Territoriais Estatísticas (NUTS). A Asemblea das Rexións de Europa define como rexión europea toda entidade situada por debaixo do nivel do estado central dotada de representatividade política. A esta asemblea pertence Galicia.

      4. rexión militar

        capitanía xeneral.

      5. rexión zooxeográfica/faunística /

        Cada unha das zonas xeográficas que se distinguen sobre a superficie terrestre, tendo en conta as afinidades e as diferenzas faunísticas. Diferéncianse principalmente sete rexións zooxeográficas: a paleártica (Asia central, Asia setentrional, Europa e África ata o limite meridional do Sáhara), a neártica (América do Norte e Groenlandia), a neotropical (América Central, América do Sur e as Antillas), a etiópica (África, desde o Sáhara ata o cabo de Boa Esperanza), a malgaxe (Madagascar, con fauna característica e especies arcaias) a oriental (sur de Asia e Indonesia) e a australiana (Australia, Nova Zelanda, Nova Guinea, e illas circundantes). OBS: Tamén se denomina reino zooxeográfico.

    1. División bioxeográfica inferior ao reino, que comprende unha zona extensa e ben caracterizada florística e faunisticamente, con endemismos a nivel de familia e de subfamilia.

      1. Conxunto aberto conexo dun espazo topolóxico.

      2. rexión crítica/de rexeitamento

        Conxunto de valores da variable que corresponden á non aceptación dunha hipótese.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha rexión ou ás rexións.

    2. Especialidade de análise económica que apareceu a principios da década de 1950, como teorización da aplicación práctica de medidas de política conxuntural en ámbitos territoriais específicos. Partiu da consideración dun conxunto de rexións dentro dun determinado ámbito estatal. Cada rexión tratouse como unha unidade espacial aberta e homoxénea e definiuse polo nivel de renda, polos sectores exportadores, pola estrutura sectorial ou por unha determinada dispoñibilidade de factores produtivos. Aplicáronse á análise rexional modelos keynesianos de impacto a curto prazo nos primeiros casos. Posteriormente, a economía rexional pasou a integrase nunha disciplina máis xeral, a economía espacial, que incorporou o espazo como unha variable explícita nos seus modelos e na súa teoría. O seu contido foi definido por todos aqueles aspectos segundo os cales o espazo xerou problemas económicos: o espazo como distancia (que supón toda a problemática microeconómica englobada na teoría da localización),...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de rexistrar.

    2. Anotación feita ao rexistrar unha cousa.

      1. Libro ou caderno no que se anota regularmente certa orde de feitos dos que se quere gardar o recordo.

      2. Cédula onde consta o rexistro realizado.

      3. rexistro civil

        Arquivo estatístico legal onde se recollen, compilan e presentan os datos referentes a sucesos ou acontecementos vitais como nacementos, defuncións e matrimonios. O grao de fiabilidade dos rexistros depende do nivel de desenvolvemento do país, xa que a inscrición no rexistro dos acontecementos vitais é un acto administrativo con repercusións legais. Nos países cristiáns os primeiros rexistros de acontecementos vitais corren a cargo da Igrexa, que desde o s XVI impuxo a obrigatoriedade de ser bautizado, casado e soterrado dentro dela. O proceso de secularización do Rexistro Civil aparece a partir do Código de Napoleón de 1804, cuxa sección civil estableceu a responsabilidade de rexistrar os nacementos, matrimonios e defuncións directamente en mans do estado. A base legal do código napoleónico tivo moita influencia na creacións dos sistemas de rexistro civil en boa parte de Europa, América Latina e outras rexións do mundo. En Europa, Arxentina e Uruguay establecéronse ao longo do s XIX, Reino...

      4. rexistro central de penados e rebeldes

        Rexistro dependente do Ministerio de Xustiza onde de rexistran os antecedentes penais daquelas persoas que foron condenadas por delitos tipificados no Código Penal ou noutras leis penais especiais. Non é de carácter público, só o titular dos antecedentes ou os seus representantes legais poden acceder a el e solicitar o certificado de antecedentes penais.

      5. rexistro da propiedade

        Documento público que ten a finalidade de garantir e publicitar a propiedade dos bens raíces. Instaurouse en España en 1861 e substituíu á Contadoría de Hipotecas. Este rexistro contén información literaria, pero non planimétrica, sobre os predios urbanos e rústicos, normalmente de ámbito municipal. As leiras enuméranse por orde de inscrición acumulando información sobre elas mentres non se modifiquen os seus límites territoriais. Tamén recolle os cambios de natureza dos inmobles, así como das variacións de tamaño por segregación ou agregación de parcelas. O rexistro non é obrigatorio, pero moitas propiedades urbanas están inscritas porque é obrigatorio o seu rexistro para xerar unha garantía hipotecaria. Depende do Ministerio de Xustiza.

      6. rexistro da propiedade industrial

        Rexistro que ten por obxecto a inscrición dos dereitos da propiedade industrial por razón de patentes de invención, marcas de fábrica, nomes comerciais, modelos e debuxos industriais, co fin de obter protección legal.

      7. rexistro de actas da derradeira vontade

        Rexistro onde se inscribe o outorgamento ante notario de todo testamento ou acta de última vontade.

      8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. al fluvial asolagado en parte ou na súa totalidade polas augas do mar. Aínda que aparecen no SO de Irlanda e na costa inglesa, o seu desenvolvemento máis característico ten lugar no litoral galego. Teñen uns perfís transversais típicos en forma de V que aumentan a súa profundidade progresivamente a medida que avanzan cara ao mar. Poden presentar meandros e seccións rectilíneas igual ca un río. Na súa formación interveñen a acción erosiva dos ríos, os movementos eustáticos do nivel do mar, a tectónica, a diferenciación litolóxica, ademais da dinámica xeral das placas litosféricas. Existen diferentes teorías que tentan explicar a súa xénese, sen existir un acordo entre os autores. O primeiro científico que individualizou as rías como un tipo singular de costa foi o alemán Von Richthofen (1886), que sinalaba que eran froito dunha transgresión mariña que invadira un relevo preexistente creado pola acción fluvial. Os trazos principais das rías serían obra da tectónica, e a acción do mar aproveitaría...

    2. Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘pedra’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado en Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín). A primeira proba documental da súa existencia é un documento de 921 do Rei Ordoño II no que se autoriza ao abade Franquila a reconstrución do mosteiro de Santo Estevo, pero puido exisir nos ss VI e VII. O Rei Afonso IX defendeuno fronte aos intereses de varios nobres e o mosteiro chegou a ter xurisdición sobre un extenso territorio. Incorporouse á Congregación de Valladolid en 1499 e no s XVI tivo entre os seus priorados a Santa Cristina de Ribas de Sil e San Vicente de Pombeiro, e acadou unha grande importancia económica ata a exclaustración de 1835. Acometeuse unha restauración do conxunto e en 2004 inaugurouse nas súas dependencias un Parador Nacional de Turismo. Realizado en estilo románico, ten elementos arquitectónicos que van desde o gótico e o renacentista ata o neoclásico. Das distintas dependencias que se conservan destacan os tres claustros. O Procesional ou dos Bispos, recibe este nome en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de ácidos formados por numerosos nucleósidos unidos entre eles mediante o ácido fosfórico. O ARN contén catro tipos de bases (adenina, guanina, citosina e uracilo) e é sintetizado no núcleo durante a transcrición. Existen tres tipos principais: o ARN mensaxeiro (ARNm), o ARN ribosómico (ARNr) e o ARN de transferencia (ARNt). O ARNt actúa como molécula transportadora de aminoácidos específicos durante a síntese proteica no ribosoma, mediante a formación de aminoacil-ARNt. Nun extremo da súa cadea todos teñen o mesmo trinucleótido (dúas citosinas e unha adenina) e no outro extremo teñen un resto de ácido guanílico. Existen probas da existencia de formas de ARN de cadea dobre, como é o caso do cromosoma de certos virus. A función do ARN de transferencia consiste en facer coincidir cada aminoácido diante do cordón de ARN mensaxeiro que lle corresponde segundo o código xenético. O ARN pode actuar como catalizador e realizar funcións de transmisión de información e de catálise....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral do grupo dos anfíbolos, negro verdoso, de dureza 5-6 e peso específico 3,4 g/cm3. Está presente nalgunhas rochas plutónicas e metamórficas e en Galicia atópase formando parte de granitos no SO do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do NL de Brasil (53.307 km2; 2.776.782 h [2000]). A súa capital é Natal. Limita ao N co Océano Atlántico, ao S co estado de Paraíba e ao O co de Ceará. O seu terreo ascende suavemente cara ao interior, que está constituído por unha serie de altiplanos (chapadas) e cordilleiras de materiais metamórficos. É o principal produtor de sal do país. Concedido polo Rei Xoán III de Portugal a João de Barros, a súa colonización fracasou e o territorio pasou á coroa. Ocupado logo polos holandeses, en 1654 volveu á coroa. O movemento revolucionario de 1817 proporcionoulle unha capitanía xeneral propia, e en 1822 converteuse en provincia do imperio portugués ata 1889, ano en que foi transformado en estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prestación xestionada pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. O seu obxectivo é garantir os recursos económicos de subsistencia aos que carecen deles, xunto co de acadar a súa autonomía e integración a través dun proxecto personalizado de inserción. Configúrase como un dereito recoñecible a toda persona que reúna os requisitos e condicións esixidas de insuficiencia de recursos, polo que se concede en todos os casos. En 1999 modificouse a Lei 9/1991, sobre medidas básicas de inserción social, flexibilizando os requisitos para acceder á prestación.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Norma que regula a execución dunha acción sacra, dun sacramento ou as cerimonias de culto relixioso. Émile Durkheim distinguiu entre ritos positivos, con vista á cohesión do grupo, e negativos, fundados na separación entre o sagrado e o profano; tamén entre a maxia e o rito relixioso, relativo sempre a unha divindade da que se esperan favores. Pola finalidade fálase de ritos de paso, de participación, de propiciación ou de purificación, entre outros. Adoitan dexenerar normalmente, ben pola introdución dunha nova relixión, ou ben por unha crecente interiorización que leva a consideralos como símbolos externos ou como superstición.

      2. Maneira concreta de celebrar a liturxia e de administrar os sacramentos e sacramentais, de acordo con regras litúrxicas. Na Igrexa latina, distinguiuse, a partir do s XVI, o rito simple do rito dobre (subdividido en maior, menor, de primeira e de segunda clase). O semidobre, intermedio, foi reducido a simple na reforma de 1955. Posteriormente pasou a indicar o conxunto dunha celebración litúrxica (como o rito da misa) ou ben un dos seus elementos (como o rito da paz).

      3. Conxunto de formas litúrxicas propias dunha Igrexa, dunha rexión ou dunha orde relixiosa. O rito romano é controlado directamente pola Congregazione per il Culto Divino e la Disciplina dei Sacramenti.

    1. Acto que se realiza de forma habitual.

    2. Controversia teolóxico-pastoral suscitada con motivo das adaptacións litúrxicas feitas nas misións católicas de China e de Malabar (India) nos ss XVII-XVIII. Os motivos foron, sobre todo, a maneira de denominar a Deus na lingua chinesa e a cuestión de saber ata que punto os neófitos e os cristiáns podían intervir nos ritos tradicionais dedicados a Confucio e aos propios devanceiros. Cumpría unir, para a India, a adaptación ao estilo de vida dos brahmana. A polémica suscitada entre os misioneiros de diversas ordes relixiosas provocou a primeira intervención romana (1645) prohibindo os ritos que facían referencia a Confucio e aos devanceiros. Autorizados máis tarde polo Santo Oficio (1656), foron novamente prohibidos (1704). Ch. Maillard de Tournon, enviado como legado (1703-1704), prohibiu por tres anos as adaptacións feitas en Malabar, acción que ratificou en China. Un novo legado, Mezzabarba, intentou mellorar a situación (1720), pero Benedito XIV prohibiu definitivamente (1742) as experiencias....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Normandie (1028-1035), fillo do duque Ricardo II e sucesor do seu irmán Ricardo III. Enfrontouse coa nobreza feudal, especialmente coa eclesiástica, ao fomentar a reforma da clerecía en Normandie. Foi pai do futuro Guillerme I de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa do sector téxtil creada por Manuel Roberto Mariño Fernández en 1982. Abriu a primeira tenda en París en 1983, alcanzou o mercado xaponés en 1989 e o luso en 1999. En 1997 presentou a súa primeira colección masculina. Diversificou os produtos que vende baixo a súa marca, como a produción de fragancias, a feminina en 1992 e a masculina en 2000, gafas (1997), viños (1997) e interiorismo (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Masa considerable de materia pétrea, especialmente a que se alza na superficie da terra ou do mar.

    2. Material constitutivo e esencial da codia terrestre composto por un agregado natural de minerais. É unha masa de materia mineral coherente, consolidada e compacta que posúe unha uniformidade de conxunto que vén dada pola súa composición química e mineralóxica, cor, textura e estrutura. Algúns minerais preséntanse en masas de bastante consideración para formar rochas simples, pero a maior parte resultan da xustaposición coherente de máis elementos minerais, orixinando rochas compostas. Pola continua dinámica da Terra as rochas destrúense e créanse outras novas. A ciencia que estuda as rochas e a súa constitución é a litoloxía.
      Composición
      Na composición das rochas simples só hai que considerar a composición química, pero nas compostas é preciso investigar a súa composición mineralóxica. Son poucos os minerais, como o cuarzo, o sal común ou as arxilas, que se atopan en cantidade suficiente para ser considerados como verdadeiras rochas. Tamén na composición química dos minerais...

    3. Formación rochosa en que se produciu unha intrusión de rochas ígneas ou ben se introduciron mineralizacións.

    4. Horizonte C dun solo, constituído polo substrato litolóxico, que fornece os elementos minerais do solo e do que derivan, por pedoxénese, os outros horizontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación cooperativa de consumo creada en Rochdale en 1844 por 28 obreiros, en gran parte tecedores. Recolleu as teorías de Robert Owen e significou o inicio do moderno cooperativismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Rodas ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Rodas.

    3. Lei reguladora das avarías marítimas, segundo a doutrina tradicional, e en xeral do tráfico comercial marítimo, que a transmitían ao dereito romano os rodios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato de manganeso, de fórmula MnCO3 que cristaliza no sistema romboédrico, en cristais pequenos. É exfoliable e fráxil e presenta unha cor rosada de tons diversos, cun brillo vítreo. Ten unha dureza de 4 e un peso específico de 3,4 a 3,6. É un importante mineral de manganeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rodofíceas.

    2. Alga da clase das rodofíceas.

    3. Clase de rodófitas integrada por algas pluricelulares de talo filamentoso ou laminar, moitas veces de estrutura complexa e xeralmente avermelladas. Teñen plastidios vermellos (rodoplastos) que conteñen, ademais de clorofila e carotenos, ficoeritrina e ficocianina. As súas paredes celulares están recubertas de mucilaxes a base de galactosa (ágar-ágar), algunhas delas con aplicacións industriais. Algunhas especies teñen incrustacións de carbonato cálcico e teñen importancia na formación de arrecifes coralinos. As súas células reprodutoras nunca son móbiles. Esta clase comprende unhas 4.000 especies de algas bentónicas, a maioría delas mariñas e especialmente abundantes nos mares cálidos e consta das subclases das banxiofícidas e das florideofícidas. Dalgúns dos seus xéneros obtéñense aditivos alimentarios texturizantes, como o ágar-ágar (a partir de especies dos xéneros Gracilaria e Gelidium) ou o carragheen (a partir de especies dos xéneros Chondrus,...

    VER O DETALLE DO TERMO