"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

    1. Relativo ou pertencente á semente ou ao seme.

    2. Xermes, contidos no espírito cósmico (estoicismo) ou na alma do mundo (plotinismo), en virtude e por causa dos que se desenvolven os acontecementos (o que aconteceu, o que acontece e o que acontecerá), que son, pois, a súa manifestación ou desenvolvemento. A concepción estoica do mundo como sometido a unha orde seminal, reasumida por Plotino, perdurou no pensamento filosófico-teolóxico do cristianismo medieval. Para Agostiño de Hipona o sentido das razóns seminais ten que entenderse como expresión e afirmación de que Deus crea simultaneamente todas as cousas e que todo o que semella novo no mundo xa existía xerminalmente desde un principio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución científico-cultural fundada en outubro de 1923 por nove estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, que aglutinou a profesores e alumnos universitarios, intelectuais do galeguismo e a distintos cenáculos da erudición local. Nos seus doce anos de vida activa (1923-1936), estruturouse en 12 seccións que abarcaban os principais campos das ciencias e das letras da época, abordou case todas as manifestacións da cultura galega, atendeu á formación de investigadores e á divulgación científica, e introduciu un novo método de traballo, en equipos interdisciplinares. Como mostran as súas publicacións, centrou a maior parte das súas actividades nas seccións de Historia, Prehistoria, Arqueoloxía e Historia da Arte e Etnografía e Folclore, e foi a única institución que levou a cabo dun xeito continuado en Galicia investigacións nestas disciplinas, e colaborou, ademais, coas institucións científico-culturais máis renovadoras da España da época. Encheu o baleiro investigador naquelas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos semitas ou ás linguas semíticas.

    2. Familia de linguas do phylum afroasiático que falan os pobos semitas. Segundo criterios xeográficos, divídense en: semítico nororiental, semítico noroccidental e semítico suroccidental. O acadio é o único representante do grupo nororiental. Ao grupo noroccidental corresponden o amorreo, o ugarítico, o cananeo do que se excindirán o hebreo, o fenicio, o púnico e o moabita, e o arameo. O grupo suroccidental divídese en tres ramas: o árabe, as linguas meridionais e as linguas etíopes, este último substituído por un gran número de linguas semíticas modernas como o tigré ou tigriña, o amhárico e o gurage. Aínda que a maioría das antigas linguas semíticas desapareceron, a área xeográfica que ocuparon domínaa hoxe maioritariamente o árabe, que, coa aparición e expansión do Islam, foi a que máis se difundiu. As súas principais características son a gran variedade e o número de consoantes e os sistemas de tres vogais. O sistema morfolóxico baséase nas denominadas “raíces”, consonánticas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral de óxido de estimonio, Sb2O3. Cristaliza no sistema cúbico-hexoctaédrico, ten dureza 2 e un peso específico de 5,2-5,3 g/cm3. A súa cor é branca amarelenta, xeralmente áchase en forma masiva, e en Galicia atopámola en lugares como Seara, Folgoso do Courel, Cervantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de tratamento honorífico destinada a persoas con certa autoridade.

    2. Maxistratura baseada no poder dunha persoa ou dunha familia que se desenvolveu nas cidades italianas a raíz da crise das institucións comunais. As primeiras apareceron no s XIII, e xeneralizáronse no XIV. O desexo de buscar axuda contra un perigo exterior ou de poñer remedio ás disensións internas levou a diversas cidades como Florencia ou Xénova a dar o señorío a un personaxe poderoso. Outras veces chegou a converterse en vitalicio o cargo de potestade ou o de capitán do pobo, ou ben xurdiu como unha maxistratura paralela ás institucións comunais, que quedaron desprovistas de poder (foi o caso dos Medici, en Florencia).

    3. señorío.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Situación de dominio por parte dun poderoso, xeralmente nobre ou gran propietario (señor), sobre un ámbito territorial ou un grupo de poboación que reside nel (servos, vasalos). O señorío persoal significaba o dominio sobre uns homes suxeitos ao señor por vínculos de patrocinio ou encomenda persoal, coa obrigada carga duns obsequios ou unhas prestacións de diversa índole. O dominical ou alodial baseábase na propiedade das terras cultivadas por servos e comportaba numerosos dereitos sobre os seus cultivadores. O xurisdicional, baseado a miúdo no anterior, comportaba o exercicio de certas funcións públicas por parte do seu titular sobre todos os habitantes no ámbito do señorío.

      2. Te-rritorio baixo o dominio ou xurisdición dun señor.

    1. Tratamento honorífico dado a certas persoas pola súa dignidade, cargo ou autoridade.

    2. Condición ou dignidade de señor.

    3. Conxunto de persoas distinguidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Percepción dunha impresión recibida na periferia por un nervio sensitivo que a transmite dos órganos dos sentidos aos centros nerviosos.

      1. Impresión causada no suxeito mediante os sentidos. Como un momento primario do proceso cognoscitivo, diferente da percepción, a sensación non se dá no home independentemente desa percepción e é á vez ordenada coa mesma aprehensión intelectual. Obxecto, en Kant, da estética transcendental, o feito de que esta siga unha parte da Kritik der reinen Vernunft manifesta a mutua relación intrínseca e á vez a relativa distinción dos momentos que integran o proceso cognoscitivo. O mesmo tratamento fixo Hegel. Polo que se refire á comprensión psicolóxica da sensación, enténdese a experiencia sensible como resultado dun estímulo e da súa recepción activa por parte do correspondente centro cerebral específico. Contemporaneamente, a psicoloxía deu un novo pulo ás investigacións sobre a sensibilidade. Os traballos experimentais sobre as sensacións tratan xeralmente sobre os tipos de estímulos, sobre os linteis de sensibilidade, sobre a adaptación dos sentidos e sobre as bases fisiolóxicas da...

      2. sensación consecutiva

        Prolongación dunha vivencia sensorial, cando o estímulo externo xa non actúa (efecto postimaxe).

    2. Sentimento que afecta ao espirito.

    3. Impresión forte de sorpresa, estupor ou admiración que causa algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facer sensible á acción dun axente físico ou químico.

      2. Facer sensible unha célula, coa acción dun complemento, por contacto desta cun sensibilizador específico.

    1. Reclamar a atención e o interese sobre un problema particular ou unha situación.

    2. Amosar interese ou preocupación por unha situación ou problema particular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dispositivo ou sistema, sensible a determinados estímulos que ao captalos e valoralos transmíteos cun sinal a outro dispositivo ou sistema, que os emprega como información, ben para efectuar algún control ou accionamento ou ben para elaborar algunha táboa ou gráfico.

    2. Órgano periférico dun ordenador que recolle sinais externos, en xeral magnitudes físicas como a temperatura ou a presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos serafíns.

      1. Relativo ou pertencente a san Francisco de Asís ou á orde franciscana.

      2. Aplícase como epíteto a san Francisco de Asís polo feito de que a este se lle aparecera un serafín no monte Verna (1224), onde recibiu os estigmas da paixón.

    2. Que ten un talante tranquilo.

    3. Sobrenome dado a san Boaventura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar anexo ao Océano Pacífico, situado en Insulindia, no SL de Asia, entre a illa de Obi, ao N, e as de Buru e Seram, ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de sereno.

    2. Título honorífico que se daba aos reis e aos príncipes que tiñan o tratamento de serenísimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tratamento honorífico dalgúns soberanos europeos de categoría inferior á real ou de príncipes mediatizados do Sacro Imperio. Foi dado primeiramente aos reis, aínda que despois pasou a ser propio de príncipes de ramas colaterais dunha casa real e a soberanos menores.

    2. Aplícase ás repúblicas de San Marino e de Venecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á serigrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formación de anticorpos específicos por efecto dunha infección ou da administración dunha vacina.

    2. Modificación do resultado dunha proba serolóxica, anteriormente seronegativa e despois seropositiva, que confirma o desenvolvemento dunha infección.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de servir ou servirse.

      1. Traballo ou actividade de utilidade pública ou xeral.

      2. Conxunto de traballos ou operacións que serven para un uso ou fin determinado.

      3. servizo civil /

        Prestación persoal obrigatoria para o cumprimento de finalidades de interese xeral, como a defensa nacional ou as suscitadas por circunstancias especiais.

      4. servizo militar

        Sistema de prestación persoal para nutrir os exércitos. En Europa, cando os estados nacionais non podían completar os seus exércitos mercenarios, recorrían ás levas ou ás quintas para conseguir soldados, que finalizou coa Revolución Francesa ao considerar o servizo militar unha obriga fundamental de todos os cidadáns. A finais do s XIX organizáronse os exércitos nacionais sobre a base do servizo obrigatorio e, nalgúns países, voluntarias para servir as colonias. Isto deu lugar a enormes exércitos que se enfrontaron na Primeira Guerra Mundial. As baixas que se produciron fixeron xurdir os primeiros movementos de oposición ao servizo militar. Tras a Segunda Guerra Mundial a obxección de conciencia alcanzou unha maior forza e foi recoñecida polas leis de moitos países. A fin da Guerra Fría e a tecnificación militar fixeron aconsellable profesionalizar os exércitos, con menos efectivos. Holanda e Bélxica aprobaron a supresión gradual do servizo obrigatorio en 1995, e seguíronos Francia e España...

      5. servizo público

        Servizo prestado de forma regular e continua pola administración directamente ou mediante concesións, para satisfacer as necesidades xerais públicas.

      6. servizo social /

        Cada unha das actividades e programas dedicados a mellorar o benestar de persoas e grupos mediante a articulación de diversos valores e intereses a través de complexos mecanismos políticos e administrativos. Os máis importantes son a educación, a seguridade social, a sanidade, a vivenda e, sobre todo, os servizos sociais en sentido específico, que comprenden as áreas de benestar da familia, da infancia e da terceira idade, intregación social de incapacitados físicos e psíquicos, prevención da delincuencia xuvenil, inserción social de marxinados, axuda aos emigrantes e desevolvemento comunitario.

      7. servizo social da muller

        Institución franquista creada en 1940 que obrigaba a todas as mulleres solteiras de máis de dezasete anos a unha prestación social. Comprendía tres meses de formación (relixiosa, política e doméstica) e tres meses de prestación ao servizo do Estado, normalmente en bibliotecas, hospitais ou tarefas administrativas. Continuación do servizo paramilitar organizado pola Sección Feminina da FET e das JONS (1937), foi abolido en 1978.

      8. servizos auxiliares

        Conxunto de tarefas secundarias dos corpos do exército, alleos ao servizo de armas e á instrución.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito bélico que enfrontou a Ingaterra e Prusia contra Francia, Austria e os seus aliados, entre 1756 e 1763. Foi provocada pola rivalidade colonial entre Inglaterra e Francia e polo intento por parte de Austria de recuperar Silesia, ocupada por Prusia. As tropas prusianas de Federico II ocuparon Saxonia (1756), pero a alianza entre Saxonia, Rusia e Suecia con Austria e Francia (Tratado de Versailles, 1757) obrigounos a abandonar as súas conquistas. O exército prusiano derrotou os franceses e saxóns en Rossbach (1757), os austríacos en Leuthen (1757) e os rusos en Zorndorf (1758), mais foi derrotado en Kunersdorf (1759) polos rusos. O acceso ao trono do Tsar Pedro III, bo admirador do espírito prusiano, significou a retirada de Rusia da guerra, seguida tamén por Suecia. A superioridade naval de Inglaterra permitiu o bloqueo das costas francesas. Os británicos ocuparon Québec (1759) e Montréal (1760) e derrotaron os franceses en India (Pondichery, 1761). A intervención de España, provocada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar interior de Xapón, situado entre as illas de Honshū, Shikoku e Kyūshū. Comunícase co Pacífico polos estreitos de Kii e de Bungo, e co mar de Xapón polo de Shimonoseki.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto asinado en Sèvres, entre os turcos e os aliados o 10 de agosto de 1920, polo que se cedía a Grecia a Tracia Oriental (con Gallípoli), as illas do mar Exeo (agás Rodas) e a administración de Esmirna. Francia recibiu Siria e Cilicia. Iraq, Palestina, Chipre e Exipto pasaron a Inglaterra, que tamén obtiña o protectorado de Arabia. O Dodecaneso e a illa de Rodas pasaron a Italia. O parlamento turco non o ratificou, e o movemento nacionalista turco, dirixido por Mustafá Kemal, obrigou a revisalo e substituílo polo Tratado de Lausanne (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das galaxias espirais que se caracterizan por ter un núcleo de cor azul, de moitas pequenas dimensións e extremamente luminoso. A primeira galaxia deste tipo foi descuberta no ano 1944 por Carl Seyfert, que o mesmo ano identificou 11 máis. A súa luminosidade, normal na rexión visible, é moi elevada na zona infravermella. Algunhas son tamén potentes fontes de ondas radioeléctricas.

    VER O DETALLE DO TERMO