"Chen" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 90.

  • Nome alemán de Aquisgrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor manierista alemán. Traballou en Praga, onde foi Pintor de Cámara do Emperador Rodolfo II. Tratou temas mitolóxicos e alegóricos e destacou como retratista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Heilongjiang, China, ao S da capital (197.595 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago do Tirol, Austria, nos Alpes calcarios do norte do Tirol (6,89 km2 928 m alt). O seu emisario, o Achen, flúe cara ao N sobre o Isar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista prusiano considerado o fundador da ciencia estatística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘castelán’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Apalaches.

    2. Forma de relevo producida despois dun longo proceso que xera, nun primeiro momento, un aplanamento das estruturas drobadas e, despois, por erosión diferencial, adquire as características que o definen: aliñacións paralelas de cristas nos materiais resistentes (cuarcitas) e depresións escavadas nos de menor resistencia (xistos). Toma o nome do cordal dos Apalaches, no L de Norteamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Murcia, ao NO da capital, na Vega del Segura (14.163 h [1996]). Posúe unha interesante necrópole ibérica. Ten fontes termais de augas sulfurosas que brotan a máis de 50°C. As termas véñense aproveitando para a explotación balnearia dende a época romana. En 1778 construíuse un gran balneario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura prehistórica, da época eneolítica, aparecida no extremo norte de Sardeña, caracterizada por tumbas formadas por círculos de pedras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo polaco nacionalizado suízo. Ingresou na orde dos dominicanos en 1927. É profesor na Universidade de Friburgo dende 1945. Centrou as súas reflexións sobre a Crítica lóxica, a Lóxica antiga e a Filosofía soviética; ademais, traballou no eido da Semántica. Algunhas das súas obras son Europäische Philosophie der Gegenwart (A filosofía europea actual, 1947), La logique de Théophraste (A lóxica de Teofrasto, 1947), Der sowjetische-russische dialektische Materialismus (O materialismo dialéctico soviético, 1950), Formale Logik (Lóxica formal, 1956), Marxismus-Leninismus (Marxismo-leninismo, 1973) e Wast ist Autorität? Einführung in die Logik der Autorität (Que é a autoridade? Introdución á lóxica da autoridade, 1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en dereito pola Universidad Nacional Mayor de San Marcos de Lima (1964) e doutor en letras pola mesma universidade (1977). A mediados da década dos sesenta viaxou a Europa, onde reside dende entón, dedicado ao labor literario e á docencia universitaria, ademais de asistir como conferenciante a diversos congresos. Nas súas obras reivindica o carácter narrativo do relato, ao mesmo tempo que reflicte o mundo da alta burguesía procedente da vella oligarquía terratenente. Da súa produción destacan os contos Huerto cerrado (1968), Magdalena peruana (1986), La felicidad ja, ja (1974), Cuentos (1999) e Guía triste de París (1999), e as novelas Un mundo para Julius (1970), La vida exagerada de Martín Romaña (1981), El hombre que hablaba de Octavia de Cádiz (1985), Permiso para vivir (1993), No me esperen en Abril (1995), Reo de nocturnidad (1997) e La amigdalitis de Tarzán...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade de Turinxia, preto de Weimar, Alemaña, no bezirk de Erfurt, onde houbo un dos campos de concentración nazis máis importante. Creado no ano 1936 para presos políticos, durante a Segunda Guerra Mundial converteuse nun lugar de exterminio sistemático de polacos e xudeus. A administración soviética continuou a utilizalo para fins similares entre 1945 e 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento de estudiantes universitarios alemáns creado en Jena (Turinxia) en 1815 ao abeiro do pulo nacionalista e liberal que xurdiu trala expansión napoleónica. A radicalización dunha parte do movemento motivou que a partir de 1819 o grupo mantivese unha intensa actividade terrorista, sobre todo entre 1830 e 1840, e participase na revolución liberal de 1848. A súa bandeira converteuse en 1919 en bandeira nacional alemana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que lle falta un corno ou os dous.

      1. Que lle faltan os dentes.

      2. Resto da raíz dun dente que permanece na enxiva despois de arrincar ou podrecer a peza dentaria.

      1. Relativo ou pertencente á raza cachena.

      2. raza cachena

        Raza bovina morena orixinaria de Galicia de perfil cóncavo, cabeza pequena con órbitas saíntes e ollos oblicuos, orla branca no fociño, beizos grosos e cornos en lira alta e moi desenvolvidos. O pelame é de cor castaña clara e as mucosas, cascos e partes extremas da cornamenta, son de cor negra. Os bois acadan un peso medio superior aos 620 kg. Aínda que tamén foron empregados na realización de labores agrícolas, o seu máximo interese céntrase na calidade da carne. Son propios da comarca galega da Baixa Limia e das serras da Peneda, Soajo, Amarela e Gerês, en Portugal; xa que logo, constitúe un ecotipo de alta rusticidade, axeitado a condicións de pastos pobres sobre solos ácidos e a un clima húmido e frío. No s XX tivo lugar un descenso brusco no seu número de cabezas, que pasou de preto de 6.000 animais a pouco máis de 200. Considerada en perigo de extinción, a administración galega puxo en marcha en 1983 un programa para a súa conservación; logo dunha selección de exemplares que non...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio do Cáucaso (17.300 km2; 780.400 h [estim 1999]), autoproclamado independente en 1991 trala disolución da URSS, aínda que a Federación Rusa sostén que depende da súa soberanía. A capital é Groznyj.
    Xeografía
    O territorio está drenado polo río Terek e polos seus afluentes, Assa, Argun e Askaj, que baixan do Gran Cáucaso. Posúe un clima continental seco. A súa base económica xira ao redor do binomio petróleo-gas e da agricultura. Cerca de Groznyj localízanse os principais xacementos petrolíferos (2.600.000 t [1996]). Na gandería destaca a cría de gando ovino, especialmente nas zonas de montaña. A agricultura baséase no cultivo de cereais, legumes, árbores froiteiras e viña. A industria é bastante deficitaria, pois depende de Rusia e das repúblicas veciñas. O compoñente étnico maioritario é o checheno (80%). Na estruturación da sociedade chechena ten un papel esencial o clan, entrelazado por vía matrimonial e con fortes vínculos territoriais, ademais...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Chechenia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo caucásico que habita basicamente en Chechenia.

    3. Pobo do grupo caucásico que habita en Chechenia. Organizado en clans, conserva boa parte das súas tradicións. Islamizado no s XVIII pola rama sunita, loitou contra os rusos durante os ss XVIII e XIX ata a capitulación do seu líder Šamil. Despois da Segunda Guerra Mundial, foron deportados a Kazakhstán e a Kirguizistán, de onde retornaron posteriormente. Dedícanse á gandería e desenvolven, en menor medida, actividades agrícolas e artesás.

    4. Lingua caucásica pertencente, xunto co inguxo e co bácico, ao grupo nororiental ou checheno-lézguico, da familia caucásica. Fálana aproximadamente unhas 900.000 persoas, das que a maioría habita en Chechenia. O checheno é unha lingua intimamente relacionada co inguxo e mesmo son mutuamente comprensibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao checheno-lézguico.

    2. Grupo nororiental da familia de linguas caucásicas dividido en dous subgrupos: o checheno e o lézguico ou daguestano. É o grupo de linguas caucásicas que comprende un maior número de linguas singulares, que presentan graos moi diversos de parentesco. Foneticamente, distínguese por un vocalismo (ata unha vintena de fonemas) e por un consonantismo (ata máis de cincuenta consoantes) moi ricos. Son linguas aglutinantes e flexionais (especialmente cunha flexión interna). As clases gramaticais poden chegar a oito e o sistema de casos é o máis rico das linguas caucásicas. Posto que o árabe foi durante moito tempo a lingua oficial do Daguestán e da zona oriental do Cáucaso, as linguas checheno-lézguico escribíronse, inicialmente, en caracteres árabes; posteriormente, en 1928, empregouse o alfabeto latino, e finalmente, no 1938, o alfabeto cirílico, ao que se lle engadiron algúns signos propios para cada lingua co fin de poder expresar os valores fonéticos particulares das linguas caucásicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Antiga república autónoma da República Socialista Federativa Soviética Rusa (RSFSR), URSS, situada ao N do Cáucaso. Constituída en 1936, disolveuse por orde de Stalin en 1944, cando os seus habitantes foron acusados polas autoridades soviéticas de colaboración co nazismo, e restableceuse en 1957, trala rehabilitación promovida por Khruščov. Despois da disolución da URSS en 1991, Chechenia proclamou a súa independencia, polo que os inguxos solicitaron a creación dunha república federal separada da dos chechenos, aprobada polo goberno ruso en marzo de 1992, feito que motivou numerosos conflitos para delimitar as fronteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía imperial chinesa, unha das que dominou o sur da China na época da primeira división do imperio (557-589). Fundouna o xeneral Chen Baxian e dominou o val inferior do Iang-tsé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e teórico chinés do marxismo. Incorporouse á base comunista de Yan’an, onde se converteu en secretario político de Mao Zedong. Membro do buró político do partido comunista chinés, entre as súas obras políticas cómpre salientar Dez anos de guerra civil (1944), As catro grandes familias da China (1946) e Un inimigo do pobo: Chiang-Kai-shek (1954). Tivo unha participación decisiva na Revolución Cultural de 1966. Acusado de facer complot contra Mao Zedong, encarcerárono (1971) e condenárono a dezaoito anos de cadea (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO