"Domínguez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 81.

  • Adolfo Domínguez Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • As orixes do grupo empresarial remóntanse á xastrería que o seu pai estableceu en Ourense a mediados deste século. En 1973 abriu a súa primeira tenda en Ourense e, en 1976 constitúe, xunto cos seus fillos, a sociedade familiar denominada nos seus inicios Adolfo Domínguez e Hijos SL. dedicada á confección de traxes para home. No 1979, Adolfo Domínguez, baixo a campaña publicitaria La arruga es bella, situouse á fronte da renovación do sector en España ao darlle pulo a unha tendencia prêt-à-porter urbana no segmento medio-alto da moda. No 1982 abriu as primeiras tendas en Madrid e Barcelona e en 1985 presentou a primeira colección feminina en París; iniciouse así a expansión internacional da empresa (Londres, Toquio e outros). A finais do 1989, Adolfo Domínguez creou unha liña de perfumería para home e outra para muller. A súa actividade empresarial abrangue o deseño, a produción e a distribución nunha extensa rede de tendas propias e franquiciadas. En 1997, a empresa sae...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Despois dos seus primeiros estudos no Seminario de Ourense, marchou a Madrid a cumprir o servizo militar. Na capital do Estado matricúlase na Universidade para estudar filosofía. Alí entra en contacto con Bernardino Graña, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Fernández Ferreiro, Ramón Lorenzo, Alexandre Cribeiro, César Arias, Reimundo Patiño e outros, cos que forma en 1958 o grupo Brais Pinto. Dende esta plataforma, que pretendía artellar unha alternativa ao piñeirismo cun maior grao de compromiso político, traballa en Madrid nos Seminarios de Cultura Galega do Centro Galego e do Club de Amigos de la UNESCO. En novembro de 1963 varios integrantes de Brais Pinto, entre os que se atopa, fundan unha organización política, a Unión do Pobo Galego (UPG), que se confirma nunha xuntanza celebrada en Santiago o 25 de xullo de 1964....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Comezou interpretando algúns papeis en grupos de teatro independente de Euskadi, antes de trasladarse a Madrid para facer as súas primeiras intervencións no cine e na televisión. Nos inicios da súa carreira foi determinante a decisión do director Adolfo Marsillac de incluílo na compañía do Centro Dramático Nacional de Madrid e o seu papel protagonista na serie Anillos de oro (1983). Despois dalgunhas primeiras obras irregulares, destaca no papel do saxofonista Rufo en Lulú de noche (1985). Dende entón rodou Tiempo de silencio (1986), El Lute: camina o revienta (1987), El Lute II: mañana seré libre (1988), Intruso (1993) e El amante bilingüe (1993), baixo a dirección de Vicente Aranda, Todos los hombres sois iguales (1994), de Manuel Gomez Pereira, La flor de mi secreto (1995), de Pedro Almodóvar e Territorio comanche (1997), de Gerardo Herrero. Acadou unha gran popularidade pola súa intervención nas series televisivas Brigada Central (1989) e Querido maestro (1997) dirixidas por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi catedrático de Anatomía Patolóxica da Universidad de Mendoza e director de Saúde Pública da Patagonia. En 1936 emigrou a Arxentina onde fundou, xunto con Gumersindo Sánchez, o Sanatorio da Avellaneda e organizou o laboratorio de Anatomía Patolóxica do Centro Galego de Bos Aires. Entre 1956 e 1959 presidiu a AGUEA (Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas). Foi membro do equipo de dirección da editorial Citania. Escribiu artigos en galego como “Galeguismo, folklore, política e bioloxía” ou “Isaac Díaz Pardo” e, baixo o pseudónimo de Luís Estévez, colaborou na revista bonaerense Galicia emigrante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi profesor de Anatomía, Patoloxía e Cirurxía (1932), e director do Sanatorio Baltar (1934-1963) e do Gran Hospital, ambos en Santiago de Compostela. Estudiou o ambiente histórico e médico do s XVIII na obra Opúsculos médicos gallegos del siglo XVIII (1961). Así mesmo, referiuse á relación entre Castelao e a medicina, como reflicten o artigo “Castelao médico” e a obra Castelao ante la medicina, la enfermedad y la muerte (1979), onde se recollen algunhas das ilustracións de temática médica realizadas por Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestra e poetisa. Asinou as súas obras como Marica Campo e compaxinou a creación literaria coa faceta de articulista en diversas publicacións como O Libelo, Escrita, Dorna, Artesonado ou Lucensia. Comezou no mundo do teatro coa publicación de O cazador de estrelas e Dous vellos e unha soia soidade, en colaboración con Xosé Manuel Carballo, representadas en 1976 e 1977, respectivamente. Posteriormente, en 1984, publicou a peza de teatro infantil O Premexentes non pode cos paxaros rebezos (ou memorias dun escribano), coa que acadou unha mención de honra do Premio de Teatro O Facho. Deuse a coñecer como poetisa nos anos noventa, aínda que anteriormente escribira composicións lidas en recitais e algunhas delas musicadas. Colaborou co grupo A Quenlla e participou nas gravacións de Fuxan os ventos, musicando temas como Muller, Mencer, Dáme lume, Canción pra adormiñar a lembranza ou Fame,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autora, actriz e directora teatral. Colaborou coa Asociación Cultural Barriga Verde e co grupo de teatro Achádego. Mestra de profesión, as súas actividades vincúlanse co movemento de profesores de teatro e drama, Joven Teatro Joven, e cunha serie de iniciativas que pretendían unha maior presenza da actividade teatral na escola. Tamén organizou e impartiu cursos de iniciación ao teatro, mostras de teatro infantil e xuvenil e outras actividades relacionadas coa divulgación do feito teatral. Entre 1993 e 1998 coordinou a Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo. Dirixiu máis de trinta espectáculos no ámbito do teatro escolar, afeccionado e universitario, con textos de Antonio Buero Vallejo, Miguel de Cervantes, Alejandro Casona, José Luis Alonso de Santos, Plauto ou Thornton Wilder.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de tipo patronímico formado a partir do nome Domingo/Domingos. Na época medieval presentaba máis variantes ca hoxe en día: “Eika Duminizi” (doc ano 1069 en Santiago Montero Díaz, La colección diplomática de San Martín de Jubia [Ferrol], Boletín Universitario de Santiago 7, 25, 1935, p 60), “Nullo Domenguiz” (doc ano 1080 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 338), “Johã Domingez” (doc ano 1278 en Manuel Lucas Alvarez/P. Lucas Domínguez, San Pedro de Ramirás. Un monasterio femenino en la Edad Media. Colección diplomática, 1988, p 415).

    2. Liñaxe que se asentou no Grove, Raxó (Poio), Reinante (Barreiros), Borreiros (Gondomar), Cacheiras (Teo) e Manzaneda. As súas armas levan, en campo de sinople, dous castelos de ouro unidos por unha cadea do mesmo metal e sumados dunha aguia, tamén de ouro, que asenta as súas gadoupas en ambas as torres centrais dos dous castelos. Algúns ostentan escudo cortado por unha faixa de ouro: no alto, en campo de azul, dúas cabezas de prata, e no baixo, en campo de goles, unha caldeira de sable. Outros traen, en campo de goles, un brazo nacente do flanco destro sostendo un escudo, para facer fronte á acometida doutro brazo armado nacente do flanco sinistro, que empuña unha espada; terrazado de sinople, con cinco cabezas sinistradas. Outros amosan escudo cuarteado: primeiro e cuarto cuartel, de prata, con tres paos de goles; segundo e terceiro, de azul, con tres espadas, de prata, coa gornición de ouro e as puntas cara a arriba. Os do Grove levan no seu escudo unha bandeira envolta nunha cruz, sobre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Emigrou a Puerto Rico, onde traballou no Banco Sobrinos de Ezquiaga e foi deputado provincial e vicepresidente da Deputación. Alistouse no Batallón de Voluntarios e retornou pouco antes da perda da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico, coñecido como Antonio Banderas. Comezou como actor teatral e facendo pequenos papeis secundarios en películas como Laberinto de pasiones (1982), Los zancos (1984) ou La corte del faraón (1985). Os seus traballos con Pedro Almodóvar, a partir de 1982, convertérono en protagonista dos seus filmes como en Matador (1986), La ley del deseo (1987), Mujeres al borde de un ataque de nervios (1988) e Átame (1989). Na década dos noventa entrou en contacto co cine de Hollywood a través das películas The Mambo Kings (Os reis do mambo, 1991), Philadelphia (1993), Interview with the Vampire (Entrevista co vampiro, 1994), Desperado (1995), Two Much (1995) ou Evita (1996). En 1999 dirixiu a súa muller Melanie Griffit na película Crazy in Alabama (Tolos en Alabama), coa que conseguiu o Leone d’Oro da Mostra Internazionale d’Arte Cinematografica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Adoptou o apelido familiar Bécquer, aínda que o seu verdadeiro nome era Gustavo Adolfo Claudio Domínguez Bastida. Ao morrer seu pai ingresou no colexio San Telmo para seguir estudios de náutica, que abandonou para formarse como pintor con Cabral Bejarano e máis tarde no estudo do seu tío Joaquín Domínguez Insausti. Por estes anos escribiu Oda a la muerte de Don Alberto Lista (1848), Oda a la señorita Lenona en su partida, publicou os seus primeiros traballos no xornal La Aurora e algúns poemas (“La plegaria y la corona”, “A Quintana”). En 1854 trasladouse a Madrid e colaborou en diversos xornais da época (El Contemporáneo, El Museo Universal, El Porvenir, La España Artística y Literaria e La Iberia). Escribiu a comedia La novia y el pantalón (1856), en colaboración con García Luna. Un ano máis tarde rematou a primeira entrega de Historia de los templos de España (1857-1858),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Membro dunha familia de pintores, adoptou o apelido familiar Bécquer, aínda que o seu verdadeiro nome foi Valeriano Domínguez Bastida. Formouse co seu tío Joaquín Domínguez Insausti. Cunha pensión outorgada por Alcalá Galiano en 1865, viaxou por España para pintar e debuxar os tipos populares cun realismo matizado polo romanticismo. Trala Revolución de 1868 retiróuselle a pensión e comezou a realizar ilustracións en xornais como El Museo Universal e La Ilustración de Madrid. Entre as súas obras destacan El Presente, El leñador, La fuente de la ermita ou Retrato del conde de Ibarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1916. Despois de traballar como funcionario de Facenda, trasladouse a Barcelona, onde exerceu como tradutor e guionista cinematográfico. Posteriormente, marchou a Madrid á redacción de El Liberal. De aí pasou a elaborar Estampa, a revista de maior difusión da época. Afiliado ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE), foi encarcerado na revolución de outubro de 1934. Unha vez en liberdade, marchou a París ata que decidiu regresar a España para axudar á recuperación da República. Co inicio da Guerra Civil exiliouse en México, onde foi secretario de redacción da revista Reconquista de España. Escribiu as novelas Lamentación (Premio de novela Gregorio Pueyo, 1922), En lo más hondo, Cándido, hijo de Cándido, Un hombre de treinta años (1933), El último pirata del Mediterráneo (1934), Los nuevos profetas (1942), La escuadra la mandan los...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor e mestre de obras; probablemente irmán de Cibrán Domínguez Bugarín. Activo entre 1694 e 1714. En 1694 realizou o retablo da capela maior da igrexa de San Lourenzo de Salvaterra do Miño (Pontevedra), segundo traza de Domingos de Andrade, e en 1694 contratou coa confraría da Soedade da catedral de Tui o seu retablo, axustándose á planta de frei Francisco Antonio de Andrade. Dende 1695 traballou con Marcial González na capela de Santa Liberata de Baiona. Realizou na caixa do órgano da catedral tudense (1697) e reedificou parte da igrexa de Tomiño (1698). Seguindo un deseño de Domingos de Andrade, entallou o retablo maior do convento de Santa Clara de Santiago de Compostela (1700).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e mestre de arquitectura; probablemente irmán de Xosé Domínguez Bugarín Muñoz. Activo en Santiago de Compostela entre 1708 e 1713. En 1711 fixo o arquivo da sala capitular da catedral de Tui. Para a igrexa do mosteiro de San Paio de Antealtares fabricou os retablos xemelgos do Rosario (1711) e de San Bieito (1713), decorados con columnas salomónicas e acios de froitas. Xunto con Miguel de Romai realizou, en 1712, o retablo maior de Santa María Salomé de Santiago de Compostela, trasladado posteriormente á igrexa de Santo André de Souto (A Estrada); e con Antonio de Afosín entallou en 1709 o retablo maior da parroquia de Santa Susana, segundo traza do arquitecto Domingos de Andrade, os retablos da igrexa de Santa Clara de Tui en 1711 e o retablo de San Marcos da igrexa de Santiago de Betanzos (1712).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor en Medicina pola Universidade Central. Catedrático de Hixiene e Sanidade na Universidade de Santiago de Compostela e, posteriormente, na Universidad Complutense de Madrid. Completou os seus estudios no Instituto de Medicina Preventiva do Exército, no Instituto Pasteur de París, no Tropeninstitut de Hamburgo e no Instituto Pasteur de Bruxelas, entre outros centros. Realizou investigacións sobre epidemioloxía e medicina xeográfica galega, en colaboración cos profesores da universidade compostelá Gestal, Daporta, Míguez e Fontán. Elaborou informes sobre os efectos das armas químicas no conflito Irán-Iraq, por petición do Secretario Xeral das Nacións Unidas, e formou parte da misión médica que se ocupou de estudar estes axentes en Angola en 1990. Colaborou de forma habitual en revistas especializadas. Membro numerario da Real Academia de Medicina de Galicia e da Real Academia de Farmacia, foi xefe de Sanidade Militar e Civil de Santiago e director do Hospital Militar da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en revistas como Minius ou A Nosa Terra, e en obras colectivas como O feito diferencial galego na historia (1996), Los significados del 98: la sociedad española en la génesis del siglo XX (1999), Terra e progreso: Historia agraria da Galicia contemporánea (2000), e redactou artigos sobre historia agraria e movementos sociais en Galicia. Publicou con Xosé Ramón Quintana Garrido Viños, viñas e xentes do Ribeiro (1992) e El movimiento nacional-popular gallego ante el cambio político: ideología, estrategia y estruturas de oportunidad política (1971-1977) (1996), e como integrante do Grupo Gándara Os problemas do mundo actual (1998), Políticas de bloques e guerra fría (1998) e Desenvolvemento económico e transformacións políticas (1945-1975) (1998), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Fillo de Faustino Domínguez Domínguez. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid e obtivo o título co proxecto dunha fachada para a catedral de Madrid (1867). Foi arquitecto municipal de Ferrol (1868-1870), arquitecto municipal de Santiago de Compostela (1879-1887), arquitecto diocesano de Santiago (1882-1884), arquitecto provincial da Coruña (1887) e presidente da Academia Provincial de Bellas Artes da Coruña (1890). Durante a súa estadía en Madrid (1870-1879), traballou, entre outras obras, na ampliación do Museo del Prado (1870) e no Palacio de Justicia (1874). Na Coruña realizou, entre outras obras, o proxecto do antigo Teatro Principal (1867), chamado posteriormente Teatro Rosalía de Castro, construíu o Instituto Eusebio da Guarda (1889), as Escolas da Garda (1898), vivendas unifamiliares como a casa de Fernando González (1881), as Galerías da Praza de Pontevedra (1895) e a nova igrexa de Santo André (1881-1890). En San Pedro de Nós (Oleiros) proxectou a súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz, pedagoga e directora teatral. Titulada na Real Escuela de Arte Dramático y Danza (RESAD) de Madrid. Foi fundadora da compañía Factoría Teatro, na que dirixiu espectáculos como Na soidade dos campos de algodón (1994), a partir do texto de Bernard-Marie Koltés; Para o leste do Gantry (1997); A casa de América (1998), sobre textos de Edward Thomas; As presidentas (2000), a partir dunha creacion homónima de Werner Schwab; e Coitelos nas galiñas (2001), sobre unha obra de David Harrower. En 1998 dirixiu o espectáculo A viaxe de Lola para a compañía Alalá Producións. Tamén son frecuentes as súas colaboracións na dirección escénica coa compañía de danza Dobre Xiro, en espectáculos como A casa das cinco esquinas (1999) entre outros. Como actriz participou no espectáculo O melro branco, de Tranvía Teatro (1989); Yerma (1990) e Así é se vos parece (1991), co Centro Dramático Galego; e A irmandade...

    VER O DETALLE DO TERMO