"África" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 64.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Congreso Nacional Africano.
-
-
Relativo ou pertencente aos africáners.
-
Pobo de Sudáfrica, tamén chamado bóer (boeren en neerlandés), formado polos descendentes dos campesiños procedentes dos Países Baixos e establecidos no cabo da Boa Esperanza a partir de 1652 pola Compañía Holandesa das Indias Orientais. A partir de 1685 (abrogación do edicto de Nantes) recibiron o reforzo de moitos hugonotes franceses que fuxiran ás Provincias Unidas. A raíz da conquista británica, unha gran parte dos africáners comezou o proceso de penetración máis aló do Oranxe e do Vaal, onde constituíron diversos estados republicanos (Graaf-Reynet, Natal, Lyndenburg, Utrecht, Stellaland, etc). As dúas repúblicas do Transvaal (Lydenburg e Utrecht), creadas en torno ao 1850, uníronse no 1860 para formar a República de Sudáfrica, que de 1881 a 1884 adoptou o nome de Transvaal; en 1902, derrotada na guerra anglo-bóer, pasou á coroa británica. A poboación africáner conservou as características dun pobo fortemente campesiño, a súa relixión calvinista...
-
-
-
Simpatía polo africano.
-
Defensa dos valores culturais ou dos intereses políticos e doutra índole dos africanos, especialmente dos africanos negros.
-
-
-
Persoa dedicada aos estudios antropolóxicos, arqueolóxicos, etnográficos, históricos, lingüísticos, etc, relativos a África.
-
Que ou quen defende os intereses africanos ou é partidario deles.
-
Denominación que se lles deu aos militares españois, principalmente aos oficiais, que prestaran servizo en África, sobre todo durante a Ditadura de Primo de Rivera.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio dos pobos africanos dende o punto de vista antropolóxico, etnolóxico, lingüístico, etc.
-
-
Experimentar a influencia das razas africanas e dos seus costumes, crenzas, arte, etc.
-
olverse ou adaptarse aos costumes africanos.
-
-
-
Relativo ou pertencente a África ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de África.
-
Relativo ou pertencente á África negra ou subsahariana ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da África negra ou subsahariana.
-
ávrego.
-
Arte dos pobos da África negra. No derradeiro cuarto do s XIX a cultura occidental comenzou a se interesar de xeito intensivo no seu coñecemento, non sendo ben apreciada ata comezos do s XX. As principais realizacións poden situarse entre os séculos da Idade Media europea e o XIX. Reúne unha gran diversidade de estilos e de significacións, relixiosas ou máxicas e estéticas, sobre os símbolos da autoridade e o culto aos mortos. A escultura é a súa principal manifestación, e a madeira o material máis empregado, abundando tamén a pedra, o marfil, o barro cocido e certos metais. En canto á clasificación estilística, pódense destacar os grandes conxuntos rexionais, situados ao redor do gran golfo de Guinea, dende Malí e Burkina Faso ata Camerún e o Congo. Entre estas culturas cómpre salientar a dos bambares, os dogóns e os senufos. Nas terras de Gana, de Benín, de Nixeria e do Camerún sobresaen a dos baules e a dos axantes, que traballan o ouro, o cobre e o bronce. Son ben coñecidas pola súa...
-
Cine dos pobos da África negra. O desenvolvemento do cine como industria e como medio de expresión variou segundo a herdanza dos países colonizadores de cada área. Así, nas colonias e nos países independentes con dominio político branco non hai cine autóctono. Na África de lingua francesa, destaca a produción senegalesa, a máis rica. Entre os seus autores, o novelista e realizador Ousmane Sembéné conseguiu achegar a súa obra cinematográfica ao público europeo e aos festivais internacionais, como o de Venecia, onde foi galardoado en 1987 por Camp de Thiaroye (Campo de Thiaroye). Os seus filmes son exemplos válidos do cine popular. Ademais, cómpre citar directores como Mahama Trahoré, Safi Faye e J. Ramaka Gay. Noutros países, pódense salientar tamén autores como Mustafá Alassane e Mahamanea Bakabé, de Nixeria; Jean Pierre Dikongue Pipa, do Camerún; Haile Gerima de Etiopía; Abid Med Hondo e Sidney Sokhona, de Mauritania; S. Cissé, premiado en Cannes por Yeleen (O lume, 1987)...
-
Cos nomes de negras, negro-africanas ou africanas, desígnanse as literaturas desenvolvidas polos africanos da área subsahariana. A discrepancia de nomes provén da diversidade de enfoque, pero sobre todo da falta de bases documentais amplas sobre unha materia que non comeza a recollerse ata o último terzo do s XIX nin a estudiarse ata unha época máis recente. Pola ausencia de linguas escritas, estas literaturas permaneceron nun estadio oral, feito que impedía comprobar a súa riqueza e a estrutura sociolóxica en que se asentaban. Esta literatura tradicional coexiste, a partir dos anos trinta, coa chamada neoafricana, escrita basicamente en linguas europeas e utilizando as súas formas de cultura. Os seus representantes, agrupados pola crítica europea segundo as zonas lingüístico-culturais dos colonizadores, tomaron conciencia da súa cultura específica ata o punto de que algúns deles -Leopold Sédar Senghor, etc- crearon o concepto de negritude. Na zona de influencia cultural...
-
Música dos pobos da África negra. As numerosas variantes da música negra pertencen á categoría de música non escrita, de tradición oral. Dende o punto de vista estilístico pódese subdividir a África negra en dúas grandes áreas musicais delimitadas por unha liña paralela ao ecuador situada entre este e o trópico de Cáncer. A zona do norte esténdese por todo Senegal e Sudán, moi influenciada polo Islam. A rexión musical do sur, onde se cultiva a música puramente negra, pode ser subdividida en catro rexións. A primeira coincide coa zona de linguas bantús, caracterizada pola emisión totalmente natural da voz con tendencia ao rexistro grave; os conxuntos instrumentais, dunha gran riqueza rítmica, son numerosos. A segunda subdivisión corresponde á música do golfo de Benín, cunha predilección polo canto de melodías moi amplas a unha soa voz. A rexión de Gana, en terceiro lugar, ten unha caracterización polifónica. Finalmente, a última subdivisión está formada por unha serie de núcleos situados...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero fósil de homínidos que ten como único representante o africantropo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Designación empregada para referirse á especie fósil descrita en 1935 por Kohl-Larsen a partir de tres cranios atopados preto do lago Eiasi (Tanzania). As súas características anatómicas son arcos supraorbitais macizos e bóveda cranial aplanada. Na actualidade inclúense, xunto cos cranios de Ndutu e Bodo, entre os denominados Homo sapiens arcaicos precoces, grupo que, malia conservar trazos anatómicos de Homo erectus, posúe características típicas de Homo sapiens. As últimas datacións dos restos de Eiasi indican unha idade de máis de 200.000 anos. Polas anteditas razóns, o taxon xa non está recoñecido pola comunidade científica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pronunciar algunhas consoantes oclusivas con oclusión incompleta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade financeira creada en 1963 con sede en Abiyán (Costa de Marfil). En 1999 agrupaba a 77 estados de África, América e Europa. Os seus obxectivos son contribuír ao desenvolvemento económico e ao progreso social dos estados membros, tanto individual como colectivamente. A súa misión é, polo tanto, axudar aos países membros a romper o círculo vicioso da pobreza no que están inseridos. Neste sentido, busca estimular e mobilizar os fluxos investidores, tanto públicos como privados, e asistir tecnicamente aos países membros. O grupo do Banco Africano de Desenvolvemento xoga un papel fundamental, en tanto que institución financeira do desenvolvemento, na loita contra a pobreza.
-
ENTRADA LARGA
Estado de África Central, limita ao O con Camerún, ao N con Chad, ao L con Sudán e ao S coa República Democrática do Congo e coa República do Congo (622.436 km2; 3.485.000 h [estim 1998]). Esténdese entre os 11° e os 2° de latitude N e os 14° e 27° de lonxitude L. A capital é Bangui.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
O país está formado por un altiplano de materiais paleozoicos, que constitúen un interfluvio entre as concas do río Congo e do lago Chad. No L érguense os macizos dos Bongo e de Tondou; no NO están os montes Karé, onde se sitúa o cumio máis elevado do país, o monte Gaou (1.420 m).
Climatoloxía e hidrografía
O clima é subecuatorial na parte meridional do país, cunha pluviosidade e humidade relativamente altas; no N o clima é tropical. Hidrograficamente, o país divídese en dúas concas: no N, a do río Chari, de dirección S-N; e no S, a do Ubangui, de dirección N-S.
Medio ambiente
Os... -
-
-
Relativo ou pertencente á África central ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de África central.
-
-
-
arte centroafricana
Arte desenvolvida na República Centroafricana. As manifestacións artísticas máis destacables son a escultura e a pintura, ademais das mostras de artesanía de carácter popular. A escultura emprega como materiais básicos a madeira, a pedra e o metal. Entre as pezas realizadas destacan as máscaras de Baya-kara, no oeste do país, e o tambor de madeira en forma de búfalo, que se atribúe os yangere da Haute-Sangha. Os nzakara e os zande realizan tamén estatuas, bastóns de mando e instrumentos musicais. A pintura centroafricana ten unha grande antigüidade. As pinturas da cova de Ndélé semellan ser da mesma época ca as conservadas na África subsahariana. A tradición de pintar sobre os muros das casas en barro seco foise perdendo co paso do tempo e substituíuse polas pinturas realizadas con acuarelas, óleo e gouache. As mostras artesanais coñécense a través dos exploradores europeos do s XIX que deron a coñecer os tecidos feitos a man do L do país. Os banda produciron unha gran variedade...
-
Relativo ou pertencente á República Centroafricana ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de República Centroafricana.
-
arte centroafricana
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo rexional da ONU, fundado en 1958 e con sede en Addis Abeba, que traballa pola modernización do continente africano. Desde a súa creación, contribuíu ao establecemento dunha trintena de institucións técnicas encargadas de favorecer o desenvolvemento socioeconómico de África, en sectores como a tecnoloxía, as finanzas, a planificación e a xestión. Xogou un importante papel na formulación de estratexias económicas desenvolvidas en programas como o Plan de Acción de Lagos ou o Programa de Acción do Cairo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo económico fundado en 1983, que agrupa diversos países de África Central, coa finalidade de promover a integración económica da zona e elevar o seu nivel de vida. Para conseguir estes obxectivos puxo en práctica unha serie de medidas, como a creación dun fondo de desenvolvemento, a unión bancaria ou a progresiva eliminación de impostos aduaneiros entre os estados membros. A finais dos anos noventa, a organización conformábana os países de Burundi, Camerún, Chad, Congo, Gabón, Guinea Ecuatorial, Rwanda, São Tomé e Príncipe, a República Centroafricana e a República Democrática do Congo; ademais, Angola tiña estatuto de país observador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo económico internacional creado en 1975 en Lagos (Nixeria) e constituído por nove estados francófonos (Burkina Faso, Benin, Costa de Marfil, Guinea, Mali, Mauritania, Níxer, Senegal e Togo), dous de fala portuguesa (Guiné-Bissau e Cabo Verde) e cinco de fala inglesa (Gambia, Ghana, Liberia, Nixeria e Serra Leona). O seu obxectivo é promover o desenvolvemento económico, social e cultural, e actuar como mediador nos conflitos que poidan xurdir nos estados membros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo de carácter económico fundado o 16 de marzo de 1994 en Ndjamena (Chad), como complemento da unión monetaria (BEAC) e da unión aduaneira e económica de África Central (UDEAC). A CEMAC é o resultado da unión de dous organismos anteriores: a unión económica de África Central (UEAC) e a unión monetaria de África Central (UMAC). Está formada por seis países de África Central, Camerún, República Centroafricana, Congo, Gabón, Guinea Ecuatorial e Chad. Presenta como obxectivos principais o establecemento dunha unión cada vez maior entre os pobos dos estados membros, a promoción dos mercados nacionais mediante a eliminación das trabas ao comercio intercomunitario, a coordinación de programas de desenvolvemento industrial e de programas de solidariedade con aqueles países da rexión menos favorecidos e a creación dun verdadeiro mercado común africano. A CEMAC organízase arredor dun órgano supremo -a Conferencia de Xefes de Estado-, e unha serie de órganos menores, que son os que preparan...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización fundada en 1992 que promove a cooperación entre os seus membros co fin de crear un mercado común entre eles. Está formada por Angola, Bostwana, a República Democrática do Congo, Lesotho, Malawi, Illa Mauricio, Moçambique, Namibia, Seychelles, República Sudafricana, Swazilandia, Tanzania, Zambia e Zimbabwe. Os seus órganos de goberno son a Conferencia de xefes de estado ou de goberno, o Consello de ministros e a Secretaría, con sede en Gaborone.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento político sudafricano fundado en 1912 coa finalidade de abolir o apartheid e que se transformou en partido político a partir de 1994. Xurdiu da Native Education Association fundada na Cidade do Cabo en 1892. Posteriormente, transformouse no Native National Congress (Bloemfontein, 1912). O seu primeiro presidente foi o clérigo zulú Mafukuzela, coñecido como J. Dube. Entre os seus líderes figuran Albert Luthuli, presidente en 1952, Oliver Tambo, Nelson Mandela e Thabo Mbeki. En 1959 escindiuse a ala situada máis á esquerda baixo o nome de Pan-Africanist Congress. Ilegalizado entre 1960 e 1990, propugnou a loita armada mentres a maioría dos seus líderes foron encarcerados ou marcharon ao exilio. En 1987 iniciou a vía do diálogo co goberno e asinou o 6 de agosto de 1990 os Acordos de Pretoria nos que renunciou á loita armada. O seu presidente, Oliver Tambo, regresou do exilio e, en xullo de 1991, cedeulle a presidencia a Mandela. Principiado o proceso de abolición do apartheid...
-
PERSOEIRO
Mártir. Foi martirizado xunto con Casto baixo o goberno de Septimio Severo, segundo san Cipriano, foron queimados vivos. A súa festividade celébrase o 22 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO