"Alicia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 418.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación fundada en Bos Aires en 1790 por emigrantes galegos. Entre os seus fins está a celebración do día do apóstolo Santiago. Houbo outras sociedades semellantes en Madrid, México e La Habana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano superior de consulta do goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, constituído en xullo de 1996 en aplicación da Lei 9/1995, do 11 de novembro, e do Decreto 287/1996, do 12 de xullo, que a desenvolve. Con sede en Santiago de Compostela, o seu obxectivo é mellorar a actuación administrativa do goberno autonómico co aumento da garantía de legalidade das súas decisións. Intégrano cinco membros, designados directamente polo presidente da Xunta para un mandato de seis anos (só poderán ser reelixidos unha vez), que deben ser, en calquera caso, licenciados en Dereito; ademais, deben contar cunha experiencia profesional mínima de dez anos como xuristas ou como altos cargos ou funcionarios da Administración, ou ben ter sido membros da mesa do Parlamento. A condición de membro é incompatible coa parlamentaria (indistintamente das Cortes Españolas ou do Parlamento de Galicia), coa de maxistrado do Tribunal Constitucional, Defensor del Pueblo, Valedor do Pobo ou vicevaledor, como membro do Consello...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo autónomo da Xunta de Galicia creado ao abeiro da Lei 2/1987. Como entidade institucional representativa das organizacións xuvenís, o seu obxectivo fundamental é a promoción da participación, a representación e a defensa dos intereses da mocidade en xeral, diante das administracións públicas e da sociedade. Durante os anos oitenta, a participación dos máis novos constituíu un dos piares fundamentais da nova política de xuventude. Tratábase de facilitarlles ás entidades xuvenís a súa contribución en materia política, social, económica e cultural. Este papel de canle realízao, fundamentalmente, a través do tecido asociativo xuvenil galego e coa promoción do asociacionismo como ferramenta de cambio na sociedade. Está formado por diversas entidades políticas, sindicais, de tempo libre, feministas, culturais, etc, que realizan o seu labor dentro do ámbito autonómico. A súa petición de ingreso deberá ser ratificada pola Asemblea Xeral que, xunto co Comité Permanente, conforman o organigrama...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano supremo de control externo da actividade económica e financeira da Comunidade Autónoma de Galicia. Creouse pola Lei 6/1985, do 24 de xuño, modificada pola Lei 4/1986, aínda que non se constituíu ata o 1 de marzo de 1991, data da toma de posesión dos seus cinco primeiros membros no Parlamento de Galicia. Segundo a lexislación, o seu ámbito de actuación abrangue a Administración autonómica e todos os seus organismos, sociedades, empresas ou entes públicos dependentes, calquera que sexa a súa forma xurídica, ademais das corporacións locais, cámaras agrarias, da propiedade, de comercio, industria e navegación, confrarías de pescadores e outras de natureza semellante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo da Comunidade Autónoma de Galicia creado pola Lei 6/1995 co obxectivo de facilitar a participación dos axentes sociais e económicos na vida política, económica, social e cultural do país e, principalmente, para ter en conta as súas opinións e propostas nos procesos de adopción de decisións do goberno autonómico. Nel están representados un gran número de organizacións profesionais, entidades e asociacións; intégrano 35 membros, incluídos o seu presidente e o secretario xeral, designados polo presidente da Xunta a proposta dos conselleiros de Economía e Facenda, e Interior e Relacións Laborais. O secretario debe ser un funcionario do grupo A. Os outros 33 membros repártense en tres grupos: os primeiros 11 desígnanos as organizacións de traballadores, segundo os resultados xerais das eleccións sindicais; outros 11 membros representan o empresariado, elixidos pola Confederación de Empresarios de Galicia; por último, outros 11 conselleiros representan a entidades e asociacións: 4 membros...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano superior de consulta e participación dos sectores afectados na programación xeral do ensino e de asesoramento, sobre os proxectos de lei ou dos regulamentos que propón ou dita a Xunta no ámbito da Comunidade Autónoma. Está integrado por un total de 51 persoas en representación do profesorado -proposto polos sindicatos-, dos pais dos alumnos, dos alumnos, dos titulares dos centros educativos privados, da administración, das universidades, das centrais sindicais e das organizacións empresariais, ademais dalgunhas personalidades. Segundo a Lei 3/1996, do 18 de decembro, e decretos posteriores que ordenan o seu funcionamento, establécese un pleno (cun promedio de dúas reunións anuais desde 1990) e tres comisións, baixo a presidencia do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, aínda que é o vicepresidente o que vén exercendo a súa dirección, tal e como acontece noutros consellos escolares (do Estado e doutras comunidades autónomas), creados sobre a base da Lei Orgánica do...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo sindical que procura dar resposta aos problemas sociais, laborais e sindicais comúns aos traballadores da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Procura a mellora das condicións sociolaborais dos traballadores e garante a cooperación sindical transfronteiriza. Presidida por Xoán Castro, reúne os sindicatos do Norte de Portugal e Galicia pertencentes á Confederación Europa de Sindicatos (CES): Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, Unión Xeral de Traballadores de Galicia, União Geral de Trabalhadores do Norte de Portugal e Confederação Geral dos Trabalhadores Portugueses-Intersindical Nacional do Norte de Portugal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano de ámbito autonómico, creado pola Lei 5/1987, do 27 de maio, e modificado pola Lei 11/1989, do 20 de xullo. As súas funcións son, entre outras: facilitar o intercambio de información e consultas entre as universidades galegas; elaborar programas conxuntos de actuación para solucionar os problemas e as necesidades do sistema universitario de Galicia; emitir o informe sobre as propostas de creación de novas universidades e de creación, modificación ou supresión de centros, titulacións universitarias e institutos de investigación; dar a coñecer os novos plans de estudo impartidos nas universidades galegas; propoñer a organización conxunta de estudios entre as universidades, especialmente no que se refire a terceiros ciclos, estudios de posgrao e titulacións que non teñan carácter oficial no Estado; emitir informes sobre os programas de investimentos no sistema universitario de Galicia feitos directamente pola Comunidade Autónoma galega; garantir a racionalización dos estudios, dos servicios...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política de carácter centrista liberal e de ámbito autonómico, fundada a comezos de 1983 despois de presentarse como plataforma electoral en outubro de 1982. O seu obxectivo era articular o espazo político existente entre a debilitada Unión de Centro Democrático (UCD), da que procedían moitos dos seus membros, e Alianza Popular. Liderada por José Luis Meilán Gil, presidente do Partido Gallego Independiente (PGI), recibiu o apoio de numerosos políticos galegos como Eladio Portela, Miguel Sanmartín e Miguel Piñeiro. En 1984, logo de manter contactos con outros partidos, as converxencias da Coruña, Lugo e Ourense formaron Coalición Galega. Nas eleccións locais de 1984, a Converxencia de Pontevedra, que se presentara en solitario, obtivo máis de 30.000 votos e conseguiu catro alcaldías e 125 concelleiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo coral mixto da Coruña constituído en 1969 e dirixido por Ramiro Cartelle Álvarez. O seu obxectivo é a difusión da liturxia en galego e a recuperación do folclore de Galicia. O seu repertorio abrangue dende panxoliñas ou espirituais negros, ata salmos e himnos. Da súa discografía destaca Galicia canta a Deus e Panxoliñas de Nadal.
-
SEMANARIOS
Semanario que saíu á luz en Bos Aires, fundado por Fortunato Cruces Angueira en 1898. Puido atravesar varias etapas, a primeira encabezada polo mesmo Cruces, e a segunda na que foi dirixido por Juan González Montenegro, entre 1899 e 1900.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en Santiago de Compostela en 1865 subtitulada “Periódico literario, científico y artístico”. Nos seus artigos trataba temas de distintos ámbitos, como novas nacionais e internacionais ou crónicas locais. Tivo unha segunda etapa que comezou no ano 1900 baixo o subtítulo de “Diario independiente de avisos y noticias”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en 1870 en Ourense baixo o subtítulo de “Periódico democrático”. Dirixida por Xoán Manuel Paz Novoa, en 1873, cando chegou ao número 30, pasou a mans de Manuel de la Peña Rucabados.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario bilingüe que saíu á luz en Bos Aires o 22 de marzo de 1908 co subtítulo de “Órgano de la colectividad gallega en la República Argentina. Es el periódico regional de mayor circulación en Sudamérica. Es el periódico español de mayor circulación en la Argentina y Uruguay”. Fundado por Fortunato Cruces, foi dirixido por José R. Lence desde os seus inicios ata que cesou en 1945. Entre os seus colaboradores figuran Manuel Casas, Basilio Álvarez, Xavier Bóveda, Ramón Mª del Valle-Inclán, Emilia Pardo Bazán, Eduardo Blanco Amor, Roberto Blanco Torres e Ramón Cabanillas. Recolleu, durante a ditadura de Primo de Rivera, artigos de contido político nos que se expoñían posturas galeguistas e republicanas; ademais, inseriu novas sobre as actividades das institucións de emigrantes. En 1945 pasou a denominarse Nuevo Correo e, máis adiante, converteuse no Faro de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en Bos Aires o 3 de outubro de 1965, dirixida por Perfecto López Romero e pertencente a Ediciones Nós. Baixo o subtítulo de “El periódico para los 600.000 gallegos del Río de la Plata”, no seu primeiro número informaba sobre a lei do monumento a Castelao. Comezou a súa andaina como quincenario ata que pasou a ser mensual. Entre os colaboradores figuran Xerardo Álvarez Gallego, Víctor Luis Molinari, Isaac Díaz Pardo, R. Otero Pedrayo, Rodolfo Prada, Pura Vázquez, Celso Emilio Ferreiro, Carlos Casares e Darío Xohán Cabana. Á parte da información xeral sobre a situación política española e galega, contaba cunha sección, presente en todos os números, titulada “Ao servizo da patria dos galegos”, na que aparecen artigos e composicións literarias en galego. Destaca a estética da súa portada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual bilingüe que saíu á luz o 12 de decembro de 1995 en Bos Aires, subtitulada “Del Grupo Nós de Buenos Aires” e baixo o lema “Un medio para la expansión gallega en el mundo”. O seu editor e presidente foi Álvaro Campos. Dirixida por Rodolfo A. González, entre os seus colaboradores figuraban Graciana Vázquez Villanueva, Xosé M. Manteiga, Rosa Puente, Ramón Suárez, Eduardo Vázquez e Victoria Besada. Trátase dunha publicación que inclúe novas da actualidade social, política e económica de Galicia, á parte das actividades das institucións galegas nese país e das visitas que realizan diferentes personalidades do mundo político e cultural. Case todos os artigos van ilustrados con fotografías.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter liberal que apareceu no ano 1821. Dirixiuna Manuel Pardo de Andrade e tiña a misión de informar ao público en xeral sobre asuntos políticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal que apareceu na Coruña o 1 de xuño de 1867 baixo o subtítulo de “Diario de noticias, intereses materiales y anuncios”. Dirixiu a publicación Xosé María Montes e figuraba como redactor Froilán de Salazar. Impresa nos obradoiros tipográficos de Eusebio Cascante, incluíu artigos sobre historia, viaxes e literatura, á parte de información xeral sobre noticias nacionais e estranxeiras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio que naceu no Círculo Ourensán-Vigués en 1978 co fin de facer público o recoñecemento que merecen os labores individuais ou colectivos que fan achegas relevantes para o desenvolvemento do ámbito xeral da cultura galega. Dende ese ano celébrase todos os anos o sábado anterior ao 17 de maio na Cea das Letras, onde se fallan os premios de creación literaria, ensaio, investigación, música, ciencias e arte de representación (creado en 1979) e iniciativas culturais. O xurado de cada unha das modalidades está composto por sete membros de recoñecido prestixio, tendo en conta á hora do seu nomeamento a diversidade ideolóxica, profesional, xeracional e territorial de Galicia. Os quince primeiros anos, os premios estiveron organizados polo Círculo Ourensán-Vigués, presidido por Bieito Ledo Cabido, e a partir de 1993 pola Fundación dos Premios da Crítica. Os galardóns consisten nunhas figuras deseñadas por Isaac Díaz Pardo e fabricadas por Sargadelos, doadas gratuitamente. Dende o primeiro momento,...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que comezou a súa andaina a partir de 1961 en Vigo, pertencente á Editorial Ibérica, e que cesou arredor de 1975. Dirixida e coordinada por Víctor M. de las Heras, contaba coa colaboración de Álvaro Cunqueiro, C. Emilio Ferreiro, Faustino Rey Romero, Xosé María Castroviejo, Manuel de la Fuente, Luis Moure, Gumersindo Díaz, Pedro Esgueva e Victoriano Taibo, entre outros. Á parte de poesía, incluíu numerosos artigos relacionados coa pesca e co mar, coa cidade e co porto pesqueiro de Vigo, a industria e os estaleiros, a agricultura, o solo industrial, as centrais nucleares e o plan de accesos a Galicia. Tamén son significativos os apartados dedicados a Pontevedra, O Grove, Baiona, A Guarda e outras localidades galegas. Publicáronse amais algunhas entrevistas e artigos sobre distintos empresarios e políticos como Xoaquín García Picher, Camilo Veiga e Miguel Méndez. Destacan os textos “Del Orense Desconocido”, de Vicente Risco; “Allariz”, de Conde Corbal; e “Los tres tiempos del...
VER O DETALLE DO TERMO