"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

      1. Profesional que nun bar, nun restaurante ou noutro establecemento hostaleiro atende os consumidores.

      2. Persoa encargada da limpeza e coidado dos cuartos en hoteis, barcos ou coches-cama dos trens.

      3. camareiro de piso

        Profesional hostaleiro que ten como misión a limpeza e preparación das dependencias de uso común en hoteis, residencias e similares.

      1. Oficial palatino que na Idade Media estaba ao servizo da cámara real, na que se gardaba o tesouro, as xoias, os mobles e as vestimentas reais. Máis tarde, o cargo comportou a recepción e distribución de ingresos reais e acabou quedando restrinxido ao servicio particular do soberano.

      2. Dama, pertencente á alta nobreza, que antigamente prestaba servicios na cámara da raíña.

      1. Eclesiástico encargado nos mosteiros e nas grandes igrexas do fornecemento e coidado dos vestidos para os monxes ou cóengos; ás veces encargábase tamén dos cuartos, función que nos grandes mosteiros estaba encomendada ao cubiculario. Considerábase oficio maior e dignidade eclesiástica.

      2. Muller que ten ao seu cargo o coidado e vestido das imaxes nunha confraría ou nunha irmandade relixiosa.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera tipo de vía que se constrúe para enlazar un lugar con outro. Na tradición oral recóllense ditos como: “Camiño de Roma, nin mula coxa nin bulsa frouxa. Cando no camiño hai carro, untalo carro. Nin por rodeo nin por atallo deixes o camiño de carro. No camiño de Santiago, tanto anda o coxo como o sano. O camiño da boca ninguén o equivoca. No camiño francés venden gato por res. O que está no camiño é do veciño. Pra andar camiño, leva pan e viño. Quen sementa no camiño, cansa os bois e perde o trigo”.

    2. Franxa de terreo para transitar dun lugar a outro. En Galicia, como en toda Europa, existían camiños moi primitivos que deberon ser ensanchados e arranxados polos pobos prerromanos ao introducirse o carro. Os colonizadores romanos contruíron as calzadas sobre estes camiños ou trazáronos de novo segundo as necesidades da estratexia militar (vía romana). Utilizados durante a Idade Media, o seu trazado aínda persiste esencialmente nas actuais vías de comuni-cación. Non foi ata o último tercio do s XVIII cando se iniciou o establecemento de novas rutas xerais de comunicación (estrada). Os camiños poden ser creados xuridicamente polo uso continuado durante un prazo de tempo ou pola acción da administración pública. En certas situacións as leis dan dereito a esixir o establecemento dun camiño en beneficio de predios incomunicados para acceder a bens de dominio público (praza, estrada, etc). No dereito romano clásico o camiño chamábase iter cando só era apto para pasar a pé ou en liteira;...

    3. camiño cuberto

      Nas fortificacións permanentes, espazo de tránsito e vixilancia que rodea e defende o foso, cunha banqueta ao longo, desde onde a gornición pode disparar por enriba do glacis, que lle serve de parapeto.

    4. camiño de a pé

      Camiño polo que só se pode andar.

    5. camiño de cabras/camiño raposeiro

      Camiño polo que é difícil transitar.

    6. ca-miño de carro

      Camiño feito cunha anchura suficiente para que poida pasar un carro.

    7. camiño de cintura

      Camiño de flanco que segue o contorno dunha montaña.

    8. camiño de cume

      Camiño que percorre o cumio dunha liña de crista orográfica sen evitar xeralmente os promontorios.

    9. camiño de desfiladeiro

      Camiño que aproveita o desfiladeiro dun río, aberto a miúdo na rocha ou mediante a construción de muros e pontes.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera tipo de vía que se constrúe para enlazar un lugar con outro. Na tradición oral recóllense ditos como: “Camiño de Roma, nin mula coxa nin bulsa frouxa. Cando no camiño hai carro, untalo carro. Nin por rodeo nin por atallo deixes o camiño de carro. No camiño de Santiago, tanto anda o coxo como o sano. O camiño da boca ninguén o equivoca. No camiño francés venden gato por res. O que está no camiño é do veciño. Pra andar camiño, leva pan e viño. Quen sementa no camiño, cansa os bois e perde o trigo”.

    2. Franxa de terreo para transitar dun lugar a outro. En Galicia, como en toda Europa, existían camiños moi primitivos que deberon ser ensanchados e arranxados polos pobos prerromanos ao introducirse o carro. Os colonizadores romanos contruíron as calzadas sobre estes camiños ou trazáronos de novo segundo as necesidades da estratexia militar (vía romana). Utilizados durante a Idade Media, o seu trazado aínda persiste esencialmente nas actuais vías de comuni-cación. Non foi ata o último terzo do s XVIII cando se iniciou o establecemento de novas rutas xerais de comunicación (estrada). Os camiños poden ser creados xuridicamente polo uso continuado durante un prazo de tempo ou pola acción da administración pública. En certas situacións as leis dan dereito a esixir o establecemento dun camiño en beneficio de predios incomunicados para acceder a bens de dominio público (praza, estrada, etc). No dereito romano clásico o camiño chamábase iter cando só era apto para pasar a pé ou en liteira;...

    3. camiño cuberto

      Nas fortificacións permanentes, espazo de tránsito e vixilancia que rodea e defende o foso, cunha banqueta ao longo, desde onde a gornición pode disparar por enriba do glacis, que lle serve de parapeto.

    4. camiño de a pé

      Camiño polo que só se pode andar.

    5. camiño de cabras/camiño raposeiro

      Camiño polo que é difícil transitar.

    6. ca-miño de carro

      Camiño feito cunha anchura suficiente para que poida pasar un carro.

    7. camiño de cintura

      Camiño de flanco que segue o contorno dunha montaña.

    8. camiño de cume

      Camiño que percorre o cumio dunha liña de crista orográfica sen evitar xeralmente os promontorios.

    9. camiño de desfiladeiro

      Camiño que aproveita o desfiladeiro dun río, aberto a miúdo na rocha ou mediante a construción de muros e pontes.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Extensión de terreo máis ou menos chá, en xeral non urbana, con vexetación. Na tradición oral recóllense os seguintes ditos: “Cando non o dan os campos, non o dan os santos. Como son de campo, boas cuncas de caldo me zampo”.

      2. Terreo extenso, situado fóra dos núcleos de poboación, que ocupan os cultivos, os bosques, etc, por oposición a cidade.

      3. Terreo inculto onde existe unha vexetación que nace de forma espontánea.

      4. Terreo destinado á agricultura e a gandería.

      5. campo aberto/libre/raso

        Campo situado fóra do poboado, onde non hai valados nin bosque.

      1. Conxunto de actividades relacionadas coa agricultura.

      2. Conxunto de poboacións que se dedican á agricultura.

    1. Terreo delimitado e preparado para realizar reunións, actividades lúdicas, comerciais, ou para practicar certos deportes. OBS: Emprégase normalmente seguido dun complemento preposicional con de.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. cangrexo real [Geryon affinis, infraorde dos braquiúros]

      Crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, de cuncha de cor vermella intensa, de ata 19 cm de ancho. Abdome moi reducido pregado baixo o cefalotórax nos machos e ovado, pequeno, estreito e delgado nas femias. Patas moi longas, delgadas e algo aplanadas co primeiro par de menor lonxitude pero con pinzas estreitas. Vive no noiro da plataforma continental a 700 m de profundidade. Na beira oriental atlántica distribúese dende Islandia ata o norte de África, sendo abundante fronte ás costas galegas. Captúrase por medio de nasas e, ocasionalmente, co palangre. A partir de 1990 foi obxecto de explotación por parte de mariñeiros galegos, pero a rendibilidade estivo asociada ás subvencións que ofreceu a consellería de Pesca da Xunta de Galicia, nun intento de favorecer unha especie alternativa de marisco. A súa época ideal de consumo é o verán, cando outros mariscos como a centola están en veda. Adoita prepararse cocido con loureiro, de maneira semellante aos demais crustáceos mariños de consumo...

    2. cangrexo terrestre

      Cangrexo que pasa a maior parte da súa vida en terra como os do xénero Sesarma, propios dos mangleirais pero que se van alimentar nos cultivos ou os do xénero Cardisoma, que viven en Florida e nalgunhas illas do Pacífico. Estes últimos acadan os 60 cm de lonxitude e causan estragos nos cultivos, onde se poden atopar 25.000 individuos por Ha. Outras especies chegan á base das palmeiras polas que gabean guiándose pola sombra, tiran abaixo os cocos que escachan contra o chan e aliméntanse da polpa.

    3. cangrexo violinista

      Cangrexo do xénero Uca, caracterizado por presentar os machos unha pinza de gran tamaño e unha cor viva que emprega para incitar as femias na cópula e para intimidar outros machos. Viven en tobos que eles mesmos fabrican no intermareal de costas lamacentas. No sudoeste da Península Ibérica e costas africanas vive a especie U. tangeri.

    4. Nome que reciben distintos crustáceos da orde dos decápodos, especialmente os mariños da división dos braquiúros, os doceacuícolas da familia dos astácidos e algunhas formas da división dos anomuros, caracterizados por lles rematar o primeiro par de patas nunhas pinzas máis ou menos desenvolvidas. Os de mar gozan de gran prestixio e popularidade en Galicia, ao contrario que os de río, que se consomen principalmente cocidos nas zonas onde é propio, aínda que tamén se poden fritir. Comercialízanse vivos, cocidos ou en conserva. Úsanse para preparar cremas de marisco (o bisque) e un aderezo para peixes, feito coas colas ligadas nunha salsa, denominada á Nantua.

    5. cangrexo araña

      Cangrexo de patas longas e corpo triangular, de dorso provisto de espiñas reviradas, onde moitas especies fixan anacos de algas ou esponxas para aumentar o deseño críptico. Algunhas, como a Hyas coarctatus, abanean as pinzas vivamente coloreadas para atraer e capturar peixes. Outras especies, que viven sobre fondos lamacentos, teñen as patas moi longas como é o caso de Machocheria kaempferi das costas de Xapón, cun corpo de 30 cm e cunhas patas de ata 2,5 m de lonxitude.

    6. cangrexo chícharo

      Cangrexo de reducido tamaño e de corpo arredondado que vive asociado a outros animais. A especie Pinnotheres pisum, de ata 15 mm de lonxitude, vive no interior dos mexillóns, de onde non poden saír as femias ao medrar e son buscadas polos machos de menor tamaño e maior mobilidade. Outras especies viven no recto das candorcas ou no interior das holoturias.

    7. cangrexo común

      Nome co que se coñece a especie Carcinus maenas, de cuncha hexagonal con cinco dentes nas marxes, de cor verde ou castaña de ata 4 cm de lonxitude. Vive en praias e fondos areosos das zonas internas das rías e soporta variacións de salinidade e certo grao de contaminación. Está presente no Mediterráneo e no Atlántico.

    8. cangrexo de mar

      Cangrexo de constitución forte, abdome reducido baixo o cefalotórax e antenas curtas, como o boi, a centola e a nécora, que habitan medios mariños.

    9. cangrexo de santo Antón/cangrexo mulieiro

      Nome co que se coñece a especie Pachygrapsus marmoratus, cangrexo de antenas e ollos moi separados que presenta 3 dentes agudos nas marxes da cuncha cuadrangular, de ata 35 mm de longo e 40 mm de ancho, de cor verde con pintas castañas escuras; ten ademais o primeiro par de patas rematadas nunhas pinzas e o resto das patas peludas. Depredador activo das costas rochosas do Atlántico oriental, dende o golfo de Bizkaia ata Marrocos e do Mediterráneo ata o Mar Negro.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. (Medina del Campo, Valladolid s XVII) Impresor. En Santiago de Compostela imprimiu en 1660 o libro Los Páramos, de Cazalans, e en 1683 o Espejo Seráfico, do P. Díaz. Coa axuda do seu irmán José del Canto y Sierra imprimiu en 1668 o Sermón fúnebre, predicado polo cóengo de Tui Antonio Tubia y Vallejo.

    2. Forma que expresa cantidade ou número e posúe variación de xénero e número (canto, canta, cantos e cantas). Pode ter como antecedente un substantivo, co mesmo significado ca a expresión todo o que (coas súas variacións de xénero e número); pero tamén pode aparecer reforzado por todo (

    3. Forma que pregunta polo número ou pola cantidade dalgunha cousa ou persoa, e que pode aparecer coas correspondentes variacións de xénero e número (

    4. Forma que expresa a cantidade ou o número que hai dalgunha cousa ou persoa. Tamén pode aparecer coas variacións de xénero e número correpondentes (

    5. Forma que expresa número indeterminado. OBS: Sempre se utiliza en plural e precedido de un, unhas (

    6. Forma que expresa a cantidade ou intensidade dunha acción (

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Medina del Campo, Valladolid s XVII) Impresor. En Santiago de Compostela imprimiu en 1660 o libro Los Páramos, de Cazalans, e en 1683 o Espejo Seráfico, do P. Díaz. Coa axuda do seu irmán José del Canto y Sierra imprimiu en 1668 o Sermón fúnebre, predicado polo cóengo de Tui Antonio Tubia y Vallejo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filosilicato de aluminio, de fórmula Al4Si4O10(OH)8. Cristaliza no sistema monoclínico, xeralmente en masas compactas, fariñentas ou que se poden esmigallar facilmente e, máis raramente, en pequenas escamas hexagonais ou rómbicas. Ten dureza 1-2,5, peso específico 2,2-2,6, cor branca ou tinxida por impurezas, opaca ou translúcida, con brillo nacarado e tacto graxo. Compoñente esencial do caolín, atópase tamén noutras arxilas e solos, asociada co feldespato, cuarzo, corindón e diásporo. Hai dous minerais que teñen a mesma composición ca a caolinita e que, en menor proporción, tamén forman parte do caolín: a dickita e a nacrita. Os minerais do grupo da caolinita a miúdo proceden da descomposición de rochas con sílice e aluminio. Así, aparece como produto de alteración por hidrólise en condicións de acidez dos feldespatos das rochas graníticas, especialmente nas zonas tropicais, onde existe unha forte lixiviación provocada polas intensas precipitacións....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cabeza.

      1. Que é o principal, a parte máis importante dunha cousa.

      2. Aplícase a cada un dos sete pecados principais que se consideran fonte de todos os demais.

      3. Poboación que é sede dos órganos supremos de goberno dun estado e que figura como símbolo da súa vontade centralizadora. Na capital dáse a acumulación de funcións políticas, diplomáticas, administrativas e de servicios diversos, o que favorece unha gran concentración de habitantes e de riqueza. A determinación da capital corresponde aos poderes políticos e provoca en ocasións rivalidades entre diversas cidades. A aparición da capital está ligada historicamente á creación do estado moderno e das cidades, especialmente en estados federais como Brasil, con capital na cidade de Brasília. Nalgúns países solventaron este problema diversificando as actividades da capital entre dúas cidades como no caso de Bolivia, que ten a súa capital administrativa establecida en La Paz e a súa capital xudicial en Sucre. Acontece o mesmo nalgunhas comunidades autónomas como a Región de Murcia, con capital gobernamental en Murcia e lexislativa en Cartagena.

      4. Cidade ou vila principal dunha rexión xeográfica ou dunha circunscrición administrativa.

      5. Centro ou área dunha actividade cultural, económica, relixiosa, etc.

      1. Aplícase á letra de tamaño moi grande e, ás veces, decorada artisticamente, coa que adoito comeza un capítulo.

      2. escritura capital

        Tipo de escritura latina clásica usada normalmente desde o s I a C ao s V d C, da que derivan as demais escrituras latinas a través de sucesivas transformacións. A capital cadrada reservouse para as inscricións e a capital libraria para a copia máis ou menos solemne de códices e de actos públicos. Dentro da libraria, as denominacións de capital rústica e de capital elegante son ambiguas, a rústica é a miúdo máis distinguida e máis espontánea ca a elegante ou cadrada, moi artificiosa e reservada para códices luxosos escritos a partir do s VI. A capital cadrada das inscricións romanas perdurou, con poucas modificacións, na escritura maiúscula moderna tradicional. Ao transformarse en cursiva, a capital rústica orixinou tipos intermedios que se diferenciaron en tradicións diversas: a escritura semiuncial, a uncial e a cursiva antiga, esta última reservada para a chancelería imperial...

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos carápidos.

    2. Peixe da familia dos carápidos.

    3. Familia de peixes da suborde dos ofidioideos, de corpo angüiforme, comprimido ou cilíndrico, que vai estreitando ata unha cola delgada. Teñen a aleta anal máis longa ca a dorsal, normalmente presentan aleta peitoral e carecen de aletas pelvianas. O corpo non presenta de escamas; ten un bico curto, cun orificio nasal posterior aberto en media lúa, preto do ollo; a boca dispón de dentes delgados nas mandíbulas e padal, ás veces con dentes grandes similares a caninos. O ano localízase debaixo, por detrás ou inmediatamente diante da base da aleta peitoral. As especies dos xéneros Echiodon, Pyramodon e Snyderidia son peixes que non viven en cardumes e habitan tanto en augas superficiais como profundas (ata polo menos os 500 m); os adultos dos restantes xéneros, entre eles Carapus, viven en augas máis superficiais, incluso litorais, xa que son hóspedes das cavidades corporais de equinodermos (holoturias e estrelas) e de grandes moluscos bivalvos. Algunhas especies mostran...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de comerciantes, peregrinos ou outros viaxeiros que se reúnen para atravesar o deserto, países perigosos ou lugares de difícil travesía, especialmente de Oriente.

      1. Grupo numeroso de xente, cabaleiros ou coches que van xuntos cara a algún sitio.

      2. Aglomeración de vehículos que circulan nunha estrada a velocidade menor da normal e moi xuntos, feito que impide ou dificulta a fluidez do tráfico.

    2. Expedición guerreira por mar que realizaban os novicios da orde do Hospital de San Xoán de Xerusalén ou de Malta contra os mouros e contra os piratas; era unha proba necesaria para a súa profesión.

    3. ehículo ou remolque acondicionados para ser habitados.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. carbón activo/activado

        Carbón cunha gran superficie específica, caracterizado polo feito de posuír un alto poder de absorción selectiva, con preferencia polos compostos menos polares, que aumenta nunha serie homóloga co punto de ebulición do absorbido. Obtense a partir do carbón vexetal, do animal, da torba ou do lignito, por oxidación selectiva do carbón base, ou ao impregnalo cun produto químico (cloruros, sulfuros, ácido fosfórico, etc) e calcinalo posteriormente. Utilízase na industria pola súa capacidade decolorante e pola súa alta absorbencia nos tratamentos de purificación de distintos produtos químicos, do aceite e das graxas, do azucre e da auga potable. Tamén se utiliza nos filtros das máscaras antigás, e para o tratamento de diarreas e intoxicacións gástricas.

      2. carbón animal

        Carbón que se obtén por medio da carbonización de tecidos animais (case sempre os ósos) e que se utiliza como materia prima para a obtención de carbón activado.

      3. carbón de coque

        Residuo que se obtén da destilación seca dos carbóns bituminosos ou dalgúns combustibles, como o petróleo, mediante o proceso de coquización. É un material coherente, de cor escura e de tamaño, porosidade e dureza variables. A súa composición e as súas propiedades varían segundo o material de partida e, sobre todo, segundo a temperatura de destilación. Así, cando a destilación se realiza a alta temperatura (a máis de 900 graos) obtense un coque rico en carbono e moi resistente á compresión, idóneo como combustible nos altos fornos. Pola contra, o coque que se obtén a baixa temperatura, e que ten máis contido de volátiles, só se recomenda para uso doméstico.

      4. carbón de pedra/carbón mineral

        Materia mineral sólida e combustible de orixe vexetal, cor negra, peso específico 1,0-1,8 e dureza 0,5-2,5. Está composto de carbono, hidróxeno, osíxeno, nitróxeno e outros compoñentes non volátiles (arxila, sílice, carbonatos, óxidos de ferro, etc) que forman, logo da combustión do carbón, as cinsas. A xénese dos carbóns é claramente excepcional tanto no tempo coma no espacio. Só hai dous períodos xeolóxicos ricos en xacementos de carbón: o que vai do Carbonífero inferior ao Permiano e o que se inicia no Cretacio e continúa no Terciario. Por outra banda, aproximadamente o 95 por cento dos carbóns minerais localízanse no hemisferio norte. A observación microscópica dos carbóns minerais permite distinguir catro compoñentes de aspecto diferente, dispostos en bandas: brillantes ou vitrita; semibrillantes ou clarita; mates ou durita; e fibrosas ou fusita. A división máis utilizada destes minerais é a que se basea na cantidade de carbono e na porcentaxe de...

      5. carbón vexetal

        Carbón que se obtén pola carbonización da madeira e que contén entre un 70 e un 90% de carbono fixo, segundo a temperatura de obtención; a súa materia volátil varía entre o 12 e o 25%, e as cinsas, entre o 2 e o 3%. Ten un poder calorífico de 29.300 a 35.500 kJ/kg. A carbonización pódese levar a cabo polo método antigo da carboeira ou por medio de técnicas máis modernas (fornos continuos ou instalacións de destilación seca) que permiten aproveitar tamén os gases que se desprenden. O carbón vexetal utilízase como materia prima para a obtención de carbón activado, como combustible lixeiro, na fabricación de electrodos, pólvora negra, materiais pirotécnicos e catalizadores diversos.

      6. Substancia combustible, sólida, lixeira e negra, produto da descomposición incompleta, da destilación ou da combustión parcial da materia orgánica, principalmente vexetal e que contén carbono na súa maior parte.

    1. Brasas que xa están apagadas.

      1. Lapis coa mina de carbón que se emprega para debuxar e que se presta a unha ampla variedade de tons.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de carbonizar ou de carbonizarse.

    2. Operación pola que se trata a madeira con lume para que a capa carbonizada a protexa contra a humidade e os insectos.

      1. Operación destinada a reducir a materia orgánica a carbón ou ben a aumentar o contido de carbono dun material parcialmente carbonizado. Realízase por destilación seca, por combustión completa ou, nalgúns casos, polo ataque de reactivos químicos deshidratantes.

      2. carbonización da madeira

        Proceso de descomposición térmica da madeira polo que se reduce a carbón vexetal, por medio do quentamento da mesma sen contacto co aire. A pouco máis de 100°C empezan a producirse descomposicións, que van cambiando de natureza coa temperatura ata que, arredor dos 270°C, as reaccións exotérmicas predominan e permiten chegar á carbonización completa, sen a necesidade dun abastecemento posterior de enerxía. O procedemento máis antigo para carbonizar a madeira é o da carboeira. Non obstante, hai outros métodos como os dos fornos de carbonización continua e a destilación seca da madeira, nos que se aproveitan tamén os gases que se desprenden do proceso.

      3. carbonización da hulla

        coquización.

    3. Operación á que se someten os tecidos de la para a eliminación das impurezas vexetais que poden ter entre as súas fibras. Consiste en somerxer os tecidos nun baño ácido (de ácido sulfúrico ou clorhídrico) que transforma a celulosa dos residuos vexetais en hidrocelulosa. Esta hidrocelulosa convértese en carbón e despois elimínase por batedura. Por último, o tecido sométese a un baño neutralizador de solución de carbonato sódico.

    4. Proceso de transformación da materia orgánica vexetal en carbón de pedra. A acumulación de restos vexetais efectúase en concas continentais e mariñas. A carbonización prodúcese despois desta fase de sedimentación e caracterízase esencialmente por un enriquecemento en carbono e unha perda de osíxeno. Pódense distinguir dúas etapas: primeira, un estadio de carbonización bioquímica, e segunda, unha de carbonización xeoquímica. Na primeira etapa, un conxunto de reaccións anaeróbicas en augas quietas e en presenza dunha flora bacteriana abundante produce desprendemento de dióxido de carbono nos tecidos vexetais e chega a formar turbeiras. Na segunda etapa, continúa a transformación a través de procesos químicos e metamórficos como a compactación e a litificación, a perda de auga e de compoñentes volátiles, etc. As turbeiras transfórmanse, así, en lignitos, carbóns e antracitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio gráfico dos movementos do corazón que se realiza co cardiógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pigmento extraído dos corpos secos das cochinillas femia, de cor moi semellante e propiedades pitóricas parecidas ao carmesí, de ton máis claro e matiz menos azulado. Debe as súas propiedades colorantes ao ácido carmínico, que con alumina forma unha laca alumínica.

      2. Colorante básico, de cor carmín, específico das nucleoproteínas, que normalmente se utiliza mesturado con alume ou sales amónicos, que actúan como mordente, e con outros colorantes. Permite realizar tinguiduras en bloque e é moi persistente.

      3. carmín acético

        Colorante a base de carmín e ácido acético que actúa ao mesmo tempo como fixador. Emprégase especialmente para tinguir os cromosomas.

    1. Aplícase á cor parecida á carmesí e ás cousas que presentan esta cor.

    2. Cosmético que serve para pintar os beizos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cloruro de magnesio e de potasio hidratado, de fórmula KMgCl36H2O. Cristaliza no sistema rómbico, de cristais pouco frecuentes, incoloros ou avermellados. Ten dureza 2,5 e peso específico 1,6. É o sal potásico máis importante das explotacións salinas do norte de Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformarse anormalmente un tecido, especialmente o parénquima pulmonar, noutro que se asemella ao tecido muscular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave acuática da familia dos estérnidos que abarca 41 especies, principalmente mariñas (aínda que as do xénero Chlidonias viven en augas doces durante a época de cría). Presentan na plumaxe nupcial un bonete negro que a finais do verán se reduce ao aparecer a fronte branca típica da plumaxe invernal. Teñen membranas entre tres dos dedos, a cola en forma de galla e as ás longas e estreitas, o que lles permite un voo moi lixeiro. Capturan pequenos animais acuáticos dentro da auga, onde se somerxen logo de pendurarse cun voo en peneira. Os pitos nacen cubertos de plumas e cos ollos abertos, e abandonan o niño ao pouco de nacer para agacharse preto del ata que chegan os pais co alimento. Aínda que en Galicia non aniñan, algunhas especies son comúns na época de paso e no inverno.

    2. Carrán de 23 cm de lonxitude que na plumaxe nupcial presenta o corpo e a cabeza de cor negra, e o peteiro de cor vermella. Na plumaxe invernal, as partes superiores do corpo aparecen de cor agrisada e as inferiores brancas, a cabeza permanece negra agás a fronte branca e o peteiro colle un aspecto mouro. A mitra e a cola permanecen de cor branca todo o ano. Aliméntase de insectos, peixes e cágados. Ten unha distribución paleártica: aniña en zonas húmidas do L de Europa e pasa o inverno en Senegal e Sudáfrica. Na Península Ibérica vese durante o paso polo Mediterráneo e en Galicia é unha ave accidental.

    3. Carrán de 39 cm de lonxitude, de peteiro de cor vermella, cola moi gallada e parte superior das ás de cor agrisada e o resto de cor branca, agás a cabeza negra e as patas que son de cor vermella no verán. Aliméntase de peixes, crustáceos e moluscos. De distribución circumpolar, en Galicia é unha ave de paso.

    4. Carrán de 43 cm de lonxitude, de peteiro amarelo alaranxado, cola moi gallada e curupela patente. É unha ave divagante dende África ata o oeste e sur de Europa.

    5. Carrán de 41 cm de lonxitude, de peteiro groso e negro, patas negras e cola agrisada e pouco gallada. Aliméntase basicamente de insectos e rara vez atrapa peixes. Aniña en colonias moi densas sobre illas pequenas de marismas e masas de auga doce. Distribuído de xeito puntual en todos os continentes, na Península Ibérica aparece en illas, lagoas, encoros, salinas ou marismas da metade meridional e da costa mediterránea.

    6. Carrán de 32 cm de lonxitude, de peteiro fino e recto, con toda a plumaxe de cor branca, ollos grandes e voo especialmente lixeiro e áxil, que se alimenta de cefalópodos e peixes que captura principalmente pola noite cando soben á superficie. Non constrúe niño e o ovo incúbano sobre unha póla ou nunha pequena repisa. Distribúese no hemisferio sur nos océanos Índico, Pacífico ou Atlántico.

    7. Carrán de 24 cm que posúe o peteiro de cor vermella escura, meixelas brancas e peito escuro, e que na plumaxe nupcial presenta o corpo gris escuro e a mitra gris. O niño é flotante e aparece ancorado na vexetación acuática. De distribución paleártica, na Península Ibérica distribúese en colonias en zonas húmidas atlánticas andaluzas, en L’Albufera de València e no Delta do Ebro; no interior, en zonas húmidas da Mancha como as Tablas de Daimiel. En Galicia é unha ave rara en época de paso.

    8. Carrán de 56 cm de lonxitude, de peteiro moi grande de cor rubia e que presenta unha pequena crista. Atópase en moitos lugares da Península Ibérica non aniña de xeito regular e en Galicia é unha ave rara en época de paso.

    9. Carrán de 41 cm de lonxitude, de peteiro negro coa punta de cor amarela, cabeza cunha pequena crista e partes superiores cinsentas e inferiores brancas. Distribúese polas costas europeas do Océano Atlántico, nos mares Mediterráneo, Negro e Caspio, no Yucatán, no Caribe e Sudamérica. Na Península Ibérica aniña no Delta do Ebro, en L’Albufera de València e nalgunhas partes da costa cantábrica. Fóra de época de cría está presente no litoral ibérico todo o ano, sendo as máximas concentracións invernais en Huelva, no Delta do Ebro e nas Rías Baixas galegas.

    10. Carrán de ata 42 cm de plumaxe cor gris escura, con plumas brancas rizadas cara a fóra en forma de bigote. Aniña na costa sudamericana do Pacífico.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enseada da beira setentrional da ría de Arousa, no litoral meridional das parroquias de Carreira e Aguiño, no concello de Ribeira.

    2. Acción de correr ou moverse rapidamente para trasladarse dun lugar a outro, ou para realizar calquera cousa.

      1. Competición consistente en percorrer unha determinada distancia, ben a pé ou ben sobre calquera tipo de vehículo ou animal. Existen diversas variantes de carreiras, segundo as diferentes modalidades deportivas; entre elas destacan as carreiras de atletismo, de automobilismo, de cabalos (hípica), de ciclismo, de patinaxe e de esquí. Como tipos fundamentais e claramente diferenciados, cabe distinguir as carreiras de velocidade pura e as de resistencia ou regularidade, denominadas tamén, nalgúns deportes, carreiras de fondo. Segundo o marco no que teñen lugar, fálase de carreira en circuíto pechado (ou carreira en estadio), carreira en pista e carreira en campo aberto. Cando a distancia a percorrer está dividida en partes, fálase de carreira por etapas. Coñécense, finalmente, as carreiras por equipos como aquelas que disputan un conxunto...

      2. carreira contra reloxo

        Proba deportiva consistente en percorrer un traxecto no menor tempo posible e na que os competidores non toman a saída simultaneamente.

      3. carreira de cros

        Competición deportiva atlética, ciclista ou hípica, que consiste en percorrer un circuíto marcado en campo aberto, é dicir, sobre terreo natural non pavimentado. As probas de campo a través nas dúas primeiras modalidades adoitan celebrarse na tempada invernal e non forman parte do programa dos Xogos Olímpicos, ao contrario que as carreiras hípicas.

      4. carreira de obstáculos

        Carreira atlética ou hípica na que os atletas ou os cabalos deben completar o percorrido saltando unha serie de obstáculos dispostos ao longo del. Dispútanse no interior de estadios e hipódromos, respectivamente. Os competidores participan na carreira simultaneamente e proclámase vencedor o que consegue chegar á meta en primeira posición.

      5. carreira de sacos

        Competición entre persoas que corren coas pernas metidas nun saco e van avanzando a saltos.

      1. ía estreita destinada ao tránsito de persoas e vehículos, especialmente os carros.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de correr ou moverse rapidamente para trasladarse dun lugar a outro, ou para realizar calquera cousa.

      1. Competición consistente en percorrer unha determinada distancia, ben a pé ou ben sobre calquera tipo de vehículo ou animal. Existen diversas variantes de carreiras, segundo as diferentes modalidades deportivas; entre elas destacan as carreiras de atletismo, de automobilismo, de cabalos (hípica), de ciclismo, de patinaxe e de esquí. Como tipos fundamentais e claramente diferenciados, cabe distinguir as carreiras de velocidade pura e as de resistencia ou regularidade, denominadas tamén, nalgúns deportes, carreiras de fondo. Segundo o marco no que teñen lugar, fálase de carreira en circuíto pechado (ou carreira en estadio), carreira en pista e carreira en campo aberto. Cando a distancia a percorrer está dividida en partes, fálase de carreira por etapas. Coñécense, finalmente, as carreiras por equipos como aquelas que disputan un conxunto de participantes que se relevan sucesivamente para completar o percorrido.

      2. carreira contra reloxo

        Proba deportiva consistente en percorrer un traxecto no menor tempo posible e na que os competidores non toman a saída simultaneamente.

      3. carreira de cros

        Competición deportiva atlética, ciclista ou hípica, que consiste en percorrer un circuíto marcado en campo aberto, é dicir, sobre terreo natural non pavimentado. As probas de campo a través nas dúas primeiras modalidades adoitan celebrarse na tempada invernal e non forman parte do programa dos Xogos Olímpicos, ao contrario que as carreiras hípicas.

      4. carreira de obstáculos

        Carreira atlética ou hípica na que os atletas ou os cabalos deben completar o percorrido saltando unha serie de obstáculos dispostos ao longo del. Dispútanse no interior de estadios e hipódromos, respectivamente. Os competidores participan na carreira simultaneamente e proclámase vencedor o que consegue chegar á meta en primeira posición.

      5. carreira de sacos

        Competición entre persoas que corren coas pernas metidas nun saco e van avanzando a saltos.

      1. ía estreita destinada ao tránsito de persoas e vehículos, especialmente os carros.

      2. Camiño delimitado por árbores nunha horta, nun parque ou nun xardín.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO