"Mosa" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 45.

  • Novela mourisca, aínda sen tradución ao galego, escrita cara ao 1551 e publicada en 1565. Narra a historia de amor de Jarifa e Abindarráez e o seu casamento en segredo. Este tema aparece nos chamados Romances fronterizos e nas obras de diversos autores como Antonio de Villegas, Jorge de Montemor, Juan Timoneda e Lope de Vega, quen o aproveita en La Dorotea e en El remedio en la desdicha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polipéptido de peso molecular elevado, produto da hidrólise incompleta de proteínas, como a peptina, que non coagula coa calor, incluso en medio acedo, pero que precipita en solución saturada de sulfato de amonio ou de magnesio. Un tipo especial de albumosa é a denominada proteína de Bence-Jones.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran mosaico dos ss II ou I a C, atopado en Pompeia na Casa do Fauno. Representa unha batalla de Alexandre contra o exército persa de Darío o Grande, moi probablemente copia dunha pintura helenística perdida. Un dos mellores exemplares dos mosaicos antigos. Consérvase no Museo Nacional de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Situar ou sinalar algo de xeito que se vexa, deixándoo ver.

    2. Deixar ver ou manifestar claramente unha calidade, sentimento, actitude, etc.

    3. Poñerse de relevo, deixando algo patente.

    4. Mostrarse alguén cunha determinada calidade, sentimento, actitude, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reunir, soldar por anastomose.

    2. Soldarse por anastomose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Foi atopado na rúa Batitales (hoxe Doutor Castro) de Lugo en 1842 no transcurso dunhas escavacións dirixidas pola Sociedade Económica de Lugo. A súa fabricación é de época romana, concretamente debeu construírse entre o goberno de Augusto (27 a C-14 d C) e a fin do de Traxano (117). A través dos restos conservados, pódense diferenciar dous sectores: a dobre banda figurada, de 1,20 m de longo, e o sector xeométrico. A cabeza de Oceanus, no centro da composición, está flanqueada por dous golfiños en actitude de somerxerse e rodeado de especies mariñas (ameixas, ourizos de mar, etc) e fluviais (troita e lamprea). A significación dos motivos representados levou a Rodríguez Colmenero a considerar que se podía tratar da cubrición do piso do comedor ou triclinium dunha mansión nobre; trátase dunha interpretación oposta a outras anteriores que sinalaban unha funcionalidade ritual. Algúns fragmentos deste mosaico consérvanse no Museo Provincial de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos rebaixes do cancil dun xugo nos que se asentan os apeares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. Os nomes de lugar Chamosa semellan ter significado fitonímico: lugar onde se ía buscar material para o lume; xa que logo, remitirían ao latín flamma ‘chama’ máis un sufixo abundancial -oso. Como apelido documéntase no s XVIII: “Vicenta Chamosa” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 54). A mesma orixe ten o apelido Chamoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros da familia dos ceratópsidos, de ata 5,2 m de lonxitude, propios de finais do Cretáceo. Na fronte presentaban un par de grandes cornos revirados cara a arriba, outro máis pequeno no fociño e unha gran gola ósea dende a parte posterior do cranio que cubría o pescozo e a parte superior dos ombreiros. Os principais xacementos localízanse no N de América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de mosaicos atopados na Cigarrosa no lugar que ocupou o asentamento romano Calubriga dos Guigurros. O primeiro mosaico apareceu en 1896 durante as escavacións dirixidas por Marcelo Macías. Trátase dun recinto rectangular cuberto con escenas nas que se mesturan os motivos mariños e vexetais coas formas xeométricas: moluscos, axadrezados, ourizos, etc. Sobre fondo branco predominan as cores azuis, vermellas, amarelas, rosas e grises. No segundo mosaico, descuberto en 1969, represéntanse, só en parte, unha escena mariña sobre fondo branco. O acceso a ambos os dous mosaicos realizábase por medio dunha escalinata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi secretario de Carlos I e, como notario maior, autorizou a súa renuncia en Flandres en favor de Filipe II (1555). Foi secretario dos consellos de Indias e da Inquisición con Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Dolique, Siria 379?) Bispo de Samosata. Adversario dos arianos, aos que apoiaba o Emperador Valente, foi desterrado por este a Tracia (374). Á morte do emperador retomou o seu cargo (378), ata o seu asasinato por un ariano. A súa festa celébrase o 21 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Arxentina. Está situada á beira do río Paraguay, na fronteira meridional do Paraguay (148.074 h [1991]). A súa industria baséase nos derivados da agricultura e é o único centro industrial da provincia. Foi fundada o 8 de abril de 1879 por Luis Jorge Fontana como nova capital da provincia de Chaco tralo establecemento da nova fronteira co Paraguay. Do seu patrimonio cultural destacan a casa de goberno (s XIX) e as reservas naturais que existen ao redor da vila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do N de Arxentina. Limita ao N con Paraguay, ao S co río Bermejo, ao O coa provincia Salta e ao L co río Paraguay. Forma parte da rexión do Gran Chaco (72.066 km2; 492.513 h [1999]). A súa capital é Formosa. Trátase dunha chaira aluvial inclinada cara ao L. O seu clima é tropical e a súa vexetación é a sabana con bosques de cedros. A poboación concentrouse nas marxes do río Paraguay desde que se poboou no s XIX. A súa economía baséase no cultivo de algodón, na explotación forestal e na gandería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, tradutor e director teatral. Licenciado en letras. Fundou o Teatro Independente Catalán e o grupo teatral Gil Vicente. Viviu en Alemaña algún tempo. Introduciu no teatro catalán as correntes teatrais doutros países. Xunto con Artur Quintana publicou unha antoloxía alemá de loita chamada A la paret, escrit amb guix (Na parede, escrito con xeso, 1967). Escribiu textos teóricos como Per una acció teatral (Por unha acción teatral, 1971). Comezou a súa obra poética Albes breus a les mans (Amenceres breves nos mansos, 1973) e Llibre de meditacions (Libro de meditacións, 1973). En 1980 recompilou a súa obra poética en Si tot és dintre (Se todo está dentro). Anos máis tarde publicou os poemarios Semblança (Semellanza, 1986), Per Puck (Para Puck, 1992) e Al llarg de tota una impaciència (Ó longo de toda unha impaciencia, 1994). En 1988 recibiu o Premio Nacional de Teatro e en 1994 o Premio Nacional de Tradución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, no límite SL da comunidade autónoma (2.492 h [2001]). Destaca a agricultura e a gandería, ademais dos xacementos de chumbo. De orixe musulmana, pertenceu á orde de Santiago ata que en 1404 pasou á xurisdición de Azuaga, baixo a que permaneceu ata 1565, cando Filipe II lle outorgou o título de vila. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Nuestra Señora de la Concepción, coa torre gótico-mudéxar, declarada Ben de Interese Cultural en 1932, a ermida da Magdalena (s XVI) e a fachada mudéxar da Biblioteca Municipal (ss XV-XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hematosalpinxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Covelo baixo a advocación de san Bartolomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia e punta do litoral cantábrico, situadas na parroquia de Lieiro (Cervo).

    VER O DETALLE DO TERMO