"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Museo de arte contemporánea situado no antigo edificio dos xulgados e do cárcere de Vigo, inaugurado en 2002. Mostra obras nacionais e internacionais, e acompaña o seu labor de exposición con traballos de investigación, así como coa organización de congresos e seminarios, celebrados nas súas instalacións. As súas liñas expositivas diríxense á presentación de mostras pluridisciplinais de arte actual, revisións históricas e mostras de novos artistas. Está integrado na Alianza Estratégica de Museos e a súa sede foi declarada Ben de Interese Cultural en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de arte contemporánea fundado por Unión Fenosa en 1995, na Coruña. Na súa sede atópase tamén o Museo Eléctrico. A orixe da súa colección está formada polas obras adquiridas nas mostras de pintura e escultura organizadas por Unión Fenosa desde 1989. Conta cunha importante representación da plástica galega. Entre outras actividades organiza os talleres para artistas, cursos e conferencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en 1999 pola Fundación Celta de Vigo para achegar ao público deportista o mundo da arte e da cultura. Xurdiu do éxito da exposición “In corpore Sano…75 anos de Arte e Deporte en Galicia”, comisariada por Román Pereiro, que reuniu os artistas galegos máis sobranceiros do s XX, como Arturo Souto, Maruja e Cristina Mallo, Antón Patiño, Menchu Lamas, Leiro, Andrés Pinal e Alberto Barreiro, que nalgunha das súas obras tocaron a temática deportiva. Realiza exposicións temporais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo inaugurado en 2001 con sede en Bos Aires. Proxectado desde 1998 pola fundación Eduardo F. Constantini, concibiuse como unha institución privada sen ánimo de lucro, co obxectivo de coleccionar, preservar, estudar e difundir a arte latinoamericana desde comezos do s XX ata a actualidade. A Colección Constantini esta formada por máis de duascentas obras dos principais artistas latinoamericanos modernos e contemporáneos. Ademais da exposición permanente, organiza exposicións temporais, así como ciclos de cine, obradoiros, debates ou encontros con escritores e artistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa museo de titularidade estatal situada no barrio xudeu de Toledo. Atópase en dous edificios comunicados entre si por un xardín: unha casa toledana do s XVI e un palacio renacentista, recuperado polo marqués de la Vega-Inclán. Inaugurouse en 1911 co fin de reunir as obras de El Greco e evitar a súa perda ou desaparición. A maioría das obras pertencen a última época do pintor. Acolle tamén pinturas das escolas españolas do s XVII, mobles dos ss XVI e XVII e cerámica toledana e talaverana. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo continuador do Gabinete de Historia Natural, creado por Antonio Casares na Universidade de Santiago de Compostela durante o curso 1840-1841, e que conserva moitas das coleccións do s XIX. Parte dos fondos históricos conservados están constituídos polos exemplares mercados en París en 1845 polo reitor Xosé Viñas. Mais a maioría proceden da doazón de particulares. A través das súas coleccións faise un percorrido polo labor de científicos galegos dos ss XIX e XX, así como polas investigacións realizadas nos departamentos da Universidade de Santiago de Compostela. Pertence ao Consello Galego de Museos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo dedicado á arte popular relixiosa, situado na antiga casa dos condes Aldemira, en Allariz. A súa fundación debeuse á doazón da colección privada de arte sacra realizada por Aser Seara á vila. Presenta pezas do s XII ao XIX, principalmente románicas, góticas e barrocas. Destacan a colección de virxes románicas e góticas e as iconas da escola rusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir de 1 de outubro de 1872. Baixo o subtítulo “Revista moral e instrutiva dedicada a la niñez”, saíu cada dez días dos obradoiros da Tipografía Católica. Ventura Pueyo exerceu como director ata febreiro de 1873, data desde a que o director e propietario foi Xulio Sandino. Dedicada a instruír os nenos na moral católica, prestoulle especial atención ás nenas, ás que lles inculcaba a submisión ao home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal situado nas dependencias da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid. Fundado en 1774 por decisión de Carlos III, os seus fondos iniciais procedían da Junta Central de Monumentos, e foron ampliados con diversas coleccións confiscadas aos xesuítas, coas obras premiadas nos concursos públicos convocados pola Academia desde 1753 e coas doazóns de particulares. Acolle unha das máis importantes coleccións de pintura española, da que destacan as obras de Zurbarán, Ribera e Goya, e tamén europea, como obras de Rubens, Mengs ou van Loo. Conta tamén cunha colección de debuxos, gravados, mobles, porcelanas e outros obxectos artísticos. Organiza conferencias, coloquios e outras actividades ademais de publicar monografías e outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado no palacio episcopal de Astorga, inaugurado en 1963. Acolle unha colección composta por esculturas medievais de madeira policromada, así como unha importante mostra de ourivaría renacentista e barroca. As obras están vinculadas, en maior ou menor medida, coa peregrinación a Santiago de Compostela. Destacan as tallas románicas, as cruces procesionais, os cálices e as custodias. Acolle tamén unha mostra de artistas leoneses contemporáneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida en Pontevedra a partir de 1942. Promovida pola institución da que tomou o nome, o seu obxectivo foi recoller estudos científicos con rigor histórico. Publicada en catro entregas trimestrais que logo se reunían nun tomo, co tempo editouse un só volume de saída anual. Dirixida por X. Filgueira Valverde e por José Carlos Valle Pérez (desde 1987), incluíu investigacións sobre arqueoloxía, numismática, historia, liñaxe, folclore, filoloxía ou literatura, ademais dunha sección de artigos complementarios e outra de documentos descoñecidos. Colaboraron nas súas diferentes edicións algúns escritores e intelectuais galegos de recoñecido prestixio como Bouza Brey, Antonio Fraguas, Marcial Gondar, Clodio González Pérez, López Cuevillas, Losada Diéguez, E. Pardo Bazán, Otero Pedrayo ou Pérez Constanti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Vilalba. Trátase dunha fundación pública municipal rexida por un padroado e pertencente ao Consello Galego de Museos. Ten como obxectivos a investigación, custodia, conservación e difusión da prehistoria e historia antiga de Galicia. Conta cunha exposición permanente con restos das diversas culturas do noroeste peninsular desde as orixes ata a romanización e realiza mostras individuais e outras actividades. As súas investigacións céntranse na reconstrución paleoambiental do norte peninsular e a caracterización das sociedades paleolíticas e epipaleolíticas galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de arte sacra situado no mosteiro de San Paio de Antealtares, en Santiago de Compostela que abriu ao público en 1971. Atópase no lenzo O do claustro do s XVII. Os seus fondos están formados por obxectos litúrxicos (roupa litúrxica e ourivaría), pinturas, imaxinaría e pezas arquitectónicas. Destaca a ara de mármore que, segundo a tradición, formou parte do primitivo altar erixido sobre a tumba do Apóstolo Santiago. No seu arquivo consérvanse documentos medievais e modernos relativos á historia do convento, da cidade e de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado no convento de San Francisco en Santiago de Compostela. Pertence ao Consello Galego de Museos. Creouse coa intención de enlazar, a través da súa exposición, a cultura da cidade de Santiago de Compostela coa de Xerusalén, ao ser ambas importantes centros de peregrinación. A súa colección recolle obxectos procedentes de Terra Santa. Móstranse pezas arqueolóxicas que abranguen desde o Paleolítico á dominación romana, pezas dos diversos períodos da historia de Xerusalén, traballos artesanais realizados en Belén e Xerusalén que mostran a pegada da orde franciscana, que custodia o Santo Sepulcro, unha gran maqueta da cidade histórica de Xerusalén e unha colección numismática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo Nacional del Prado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Roma. Ocupa unha boa parte da antiga cartuxa de Santa Maria degli Angeli, construída sobre restos das grandes termas de Diocleciano (298-306), e recolle unha das mellores coleccións do mundo de mosaico, pintura mural e, sobre todo, de escultura antiga. Destacan os restos dunha das ábsidas do caldarium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo da catedral de Lugo, fundado en 1918 e situado en varias dependencias do edificio catedralicio, como a tribuna, a sala capitular e unha dependencia do seminario. A súa colección componse de obxectos e roupas vinculadas á liturxia, restos prehistóricos, romanos, paleocristiáns, inscricións visigodas, arqueoloxía románica e gótica, imaxinaría, pintura academicista dos ss XVIII-XIX, cerámica de Sargadelos e numismática. Entre as súas pezas destaca o Crismón de Quiroga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en 1954 e situado no claustro gótico da catedral de Ourense. Contén pezas de ourivaría e obxectos vinculados coa liturxia. Dos seus fondos destacan o Tesouro de San Rosendo (ss X-XIII), que procede do mosteiro de San Salvador de Celanova e está composto por oito pezas de xadrez de cristal de rocha de estilo fatimita (s X), a cruz procesional gótica coa que o conde de Benavente agasallou a catedral e o Misal Auriense, feito en Monterrei en 1494.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado nun antigo hospital de peregrinos e pobres do s XVIII situado preto da catedral de Tui. Creouse en 1974 baixo a iniciativa do bispo José Delicado Baeza. Organízase en tres plantas, ademais de capela, patio interior e sala de exposicións. Mostra restos arqueolóxicos de época prehistórica, romana e medieval da zona do Baixo Miño, unha colección de ourivaría litúrxica e tallas góticas, renacentistas e barrocas. Acolle tamén o arquivo histórico e a biblioteca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado no colexio de Nosa Señora da Antiga, en Monforte de Lemos. Recoñecido como unha das pinacotecas máis relevantes de Galicia, da súa colección destacan os lenzos San Lorenzo e San Francisco de El Greco, así como a obra do pintor italiano Andrea del Sarto.

    VER O DETALLE DO TERMO