"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • ENTRADA LARGA

    Sistema político no que se manifestou o clientelismo electoral nas sociedades rurais con pouco nivel de desenvolvemento e instrución; o caciquismo nas cidades e nas zonas obreiras era máis difícil, pero tamén se rexistrou. Caracterízase pola continuada influencia que exercen persoas dominantes na sociedade pola súa profesión (mestres, médicos, avogados, etc), polo seu labor ideolóxico (cregos) ou pola súa riqueza (banqueiros, empresarios, etc), que constituían a oligarquía local e servían de enlace entre o poder e os habitantes do lugar. O cacique desenvolvía actividades políticas sen estar instituído de ningunha investidura xurídica que lle acreditase esa función: o cacique non era o político electo, senón o “compoñedor” dos resultados electorais a través da práctica do clientelismo, o favoritismo e o pucherazo. Neste sentido, o caciquismo funcionou como un instrumento electoral que, dentro dunha racionalidade política, ao abeiro dunha lexislación determinada e nunha democracia parlamentaria,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter fotográfico aparecida en Vigo no Nadal de 1996. Editada por Delmi Álvarez, principal responsable da publicación, durou cando menos ata finais de 1997. O seu consello editorial estaba formado por X. Marra, Jorge Lens, Xulio Gómez, Mónica F. del Río, Gerrit Horst, Mercedes Moralejo e Vari Caramés, entre outros. Trátase dunha escolma de fotografías en branco e negro, acompañadas dunha serie de artigos en galego referidos aos autores das mesmas nos que se esbozan algunhas das liñas que seguen no seu traballo profesional. Tal e como aparece reflectido no seu editorial, estes cadernos pretendían revitalizar o concepto de fotografía de autor, promocionar o traballo dos fotógrafos dedicados ao xornalismo e ás reportaxes, e procurar un discurso fotográfico coherente destes profesionais. Ao longo de varios números apareceron imaxes de Vari Caramés, Juantxu Rodríguez, José Luis Tejero, Antonio Espejo, Fernando Quintela e Carlos Lago, amais doutros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación aguda ou crónica, producida pola inxestión abusiva de café, debido á cafeína que contén. Maniféstase coa aparición de palpitacións, trastornos dixestivos, exsudación, axitación nerviosa con delirios e alucinacións, tremores e, ás veces, convulsións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema teolóxico que ten a súa orixe nas ensinanzas de Xoán Calvino. Converteuse na doutrina máis amplamente aceptada e de maior influencia entre as igrexas xurdidas da Reforma. O calvinismo é fundamentalmente unha doutrina teocéntrica e, ao mesmo tempo, anticatólica e antiluterana. Admite a Trindade, a encarnación do fillo de Deus nunha Virxe, as dúas naturezas de Cristo, a teoría de santo Agostiño sobre a Gracia, a predestinación e o pecado orixinal. A igrexa calvinista, que proclama que a súa autoridade emana directamente de Deus, ten como misión predicar a palabra de Deus, administrar os sacramentos e velar pola disciplina dos fieis; así mesmo, nela non existe a categoría episcopal e está rexida polos pastores, os mestres, os presbíteros ou anciáns e os diáconos; os elixidos para tales tarefas deben aprenderlles aos outros a interpretar rectamente as Sagradas Escrituras, texto fundamental e única regra de fe. Cada congregación local, gobernada por un consello de pastores e anciáns,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de doutrinas económicas, versión xermánica do mercantilismo, que teñen como principal característica perseguir a mellor administración e o aumento do patrimonio ou cámara do príncipe ou do estado. O primeiro gran cameralista foi o austríaco Johann Joachim Becher (1635-1682), quen vía no estado o motor para obter o maior poboamento, ao mesmo tempo que propugnaba unha organización gremial e mercantil controlada polo estado. Von Hörnigk (1638-1712) mostrou a ligazón do cameralismo co nacionalismo radical e autárquico co título da súa obra Österreich über alles, wenn es nur will (Austria por riba de todo, só con que o queira). O derradeiro gran cameralista, J. H. G. von Justi (1705-1771), admitiu o papel da competencia e do principio do egoísmo e conectou a actuación do estado co benestar público.

    2. Sistema político baseado na suxeición do poder executivo ás cámaras parlamentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade turística que consiste en vivir temporalmente ao aire libre en tendas de campaña ou caravanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relato publicado en 1759 por François M. Arouet, coñecido como Voltaire. É unha novela de formación baseada no esquema narrativo da busca. O obxectivo é atopar o modo ideal de situarse no mundo, concretado no lugar axeitado no que establecerse. O descubrimento do espazo idóneo para existir identifícase co saber existir. O título asocia o nome de Cándido a unha cuestión filosófica, o optimismo, e acada deste xeito un valor de provocación ao unir dúas palabras con connotacións contrarias: a inocencia ou simpleza que suxire o nome de Cándido e a concepción do optimismo como descubrimento da propia identidade, xurdida como unha crítica á proposta de Leibniz do optimismo como aceptación da Providencia. A simpleza do protagonista dificultaralle acadar o seu propio lugar no mundo, en tanto que o seu candor o predispón a crer inxenuamente no que lle impoñen os demais. O coñecemento e a realización do mellor modo de existencia para el, equivalerá á conquista dun criterio que lle permita...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antropofaxia habitual como característica etnolóxica dunha sociedade determinada. Prevaleceu ata tempos recentes en diversos pobos de África, Australia, Nova Zelanda, Polinesia, Insulindia e América. Distínguese entre o canibalismo practicado entre membros da propia tribo e a necrofaxia, practicada en defuntos non sacrificados como víctimas, xunto cos casos máis xeneralizados dos que son obxecto os corpos dos inimigos mortos e as víctimas de sacrificios. No tocante á finalidade, a carne humana pode ser un suplemento alimentario habitual ou puntual pero, xeralmente, inclúe algunha significación ligada coa crenza da adquisición, mediante a súa inxestión, da vitalidade ou das características especiais do morto.

    2. Depredación exercida entre individuos da mesma especie, normalmente entre clases de idade distinta, e, especialmente, a posta en práctica por individuos adultos sobre ovos ou primeiras fases larvarias. Ten un papel de autorregulación da especie e a súa influencia sobre a mortalidade está directamente relacionada coa densidade. Faise especialmente patente en poboacións que viven nun medio de pequenas dimensións, como son moitas das augas continentais, e con escasas posibilidades de dispersión. Tamén pode ter lugar entre larvas, caso dalgúns anfibios, onde algún deles se tranforma en caníbal ao pasar a alimentarse case de xeito exclusivo das outras larvas, o que asegura a súa metamorfose e lle permite completar o seu ciclo antes de que desapareza o medio temporal onde viven.

    3. Acción que acontece cando un produto “come” mercado a outro de moi similares características e do mesmo fabricante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado producido polo feito de fumar ou inxerir resinas contidas en flores e follas do cánabo, chamadas comunmente haxix ou marihuana, que teñen como un dos principios activos máis importantes o delta-9-tetrahidrocannabinol. Segundo a dose e o estado psíquico do suxeito pódense dar situacións de euforia, alucinacións pracenteiras a miúdo eróticas, sensación da prolongación do tempo, percepción de embriaguez e tamén estados de confusión e ansiedade e, mesmo, delirios e exacerbacións de enfermidades mentais preexistentes como a esquizofrenia. Pódese alterar a coordinación psicomotriz e verse afectada a condución de vehículos e o manexo de máquinas; a memoria diminúe e a aprendizaxe retárdase. Ademais, hai posibilidade de alteracións vexetativas como hipotensión, hipotermia, bradicardia e depresión respiratoria. A intoxicación crónica pode asociarse a cambios de conduta e ocasionar situacións extremas de falta de motivación e apatía. Pode crear dependencia física e, en mulleres...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina política que pretende organizar a sociedade en cantóns federados, que substitúan a organización estatal. Foi especialmente importante en España e Suíza na segunda metade do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixión sincretista fundada por Phu Ngo-van-Chien en Vietnam entre 1919 e 1925. Recolleu o códice moral do confucianismo, a doutrina da reencarnación do budismo, as prácticas ocultistas do taoísmo, o ideal de amor universal, o símbolo de Deus (Cao Dai) do cristianismo e a veneración dos antepasados do espiritismo. Foi proclamada oficialmente en 1926 e organizouse tamén como comunidade económica e militar. Posteriormente, o seu exército integrouse no de Vietnam do Sur. Ten máis de dous millóns de adeptos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sistema ou modo de produción caracterizado pola técnica avanzada debida á xeneralización das máquinas, á propiedade privada dos medios de produción e á procura do máximo beneficio (motor do sistema). A técnica avanzada esixe utilizar medios de produción de custo elevado, polo que a propiedade privada destes medios significa propiedade dalgúns e non propiedade do resto da poboación, que se ve forzada a vender aos primeiros a súa forza de traballo. Entre os trazos fundamentais que conforman este sistema cómpre citar: o carácter xuridicamente libre da man de obra, o control do capital da empresa por parte dos propietarios e, xa que logo, do destino dos produtos, e a orientación das decisións económicas polo mercado. Alá onde houbo un comercio dunha certa envergadura, desenvolvéronse capitais conectados coa compravenda e co préstamo, e por iso téndese a falar dunha primeira etapa chamada capitalismo comercial. O comercio a longa distancia, acompañado do incremento da produción de manufacturas...

      2. capitalismo de Estado

        Expresión cuñada por Lenin para designar a fase intermedia de acceso ao socialismo. Nesta etapa o estado proletario apropiaríase dos medios de produción previa á súa desaparición definitiva.

      3. capitalismo do benestar

        Economías mixtas, establecidas en Europa occidental trala Segunda Guerra Mundial, nas que o Estado se comprometía a compaxinar o capitalismo de libre empresa cun amplo sistema de servicios e garantías sociais.

      4. capitalismo popular

        Conxunto de medidas, típicas dun estado avanzado do desenvolvemento capitalista, que teñen como finalidade a eliminación da loita de clases e a integración do proletariado no sistema. As máis frecuentes son o accionariado obreiro, a coxestión, a xeneralización dos seguros sociais, os convenios colectivos, etc, medidas que a miúdo van acompañadas dun control do dereito de folga.

    1. Conxunto de poder e influencia dos capitalistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente artística da pintura europea do s XVII, influída pola obra de Caravaggio. Os seguidores deste estilo, caracterizados polo emprego do claroscuro, recibiron tamén o nome de tenebristas. En Italia os primeiros en aproveitar as innovacións de Caravaggio foron Orazio Gentileschi (1565?-1640?), Antiveduto Grammatica (1570-1626), Giovanni Battista Caracciolo (1570?-1637), Artemisia Gentileschi (1597?-1651?), Bartolommeo Manfredi (1580?-1601?), Luigi Miradori (?-1657) e Carlo Saraceni (1585?-1620). O seu realismo influíu en pintores académicos como Guido Reni (1575-1642) e Guercino (1591-1666); non obstante, debido á súa ruptura coa tradición clásica, interesou cada vez máis a artistas de tradición non clásica, entre os que destacan o flamengo Louis Finson (1580-1617), os holandeses Gerard Honthorst (1590-1656) e Hendrick Terbrugghen (1588-1619?). En Francia sobresaíron Moïse Valentin (1591?-1634) e Georges de La Tour (1593-1652), dentro da corrente antiacadémica. A influencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento de ideoloxía liberal, organizado en sociedades secretas e relacionado coa francomasonería, formado na parte meridional de Italia a principios do s XIX durante o dominio napoleónico. O nome deriva do carbonari (‘carboeiros’) e os emblemas deste movemento eran a cruz, o gorro frixio e o puñal. Os membros, que se chamaban entre eles bos curmáns, dividíanse en mestres e aprendices e agrupábanse en vendas. Opúñase ao absolutismo e demandaba unha constitución. O movemento estivo ligado nun principio á oposición republicana de Napoleón Bonaparte e agrupou oficiais do exército, membros da nobreza e pequenos propietarios. A partir do ano 1815, o movemento estendeuse a Sicilia e á parte setentrional de Italia. En Francia (1821), o movemento avanzou coa axuda de La Fayette e posteriormente coa de Filippo Buonarroti. En España xurdiron asociacións carbonarias en Madrid, Catalunya e Andalucía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Don especial outorgado por Deus a un cristián prescindindo do seu grao xerárquico e destinado a influír socialmente na comunidade eclesiástica. As escrituras paulinas testemuñan a abundancia dos carismas na Igrexa primitiva. Máis adiante o gran problema foi diferenciar os auténticos dons de Deus das imitacións. Segundo o Concilio Vaticano II, o xuízo sobre a súa autenticidade pertence ás autoridades eclesiásticas.

    2. Capacidade que posúen certas persoas para atraer, seducir ou guiar os demais mediante a forza da súa personalidade, a súa presenza ou a súa conversa, sen utilizar a coacción nin os incentivos materiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten carisma.

      1. Persoa que forma parte dun movemento carismático.

      2. movemento carismático

        Corrente espiritual cristiá, aparecida no ano 1967 en América do Norte e estendida despois a diversos países de Europa, que propugna a práctica dun tipo de oración espontánea e entusiasta, e a necesidade de recuperar a riqueza de carismas das comunidades cristiás primitivas. Entre os protestantes existen os grupos chamados pentecostais e, entre os católicos, é importante o pulo adquirido pola Renovación Carismática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Movemento político xurdido en 1833 no marco do conflito dinástico suscitado pola sucesión á coroa de España ao morrer Fernando VII. Defendía os intereses de Carlos María Isidro de Borbón (1788-1855), irmán de Fernando VII, e dos seus descendentes a ocupar o trono de España. Así mesmo, axuntaba diferentes correntes antiliberais e absolutistas con programas inspirados nas institucións do Antigo Réxime: monarquía absoluta e conservación da preponderancia da Igrexa, resumidos no lema “relixión, rei e foros”. O carlismo arraigou sobre todo no norte da Península, en Galicia, País Vasco, Navarra, Aragón e Catalunya, zonas opostas á política centralizadora e uniformadora dos Borbóns.
    Antecedentes históricos do carlismo
    Os antecedentes do carlismo pódense dividir en legais, históricos e ideolóxicos. Os primeiros refírense aos documentos que garantían a sucesión á coroa española. O problema sucesorio tivo a súa orixe na Lei Sálica, promulgada por Filipe V en 1713, que excluía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de facer carteis publicitarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de doutrinas elaboradas por Descartes. En Francia difundiuse a pesar da oposición do Santo Oficio, da prohibición real de ensinalo (1671) e da oposición de atomistas, empiristas e xesuítas. A rama máis vigorosa desta doutrina foi a de Malebranche. Tamén tivo seguidores nos Países Baixos (Heerebord e Lambert), Alemaña (Clauberg) e Italia (Fardella) durante os ss XVII e XVIII. Neste último século manifestouse a oposición contra o cartesianismo por parte dos filósofos defensores da nova filosofía natural, centrada en aspectos como a física mecanicista (dinamismo de Leibniz e a mecánica de Newton) e o innatismo (Locke e Berkeley). Con todo, a influencia cartesiana fíxose sentir ata o s XX, tal e como aparece plasmado no libro de Husserl Méditations Cartésiennes (Meditacións cartesianas, 1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente política baseada na Carta Constitucional (abril de 1826) outorgada por Pedro IV de Portugal que propugnaba unha lenta transición do absolutismo cara ao liberalismo, concedía amplos poderes ao monarca e beneficiaba as clases privilexiadas. Estivo en vigor entre 1826 e 1828, de 1834 a 1836 e desde 1842 ata a proclamación da República en 1910.

    VER O DETALLE DO TERMO