"BUN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 128.

    1. Conxunto de persoas que teñen que xulgar e administrar xustiza.

    2. Conxunto de persoas competentes que teñen que xulgar exames, oposicións, concursos e actos análogos.

    3. Conxunto de funcionarios que constitúen o órgano estatal encargado de velar pola garantía de orde xurídica, en nome do pobo ou do xefe de estado que representa e de acordo cun sistema normativo de legalidade. En España comprende os xulgados (tribunais unipersoais) e as audiencias (tribunais colexiados). A xurisdición ordinaria comprende: xulgado de paz, integrado por un xuíz, con xurisdición sobre un municipio onde non hai un xulgado de primeira instancia e instrución; xulgado de primeira instancia e de instrución, presidido por un xuíz, con xurisdición sobre un partido xudicial; xulgados penais; xulgados contencioso-administrativos; xulgados sociais; xulgados de menores; xulgados de vixilancia penitenciaria; audiencia provincial, que é a instancia máxima provincial; o tribunal superior de xustiza, con xurisdición sobre todas as audiencias provinciais dunha mesma comunidade autónoma; e o Tribunal Supremo,...

    4. Conxunto de eclesiásticos que en nome do papa e dos bispos administran xustiza e pronuncian sentenzas en asuntos relacionados co dereito canónico. Respecto á xurisdición, hai tribunais diocesanos, baixo a xurisdición do bispo, que delega as súas funcións no provisor. O tribunal apostólico está integrado pola Penitenciaría Apostólica, o Tribunal da Rota Romana e o Tribunal da Sinatura Apostólica, baixo a presidencia do papa. En España atópase o Tribunal de la Rota de la Nunciatura.

    5. tribunal de casación

      Tribunal que coñece dos quebrantamentos ou infraccións da lei alegados contra a sentenza de instancias.

    6. tribunal de contas

      Tribunal con carácter fiscal e político, encargado da fiscalización da economía das entidades estatais, de xulgar e condenar a quen ten ao seu cargo as contas do estado e vixiar e inspeccionar os expedientes administrativos de reintegros e cancelacións de finanzas.

    7. tribunal de garantías institucionais

      Instrumento de tutela dos dereitos e as liberdades individuais existente nalgúns estados. A garantía constitucional presupón a existencia dun ordenamento xurídico fundamental, e o tribunal ten a facultade, en determinados momentos de emerxencia, de suspender algunha das garantías constitucionais, determinando expresamente a duración da suspensión.

    8. tribunal de honor

      Tribunal existente dentro de certas corporacións ou colectividades para xulgar a conduta deshonesta, malia que non delituosa, dalgúns dos seus membros. A Constitución Española de 1978 prohibiunos.

    9. tribunal do xurado

      Insitución para a participación dos cidadáns na administración de xustiza. Ten competencia sobre homicidios, ameazas, omisión do deber de socorro, violación ou invasión de domicilio, incendios forestais, infidelidade na custodia de documentos, suborno, tráfico de influencias, malversación de caudais públicos, fraudes e extraccións ilegais e negociacións prohibidas a funcionarios.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo colexiado encargado de administrar o mecanismo de defensa e garantía da Constitución que resolve os problemas que presenta o cumprimento das normas. Foi creado en 1979, con xurisdición sobre todo o territorio español e formado por 12 membros nomeados polo rei a proposta do Congreso de los Diputados (4), do Senado (4), do goberno (2) e do Consejo General del Poder Judicial (2) entre maxistrados e fiscais, profesores universitarios, funcionarios públicos e avogados, todos eles xuristas de recoñecida competencia con máis de 15 anos de exercicio profesional. O seu mandato dura 9 anos e renóvase cada dous terzos. Ten a súa orixe no Tribunal de Garantías Constitucionales da Segunda República Española. Ten competencia exclusiva para coñecer dos recursos de inconstitucionalidade contra leis e normas xurídicas con rango de lei, dos de amparo por violación de dereitos e liberdades fundamentais e dos conflitos de competencia entre o estado e as comunidades autónomas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal ordinario e supremo de apelación da Santa Sé. Ten a súa orixe na Chancelaría Apostólica da que formaban parte o chanceler, os auditores contraditorum e os cappellani. Encomendábaselle ao principio, caso por caso e despois de modo estable, a instrución das causas. Inocencio III concedeulles tamén a potestade de pronunciar sentenza. Con Inocencio IV e o I Concilio de Lyon os capeláns formaron un tribunal estable. O nome de Rota deriva probablemente do recinto circular en que se reunían e sentaban os auditores para xulgar as causas. Sisto IV (1472) fixou en 12 o número dos capeláns auditores. Benedito XIV determinou definitivamente a competencia do tribunal coa constitución Iustitiae et pacis (1747). A elección dos auditores estivo sempre reservada ao papa, pero concedeuse a algúns estados o dereito a nomear algún auditor: España nomeaba 2 e Alemaña e Francia un. Debían ser importantes doutores en dereito, ademais de distinguirse pola súa prudencia e integridade de vida. A partir...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal supremo eclesiástico de casación constituído por seis cardeais elixidos polo papa, que xulga normalmente cuestións sobre violación do segredo por parte de auditores da Rota ou sospeitas sobre a súa actuación, nulidade das súas sentenzas, conflitos de competencia entre tribunais eclesiásticos menores e outras causas. A súa denominación provén da sinatura que estampaba o papa nos documentos de resposta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución comunitaria que ten a función principal de fiscalización ou control das contas da Unión Europea. Creouse o 5 de abril de 1977 por decisión dos representantes dos gobernos dos estados membros, e entrou en funcionamento o 25 de outubro do mesmo ano. A súa sede está en Luxemburgo. Está composto por 12 membros, elixidos por 6 anos polo Consello da UE, que exercen as súas funcións con absoluta independencia e en interese xeral da UE. Ditos membros, durante o seu mandato, non poden exercer ningunha outra actividade profesional, retribuída ou non. Este tribunal examina as contas da totalidade dos ingresos e gastos da UE, e tamén os de calquera organismo creado por ela. Asemade, examina a legalidade e a regularidade destes ingresos e gastos, e garante unha correcta xestión financeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano supremo fiscalizador das contas e da xestión económica de España e de toda a actividade económica e financeira do sector público. Depende directamente das Cortes Generales e exerce as súas funcións por delegación destas. Está formado por un presidente, elixido entre os seus membros para un período de 3 anos, 12 conselleiros elixidos por metade polo Congreso de los Diputados e polo Senado, que funcionan en pleno ou comisión de goberno. Ten xurisdición en todo o territorio estatal e axuíza a responsabilidade contable de quen teñen ao seu cargo o manexo de caudais e efectos públicos. Controla as contas da administración do Estado, das Comunidades Autónomas, das corporacións locais, da Seguridade Social, dos organismos autónomos, das sociedades estatais e das empresas públicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado pola Constitución de 1931 da Segunda República Española para o control da constitucionalidade das leis e que entendía dos recursos de inconstitucionalidade destes. Estaba formado por un presidente, que nomeaba as Cortes, o presidente do alto corpo consultivo da República, o presidente do Tribunal de Contas, dous deputados elixidos polas Cortes, dous avogados e catro profesores de dereito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal eclesiástico colexiado, ordinario, con sede en Madrid, constituído principalmente para recibir as apelacións contra as sentenzas eclesiásticas pronunciadas en España. Tivo a súa orixe no Tribunal del Nuncio que,a instancia de Carlos V, o Papa Clemente VII concedeu a España en 1529 como tribunal de apelación onde, amodo de privilexio, puideran terminarse as causas españolas sen necesidade de acudir a Roma. Este tribunal reformouno Clemente XIV en 1771 mediante a constitución Administrandae iustitia zelus e concedeulle unha organización similar ao da Rota Romana, polo que a partir de entón se denominou Rota de la Nunciatura Apostólica ou Tribunal de la Rota de la Nunciatura Apostólica. No s XIX suspendeuse en 5 ocasións, a causa das persecucións políticas contra a igrexa española. Pío XI suprimiuno o 21 de xuño de 1932, debido ás circunstancias particularmente antieclesiais creadas durante a Segunda República. Pío XII restableceuno o 7 de abril de 1947 mediante o motu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal que se reúne cada xoves de once a doce da mañá á porta da catedral de València a fin de analizar e resolver as diferenzas xurdidas entre os regadores da Horta valenciana, agás os beneficiados da laga de Montacada. Unha asemblea dos regadores de cada laga elixe un síndico, que vixía a repartición da auga e en tempos de seca distribúe a auga dispoñible. Oito síndicos forman o consello das lagas do Turia. O tribunal trata as denuncias das regas abusivas nun procedemento gratuíto, oral e sumarísimo, onde non participa o síndico da canle afectada. O catalán é a única lingua empregada no tribunal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal especial creado en 1963 en Madrid para defender a estabilidade do réxime franquista, con xurisdición sobre toda España. Continuación do extinguido Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo, tiña como finalidade coñecer dos delitos contra a seguridade exterior do estado, o consello de ministros e contra a forma de goberno, entre outros. Aboliuse en 1977.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corte de xustiza das Comunidades Europeas con sede en Luxemburgo. A súa misión consiste na aplicación e a recta interpretación dos tratados fundacionais e das normas legais das comunidades. Está formado por 15 xuíces e 9 avogados xerais, nomeados para un período de 6 anos de común acordo polos estados membros. Os xuíces designan entre eles ao presidente e están asistidos polos avogados xerais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • inquisición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución encargada de recoller a cuarta parte das rendas ou froitos eclesiásticos dun ano, concedida polos papas aos reis dos reinos hispánicos para contribuír á defensa armada da fe católica contra os herexes ou infieis. Foi creado por bula papal en 1523 e substituíuse en 1560 polo subsidio de galeras ou contribución anual de 420.000 ducados coa finalidade de construír e armar 50 galeras, que o clero hispánico lle debía pagar ao rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal con xurisdición en toda España creado en 1940 e suprimido en 1963, ao ser creado o Tribunal de Orden Público. Para erradicar tanto a masonaría como o comunismo, impuña penas durísimas de privación de liberdade e confiscaba os bens dos condenados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo, con sede en Estrasburgo, creado polo Consello de Europa para garantir o libre exercicio dos dereitos políticos e cívicos. Poden recorrer a el tanto os individuos como os estados asinantes da Convención Europea para a Salvagarda dos Dereitos do Home, creada en Roma en 1950. Antes de recorrer a el cómpre esgotar todas as instancias nacionais e ter presentado o caso perante a Comisión Europea dos Dereitos do Home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal internacional creado en 1945, con sede na Haia, coñecido tamén como Tribunal Internacional da Haia, que ten xurisdición sobre todos os estados membros da ONU e sobre outros, como Suíza, que se someten voluntariamente. Foi o sucesor do antigo Tribunal Permanente de Xustiza Internacional (1920-1939) da Sociedade de Nacións. Ten competencia sobre os asuntos que as partes lle sometan e o seu procedemento normal é o de chegar a un acordo ou compromiso en cada caso concreto; sobre os casos previstos nos tratados vixentes e nas controversias xurídicas entre dous ou máis estados; e emite opinións ou ditames a petición dos organismos da ONU. Está composto por 15 membros elixidos para un período de 9 anos, puidendo ser reelixidos, entre as persoas que teñan unha alta consideración moral e que reúnan as condicións requiridas para o exercicio das máis altas funcións xudiciais nos seus países ou que teñan unha recoñecida competencia en materia de dereito internacional. Non pode haber...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo xudicial de excepción creado en París durante a Revolución Francesa. Funcionou de 1793 a 1795, para xulgar os contrarrevolucionarios e os que atentaban contra a seguridade pública. Utilizaba procedementos sumarísimos, e as sentenzas eran executadas no prazo de 24 horas. Foi un dos instrumentos principais do Terror.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    [TSXG] Órgano xurisdicional de máis alto grao dos existentes en Galicia, perante o que se esgotan, con algunhas excepcións, os preitos comezados no territorio da Comunidade Autónoma. O precedente remoto hai que atopalo na Audiencia do Reino de Galicia, institución xudicial e de goberno da Coroa de Castela, creada no s XVI e que perviviu ata o sistema xudicial xurdido da Constitución de Cádiz, malia que dalgún xeito perviviu na Audiencia Territorial que a sucedeu ata a creación do TSXG. Como tal o TSXG foi creado polo Estatuto de Autonomía de 1981, aínda que o atraso na aprobación da Lei Orgánica do Poder Xudicial impediu a súa constitución ata maio de 1989. Ten a súa sede na Coruña por mor da decisión adoptada en 1982 a través da Lei do Parlamento de Galicia que fixou en Santiago de Compostela a sede da Xunta e do Parlamento. O seu presidente é nomeado polo rei a proposta do Consejo General del Poder Judicial (CGPJ). Estivo presidido por Xosé de Cora Rodríguez (1989-1990) e José Ramón Vázquez...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano xurisdicional superior en todas as ordes agás o disposto en materia de garantías constitucionais. Con sede en Madrid, ten xurisdición sobre toda España e é o único que recibe o apelativo de supremo. Está formado por catro salas: Sala Primeira do Civil, Sala Segunda do Penal, Sala Terceira do Contencioso-Administrativo e Sala Cuarta do Social. O seu presidente noméao o rei a proposta do Consejo General del Poder Judicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao tribuno ou ao tribunado.

    VER O DETALLE DO TERMO