"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

    1. Relativo ou pertencente aos ectoproctos.

    2. Animal do filo dos ectoproctos.

    3. Filo de animais acuáticos caracterizado por individuos, ou zooides, de pequeno tamaño (case todos miden menos de 0,5 mm de lonxitude), eucelomados (de ano e boca en orificios independentes) e cunha coroa de tentáculos cubertos de pequenos cilios que crean unha corrente de auga da que extraen partículas alimenticias en suspensión que dirixen á boca. Viven nun pequeno habitáculo denominado zoecio, produto das secreccións da epiderme, que pode ser de natureza xelatinosa, quitinosa ou calcaria e poden contar ademais, cun pequeno opérculo que serve para pechar completamente a cámara onde se retraen. Carecen de órganos específicos para a respiración, circulación e excrección. As máis das especies forman colonias nas que existe, entre os distintos zooides, un intercambio de fluído celomático, grazas a pequenos poros no zoecio, e poden existir individuos especializados na defensa ou na reprodución. As colonias poden ser incrustantes e superar os 100 cm de diámetro, ou erectas e ramificadas e acadar...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Modificar certas características dun sinal eléctrico mediante un ecualizador.

    2. Mellorar unha imaxe de xeito que en cada nivel de intensidade haxa un número aproximadamente igual de píxels. Esta opción, presente en certas aplicacións de deseño ou retoque fotográfico, permite manipular os valores das luces e das sombras dunha fotografía ou dun deseño. Utilízase para corrixir fotos borrosas, aumentar o contraste entre as distintas zonas dunha fotografía e mesmo crear efectos artísticos. Nalgunhas aplicacións a mesma opción aparece dividida en dous controis, o de brillo e o de contraste.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á equitación.

      1. Relativo ou pertencente aos cabaleiros.

      2. orde ecuestre

        Clase romana situada por baixo da senatorial e integrada orixinalmente polos cabaleiros, a vella clase militar da que se nutría a cabalería romana dende Servio Tulio. No s III a C perderon as súas funcións militares pero conservaron a súa preeminencia social, que se incrementou no s II a C, xunto co seu peso económico. Dende o 129 a C definiuse unha nova categoría de cidadáns libres que acreditaban no censo a posesión dun millón de ases ou 400.000 sestercios e, fronte aos senadores, se dedicaban aos negocios, ao comercio a grande escala, á recadación de impostos e traballaban como contratistas das obras públicas. Integráronse nesta clase os publicani, ricos comerciantes e intermediarios. A súa presencia no poder político era escasa e os seus membros tiñan dereito a levar como distintivo o angusus clavus, dúas franxas de púrpura de dous dedos de ancho na túnica que simbolizaba a súa posición.

      1. Aplícase ás obras de arte que representan unha persoa a cabalo.

      2. estatua ecuestre

        Escultura que representa unha figura humana sobre un cabalo. Este motivo iconográfico remóntase á antigüidade clásica, onde aparece no reverso das moedas, nalgúns relevos -entre os que destacan os frisos do Partenón de Atenas-, e nalgunhas esculturas exentas como o cabaleiro Rampin. Da época romana consérvase o bronce de Marco Aurelio (178-180 d C), que Michelangelo colocou no centro do Capitolio en Roma e que se converteu no paradigma das representacións ecuestres do Renacemento. Entre as representacións escultóricas renacentistas cómpre salientar Il Gatamelata, de Donatello, e Il Colleone, de Verrochio, e, entre as pitóricas, o fresco de John Hawkood de Paolo Ucello e Carlos V na batalla de Mühlberg de Tiziano. Dende o s XVII foi unha representación empregada polos soberanos, entre outras destacan as de Filipe III e Filipe IV en Madrid, e no s XIX foi a postura preferida nos monumentos dedicados a militares. Dos escultores contemporáneos que se interesaron...

    2. Na época feudal, bens polos que se prestaba o servizo de cabaleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao solo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade siria que se corresponde coa cidade turca de Urfa. Fundada no s IV a C, foi colonizada polos gregos e adoptou o seu nome baixo o macedonio Seleuco I. A partir do ano 137 a C foi centro do principado independente de Osroene e, máis tarde, formou parte do Imperio Romano. Dende o s II d C converteuse nun dos centros de difusión do cristianismo e foi sede metropolitana no s IV, onde se desenvolveu unha escola de estudios teolóxicos e filosóficos. Ocupada polos árabes no 638, permaneceu no seu poder ata que foi conquistada polos cruzados en 1098. Foi capital do condado establecido polos cruzados, reconquistárona os árabes no 1144 e en 1637 pasou a poder dos turcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Mercia e Northumbria (957-975) e de Wessex (959-975). Sucedeu o seu irmán Eadwig no trono de Wessex e converteuse no primeiro gobernante da Inglaterra anglosaxona unida. Coroado no 973, recibiu a submisión cerimonial dos outros monarcas de Gran Bretaña. Consolidou a autoridade da monarquía e emprendeu diversas reformas administrativas, como a división do país en condados. Promoveu unha importante reforma monástica e outorgoulle a san Dunstan o arcebispado de Canterbury.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impresión ou publicación dunha obra ou escrito.

    2. Reprodución dunha obra, por medios manuais ou mediante a imprenta, para a súa difusión. Durante a Idade Media, a reprodución realizábase nos mosteiros e, a partir do s XIII, nas universidades, a través do traballo organizado dos copistas. A invención da imprenta incrementou as posibilidades de espallar os textos e ofreceu maiores garantías de transmisión fiel ao orixinal, posto que permitía solventar erros de transcrición.

    3. Conxunto de exemplares dun escrito, sobre todo de libros, impresos nunha mesma tiraxe. Para que se trate dunha nova edición téñense que efectuar cambios no contido ou no deseño da obra, senón trataríase dunha reimpresión.

    4. Conxunto de xornais co mesmo número e referencia do día e do momento de saída.

    5. edición abreviada

      Edición dun texto no que se suprimiron ou resumiron fragmentos considerados non esenciais para a comprensión do mesmo.

    6. edición ampliada/aumentada

      Edición dunha obra acrecentada con novas materias con respecto á edición anterior.

    7. edición anotada/comentada

      Edición que inclúe comentarios destinados a esclarecer ou complementar o texto orixinal do autor.

    8. edición autorizada

      Edición que conta coa autorización expresa do autor, ou da persoa que posúe os dereitos editoriais, para diferenciala das edicións clandestinas ou non autorizadas.

    9. edición completa

      Edición que comprende todas as obras dun autor.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construír un edificio.

    2. Formar solidamente unha doutrina, unha teoría, unha sociedade ou calquera cousa inmaterial.

    3. Infundir en alguén sentimentos morais de virtude e de admiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traxedia de Sófocles, representada antes do 425 a C, prototipo da obra tráxica. En Tebas, o oráculo délfico di que para frear a peste hai que castigar o asasino de Laio. Edipo preséntase como asasino e incestuoso. Iocasta suicídase e Edipo saca os ollos. Esta obra tivo moita trascendencia no desenvolvemento posterior do teatro tráxico e foi unha das máis representadas do mundo clásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa do sector pesqueiro nacida a finais do s XIX, fundada por Eduardo Vieira e que máis tarde pasou a pertencer a Julio Vieira Ruíz e fillos. Desde os anos corenta do s XX faenaba principalmente na costa española, en Irlanda, Inglaterra e Terranova; nos sesenta, o esgotamento dos caladoiros e a aparición do peixe conxelado orientaron a empresa cara a novos caladoiros, polo que se iniciou un período de expansión a outros continentes. O Grupo Vieirasa conta cunha flota de buques conxeladores e de peixe fresco distribuídos nas distintas sociedades de diferentes países. Desde finais dos oitenta penetrou no continente africano; en 1989 en Namibia, coa participación na empresa Cadilu Fishing, que adquiriu totalmente en 1995, trala construción dunha factoría procesadora, e cunha flota de tres buques conxeladores e cinco de fresco. En 1990 instalouse en Senegal, onde a empresa elaboradora Senevisa posúe unha flota de oito buques conxeladores e un de fresco. Na década dos noventa comezou os...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adecuación do comportamento dunha persoa ás normas de trato social. OBS: Xeralmente, vai modificado con adxectivos como boa ou mala, e de non ir modificado, ten o significado de ‘boa educación’.

    2. Desenvolvemento ou perfeccionamento dunha facultade, función ou capacidade.

      1. ciencias da educación

        ciencias da educación.

      2. educación ambiental

        Conxunto de programas e proxectos formativos que crean unha conciencia ecolóxica co obxectivo de promover a relación responsable entre a sociedade e a natureza, e encamiñar a sociedade cara a unha conduta consciente dos problemas ambientais. En Galicia existen numerosas experiencias pedagóxicas encadradas neste tipo de tentativas, que deron lugar á realización de encontros e de distintas publicacións. Estas iniciativas promovéronse desde o Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela, a Xunta de Galicia, as plataformas de preocupación educativa e ambientalista ou desde o propio sector editorial.

      3. educación antiautoritaria

        Concepción non autoritaria da educación, que se dirixiu a partir dos anos sesenta do s XX contra o tradicionalismo e o autoritarismo educativo, baixo a influencia da escola de Frankfurt e da psicoloxía profunda (E. Fromm, W. Reich e A. S. Neill).

      4. educación compensatoria

        Educación que comprende medidas para superar ou minorar desvantaxes lingüísticas ou intelectuais de nenos e mozos, a maioría das veces condicionadas socioculturalmente.

      5. educación de adultos

        Educación que se lles dá, en particular, a persoas que non puideron recibir formación elemental en idade escolar. Consiste xeralmente na alfabetización e no ensino de rudimentos técnicos. Tamén se denominan así os estudios e as actividades voluntarias feitas polos adultos co fin de desenvolver as súas capacidades e poder asumir responsabilidades individuais e sociais; igualmente, o traballo de formación permanente, a extensión cultural e a reciclaxe. Pouco antes da Segunda Guerra Mundial, puxéronse en práctica todas as técnicas existentes para que este tipo de educación chegase á xente: teatro, radio, stages, sesións de estudio, etc; editáronse obras especializadas e, en 1949, a UNESCO organizou a Conferencia Internacional de Educación de Adultos en Elsinor (Dinamarca) e, en 1960, a Conferencia da Educación de Adultos en Montréal (Québec, Canadá). En España, a LOXSE (9/1990 do 24 de xullo) sinala, no seu título terceiro (artigos 51-54), os seus principais obxectivos, actividades...

      6. educación especial

        Tratamento educativo encamiñado a conseguir a integración social das persoas con deficiencias físicas, psíquicas ou sensoriais. Os seus obxectivos son: a supresión das deficiencias e as súas consecuencias; a adquisición de coñecementos e hábitos que favorezan a total autonomía da persoa con deficiencias; a promoción de todas as capacidades para o desenvolvemento harmónico da súa personalidade; e a incorporación á vida social e a un sistema de traballo que permita que estas persoas se realicen. Esta educación poderá darse en centros específicos de educación especial e en todos os centros educativos de ensino non universitario que están obrigados, pola LOXSE, a ter aulas de educación especial. Existe en Galicia unha rede de asociacións, que abrangue familias, docentes e investigadores, que centra os seus esforzos na educación especial. Estas asociacións promoveron, sobre todo a partir dos anos oitenta do s XX, actividades de encontro, de estudo e de difusión das novas perspectivas da educación...

      7. educación física/ deportiva

        Conxunto de exercicios musculares, concibidos dentro dun programa educativo, que busca a mellora física do individuo, formando e conservando o seu corpo san, vigoroso, harmónico e útil, ao mesmo tempo que o somete a unha disciplina moral e mental. É unha materia obrigatoria nos niveis do ensino primario e secundario. O profesorado que os imparte debe posuír a especialización correspondente nunha Escola Universitaria de Formación do Profesorado ou ben ter feitos os seus estudios no Instituto Nacional de Educación Física (INEF).

      8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de eficiente.

    2. Cociente entre a varianza dun estimador non nesgado e a mínima varianza posible.

    3. Cociente entre o traballo efectuado por unha máquina e o traballo necesario para facela funcionar. Nunha máquina ideal ambas as dúas cantidades son iguais, para unha máquina real a eficiencia é sempre menor ca 1.

    4. Fracción da calor absorbida por unha máquina térmica que se converte en traballo. No caso dunha máquina reversible de Carnot, que absorbe a calor q 2 á temperatura T 2 , e cede calor á temperatura T 1 mentres realiza o traballo W, a eficiencia é η=W/q 2 =(T 2 -T 1 )/T 2 . Tamén se denomina rendemento.

    5. Número de parellas electrón-burato que se xeran por cada fotón incidente sobre un fotodetector.

    6. Relación entre o alimento asimilado e o inxerido.

    7. Cociente entre o alimento inxerido e o dispoñible nun nivel trófico.

    8. Relación, expresada en tanto por cento, entre a produción neta dun nivel trófico e a do nivel precedente.

    9. Relación entre a enerxía contida na materia vexetal e a enerxía solar que a produce por fotosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Uxío Novoneyra que foi sometida a continuas ampliacións e revisións por parte do autor. A obra dá nome a un ciclo do que forman parte Os eidos (1955), Elegías del Caurel y otros poemas (1966) e Os Eidos 2 (1974). A primeira edición (1955) levaba o subtítulo “Terras outas e soias do Courel 1952-1954”, desaparecido nas edicións posteriores. Integraban o poemario oitenta composicións tituladas e organizadas en vinte apartados con cadanseu nome dun motivo natural, precedidos por unha “Carta a Novoneyra” de Ramón Piñeiro. A comezos da década dos oitenta, Novoneyra recompilou o ciclo e publicou Os eidos. Libro do Courel (1981), que sufrirá distintas reedicións e ampliacións. Neste ciclo, o autor fala sobre o home, a patria e a orixe, temas fundamentais da súa obra, reflicte a cosmovisión dunha paisaxe propia e retrata un espazo humanizado cunha visión universalizante que conforma a esencia do individuo. A través dos versos plasma a paisaxe, a flora, a fauna e a hidrografía do Courel,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma hebrea do nome xenérico coa que se designa a divindade nas linguas semíticas (ugarítico: ‘l; acadio: ilu; ár: ilāh). Na Biblia aparece tanto en nomes xeográficos (Betel) e de persoa (Emmanuel), como en formas compostas da divindade (sobre todo na de El-Šaddai ‘Deus omnipotente’).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Realizar as modificacións necesarias nun mecanismo, aparato, máquina ou industria para que funcione por electricidade.

    2. Dotar de electricidade un lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio das correntes de acción do músculo cardíaco e o método de obtención do rexistro gráfico. A electroxénese cardíaca vai ligada ás modificacións físicoquímicas que ocorren no tecido miocardíaco pola propagación da onda de excitación, que vai seguida dun proceso inverso que restablece as condicións de repouso. A electrocardiografía permite facer un exame da función do corazón, proporciona información sobre a posible existencia de patoloxías cardíacas, e é útil no diagnóstico e control das arritmias, do infarto de miocardio ou da anxina de peito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico que representa a actividade do músculo cardíaco. Obtense por medio do electrocardiógrafo, mediante electrodos situados sobre determinadas zonas da superficie corporal do paciente, principalmente nos brazos, nas pernas e no tórax. Consta dunha serie de ondas que se designan, de xeito sucesivo, coas letras P, Q, R, S, T e U, que representan cambios na polaridade das células das cavidades do corazón, aurículas e ventrículos. O electrocardiograma permite analizar e estudar a orixe dos latidos cardíacos, a frecuencia e o ritmo dos mesmos. Os cambios que se producen no patrón normal poden indicar irregularidades ou patoloxías. O primeiro electrocardiograma humano realizouse no ano 1887.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á electroencefalografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico da actividade eléctrica do cerebro que se constitúe por oscilacións complexas e irregulares, e son o resultado da suma integrada das variacións eléctricas das neuronas, especialmente, das oscilacións do potencial de repouso da súa membrana e dos potenciais de acción. Os rexistros obtéñense mediante electrodos que se colocan no cranio e permiten o diagnóstico da epilepsia, de tumores, da dexeneración cerebral ou doutro tipo de lesións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega para a reprodución de discos fonográficos. Está formado por un tocadiscos, un amplificador e un altofalante.

    VER O DETALLE DO TERMO