Temas

Bikini

Atol do arco de Ralik, nas illas Marshall, formado por uns 23 illotes. Administradas polos EE UU, foi o escenario, en 1946, dos primeiros ensaios nucleares estadounidenses posteriores á Segunda Guerra Mundial, para o que se trasladaron os seus habitantes ás illas de Rongerik, Ujelang e Kili.

Máis >
Canton

Atol de Kiribati, Polinesia, no arquipélago das Phoenix. Xunto con Enderbury, formou, de 1939 a 1979, un condominio angloamericano ata que nesa última data se incorporou á República de Kiribati.

Máis >
Tabuaeran

Atol de Line Islands, situado no Océano Pacífico, e que depende de Kiribati (31 km2; 430 h [estim 1980]). Ten xacementos de fosfatos e produción de copra.

Máis >
Enewetak

Atol de coral do Océano Pacífico, no NO das illas Marshall. Consta dunhas 40 illas pequenas, cunha lagoa central. A partir de 1946 foi escenario de diversas probas nucleares.

Máis >
Loading