Temas
Albufeira de Rio Grande do Sul, situada en Brasil, de 250 km de lonxitude por 60 de ancho. Comunícase co Océano Atlántico a través da canle Rio Grande, e co lago Mirim pola de São Gonçalo.
Albufeira da costa mediterránea, situada en Murcia, ao SL da Península Ibérica, limita ao N coa provincia de Alacant e ao S co cabo de Palos. A súa cunca está delimitada polas serras de Columbares, Carrascoy, Escalona, Algarrobo e Cartagena e está separada do Mar Mediterráneo por unha barra de area de 24 km de lonxitude e unha anchura entre 100 e 1.200 m, denominada La Manga. Dentro da lagoa hai cinco illas de orixe volcánica: Mayor, Perdiguera, Ciervo, Redonda e Sujeto. Ten unha superficie de 170 km2 e unha profundidade media de 4 m, o que a converte na lagoa salgada máis grande de Europa. As actividades tradicionais eran a pesca e a explotación do sal.
Albufeira situada ao N e ao S do delta por onde desauga o río Bravo, no golfo de México. A parte N (190 km2) pertence ao estado de Texas (EE UU) e a S (160 km2) a Tamaulipas (México).
