Temas
Calgo de Fóra
Illote da beira meridional da ría de Arousa, no litoral da parroquia e concello de Vilanova de Arousa.
Cabaceiro Grande
Illote da ría de Arousa, no denominado Paso interior de Sálvora, situado ao NL da illa de Sálvora e ao SL da illa Cabeceiro Chico, en territorio da parroquia de Carreira (Ribeira).
Freitosas, As
Illote situado fronte á beira sudoccidental da illa de Ons, no litoral da parroquia da Illa de Ons, no concello de Bueu.
Con de Agosto
Illote da beira setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Aguiño, no concello de Ribeira, situado fronte á punta do Carreiro.
