Temas
Peña de Francia
Pico máis elevado da serra de Francia, na provincia de Salamanca, situado no Sistema Central da Península Ibérica. Acada os 1.723 m de altitude.
Aiguille Verte
Pico de Europa central nos Alpes occidentais (4.121 m). Coa súa forma piramidal flanqueada polos glaciares de Argentière e Talèfre, domina o val de Chamonix.
Kānchenjunga
Pico do Himalaia, situado na fronteira de Nepal co estado de Sikkim, India. Cos seus 8.586 m de altitude é o terceiro monte máis alto do mundo.
Grossvenediger
Pico austríaco do macizo de Hohe Tauern (3.674 m). Contén xacementos de pedras preciosas.
Bouzachán, Mámoa de
Pico do eixe axial da serra do Barbanza, situado no límite entre as parroquias de Nebra (concello do Porto do Son) e Cures (Boiro). O seu cumio acada os 604 m de altitude.
