"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

      1. Acción de comunicar ou de comunicarse.

      2. Proceso mediante o que se establece un intercambio verbal de información no que un individuo, chamado emisor, produce un enunciado ou mensaxe, destinado a outro, chamado receptor ou destinatario. Comprende dúas fases, a emisión e a recepción da mensaxe, denominadas respectivamente codificación e descodificación. A codificación consiste na transformación dunha serie de conceptos e contidos que se desexan transmitir, en sinais acústicos, convertidos en enunciados lingüísticos. A descodificación correspóndese coa comprensión dos sinais recibidos pola vía auditiva. Aos tres elementos básicos da comunicación engádense o contexto, o código e o contacto. Calquera acto de comunicación sucede sempre nun contexto determinado, isto é, nunha situación espacial e temporal concreta. Ademais, o proceso precisa do manexo dun código común que permita a intercomprensibilidade, un conxunto de sinais e de regras de combinación...

      3. Transmisión de información dun punto a outro mediante un enlace telefónico, telegráfico, radioeléctrico, ou vía satélite.

      4. Feito de transmitir unha mensaxe, establecendo unha relación e unha interacción sociais. A fonte, ou punto de orixe, pode ser de natureza individual ou colectiva. A comunicación materialízase na mensaxe, composta de signos ou símbolos, servíndose de medios de comunicación auditivos, visuais ou táctiles e, en xeral, mediante calquera forma, sinal ou medio susceptible de ser interpretado. A maneira na que a mensaxe se concibe, exteriorizada, transmitida, recibida e interpretada, determina a efectividade e a consecución dos fins que persegue. Respecto á socioloxía, a comunicación ten un papel importante polo que representa en función das clases sociais, en relación co poder político e coa orixe e desenvolvemento das ideoloxías, ou respecto á educación dos cidadáns, etc. Filosoficamente, o problema da comunicación foi sempre obxecto de reflexión. Platón e Séneca falan da amizade como o elemento máis puro da relación interpersoal. Kant referiuse ao respecto, e Max Scheler, á simpatía. Para Jaspers,...

      5. comunicación animal

        Transmisión de información entre animais, normalmente da mesma especie, que ten como finalidade provocar un cambio na conduta. Pode realizarse para localizar o alimento, para a cohesión do grupo, a advertencia de perigos, a indicación da posición dentro da xerarquía social, a solicitude de atención, a identificación doutros membros da mesma especie ou para informar da receptividade sexual. Os sistemas de comunicación de cada grupo animal están en relación coas súas características fisiolóxicas, a precisión da mensaxe necesaria e o medio ambiente no que vive a especie. A diferencia da comunicación humana, os animais limitan o intercambio de información ao que, polo menos un deles, está percibindo no mesmo momento da comunicación. Isto ten como consecuencia que os animais só poden transmitir información relativa ao presente. Unha función básica da comunicación é a identificación correcta da parella para evitar as hibridacións entre distintas especies. Este é o papel primordial dos cantos...

      6. medio de comunicación

        medio de comunicación.

      7. comunicación de masas /

        Transmisión de significados culturais que se dirixe a un gran público. Faise a través dos chamados medios de comunicación de masas ou mass media: prensa, radio, televisión, cinematografía, etc. En función da finalidade e do contido da comunicación, pode considerarse como información, propaganda, publicidade ou relacións públicas. A socioloxía destaca a súa importancia como medio de control social que perpetúa o sistema establecido.

      8. comunicación non verbal /

        Acción de comunicarse a través da linguaxe corporal sen que interveña a linguaxe oral ou a escrita. Emprega dous tipos de sistemas de expresión: os sistemas visuais, caracterizados pola transmisión de información por medio de movementos e actitudes corporais; e os sistemas icónicos, baseados na comunicación a través de imaxes e símbolos.

      9. comunicación teatral

        Proceso de intercambio de información que se produce entre diferentes emisores e receptores que participan na representación en diversos planos. Primeiro hai que considerar a comunicación dramática, que é aquela que se produce entre os personaxes, ou a que se establece entre o personaxe e o público, que pode revestir diversas variantes e funcións. Despois estaría a comunicación propiamente teatral, a que se produce, de forma bidireccional, entre os actores, entre actores e personaxes, entre actores e espectadores, ou entre os propios espectadores. Os procesos de comunicación dramática e teatral constitúen o obxecto de estudo da semioloxía, da teoría da interpretación e das teorías da recepción, e están directamente relacionados cos tres procesos básicos da arte teatral: a interpretación, relación entre un actor e un personaxe; a actuación, xogo de relacións entre personaxes e actores; e a representación, un novo xogo relacional entre a escena...

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de común, do que se posúe entre varios.

    2. Reunión dos que viven en común.

      1. Conxunto de persoas unidas por uns mesmos intereses ou por unhas circunstancias comúns. Na tradición oral recóllense ditos como: “Na comunidade, non luzas a túa habilidade. Quen comunidade de-sexa, convén que común sexa”.

      2. Conxunto de membros da Igrexa ou dunha igrexa particular, especificamente os relixiosos que pertencen a unha orde determinada e viven nun convento.

      3. Grupo social caracterizado, xeralmente, por un vínculo territorial e de convivencia ou por unha afinidade de intereses e de convicións ideolóxicas (político-sociais, relixiosas, etc), e, en sentido máis amplo, conxunto de seres humanos.

      4. Unión, baixo un réxime administrativo común, dunha cidade ou vila coas poboacións situadas no seu termo. Aínda que o conxunto da comunidade se rexía polo organismo municipal da cidade ou vila -cabeza da comunidade-, existían outros organismos administrativos de ámbito local nas aldeas ou parroquias. Orixinarias da época repoboadora do s XII, adquiriron importancia durante a Baixa Idade Media en Castela e Aragón. Con todo, a coroa procurou disolver estas organizacións e desapareceron cos decretos de Nova Planta (1707).

      5. comunidade autónoma

        Entidade dotada de autonomía política na que se constitúen as nacionalidades e rexións de España para o exercicio do dereito de autogoberno que lles recoñece a Constitución de 1978 (Artigo 2 do Título Preliminar).
        Fundamentos xurídicos

        Lexislación
        A norma lexislativa na que se fundamenta o concepto de comunidade autónoma é a Constitución española de 1978, que dedica a esta materia varios puntos do seu articulado; dende o Título Preliminar ata as Disposicións Transitorias, o desenvolvemento do concepto e do seu contido recibiu a atención dos redactores da Carta Magna. O Capítulo Primeiro do Título VIII recolle os principios xerais da organización territorial do Estado; nel, ponse especial interese en evitar que as comunidades autónomas poidan interpretarse como instrumentos de privilexio, polo que o artigo 138.2 establece a igualdade de dereitos e obrigas, o equilibrio e a solidariedade no conxunto da nación. O Capítulo Terceiro deste Título...

      6. comunidade científica

        Grupo de investigadores e científicos de calquera disciplina ou especialidade ou dun determinado ámbito xeográfico. O termo apareceu por primeira vez no ano 1942 cando Polanyi o creou para referirse a un conxunto de investigadores cunha serie de crenzas comúns e que constitúen un grupo autónomo dentro do conxunto social. Posteriormente, outro investigador, R. K. Merton, definiu as normas que regulan as actividades das comunidades científicas e tamén as relacións dos seus membros. En 1965 Hagstrom retomou a idea de autonomismo, e afirmou que as influencias máis importantes sobre a comunidade científica son as opinións e ideas dos propios científicos. Non obstante , T. S. Kuhn deulle un novo enfoque ao termo, ao soster que a comunidade científica está regulada polas mesmas normas que articulan as relacións sociais de calquera tipo, e que, en certa maneira, a comunidade científica é o punto de referencia para a validación dos paradigmas que orientan a investigación científica. Desde a década...

      7. comunidade de base

        Pequeno grupo espontáneo constituído para realizar a fraternidade evanxélica nos diversos eidos da vida (intelectual, relixioso, político, etc) sobre a base dunhas razóns de afinidade (barrio, ideoloxía, compromiso político, traballo ou amizade). As comunidades de base naceron como reacción á falta de contacto persoal nas grandes parroquias urbanas e como busca comunitaria dun compromiso cristián concreto.

      8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fundada en 1947 baixo o nome de Comisión do Pacífico Sur, que tomou a súa nova denominación en 1998. Os seus membros fundadores foron os gobernos que administraban territorios no Pacífico: Australia, EE UU, Francia, Nova Zelanda, Países Baixos e Reino Unido. Ampliouse posteriormente a 27 estados coa inclusión de Samoa Americana, as Illas Cook, os Estados Federados da Micronesia (FSM), a República de Fixi, a Polinesia Francesa, Guam, a República de Kiribati, as illas Marshall, a República de Nauru, Niue, as Illas Marianas do Norte (CNMI), a República de Palau, Papúa Nova Guinea, as illas Pitcairn, Samoa, as illas Solomon, Tokelau, o reino de Tonga, Tuvalu, a República de Vanuatu e os territorios franceses de ultramar de Wallis e Futuna. Os seus órganos de goberno son a Conferencia do Pacífico Sur, o Comité dos representantes do Goberno e da Administración e a Secretaría, con sede en Nouméa (Nova Caledonia). O seu obxectivo é o desenvolvemento socioeconómico e cultural dos países...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín municipal en galego que se editou en Noia a partir de decembro de 1989. Subtitulado “Boletín informativo”, informaba do labor desenvolvido polo concello en distintas áreas, como a educación, a cultura, a saúde, o tráfico, os deportes, obras, etc. Ilustrado con fotografías, incluía unha páxina de humor asinada por Mariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de concibir unha femia un novo ser.

    2. Acción e efecto de formar unha idea na mente.

    3. Representación non perceptiva.

    4. Corrente sociolóxica identificada cos positivistas lóxicos e cos neopositivistas dos círculos de Viena e Berlín. Por mor do auxe do nazismo alemán tiveron que exiliarse a países anglosaxóns. Os seus principais membros foron Carnap, Hempel, Reichenbach e Nagel. Entre os seus trazos definitorios destacan a idea do progreso científico como un proceso acumulativo de ampliación e perfeccionamento de teorías, a defensa do dedutivismo como modus operandi na construción de teorías sociolóxicas e a idea de unidade da ciencia, é dicir, a existencia dunha única ciencia sobre a realidade. Esta teoría comezou a discutirse a finais da década de 1950, pero en 1969, coa difusión da obra de Kuhn sobre o paradigma e a revolución científica, minguou o seu papel predominante na socioloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou de Santo Antonio de Cedeira Recinto fortificado situado na punta Sarridal. Erixiuse coa finalidade de mellorar o sistema defensivo dun enclave portuario acostumado a sufrir incursións marítimas. O seu proxecto foi obra do director de pilotos Domingo Pérez, que no ano 1747 aproveitou a colaboración da poboación de Cedeira e os 9.000 reais de presuposto para construír un recinto de planta hexagonal, ameado e dotado de patios interiores con dependencias residenciais para a tropa e polvoreira. Malia os intentos de reconstrución deseñados polo enxeñeiro militar Miguel de Hermosilla, e posteriormente por Antonio López no último terzo do s XVIII, non se acometeron obras de ampliación e mellora. Ata finais do s XX non comezaron as obras de acondicionamento do recinto para albergar un museo etnográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplícase ás cousas ou ao seu nome, que existen ou se imaxinan como existentes, como individuos dunha especie designada polo seu nome, considerados en si mesmos e non na mente como representación de toda a especie. Así, por exemplo, peixe, como concepto abstracto, oponse a un peixe, que designa un individuo determinado dunha especie e, xa que logo, concreto.

      2. Aplícase ao termo que designa un suxeito real, e non unha calidade ou relación nela mesma.

      1. Que se coñece ou expresa de forma exacta, sen vacilacións de ningún tipo.

      2. Que expresa un obxecto particular ou que alude a algo determinado e puntual que se está a tratar.

    1. Formado pola unión de partículas nunha masa máis ou menos sólida (por oposición a fluído).

    2. Produto aromático, sólido ou pastoso, obtido de plantas e flores aromáticas pola acción disolvente de hidrocarburos e a súa posterior evaporación. Contén aceites esenciais, ácidos graxos, ceras e, en xeral, todas as substancias solubles en hidrocarburos. Emprégase para uso alimentario e para perfumería.

    3. Denominación que Theo van Doesburg lle deu á arte abstracta no manifesto Art Concret (1930) -que, nun principio, ía ser o primeiro número dunha revista- como reacción á fundación do movemento artístico Cercle et Carré, malia estar vinculada a eles nun comezo. As súas ideas recolleunas en 1944 un grupo de artistas suízos dirixidos por Max Bill, quen definiu a pintura concreta como a eliminación da representación naturalista baseada nas formas mínimas, na cor e nas composicións ortogonais. Estes artistas quixeron realizar unha arte comprensible para todo o público e buscaron a creación dunha linguaxe válida para todas as artes. Max Bill organizou dúas exposicións, unha en Basilea (1940) e outra en Zúric (1960).

    4. Música baseada no emprego de sons e ruídos que poden reproducirse de diversas formas e que configuran unha peza musical. Esta iniciativa musical principiouna Pierre Schaeffer no estudo da radio francesa no ano 1948. A súa denominación fai referencia á orixe concreta dos sons utilizados nunha composición: elementos preexistentes, sons musicais e ruídos (motores, auga que cae, perforadores, etc). A partir dos anos setenta o concepto de música concreta inseriuse dentro do máis xeral de música electrónica. Precursores deste tipo de música foron, entre outros, John Cage e Olivier Messiaen, e as primeiras composicións importantes foron obra de Pierre Schaeffer e de Pierre Henry. Estiveron en contacto coa música concreta, entre outros, Pierre Boulez, Luciano Berio e Bruno Maderna.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplícase ás cousas ou ao seu nome, que existen ou se imaxinan como existentes, como individuos dunha especie designada polo seu nome, considerados en si mesmos e non na mente como representación de toda a especie. Así, por exemplo, peixe, como concepto abstracto, oponse a un peixe, que designa un individuo determinado dunha especie e, xa que logo, concreto.

      2. Aplícase ao termo que designa un suxeito real, e non unha calidade ou relación nela mesma.

      1. Que se coñece ou expresa de forma exacta, sen vacilacións de ningún tipo.

      2. Que expresa un obxecto particular ou que alude a algo determinado e puntual que se está a tratar.

    1. Formado pola unión de partículas nunha masa máis ou menos sólida (por oposición a fluído).

    2. Produto aromático, sólido ou pastoso, obtido de plantas e flores aromáticas pola acción disolvente de hidrocarburos e a súa posterior evaporación. Contén aceites esenciais, ácidos graxos, ceras e, en xeral, todas as substancias solubles en hidrocarburos. Emprégase para uso alimentario e para perfumería.

    3. Denominación que Theo van Doesburg lle deu á arte abstracta no manifesto Art Concret (1930) -que, nun principio, ía ser o primeiro número dunha revista- como reacción á fundación do movemento artístico Cercle et Carré, malia estar vinculada a eles nun comezo. As súas ideas recolleunas en 1944 un grupo de artistas suízos dirixidos por Max Bill, quen definiu a pintura concreta como a eliminación da representación naturalista baseada nas formas mínimas, na cor e nas composicións ortogonais. Estes artistas quixeron realizar unha arte comprensible para todo o público e buscaron a creación dunha linguaxe válida para todas as artes. Max Bill organizou dúas exposicións, unha en Basilea (1940) e outra en Zúric (1960).

    4. Música baseada no emprego de sons e ruídos que poden reproducirse de diversas formas e que configuran unha peza musical. Esta iniciativa musical principiouna Pierre Schaeffer no estudo da radio francesa no ano 1948. A súa denominación fai referencia á orixe concreta dos sons utilizados nunha composición: elementos preexistentes, sons musicais e ruídos (motores, auga que cae, perforadores, etc). A partir dos anos setenta o concepto de música concreta inseriuse dentro do máis xeral de música electrónica. Precursores deste tipo de música foron, entre outros, John Cage e Olivier Messiaen, e as primeiras composicións importantes foron obra de Pierre Schaeffer e de Pierre Henry. Estiveron en contacto coa música concreta, entre outros, Pierre Boulez, Luciano Berio e Bruno Maderna.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Competición entre diversas persoas, obras artísticas ou literarias, traballos, animais, etc, para acadar un premio ou un título.

      2. Xogo, xeralmente organizado por un medio de comunicación, no que se disputa e adxudica un premio ao gañador ou gañadores.

      1. Sistema de selección de persoal propio das administracións públicas que se fundamenta na avaliación dos méritos dos concursantes.

      2. Forma de adxudicación na contratación administrativa consistente en preferir o oferente que, en conxunto, faga a proposición máis vantaxosa sen atender o valor económico da mesma e sen prexuízo da administración a declaralo deserto.

      3. concurso de traslado

        Procedemento polo que un funcionario público pode pasar a ocupar unha praza noutro lugar. Unha comisión, nomeada a tal efecto, toma a decisión sobre o traslado xulgando os méritos do concursante en base a uns baremos específicos, nos que ten un particular peso a antigüidade.

      4. concurso oposición

        Sistema de selección de persoal para as administracións públicas que combina a avaliación dos méritos dos concursantes coa celebración de probas de capacidade.

      5. concurso poxa

        Sistema de adxudicación de contratos administrativos que combina a concreción da mellor oferta económica coa avaliación doutras condicións dos licitadores.

    1. Conxunto de persoas reunidas nun lugar.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade palatina e, máis tarde, militar, derivada do comes stabŭli ou ‘xefe da cabalería’ dos emperadores romanos do Baixo Imperio. Adoptada polos reis merovinxios, e despois polos carolinxios e os capetos, Filipe Augusto converteu o condestable en xefe supremo da cabalería real (1191). A dignidade foi suprimida polo cardeal Richelieu en 1627. Na Península Ibérica, Xoán I de Castela instituíu a dignidade de condestable no 1382 seguindo o modelo francés e atribuíulle a máis alta xerarquía do exército real despois do monarca, con xurisdición civil e militar sobre os compoñentes do exército real. Dende o goberno dos Reis Católicos, este oficio quedou vinculado á liñaxe de Pedro Fernández de Velasco ata comezos do s XVII, cando o título tiña só un carácter honorífico. Os reis de Navarra e Portugal estableceron este cargo durante o s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á condutimetría.

    2. Procedemento analítico empregado para determinar o punto final das volumetrías, baseado na medida da variación da condutividade electrolítica da solución problema debida á adición de reactivo valorante. Como a condutividade electrolítica depende da mobilidade e da concentración dos ións presentes na solución, a adición dun reactivo provoca cambios importantes sempre que dea lugar á desaparición dunha especie iónica da solución e á substitución por cantidades equivalentes dun dos ións do reactivo de mobilidade diferente do da especie eliminada. Deste xeito, pódense realizar condutimetricamente volumetrías de neutralización, de precipitación e de formación de complexos, pero só en casos favorables tamén de oxidación-redución. Se a reacción volumétrica ten lugar entre electrólitos fortes, a curva de valoración (gráfico da condutividade medida en función do volume de reactivo engadido) resulta formada por dous segmentos rectilíneos que se intersecan no punto final; en caso contrario, ou ben...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical constituída en Londres (1949) e formada polos sindicatos disidentes da Federación Sindical Mundial, que a acusaban de estar controlada polos comunistas. Con sede en Bruxelas, o seu Congreso reúnese cada catro anos. Posúe un Fondo Internacional de Solidariedade (FIS) destinado á axuda dos países subdesenvolvidos ou afectados por desastres naturais ou réximes represivos. Conta con 215 organizacións en 145 países, cun total de 125 millóns de afiliados. Na súa estrutura distínguense tres grandes organizacións rexionais: a ORAP, para Asia e o Pacífico; a ORAP, que se ocupa de África; e a ORIT, que actúa en América. A nivel internacional, a CIOSL coopera coa Organización Internacional do Traballo e ten status de organismo consultivo diante do Consello Económico e Social da ONU e doutros organismos como a Unesco. Mantén, ademais, estreitos vínculos coa CES e cos Secretarios Profesionais Internacionais, que congregan os sindicatos nacionais dunha profesión ou industria a nivel...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo autónomo, dependente do ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, creado en 1939 como nova fórmula organizativa para as institucións científicas preexistentes para funcións similares. Ten a finalidade de fomentar, orientar e coordinar a investigación científica en España e finánciase fundamentalmente por medio de orzamentos xerais do Estado. Desenvolve actividades de investigación a distintos niveis (dende os básicos ata os tecnolóxicos) e ten centros de investigación en todas as comunidades autónomas do Estado. Adopta como logotipo a árbore da ciencia. Os seus obxectivos e funcións son elaborar e executar proxectos de investigación científica e tecnolóxica; analizar e seleccionar os obxectivos científicos e tecnolóxicos das investigacións futuras; asesorar as distintas administracións do Estado no relativo á investigación e innovación tecnolóxica; fomentar o avance da investigación básica; colaborar coas universidades en actividades de investigación e ensino superior; e desenvolver...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo encargado da coordinación e colaboración entre as institucións museísticas galegas. Ten a súa sede en San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Fundouse en 1983 trala celebración en 1981 do I Coloquio de Museos Galegos en Santiago de Compostela, primeira tentativa de cooperación entre os diversos museos de Galicia. O 21 de xullo de 1991 adquiriu estatuto legal e adheríronse dez museos; posteriormente, ampliouse a 23 os centros museísticos: Museo da Colexiata de Santa María do Campo, Museo de Belas Artes e Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón da Coruña; Museo das Mariñas de Betanzos; Museo do Pobo Galego, Museo das Peregrinacións e Museo Historia Natural Luís Iglesias en Santiago de Compostela; Museo Provincial de Pontevedra; Museo Municipal Quiñones de Léon de Vigo; Museo Municipal de Ponteareas; Museo Etnolóxico de Ribadavia; Museo Comarcal da Limia en Vilar de Santos; Parque Etnográfico do Río Arnoia en Allariz; Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense;...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tubo de vidro cunha capucha de goma nun extremo e acabado, no outro, en forma capilar, que serve para botar gotas de líquido de forma controlada.

    2. Ferramenta utilizada para seleccionar unha cor dispoñible en programas de debuxo ou retocamento fotográfico que permite adaptar unha cor da imaxe existente e facer que se converta na cor activa. Faise clic co contagotas na área de cor que se desexe e esa convértese na cor seleccionada. Pódense tomar mostras das cores primaria, secundaria e de fondo. Nunha fotografía en cor de 24 ou máis bits hai millóns de cores dispoñibles, e o contagotas permite recoller a cor correcta que se quere empregar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que practica a continencia.

    2. Aplícase á cousa que contén outra dentro de si.

      1. Cada unha das grandes extensións de terra emerxida. Desde un punto de vista estrutural, os continentes engloban tamén as plataformas continentais somerxidas, que descenden suavemente desde o litoral ata profundidades de 200 m. A separación entre as terras somerxidas e emerxidas denomínase noiro continental. Estruturalmente, os continentes son Eurasia, América do Norte, América do Sur, Oceanía e A Antártida; sen embargo, desde un punto de vista histórico ou xeográfico tradicional, en Eurasia distínguese entre Europa e Asia, mentres que América se considera un único continente. As terras emerxidas supoñen aproximadamente o 29% da superficie total da codia terrestre e agrúpanse principalmente no Hemisferio Norte. Se se consideran as plataformas continentais como parte dos continentes, a superficie continental total aumenta ata o 35%. As illas que se atopan na plataforma continental dun determinado continente considéranse parte do mesmo; este é o caso de Groenlandia, Tasmania ou as...

      2. Cada un dos bloques continentais en relación ás illas próximas.

      3. novo continente /

        Denominación aplicada a América dende unha perspectiva eurocéntrica, a partir dos descubrimentos colombinos de finais do s XV, en contraposición ao vello continente que constituía Europa.

      4. vello continente /

        Denominación aplicada a Europa a partir da chegada dos españois a América, como contrapunto dese novo continente, ignoto polos europeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento cinematográfico que consiste en colocar a cámara a un nivel máis baixo ca o obxecto filmado, dirixíndoa cara a arriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa que controla algunha cousa ou a alguén.

      2. controlador aéreo

        Persoa que segue e organiza o tránsito aéreo co fin de evitar colisións, especialmente preto dos aeroportos.

    1. Parte do sistema de control que regula a lei de control e xera a acción correctora. Partindo da medida da magnitude que cómpre controlar, actúa automaticamente sobre o sistema controlado co fin de corrixir calquera desviación respecto do valor prefixado. A súa instrumentación pode ser pneumática ou electrónica, ou estar controlada por medio dun ordenador. Temén se coñece cos nomes de regulador ou corrector.

      1. Dispositivo electrónico de hardware ou programa que permite controlar o correcto funcionamento das diferentes partes dun ordenador. Hai un controlador para cada función, constituído por un circuíto integrado típico; os básicos son o controlador de vídeo (ou de pantalla), o do disco duro, o da unidade CD-ROM e o controlador de disquetes.

      2. controlador de disco

        Conxunto de circuítos integrados nun chip ou tarxeta que organiza a lectura e escritura das unidades de disco dun ordenador. Encárgase de situar o cabezal de lectura/escritura, serve como intermediario entre a unidade e o microprocesador e controla o intercambio de comunicación coa memoria.

      3. controlador de dispositivos

        Programa ou arquivo de configuración que amplía o sistema operativo co fin de soportar un dispositivo específico, como unha unidade de disco ou de cinta ou unha pantalla gráfica especial.

      4. controlador de impresora

        Programa que permite que outros programas se empreguen cunha impresora determinada, sen ter en conta as especificacións do hardware nin a linguaxe interna da impresora (software).

      5. controlador de vídeo

        Conxunto de compoñentes electrónicos que se requiren para xerar un sinal de vídeo que se transmite a unha pantalla a través dun cable. Coñécese tamén como adaptador de vídeo.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Transformación dun líquido en sólido como consecuencia da diminución da temperatura.

    2. Proceso de conservación de alimentos co que se consegue a inhibición do desenvolvemento microbiano e das reaccións enzimáticas e químicas con temperaturas de -18°C ou inferiores. Os produtos alimentarios conteñen unha gran cantidade de auga e cantidades variables de substancias inorgánicas e orgánicas en solución, e de moléculas máis complexas en suspensión coloidal, de xeito que a temperatura de conxelación varía en función da súa composición. A velocidade do proceso debe ser moi rápida para evitar a formación de cristais grandes que lesionen as paredes celulares, modifiquen a textura do produto e a desnaturalización das proteínas. A conxelación por aire arrefriado é o método máis antigo e comezou a empregarse en 1861. Unha mellora destacable foi a conxelación por aire en movemento. Posteriormente, utilizouse a conxelación por contacto indirecto cun fluído refrixerante. O avance máis moderno en conxelación consiste na inmersión directa do produto, envasado ou non, no líquido refrixerante....

    3. Proceso e técnicas de conservación de células e tecidos orgánicos, propios da criobioloxía.

    4. Lesión producida pola acción do frío sobre o organismo. Está favorecida por causas de tipo ambiental, como a neve, o vento ou a humidade, ou orgánicas, como o etilismo agudo, a desnutrición ou o choque. A acción do frío intenso pode orixinar lesións locais ou ben un cadro de hipotermia, denominado síndrome xeral de conxelación. As lesións locais pódense clasificar en conxelacións de primeiro grao, caracterizadas por unha vasoconstrición sen dor seguida dunha vasodilatación con proído; de segundo grao, caracterizadas pola formación de vexigas e edemas; e de terceiro grao, caracterizadas pola aparición de gangrena como consecuencia dunha parálise vascular persistente e dun estancamento do sangue. A síndrome xeral de conxelación presenta síntomas como a adinamia, a somnolencia, a bradicardia ou o estupor, e pode chegar a provocar a morte do enfermo.

    5. Medida conxuntural de política económica decretada oficialmente para combater tendencias fortemente inflacionistas. Consiste en equilibrar de novo a relación aforro-investimento para promover unha política de austeridade e conseguir un incremento na produtividade. A conxelación salarial concrétase en porcentaxes máximas de aumento, decretadas oficialmente para un período determinado. Consiste en manter inalterable o custo de determinados produtos e prohibir a súa suba, como, por exemplo, manter os prezos dos alugueres. Esta medida debe acompañarse dun intervencionismo do Estado e vai á par dunha moderación no Índice de Prezos ao Consumo (IPC). A conxelación de créditos, realizada a través do Banco Central ou cunha actuación directa sobre os bancos particulares, fixa o tipo de interese e os volumes máximos de crédito.

    6. Procedemento fotográfico que consiste en seleccionar unha velocidade de obturación alta para que os suxeitos que se movan rapidamente aparezan na imaxe en posición estática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que conxela ou serve para conxelar.

    2. Frigorífico ou parte do frigorífico empregado para conxelar.

    3. Embarcación pesqueira destinada total ou parcialmente á conxelación e conservación das capturas que realiza ou doutras embarcacións ás que acompaña.

    VER O DETALLE DO TERMO