Temas
Lagoa da península do Morrazo, situada no límite entre as parroquias e concellos de Marín, ao O, e Vilaboa, ao L, no parque de Coto Redondo.
Lagoa de Alcaián.
Lagoa litoral da parroquia de Traba, no concello de Laxe, que recibe as augas do río de Traba e está pechada polo cordón dunar da praia. Forma parte do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Costa da Morte. Neste espazo, pouco concorrido polas dificultades de acceso, obsérvase unha gran variedade de aves que aniñan ou migran en tránsito desde as rexións boreais ás tropicais e viceversa.
Zona húmida litoral, protexida do mar por unha barreira dunar, que, xunto coa lagoa de Xuño, forma parte do ecosistema húmido do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.
Lagoa da Frouxeira.
Pequena lagoa artificial situada no concello de Sobrado, preto do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes, onde conflúen as cabeceiras dos ríos Mandeo e Tambre. Aliméntase de forma regular polos regos Portevirtude e Rodelo, entre os que se instala a braña.
