Temas

Albufera de València, l’

Lagoa litoral de (2.837 ha), ao S da cidade de València, integrada dentro do parque natural da Albufera. Un vello Turia e un primitivo Xúcar -pode que pleistocenos- abandonaban os seus aluvións nuns deltas, hoxe interiores, bastante afastados da beira do mar. Unha vez pechado polo cordón litoral o vello golfo, os materiais en suspensión iniciaron o recheo cun aluvión de arxilas moi fino. A forma actual da Albufera é máis ou menos semicircular, pero nos mapas do s XVlll aparecía máis extensa e alongada. Os reducidos límites actuais son obra humana, efecto dos aterramentos; a superficie de 5.010 ha no 1877 quedou reducida a 3.114 no 1926, cando se fixo a delimitación definitiva e se prohibiron ulteriores recheos. A construción típica é a barraca, construída con lama para o adobe, canas para a cumieira e o teito e canas ou palla de arroz para a cuberta. Os arrozais do contorno da Albufera, dende Alfafar ata Sueca, cobren máis de 10.000 ha. A Albufera e os seus pantanos constituíron posesión...

Más >
Sobrado, lagoa de

Pequena lagoa artificial situada no concello de Sobrado, preto do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes, onde conflúen as cabeceiras dos ríos Mandeo e Tambre. Aliméntase de forma regular polos regos Portevirtude e Rodelo, entre os que se instala a braña.

Más >
Lagoa Pequena

Lagoa situada na parroquia de Carreira (Ribeira). Desauga formando o río Lustre que desemboca na praia do Castro.

Más >
Traba, lagoa de

Lagoa litoral da parroquia de Traba, no concello de Laxe, que recibe as augas do río de Traba e está pechada polo cordón dunar da praia. Forma parte do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Costa da Morte. Neste espazo, pouco concorrido polas dificultades de acceso, obsérvase unha gran variedade de aves que aniñan ou migran en tránsito desde as rexións boreais ás tropicais e viceversa.

Más >
Doniños, lagoa de

Lagoa litoral na costa da parroquia de Doniños, no concello de Ferrol, pechada por un cordón litoral de praia e sistema dunar de cronoloxía cuaternaria. A lagoa constitúe un importante refuxio para aves, particularmente interesante porque se mantivo á marxe da explotación humana, grazas a que a Mariña española posúe a propiedade das terras que a rodean.

Más >
Muro, Lagoa de

Zona húmida litoral, protexida do mar por unha barreira dunar, que, xunto coa lagoa de Xuño, forma parte do ecosistema húmido do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

Más >
Gallocanta

Lagoa endorreica da Serra Ibérica, en Aragón. Esténdese de SL a NO, a 990 m de altitude sobre unha depresión miocénica. Chega a medir 7 km de lonxitude e posúe unha anchura de 2,6 km. A máxima profundidade non supera os 1,50 m. Recibe auga de ríos superficiais da serra de Peñas Altas, ademais de augas subterráneas. A auga desta lagoa está composta de cloruros, sulfatos e carbonatos alcalinos, e posúe un índice elevado de salinidade.

Más >
Mirim

Lagoa litoral situada entre Uruguay e Brasil (2.966 km2) que desauga na Lagoa dos Patos.

Más >
Loading