Temas

Gondwana, continente de

Continente hipotético que comprendería América do Sur, África, Madagascar, India, Australia e A Antártida e que, xunto co continente de Laurasia, formaban o de Panxea. Segundo a teoría da deriva dos continentes e a tectónica de placas, África e América do Sur, unidas ao final do Cretáceo, comezáronse a separar.

Máis >
África

Continente situado entre os 17° 30’ de lonxitude O (no cabo Verde, Senegal) e os 51°   25’ de lonxitude L (no cabo Hāfūn, Somalia), e entre os 37° 20’ de latitude N (no cabo Branco, Tunicia) e os 34° 50’ de latitude S (no cabo Agullas, Sudáfrica). Ocupa unha extensión de 30.249.096 km2 que acollen unha poboación de 722.015.000 h (1996). Unido a Asia polo istmo de Suez, rodéao polo L o océano Índico, polo O o Atlántico e   polo N o mar Mediterráneo, que o separa de Europa.
Xeografía física

Relevo e xeoloxía
África forma un extenso escudo continental que emerxeu dun xeito case total dende o Precámbrico. Tan só as chairas litorais, unha parte do Sáhara e de Etiopía foron ocupadas por transgresións mariñas posteriores. Por iso é posible distinguir, en todo o continente, un zócolo precámbrico sobre a que se sitúa unha cuberta discordante de series sedimentarias primarias, secundarias e terciarias. Os movementos da base deron orixe...

Máis >
Laurasia, continente de

Protocontinente do hemisferio N que se contrapón ao de Gondwana do hemisferio S. Os dous protocontinentes fragmentáronse a partir do supercontinente chamado Panxea que agrupaba, durante o Paleozoico Inferior, a totalidade da superficie continental da Terra. Laurasia estaba formada por América do Norte, Groenlandia e Eurasia, excluíndo India.

Máis >
Antártida, A

Continente situado ao redor do Polo Sur e que xuntamente coas illas próximas está no interior dos 60° de latitude S. Ten 14.100.000 km2 de superficie, comprendidas as illas (140.000 km2) e a plataforma continental con xeo flotante (1.160.000 km2).
Xeografía física
Desde o punto de vista tectónico, distínguense dúas grandes unidades, separadas por unha liña ideal que vai do mar de Weddell ao mar de Ross. A unidade occidental, moito máis pequena oriental, pódese interpretar como unha prolongación da cordilleira andina: é un conxunto de serras alpinas e de fosas (as dúas principais son as que forman os mares de Weddell e de Ross) que constitúen un zócolo rochoso discontinuo por debaixo da espesa capa de xeo. Nesta área encóntrase o cume máis alto da Antártida, o monte Vinson, de 5.140 m de altitude. A maior aliñación de carácter anticlinal forma a grilanda de illas unidas á Península Antártica: as Shetlands do Sur...

Máis >
Loading