Temas
Comunidade autónoma de España, constituída pola provincia homónima que se corresponde coa capital do Estado (5.423.384 h [2001]). Limita ao N con Castela e León e ao S con Castela-A Mancha. Está situada a 3˚ 50’ E - 40˚ 20’ O. A capital é Madrid.
Xeografía física
Está limitada ao N polo Sistema Central e ao S polo val do Tajo. O sector setentrional está formado pola vertente meridional da serra de Guadarrama e parte de Somosierra e Gredos, constituído por materiais paleozoicos afectados posteriormente pola oroxénese Alpina. A parte central e meridional do territorio está formada por unha chaira terciaria, principalmente de arxila, que descende suavemente cara ao Tajo. As terras arxilosas forman un sistema de socalcos cuaternarios. No sector oriental a dureza das rochas calcarias permitiu a formación de páramos, amplamente extensos ao S do río Henares, entre este e o Tajuña. O clima é mediterráneo de tendencia continental....
